15/09 Virxe das Dores

 
 

Día 15 de setembro

Santa María, Virxe das Dores

 

Memoria

O Evanxeo desta memoria é propio

 

 

 

PRIMEIRA Heb 5, 7-9

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

Aprendeu a obediencia e veu ser autor de salvación eterna

 

Cristo nos días da súa vida mortal, a fortes gritos e con bágoas, presentou oracións e

súplicas a quen o podía salvar da morte e Deus escoitouno por mor da súa sumisión.

8Aínda que era Fillo, aprendeu sufrindo o que é obedecer; 9e, consumada deste xeito a

súa consagración sacerdotal, converteuse en causa de salvación eterna, para tódolos que

lle obedecen

 

 

SAL. RESP. Sal 30, 2-3a. 3bc-4. 5-6. 15-16. 20

R/ (17b) Sálvame, Señor, pola túa misericordia

 

 2A ti, Señor, eu acóllome:

 que endexamais non me vexa defraudado.

3Pon o oido cara a min,

 dáte présa en socorrerme.

 Se a rocha do meu refuxio,

 o castelo forte onde me salve.

 

4Xa que ti e-la miña rocha e o meu castelo,

 por mor do teu nome, diríxeme e guíame.

 

5Tírame da rede que me tenden,

 pois ti e-lo meu refuxio.

6Nas túas mans encomendo a miña vida,

 e ti librarasme, Señor, Deus fiel.

 

15Mais eu teño confianza en ti, Señor,

 e digo:--"Ti e-lo meu Deus.

16Nas túas mans está o meu porvir:

 líbrame do poder dos inimigos e dos meus perseguidores.

20¡Que grande é o ben

 que reservas para aqueles que te temen,

 o que lles fas ós que a ti se acollen,

 á vista de tódalas xentes!

 

 

[Ad libitum, secuencia "Stabat Mater"]

ALELUIA

 Ditosa é a Virxe María,

 que, sin morte, mereceu a palma do martirio

 o pé da cruz do señor

 

 

EVANXEO Xn 19, 25-27

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

A piadosa nai entristecíase e doíase ó ve-las penas do seu ínclito Fillo (Stabat Mater)

 

25O pe da cruz de Xesús estaban súa nai e a irmá de súa nai, María a de Cleofás, e mais

María a Magdalena. 26Xesús, vendo a súa nai e, onda ela, o discípulo a quen amaba,

díxolle á nai:

-Muller, velaí o teu fillo.

 

27Despois díxolle ó discípulo:

-Velaí a túa nai.

 

Desde aquela hora o discípulo acolleuna con el.

 

 

 

Ou: Lc 2, 33-35

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

Unha espada hache atravesa-la alma

 

 33O pai e maila nai de Xesús ficaron abraiados polo que tal dicía do neno.

34Bendiciunos Simeón e díxolle a María, a nai:

 

-Mira, este está disposto para caída ou soerguemento de moitos en Israel, para ser

bandeira de discusión; 35e a ti mesma unha espada hache atravesa-la alma: así ficarán

descubertas as cavilacións de moitos corazóns.