Tempo de Nadal

 
 
200.- Día 24 de decembro 
 
Misa da mañá 
 
 
 
PRIMEIRA 2 Sam 7, 1-5. 8b-12. 14a. 16 
 
O reino de David permanecerá para sempre na presencia do señor 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO SEGUNDO DE 
SAMUEL 
 
 
 
7 1Instalado o rei David na súa casa, e como o Señor lle dera a paz cos seus inimigos do 
arredor, 2díxolle el ó profeta Natán: -"Repara que eu estou instalado nunha casa de 
cedro, mentres a arca do Señor habita nunha tenda". 3Natán respondeulle ó rei: -"Todo o 
que tes no corazón, anda e faino, pois o Señor está contigo". 
 
4Pero aquela mesma noite veulle a Natán esta palabra do Señor: 5-"Vai e dille ó meu 
servo David que isto di o Señor: ¿vasme edificar unha casa para que eu habite nela? Eu 
saqueite das mandas, de detrás dos rabaños, para que fóse-lo xefe do meu pobo Israel. 
9Estiven contigo en todo o que emprendiches e arredei os teus inimigos diante de ti. E 
dareiche un nome tan grande coma o dos grandes da terra. 
 
10Eu fixarei tamén un posto para o meu pobo Israel. Eu plantareino e el vivirá alí sen 
sobresaltos. Non volverán asoballalo os fillos da iniquidade, como fixeron á primeira, 
11no tempo en que puxen xuíces sobre o meu pobo Israel. Dareiche o repouso de 
tódolos inimigos e, por parte, o Señor anúnciache que che dará unha dinastía. 
 
12Cando se cumpran os teus días e vaias durmir con teus pais, eu establecerei despois 
de ti un teu descendente, nado das túas entrañas, e farei firme o seu reino. 
 
14Eu serei para el un pai e el será para min un fillo. 
 
16A túa familia e o teu reino permanecerán na miña presencia para sempre, o teu trono 
manterase firme eternamente". 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 88, 2-3. 4-5. 27 e 29 
 
R/ (cf 2a): Quero cantar por sempre o amor do Señor 
 
 
 
2Quero cantar por sempre o amor do Señor, 
 
pregoar polas xeracións a súa fidelidade: 
 
3-"Penso que o teu amor está fundado co mundo, 
 
a túa fidelidade asentada cos ceos". 
 
 
 
4Co meu elixido firmo unha alianza, 
 
ó meu servo David fágolle un xuramento: 
 
5-"Afincarei a túa liñaxe para sempre, 
 
construireiche un trono duradeiro". 
 
 
 
27El dirame: -Ti es meu pai, 
 
meu Deus, rocha da miña salvación. 
 
29Gardareille o meu amor eternamente 
 
e a miña alianza con el será leal. 
 
 
 
 
 
ALELUIA: 
 
Oriente, esplendor da luz eterna e sol de xustiza: 
 
vén e ilumina ós que están apousentados nas tebras e na sombra da morte 
 
 
 
 
 
EVANXEO Lc 1, 67-79 
 
Visitounos o que vén do alto 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
67Zacarías, o pai de Xoán, cheo do Espírito Santo, profetizou dicindo: 
 
68-Bendito sexa o Señor, Deus de Israel 
 
porque veu visitar e redimi-lo seu pobo, 
 
69suscitando para nós unha forza de salvación 
 
na casa de David, o seu servo, 
 
70conforme prometera desde antigo 
 
por boca dos seus santos profetas: 
 
71que nos salvaría dos nosos inimigos 
 
e das mans dos que nos teñen odio; 
 
72que tería misericordia dos nosos pais, 
 
tendo presente a súa Santa Alianza, 
 
73tal fora a promesa que lle fixera a Abraham, noso pai, 
 
concedéndonos 74que, libres das mans do inimigo, 
 
o sirvamos sen temor, 
 
75en santidade e xustiza, diante del, 
 
tódolos días mentres dure a nosa vida. 
 
76E a ti, meu meniño, hanche chamar profeta do Altísimo, 
 
porque irás por diante do Señor, 
 
preparando os seus camiños, 
 
77anunciándolle a salvación ó seu pobo 
 
mediante o perdón dos pecados, 
 
78pois pola misericordia entrañable do noso Deus 
 
amencerá desde o ceo un sol para nós: 
 
79luz para os que viven nas tebras 
 
e xacen entre as sombras da morte 
 
para guia-los nosos pasos 
 
polos camiños da paz. 
 
 
 
 
 

201.- ALELUIAS 

 
 
 
Para as ferias de Advento desde o día 17 ata o 24 de decembro 
 
 
 
1. Sabedoría do Altísimo que dispós todo suave e vigorosamente: 
 
vén ensinarnos o camiño da prudencia 
 
 
 
2. Conductor da casa de Israel, que lle déche-la lei a Moisés no Sinaí 
 
vén redimirnos con brazo vigoroso 
 
 
 
3. Raiz de Xessé, que permaneces coma signo dos pobos: 
 
vén a librarnos, non tardes 
 
 
 
4. Chave de David, que ábre-las portas do Reino eterno: 
 
vén e saca do cárcere ó derrotado que senta nas tebras 
 
 
 
5. Oriente, esplendor da luz eterna e sol de xustiza: 
 
vén e ilumina ós que están apousentados nas tebras e na sombra da morte 
 
 
 
6. Rei das nacións e rocha angular da Igrexa: 
 
vén e salva ó home que formaches do barro 
 
 
 
7. Deus-connosco, noso rei e lexislador: 
 
vén a salvarnos, Señor, noso Deus. 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

TEMPO DE NADAL 

 
 
 
202.- Día 29 de decembro 
 
Día 5º dentro da oitava de Nadal 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Xn 2, 3-11 
 
Quen ama á seu irmán, permanece na luz 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN 
XOÁN APÓSTOLO 
 
 
 
Benqueridos irmáns e irmás: 
 
3Sabemos que coñecemos a Xesús de verdade polo feito de que cumprimos cos seus 
mandamentos. 4O que di: "Eu coñézoo" pero non cumpre cos seus mandamentos, é un 
mentireiro e non ten en si a verdade revelada. 5Quen garda a súa Palabra, nel o amor de 
Deus chega de verdade ó máximo; nisto é onde coñecemos que estamos con El. 6Quen 
di que permanece en comuñón con El, ten que comportarse como Xesús se comportou. 
 
7Meus amigos, non vos comunico un mandamento novo senón un mandamento antigo, 
que xa tiñades desde o comezo: este mandamento antigo é a Palabra que daquela 
escoitastes. 8E, con todo, comunícovos un mandamento novo: esta novidade é 
verdadeira sexa polo que a Xesús toca, sexa polo que vos toca a vós, porque a 
escuridade vai desaparecendo e brilla xa a luz verdadeira. 
 
9Quen di que está na Luz, pero odia a seu irmán, aínda está na escuridade. 
 
10Quen ama a seu irmán, está na Luz e nel non hai nada que o faga tropezar. 
 
11En troques, quen odia a seu irmán, está na escuridade e camiña na escuridade e, por 
isto, non sabe a onde vai, porque a escuridade lle cegou os ollos. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 95, 1-2a- 2b-3. 5b-6 
 
R/ (11a): Alégrese o ceo, exulte a terra 
 
 
 
1Cantádelle ó Señor un cántico novo, 
 
cántalle ó Señor, terra enteira; 
 
2cantade ó Señor e bendicide o seu nome, 
 
 
 
pregoade tódolos días a súa salvación; 
 
3cantade entre as xentes a súa gloria; 
 
ante tódolos pobos, as súas marabillas. 
 
 
 
O Señor fixo os ceos. 
 
6Na súa presencia, gloria e maxestade; 
 
no seu santuario, forza e fermosura. 
 
 
 
 
 
ALELUIA Lc 2, 32: 
 
Luz para revelación ás nacións 
 
e gloria do teu pobo Israel 
 
 
 
 
 
EVANXEO Lc 2, 22-35 
 
Luz para revelación ás nacións 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
22Cando chegou o tempo da súa purificación, conforme a Lei de Moisés, os pais de 
Xesús levaron o neno a Xerusalén, para llo presentaren ó Señor 23(pois así está escrito 
na Lei do Señor: Todo varón primoxénito consagraredes ó Señor), 24e tamén para 
faceren unha ofrenda , conforme se di na Lei do Señor: Un par de rulas ou dous 
pombiños. 
 
25Vivía nese tempo en Xerusalén un home xusto e piadoso, chamado Simeón, que 
agardaba a restauración de Israel. O Espírito Santo, que estaba con el, 26tíñalle 
prometido que non había morrer sen ve-lo Unxido do Señor. 
 
27Movido polo Espírito, foi ó templo, e, cando entraban os pais do neno Xesús para 
cumpriren o mandado pola Lei do Señor, 28el, colléndoo nos brazos, louvou a Deus 
dicindo: 
 
29-Agora podes, Señor, segundo a túa promesa, 
 
despedir en paz o teu servo, 
 
30porque xa os meus ollos viron o teu Salvador, 
 
31o que preparaches para tódolos pobos: 
 
32luz de revelación para os xentís 
 
e gloria do teu pobo Israel. 
 
33O pai e maila nai do neno ficaron abraiados polo que tal dicía do neno. 
34Bendiciunos Simeón e díxolle a María, a nai: 
 
-Mira, este está disposto para caída ou soerguemento de moitos en Israel, para ser 
bandeira de discusión; 35e a ti mesma unha espada hache atravesa-la alma: así ficarán 
descubertas as cavilacións de moitos corazóns. 
 
 
 
 
 
203.- Día 30 de decembro 
 
Día 6º dentro da oitava de Nadal 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Xn 2, 12-17 
 
Quen fai a vontade do Señor permanece para sempre 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN 
XOÁN APÓSTOLO 
 
 
 
12Dígovos, meus fillos, 
 
que os vosos pecados están perdoados por mor do seu nome. 
 
13Dígovos, pais, 
 
que vós téde-lo coñecemento daquel, que é desde o comezo. 
 
Dígovos, mozos, 
 
que vós vencéste-lo Maligno. 
 
14Díxenvos, por tanto, meus filliños, 
 
que vós téde-lo coñecemento do Pai. 
 
Díxenvos, por tanto, pais. 
 
que vós téde-lo coñecemento daquel, que é desde o comezo. 
 
Díxenvos, por tanto, mozos, 
 
que vós sodes valentes, 
 
que a Palabra de Deus está dentro de vós, 
 
e que por isto vencéste-lo Maligno. 
 
15Non lle queirades ben ó mundo nin ó que hai nel. O amor do Pai non pode estar en 
quen lle queira ben ó mundo. 16Porque todo o que hai no mundo -as inclinacións ó mal, 
os ollos que endexamais nunca se enchen e o orgullo que dá ter moitos cartos- non vén 
do Pai, senón que vén do mundo. 17Porque o mundo pasa e as súas cobizas tamén, pero 
quen cumpre coa vontade de Deus, permanece para sempre. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 95, 7-8a. 8b-9. 10 
 
R/ (11a): Alégrese o ceo, exulte a terra 
 
 
 
7Tributade ó Señor, pobos todos, 
 
tributade ó Señor honor e forza, 
 
8tributade ó Señor a gloria do seu nome. 
 
 
 
Collede ofrendas, entrade nos seus adros, 
 
9adorade o Señor con vestido sagrado, 
 
treme na súa presencia a terra enteira. 
 
 
 
10Dicide entre as xentes: 
 
-"O Señor reina, 
 
asenta o mundo, e non se move, 
 
goberna os pobos rectamente". 
 
 
 
 
 
ALELUIA: 
 
Iluminounos un día santificado: 
 
vinde, nacións, adorade ó Señor, 
 
porque hoxe baixou unha grande luz sobre a terra 
 
 
 
 
 
EVANXEO Lc 2, 36-40 
 
Falaba del a tódolos que esperaban a redención de Xerusalén 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
36Había unha profetisa moi vella chamada Ana, filla de Penuel, da tribo de Axer, que 
vivira sete anos co seu marido desde que casara, 37e logo como viúva ata os oitenta e 
catro. Non se apartaba do templo nin de noite nin de día, servindo a Deus con xexún e 
oracións. 38Presen-tándose naquel intre no templo, glorificaba a Deus e falaba do neno 
a tódolos que esperaban a redención de Xerusalén. 
 
39Cando remataron todo o ordenado pola Lei do Señor, volveron para Galilea, á vila de 
Nazaret. 40O neno ía medrando lanzal, forte e intelixente; e a gracia de Deus estaba con 
el. 
 
 
 
 
 
204.- Día 31 de decembro 
 
Día 7º dentro da oitava de Nadal 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Xn 2, 18-21 
 
Recibistes do Santo unha unción e todos vós téde-lo coñecemento 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN 
XOÁN APÓSTOLO 
 
 
 
18Meus fillos, estamos na hora derradeira. Conforme oístes, tiña que vi-lo Anticristo; 
ollade que xa están aquí moitos anticristos; por isto sabemos que estamos na hora 
derradeira. 19Os anticristos saíron dos nosos, aínda que eles non eran dos nosos; se 
fosen dos nosos habían quedar connosco; pero non, eles saíron para deixar ver que non 
todos son dos nosos. 
 
20Vós, en troques, recibistes do Santo unha unción e todos vós téde-lo coñecemento. 
21Decidinme a escribirvos, non porque non coñezáde-la verdade senón xustamente 
porque xa a coñecedes e porque da verdade non saen mentiras. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 95, 1-2. 11-12. 13 
 
R/ (11a): Alégrese o ceo, exulte a terra 
 
 
 
1Cantádelle ó Señor un cántico novo, 
 
cántalle ó Señor, terra enteira; 
 
2cantade ó Señor e bendicide o seu nome, 
 
pregoade tódolos días a súa salvación; 
 
 
 
11Alégrese o ceo, exulte a terra, 
 
brúe o mar e canto o enche; 
 
12rían os campos e o que hai neles, 
 
rebrinquen as árbores do bosque, 
 
 
 
13diante do Señor que vén, 
 
que vén para rexe-la terra. 
 
El rexerá o mundo con xustiza 
 
e os pobos con rectitude. 
 
 
 
 
 
ALELUIA Xn 1, 14a. 12a: 
 
O Verbo fíxose carne e habitou entre nós. 
 
A cantos o recibiron, 
 
déulle-lo poder de seren fillos de Deus 
 
 
 
 
 
EVANXEO Xn 1, 1-18 
 
O Verbo fíxose carne 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN 
 
 
 
1 1No principio existía a Palabra, 
 
e a Palabra estaba onda Deus, 
 
e a Palabra era Deus. 
 
2Ela estaba no principio onda Deus. 
 
3Todo foi feito por ela, 
 
e sen ela non se fixo 
 
nada do que foi feito. 
 
4Nela estaba a vida, 
 
e a vida era a luz dos homes; 
 
5a luz aluma na tebra, 
 
e a tebra non a deu apagado. 
 
6Houbo un home 
 
mandado por Deus: 
 
o seu nome era Xoán. 
 
7Este veu de testemuña 
 
para dar testemuño da luz, 
 
para que todos cresen por el. 
 
8Non era el a luz, 
 
senón que veu para dar testemuño da luz. 
 
9(A Palabra) era a verdadeira luz 
 
que aluma a todo home 
 
que vén a este mundo. 
 
10Ela estaba no mundo, 
 
e o mundo foi feito por ela, 
 
pero o mundo non a recoñeceu. 
 
11Veu á súa propiedade, 
 
e os seus non a acolleron. 
 
12Pero a cantos a recibiron, 
 
-ós que cren no seu nome- 
 
déulle-lo poder 
 
de seren fillos de Deus. 
 
13Estes, non naceron do sangue, 
 
nin da vontade da carne, 
 
senón de Deus. 
 
14E a Palabra fíxose carne, 
 
e plantou entre nós a súa tenda, 
 
e nós vímo-la súa gloria, 
 
gloria coma de Unixénito 
 
que vén do Pai, 
 
cheo de gracia e de verdade. 
 
15Xoán dá testemuño del, 
 
exclamando: 
 
Este évos de quen eu dixen: 
 
"O que vén detrás miña, 
 
pasa diante miña, 
 
pois existía primeiro ca min". 
 
16E da súa abundancia 
 
recibimos todos nós 
 
gracia e máis gracia. 
 
17Pois a Lei deuse 
 
por medio de Moisés; 
 
a gracia e a verdade 
 
realizáronse por Xesús Cristo. 
 
18A Deus ninguén o viu; 
 
o Unixénito, que está no seo do Pai, 
 
foi quen nolo revelou. 
 
 
 
 
 
205.- Día 2 de xaneiro 
 
 
 
PRIMEIRA l Xn 2, 22-28: 
 
O que ouistes desde o principio, que permaneza en vós 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN 
XOÁN APÓSTOLO 
 
Benqueridos irmáns e irmás: 
 
22¿Quén é o mentireiro, senón o que nega que Xesús é o Mesías? Ese tal é o Anticristo, 
porque nega ó Pai e ó Fillo. 23Quen nega ó Fillo, xa non ten comuñón co Pai; e quen 
profesa a súa fe no Fillo, tamén ten comuñón co Pai. 
 
24Respecto a vós, ó contrario: que vos quede dentro o que aprendestes desde o comezo. 
Se o que aprendestes desde o comezo vos queda dentro, tamén vós permaneceredes no 
Fillo e no Pai, 25xa que esta é xustamente a promesa que o Fillo nos fixo: a vida eterna. 
 
26Ben. Dos que vos queren descamiñar, xa chega co dito. 27Ademais, vós conservades 
dentro a unción que recibistes de Cristo e deste xeito non precisades que ninguén vos 
faga de mestre; porque a unción de Cristo -que é unha realidade e non unha ilusión- xa 
vos ensina todo. Permanecede nel como ela vos ensinou. 
 
28Pois logo, meus fillos, seguide en comuñón con el, para que cando se nos manifeste o 
día que volva, teñamos unha seguridade confiada e non nos sintamos fracasados lonxe 
del. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 97, 1. 2-3ab. 3cd-4 
 
R/ (3a): Os pobos todos verán 
 
a salvación do noso Deus. 
 
 
 
Cantádelle ó Señor un cántico novo, 
 
pois fixo marabillas, 
 
a súa dereita e o seu brazo 
 
déronlle a victoria. 
 
 
 
2O Señor dá a coñece-la súa salvación, 
 
revela a súa xustiza ante os pobos. 
 
3Lembra o seu amor e a súa fidelidade 
 
coa casa de Israel. 
 
 
 
Os pobos todos verán 
 
a salvación do noso Deus. 
 
4Aclama ó Señor, terra enteira, 
 
rompede a cantar e a tocar. 
 
 
 
 
 
ALELUIA Hebr 1, 1-2: 
 
De moitas maneiras falou Deus noutro tempo ós pais por medio dos profetas, nos 
últimos días falounos por medio do Fillo 
 
 
 
 
 
EVANXEO Xn 1, 19-28: 
 
Virá despois de min 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN 
 
 
 
19Este é o testemuño de Xoán cando os xudeus lle mandaron de Xerusalén sacerdotes e 
levitas onda el, para lle preguntar: 
 
-¿Ti quen es? 
 
20El declarou e non negou. Declarou: 
 
-Eu non son o Cristo. 
 
21Preguntáronlle: 
 
-Entón ¿quen es ti? ¿Es Elías? 
 
Contestou: 
 
-Non son. 
 
-¿E-lo profeta? 
 
Respondeu: 
 
-Non. 
 
22Daquela dixéronlle: 
 
-¿E, logo, quen es? Para que lles poidamos dar unha resposta ós que nos mandaron. 
¿Que dis de ti mesmo? 
 
23El dicía: 
 
-Eu son a voz do que clama no deserto, "endereitade o camiño do Señor" (como 
escribira o profeta Isaías). 
 
24Algúns dos mandados eran fariseos 25e preguntáronlle: 
 
-Entón ¿por que bautizas, se non es ti o Cristo nin Elías nin o profeta? 
 
26Xoán respondeulles: 
 
-Eu bautizo con auga; mais entre vós está quen vós non coñecedes; 27o que vén detrás 
miña e eu non son merecente de lle desata-lo amalló da sandalia. 
 
28Todo isto pasou en Betania, pola outra banda do Xordán, onde estaba Xoán 
bautizando. 
 
 
 
 
 
 
 
206.- Día 3 de xaneiro 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Xn 2, 29--3, 6: 
 
Quen permanece nel non peca 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN 
XOÁN APÓSTOLO 
 
 
 
Benqueridos irmáns e irmás: 
 
29Xa sabedes que Cristo é xustificador; tirade, logo, de aquí a consecuencia: que todo 
aquel que fai o que é xusto, é fillo del. 
 
3 1Vede o moito que nos quixo o Pai, para nos chamarmos fillos de Deus e sérmolo de 
verdade. Por iso o mundo non nos recoñece: porque tampouco non o recoñeceu a El. 
2Meus amigos, xa somos fillos de Deus, pero aínda non está á vista o que seremos; 
sabemos que cando Xesús apareza, nós seremos coma el, xa que o veremos tal e como é. 
3Todo o que ten posta en Xesús esta esperanza, trata de vivir unha vida limpa, para ser 
limpo coma el. 
 
4Todo aquel que peca comete unha ruindade, xa que o pecado é esa rebeldía. 5E xa 
sabedes que el se presentou para quita-los pecados, xa que nel non hai pecado. 6A quen 
segue en comuñón con el, non lle dá por pecar: quen peca é que non o viu nin o 
coñeceu. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 97, 1. 3cd-4. 5-6 
 
R/ (3a): Os pobos todos verán 
 
a salvación do noso Deus. 
 
 
 
Cantádelle ó Señor un cántico novo, 
 
pois fixo marabillas, 
 
a súa dereita e o seu brazo 
 
déronlle a victoria. 
 
 
 
Os pobos todos verán 
 
a salvación do noso Deus. 
 
4Aclama ó Señor, terra enteira, 
 
rompede a cantar e a tocar. 
 
 
 
5Tocade para o Señor a cítara, 
 
a cítara e o salterio; 
 
6con claríns e con trompetas 
 
aclamade ó Señor, noso rei. 
 
 
 
 
 
ALLELULA Xn 1, 14a. 12a: 
 
O Verbo fíxose carne, e habitou entre nós; 
 
A cantos o recibiron déulle-lo poder de seren fillos de Deus 
 
 
 
 
 
EVANXEO Xn 1, 29-34: 
 
Velaí o Año de Deus 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN 
 
 
 
Vendo Xoán a Xesús, que viña cara a el, dixo: 
 
-¡Velaí o Año de Deus, o que arrinca o pecado do mundo! 30Este é de quen eu dixen: 
"Detrás miña vén un home que pasa diante miña, pois existía primeiro ca min". 31Eu 
non o coñecía, mais para iso vin eu bautizar con auga: para mostralo a Israel. 32E Xoán 
seguiu testemuñando: 
 
-Eu vin o Espírito baixar do ceo coma unha pomba e pousar enriba del. 33Eu non o 
coñecía, pero o que me mandou bautizar con auga, díxome: "Cando véxa-lo Espírito 
baixar e pousar sobre un, ese é o que bautiza co Espírito Santo". 34E eu vino e dou 
testemuño de que este é o Fillo de Deus. 
 
 
 
 
 
207.- Día 4 de xaneiro 
 
 
 
PRIMEIRA l Xn 3, 7-10: 
 
Non pode pecar porque naceu de Deus 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN 
XOÁN APÓSTOLO 
 
 
 
7Meus fillos, que ninguén vos extravíe: quen fai o que é xusto, vólvese xusto, xa que 
imita a Aquel que é xusto. 8Quen comete pecado, vén do demo, xa que o demo é 
pecador desde o comezo. Por isto se fixo ve-lo Fillo de Deus, para acabar coas obras do 
demo. 9Quen naceu de Deus, xa non comete pecado, porque a semente de Deus queda 
nel: xa non pode pecar, porque naceu de Deus. 10Nisto é onde se ven os que son fillos 
de Deus e os que son fillos do demo. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 97, 1. 7-8. 9 
 
R/ (3a): Os pobos todos verán 
 
a salvación do noso Deus. 
 
 
 
Cantádelle ó Señor un cántico novo, 
 
pois fixo marabillas, 
 
a súa dereita e o seu brazo 
 
déronlle a victoria. 
 
 
 
7Brúe o mar e canto o enche, 
 
o mundo e cantos o habitan; 
 
8aplaudan os ríos, 
 
xuntos canten os montes, 
 
 
 
9diante do Señor que vén 
 
para rexe-la terra. 
 
El rexerá o mundo con xustiza 
 
e os pobos con rectitude. 
 
 
 
 
 
ALELUIA Heb 1, 1-2: 
 
De moitas maneiras falou Deus noutro tempo ós pais por medio dos profetas, nos 
últimos días falounos por medio do Fillo 
 
 
 
 
 
EVANXEO Xn 1, 35-42: 
 
Encontrámo-lo Mesías 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN 
 
 
 
Estaba Xoán con dous dos seus discípulos 36e, vendo a Xesús que camiñaba, dixo: 
 
-Velaquí o Año de Deus. 
 
37Cando os dous discípulos oíron o que el falara, fóronse detrás de Xesús. 38Volveuse 
Xesús e, vendo que eles o seguían, preguntoulles: 
 
-¿Que buscades? 
 
Eles respondéronlle: 
 
-"Rabbí" (que quere dicir "Mestre"), ¿on-de paras? 
 
39El díxolles: 
 
-Vide e veredes. 
 
E eles foron e viron onde paraba e quedaron con el aquel día. Era contra as catro da 
tarde. 
 
40Un dos dous que escoitaron a Xoán e seguiron a Xesús era Andrés, o irmán de Simón 
Pedro. 41Vai e ó primeiro que atopa é a Simón, o seu propio irmán, e dille: 
 
-Encontrámo-lo Mesías (que quere dicir Cristo). 
 
42E levouno onda Xesús. O velo, díxolle Xesús: 
 
-Tí es Simón, o fillo de Xoán. Ti haste chamar Kefas (que quere dicir Pedro). 
 
 
 
 
 
208.- Día 5 de xaneiro 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Xn 3, 11-21: 
 
Pasamos da morte á vida porque amamos ós irmáns 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN 
XOÁN APÓSTOLO 
 
 
 
Benqueridos irmáns e irmás: 
 
Esta é a mensaxe que oístes desde o comezo: que nós nos amemos uns ós outros. 12Non 
coma Caín, que, vindo da caste do demo, degolou a seu irmán. ¿E por que o degolou? 
Porque os seus feitos eran do demo, mentres que os do seu irmán eran xustos. 
 
13Non vos admiredes, irmáns, de que o mundo vos teña odio. 14Ollade que nós 
sabemos que pasamos da morte á vida en que lles queremos ben ós irmáns; o que non 
quere ben, permanece na Morte. 15Quen odia a seu irmán é un asasino e xa sabedes que 
ningún asasino leva en si a vida eterna. 
 
16Soubemos o que é o amor desde que el deu a súa vida por nós e entón decatámonos 
de que nós temos que da-la vida polos irmáns. 17Pois ¿como pode esta-lo amor de Deus 
naquel que, tendo moitos bens deste mundo e vendo pasar necesidade ó irmán, lle cerra 
as entrañas? 18Meus filliños, non amemos de palabra e de lingua, senón con feitos e na 
verdade. 
 
19Deste xeito saberemos que vivimos conforme a verdade e sosegarémo-lo noso 
corazón diante do tribunal de Deus. 20Porque aínda que o noso corazón nos acuse, Deus 
é meirande có noso corazón e coñece todo. 21Meus amigos, se o corazón non nos acusa, 
temos confianza para nos achegar a Deus 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 99, 2. 3. 4. 5 
 
R/ (2a): Servide o Señor con alegría 
 
 
 
2servide o Señor con alegría, 
 
achegádevos con cántigas á súa presencia. 
 
 
 
3Sabede que o Señor é Deus, 
 
que El nos fixo e que del somos, 
 
o seu pobo, o seu rabaño. 
 
 
 
4Entrade polas súas portas con louvanzas: 
 
polos seus adros con cántigas. 
 
Celebrádeo e bendicide o seu nome, 
 
 
 
5porque o Señor é bo. 
 
O seu amor dura por sempre; 
 
por xeracións a súa fidelidade. 
 
 
 
 
 
ALELUIA 
 
Alumbrou para nós un día santificado: 
 
vinde todos e adorade ó Señor; 
 
porque hoxe descendeu sobre a terra unha grande luz 
 
 
 
 
 
EVANXEO Xn 1, 43-51: 
 
Ti e-lo Fillo de Deus, ti e-lo rei de Israel 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN 
 
 
 
Decidiu Xesús saír para a Galilea; atopou a Felipe e díxolle: 
 
-Sígueme. 
 
44Felipe era de Betsaida, da vila de Andrés e mais de Pedro. 45Atopou Felipe a 
Natanael e díxolle: 
 
-Encontramos a aquel de quen escribiu Moisés na Lei e mailos Profetas: a Xesús, o fillo 
de Xosé, o de Nazaret. 
 
46Contestoulle Natanael: 
 
-¿E de Nazaret pode saír algo bo? 
 
Felipe díxolle: 
 
-Ven e verás. 
 
47Viu Xesús a Natanael, que se achegaba, e dixo del: 
 
-Aí tedes un verdadeiro israelita, en quen non hai dobrez. 
 
48Preguntoulle Natanael: 
 
-¿E de que me coñeces? 
 
Contestoulle Xesús: 
 
-Antes de que Felipe chamase por ti, xa eu te vira, cando estabas debaixo da figueira. 
 
49Respondeulle Natanael: 
 
-Rabbí, ti e-lo Fillo de Deus, ti e-lo rei de Israel. 
 
50Díxolle entón Xesús: 
 
-¿Porque che dixen que te vin debaixo da figueira, xa cres? Pois cousas máis grandes 
has ver. 
 
51E concluíu: 
 
-Con toda verdade volo aseguro: habedes ve-lo ceo aberto, e os anxos de Deus subindo e 
baixando onda o Fillo do Home. 
 
 
 
 
 
209.- Día 6 de xaneiro 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Xn 5, 5-13: 
 
O Espírito e a auga e o sangue 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN 
XOÁN APÓSTOLO 
 
 
 
Benqueridos irmáns e irmás: 
 
5¿Quen é o que derrota o mundo, senón o que cre que Xesús é o Fillo de Deus? 
 
6O que veu con auga e sangue, foi el, Xesús Cristo; non veu con auga só, senón con 
auga e con sangue. E o Espírito é quen dá testemuño, xa que o Espírito é a Verdade. 
7Porque tres son os que dan testemuño: 8o Espírito, a auga e mailo sangue; e os tres 
testemuñan no mesmo senso. 9Se nós aceptámo-lo testemuño dos homes, maior razón 
ten o testemuño de Deus. E este é o testemuño de Deus: o que El nos ten dado acerca do 
seu Fillo. 10Quen cre no Fillo de Deus leva dentro de si este testemuño; quen non lle dá 
fe a Deus pono por mentireiro, xa que non cre no testemuño que Deus ten dado acerca 
do seu Fillo. 11E nisto consiste ese testemuño: en que Deus nos deu a vida eterna, a vida 
que está no seu Fillo. 12Quen ten o Fillo, ten a vida; quen non ten o Fillo, non ten a 
vida. 
 
13Con esta carta quero que vós, os que credes no Fillo de Deus, esteades seguros de que 
téde-la vida eterna. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 147, 12-13. 14-15. 19-20 
 
R/ (12a): Glorifica ó Señor, Xerusalén 
 
Ou: Aleluia 
 
 
 
12Glorifica ó Señor, Xerusalén, 
 
louva o teu Deus, Sión. 
 
13El reforza os ferrollos das túas portas 
 
e bendice os teus fillos no teu seo. 
 
 
 
14Establece a paz nos teus confíns 
 
e fártate de flor de trigo. 
 
15El manda á terra a súa mensaxe 
 
e a súa palabra corre lixeira. 
 
 
 
19El anuncia a Xacob os seus proxectos, 
 
os seus estatutos e mandatos a Israel. 
 
20Non fai así con outros pobos 
 
que descoñecen as súas decisións. 
 
Aleluia. 
 
 
 
 
 
ALLELUIA Cf. Mc 9, 6: 
 
Abríronse os ceos e treboou a voz do Pai: 
 
Este é o meu fillo benquerido; escoitádeo 
 
 
 
 
 
EVANXEO Mc 1, 7-11 
 
Ti e-lo meu Fillo benquerido en ti puxen a miña complacencia 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS 
 
 
 
7Xoán proclamaba: 
 
-Detrás miña está a chegar o que é máis forte ca min, ante quen non son digno de 
postrarme para lle desata-los mallós do seu calzado. 8Eu bautizo con auga, pero el havos 
bautizar con Espírito Santo. 
 
9E aconteceu por aqueles días que chegou Xesús desde Nazaret de Galilea, e Xoán 
bautizouno no Xordán. 10E de seguida, mentres saía da auga, viu abrirse o ceo e baixar 
sobre el, coma unha pomba, o Espírito Santo. 11E unha voz deixouse oír desde o ceo: 
 
-Ti e-lo meu fillo benquerido, o meu predilecto. 
 
 
 
 
 
Ou: Lc 3, 23-38 (longa) 
 
Xenealoxía de Xesús Cristo, Fillo de Adam, Fillo de Deus 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
23Xesús tiña trinta anos ó empezar; fillo, segundo se pensaba, de Xosé, que o era de 
Helí, 24o de Matat, o de Leví, o de Melquí, o de Xanaí, o de Xosé, 25o de Matatías, o 
de Amós, o de Nahúm, o de Eslí, o de Nagai, 26o de Máhat, o de Matatías, o de Semeín, 
o de Ioseh, o de Iodá, 27o de Iohanán, o de Resá, o de Zerubabel, o de Xealtiel, o de 
 
Nerí, 28o de Melquí, o de Adí, o de Casam, o de Elmadam, o de Er, 29o de Xesús, o de 
Eliezer, o de Iozim, o de Matat, o de Leví, 30o de Simeón, o de Xudá, o de Xosé, o de 
Ionam o de Eliaquim, 31o de Meleá, o de Mená, o de Matatá o de Natán, o de David, 
32o de Iexé, o de Iobed, o de Boaz, o de Salá, o de Naasón, 33o de Aminadab, o de 
Admín, o de Arní, o de Esrón, o de Peres, o de Xudá, 34o de Xacob, o de Isaac, o de 
Abraham, o de Tara, o de Nacor, 35o de Seruc, o de Ragau, o de Pélec, o de Éber, o de 
Salá, 36o de Cainam, o de Arfaxad, o de Xem, o de Noé, o de Lámec, 37o de 
Metuxalem, o de Henoc, o de Iáret, o de Malelel, o de Cainam, 38o de Enox, o de Xet, o 
de Adam, o de Deus. 
 
 
 
 
 
Ou: 3, 23. 31-34. 36. 38 (máis breve): 
 
23Xesús tiña trinta anos ó empezar; fillo, segundo se pensaba, de Xosé, que o era de 
Helí 
 
31O de Meleá, o de Mená, o de Matatá o de Natán, o de David, 32o de Iexé, o de Iobed, 
o de Boaz, o de Salá, o de Naasón, 33o de Aminadab, o de Admín, o de Arní, o de 
Esrón, o de Peres, o de Xudá, 34o de Xacob, o de Isaac, o de Abraham, o de Tara, o de 
Nacor 
 
36O de Cainam, o de Arfaxad, o de Xem, o de Noé, o de Lámec 
 
38O de Enox, o de Xet, o de Adam, o de Deus. 
 
 
 
 
 
210.- Día 7 de xaneiro 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Xn 5, 14-21: 
 
Escóitanos tódalas nosas peticións 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN 
XOÁN APÓSTOLO 
 
 
 
Benqueridos irmáns e irmás: 
 
Esta é a confianza que temos no Fillo de Deus: cando acudimos a el, estamos certos de 
que nos escoita, se o que lle pedimos está conforme coa súa vontade. 15Se estamos 
certos de que nos escoita en calquera cousa que lle pidamos, estamos tamén certos de 
que xa conseguímo-lo que lle estamos pedindo. 
 
16Se alguén ve que o seu irmán peca con pecados que non levan á morte, que rece por el 
e Deus daralle a vida. Refírome ós que cometeron pecados que non levan á morte. 
Porque hai un pecado que leva á morte; e non é por este polo que eu digo que se rece. 
17Toda inxustiza é pecado, pero hai pecados que non levan á morte. 
 
18Sabemos que todo aquel que é un nacido de Deus non peca, senón que o garda 
consigo aquel que naceu de Deus, para que non lle toque o Maligno. 19Sabemos que 
nós vimos de Deus, mentres que o mundo enteiro está nas mans do Maligno. 
20Sabemos que o Fillo de Deus xa está aquí e que nos deu entendemento para coñece-lo 
Verdadeiro; nós estamos co Verdadeiro, co seu Fillo Xesús Cristo. Este é o Deus 
verdadeiro e a vida eterna. 21Meus Filliños, gardádevos dos falsos deuses. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 149, 1-2. 3-4. 5 e 6a e 9b 
 
R/ (4a): O Señor ama ó seu pobo 
 
Ou: Aleluia 
 
 
 
Cantádelle ó Señor un cántico novo, 
 
louvádeo na asemblea dos xustos. 
 
2Alégrese Israel co seu facedor 
 
e os fillos de Sión relouquen co seu rei. 
 
 
 
3Festexen coa danza o seu nome, 
 
cántenlle con pandeiros e harpas, 
 
4porque o Señor ama o seu pobo 
 
e coroa os humildes coa victoria. 
 
 
 
5Exulten os xustos no triunfo 
 
e canten xubilosos nos seus postos, 
 
6coa louvanza de Deus nas gargantas 
 
será un honor para os seus amigos. 
 
Aleluia. 
 
 
 
 
 
ALELUIA Lc 7, 16: 
 
Un gran profeta apareceu entre nós 
 
e Deus visitou ó seu pobo 
 
 
 
 
 
EVANXEO Xn 2, 1-11: 
 
Este foi o primeiro signo que fixo Xesús en Galilea 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN 
 
 
 
2 1Houbo un casamento en Caná de Galilea, e estaba alí a nai de Xesús. 2Tamén foi 
convidado Xesús e mailos seus discípulos ó casamento. 3Chegou a falta-lo viño e a nai 
de Xesús díxolle: 
 
-Non che teñen viño. 
 
4Replicoulle Xesús: 
 
-Muller ¿que ten que ver iso comigo e contigo? Aínda non chegou a miña hora. 
 
5Súa nai díxolles entón ós servidores: 
 
-Facede o que el vos diga. 
 
6Había alí seis tinas de pedra para as purificacións dos xudeus, que levaban ó pé de cen 
litros cada unha. 7E ordenoulles Xesús: 
 
-Enchede de auga as tinas. 
 
Eles enchéronas de todo. 
 
8Díxolles entón: 
 
-Collede agora e levádelle a proba ó mestresala. 
 
Eles levárona. 9E, cando o mestresala probou a auga volta viño, sen saber de onda viña 
(os servidores si que o sabían, que eles colleran a auga) falou co noivo 10e díxolle: 
 
-Todo o mundo pon de primeiras o viño bo e, cando xa están bébedos, o máis cativo; ti, 
en troques, deixáche-lo viño bo para agora. 
 
11Foi así como fixo Xesús o primeiro dos signos en Caná de Galilea; manifestou a súa 
gloria, e creron nel os seus discípulos. 
 
 
 
 
 

2l1.- ALELUIAS 

 
 
 
Para o tempo de Nadal antes da Epifanía 
 
 
 
1. Xn l, 14a. 12a: 
 
O Verbo fíxose carne, e habitou entre nós. 
 
A cantos o recibiron, déulle-lo poder de seren fillos de Deus 
 
 
 
2. Heb 1, 1-2: 
 
De moitas maneiras noutro tempo faloulles Deus ós pais por medio dos profetas, nos 
nosos días falounos por medio do Fillo 
 
 
 
 
 
3. Alumbrou para nós un día santificado: 
 
vinde todos e adorade ó Señor; 
 
porque hoxe descendeu sobre a terra unha grande luz 
 
 
 
 
 
 
 
212.- Día 7 de xaneiro ou o luns despois de Epifanía 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Xn 3, 22 - 4, 6: 
 
Poñede á proba os espíritos, para ver se veñen de Deus 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN 
XOÁN APÓSTOLO 
 
 
 
Benqueridos irmáns e irmás: 
 
Deus dáno-lo que lle pidamos, porque cumprimos cos seus mandamentos e facémo-lo 
que a El lle agrada. 
 
23Isto é o que El manda: que creamos no seu Fillo Xesús Cristo e que nos queiramos 
ben uns ós outros, coma el nos mandou. 24O que cumpre cos seus mandamentos, está 
en comuñón con Deus, e Deus en comuñón con el: coñecemos que Deus está en 
comuñón connosco polo Espírito que nos deu. 
 
4 1Meus amigos, non fiedes en calquera espírito; máis ben, poñede á proba os espíritos, 
para ver se veñen de Deus. Porque de entre nós saíron polo mundo moitos falsos 
profetas. 
 
2O Espírito de Deus podémolo distinguir nisto: vén de Deus todo espírito que profesa 
que Xesús Cristo veu en carne mortal; 3non pode vir de Deus todo espírito que non 
profesa a Xesús; ese é o espírito do Anticristo, de quen oístes dicir que ía vir e agora xa 
está no mundo. 
 
4Meus filliños, vós sodes de Deus, e téde-los anticristos sometidos a vós, porque o que 
está en vós é maior có que está no mundo. 5Eles son dos do mundo, falan ó xeito do 
mundo e por isto escóitaos o mundo. 6Nós, en troques, somos dos de Deus: quen coñece 
a Deus, escóitanos; quen non é dos de Deus, non nos escoita. Nisto é onde coñecémo-lo 
Espírito da verdade e o espírito do error. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 2, 7-8. 10-11 
 
R/ (8a): Dareiche por herdade as nacións 
 
 
 
7Pregoarei o decreto do Señor; 
 
foi El quen me dixo: -"Ti es meu fillo, 
 
eu mesmo che dei hoxe a vida. 
 
8Pídeme, e dareiche por herdade as nacións; 
 
por posesión, os termos da terra. 
 
 
 
10Entendede ben, reis, 
 
aprendede, os que rexéde-la terra: 
 
11Servide o Señor con temor, 
 
con tremor facédelle festa; 
 
 
 
 
 
ALELUIA Cf. Mt 4, 23: 
 
Xesús predicaba o Evanxeo do Reino, 
 
e curaba tódalas enfermidades do pobo 
 
 
 
 
 
EVANXEO Mt 4, 12-17. 23-25: 
 
Acercouse o reino dos ceos 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
12Cando soubo Xesús que encadearan a Xoán, retirouse a Galilea. 13Deixando Nazaret, 
foise establecer en Cafarnaúm, na beira do mar, en terras de Zebulón e Naftalí, 14para 
que se cumprise o dito polo profeta Isaías: 
 
15Terra de Zebulón, terra de Naftalí, 
 
camiño do mar na outra ribeira do Xordán. 
 
Galilea dos pagáns. 
 
16O pobo que xacía na escuridade 
 
viu unha gran luz: 
 
Para os que habitaban no escuro país da morte 
 
brillou unha alborada. 
 
17E desde aquela empezou Xesús a predicar, dicindo: 
 
-Arrepentídevos, que o Reino dos Ceos xa está aí. 
 
23Xesús percorría a Galilea enteira ensinando nas sinagogas e anunciando a Boa Nova 
do Reino, curando canta doenza padecía o pobo. 24Falábase del en toda Siria e traíanlle 
enfermos con toda clase de doenzas e padecementos, endemoniados, epilépticos, 
tolleitos; e a todos curaba. 25Eran moitos os que o seguían, un mundo de xente chegada 
de Galilea, Decápolis, Xerusalén, Xudea e da outra banda do Xordán. 
 
 
 
 
 
213.- Día 8 de xaneiro ou martes despois de Epifanía 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Xn 4, 7-10: 
 
Deus é amor 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN 
XOÁN APÓSTOLO 
 
 
 
Benqueridos irmáns e irmás: 
 
Amémonos úns ós outros, porque o amor vén de Deus; e todo aquel que ama naceu de 
Deus e coñece a Deus. 8O que non ama, aínda non coñece a Deus, porque Deus é amor. 
 
9O amor de Deus fíxose ver entre nós en que Deus mandou ó mundo o seu Fillo 
Unixénito, para que nos dese a súa vida. 10Hai amor dentro de nós, non porque nós 
teñamos amado a Deus, senón porque El nos amou a nós e mandou o seu Fillo para que 
expiase os nosos pecados. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 71, 2. 3-4ab- 7-8 
 
R/ (cf 11): Adorarante, Señor, tódolos pobos da terra 
 
 
 
2Que rexa ó teu pobo rectamente 
 
e ós teus pobres con equidade. 
 
 
 
3Os montes ofreceranlle prosperidade ó pobo, 
 
os outeiros, xustiza. 
 
4El dará o dereito ós humildes, 
 
socorrerá os indixentes, 
 
 
 
7Florecerá a xustiza nos seus días, 
 
unha prosperidade duradeira como a lúa. 
 
8Dominará de mar a mar, 
 
desde o gran río ata o cabo da terra. 
 
 
 
 
 
ALELUIA Lc 4, 18: 
 
Mandoume o Señor evanxelizar ós pobres; 
 
predicárlle-la remisión ós cautivos 
 
 
 
 
 
EVANXEO Mc 6, 34-44: 
 
Multiplicando os pans, Xesús maniféstase como profeta 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS 
 
 
 
34Cando desembarcaron, Xesús atopouse cunha grande multitude. El, conmovido, 
porque eran coma ovellas sen pastor, púxose a predicar ensinándolles moitas cousas. 
 
35Como se facía tarde, acercáronselle os discípulos e dixéronlle: 
 
-Por aquí non hai casas e xa pasa moito da hora: 36vai ser mellor que os despidas, para 
que vaian ás aldeas e vilas veciñas, e merquen algo de comer. 
 
37Pero el respondeulles: 
 
-Dádelles vós de comer. 
 
Contestaron: 
 
-¿Imos, logo, mercar douscentos denarios de pan para lles darmos de comer? 
 
38El preguntoulles: 
 
-¿E, logo, canto pan tendes? 
 
Fixeron o reconto e dixeron: 
 
-Por xunto temos cinco bolos e mais dous peixes. 
 
39El mandounos sentar en grupos na herba verde. 40E fóronse sentando en grupos de 
cen ou cincuenta. 41El colleu os cinco bolos e mailos dous peixes, ergueu a vista ó ceo, 
bendiciunos, e partiu os bolos, e déullelos ós discípulos, para que os servisen; e repartiu 
tamén os dous peixes entre todos. 
 
42Comeron todos ata se fartaren 43e recolleron de anacos e das sobras dos peixes doce 
cestos cheos. 44E os que comeran os pans eran cinco mil homes. 
 
 
 
 
 
214.- Día 9 de xaneiro ou mércores despois de Epifanía 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Xn 4, 11-18: 
 
Se nos amamos uns ós outros, Deus permanece en nós 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN 
XOÁN APÓSTOLO 
 
 
 
Benqueridos irmáns e irmás: 
 
Se Deus nos amou tanto, tamén nós nos temos que amar uns ós outros. 12A Deus non o 
deu visto nunca ninguén; pero, se nós nos amamos uns ós outros, Deus está en 
comunión connosco e o seu amor faise realidade cumprida en nós. 
 
13Coñecemos que estamos en comuñón con El e El connosco, en que nos deu parte no 
seu Espírito. 14Nós mesmos o contemplamos e por iso testemuñamos que o Pai mandou 
o seu Fillo coma salvador do mundo. 15Se un profesa que Xesús é o Fillo de Deus, 
Deus está en comuñón con el e el con Deus. 16Pero nós xa o coñecemos e temos posta a 
nosa fe neste amor: o amor que Deus mantén vivo entre nós. Deus é amor e quen 
permanece no amor, permanece en Deus e Deus permanece nel. 
 
17Nisto chega o amor a ser realidade cumprida en nós: en que miramos para o día do 
xuízo con confiada seguridade porque, tamén nós vivimos neste mundo ó xeito de 
Cristo. 18No amor non hai temor. Antes ben, o amor perfecto bota fóra o temor, pois o 
temor é temor dun castigo: quen ten medo non chegou a un amor perfecto. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 71, 2. 10-11. 12-13 
 
R/ (cf 11): Adorarante, Señor, tódolos pobos 
 
 
 
2Que rexa ó teu pobo rectamente 
 
e ós teus pobres con equidade. 
 
 
 
10Traeranlle dons os reis de Tárxix e das illas, 
 
os reis de Saba e de Sebá pagaranlle tributo. 
 
11Postraranse ante el tódolos reis da terra, 
 
servirano tódalas nacións. 
 
 
 
12El librará ó pobre que suplica, 
 
ó aflixido que está sen axuda. 
 
13Terá piedade dos febles e indixentes, 
 
salvará a vida dos pobres; 
 
 
 
 
 
ALELUIA Cf. 1 Tim 3, 16: 
 
Gloria a ti, Cristo, anunciado ás nacións; 
 
gloria a ti, Cristo, en quen cre o mundo 
 
 
 
 
 
EVANXEO Mc 6, 45-52 
 
Vírono andando sobre o mar 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS 
 
 
 
Despois que se fartaron cinco mil homes, 45de seguida mandou Xesús ós seus 
discípulos que embarcasen e fosen indo diante para Betsaida, mentres el despedía a 
xente. 46E cando rematou de se despedir, foi orar ó monte. 
 
47Fíxose noite, e a barca estaba no medio do mar, mentres el quedaba só en terra. 
48Vendo o fatigados que estaban de tanto vogar co vento en contra, ó raia-lo día foi cara 
a eles, andando polo mar. 49Pero eles, ó velo andar polo mar, coidaron que era unha 
pantasma, e empezaron a berrar. 50Mais el de contado faloulles: 
 
-Tranquilos, que son eu. Non teñades medo. 
 
51E subiu á barca, onda eles. Acougou o vento, e todos quedaron abraiados de vez, 
52porque non comprenderan o milagre do pan, ó teren aínda cerrado o entendemento. 
 
 
 
 
 
215.- Día 10 de xaneiro ou xoves despois de Epifanía 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Xn 4, 19 - 5, 4: 
 
Quen ama a Deus, ame tamén ó seu irmán 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN 
XOÁN APÓSTOLO 
 
 
 
Benqueridos irmáns e irmás: 
 
19Nós somos capaces de amar a Deus, porque El nos amou primeiro. 20Se un di: "Eu 
amo a Deus", pero odia a seu irmán, é un mentireiro. Porque quen non ama a seu irmán 
a quen está vendo, non pode amar a Deus, a quen nunca viu: 21este é xustamente o 
mandamento que temos recibido del: que quen ama a Deus, ame tamén a seu irmán. 
 
5 1Todos cantos cren que Xesús é o Mesías, naceron de Deus; e quen ama ó que 
enxendra, ama tamén a quen aquel enxendrou. 2Sabemos que amámo-los fillos de Deus, 
se amamos a Deus e cumprimos cos seus mandamentos. 
 
3Porque o amor a Deus consiste en cumprir cos seus mandamentos. Os mandamentos de 
Deus non son pesados, 4porque nacer de Deus permítenos vence-lo mundo. E esta é a 
victoria que derrota o mundo: a nosa fe. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 71, 2. 14 e 15bc. 17 
 
R/ (cf 11): Adorarante, Señor, tódolos pobos 
 
 
 
2Que rexa ó teu pobo rectamente 
 
e ós teus pobres con equidade. 
 
 
 
14rescataraos da inxuria e da opresión, 
 
pois a súa vida e o seu sangue 
 
son preciosos ós seus ollos. 
 
15pedirán sempre por el, 
 
todo o día o bendicirán. 
 
 
 
17Que o seu nome dure por sempre 
 
e a súa sona igual có sol. 
 
Que se bendigan nel tódolos pobos 
 
e que o proclamen ditoso. 
 
 
 
 
 
A.LELUIA Lc 4, 18: 
 
Mandoume o Señor evanxelizar ós pobres, 
 
predicárlle-la remisión ós cautivos 
 
 
 
 
 
EVANXEO Lc 4, 14-22a: 
 
Hoxe cumpríuse esta Escritura 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
14Coa forza do Espírito Santo, Xesús voltou a Galilea, e a súa sona estendeuse por toda 
a redonda. 
 
15Ensinaba nas sinagogas, e todo o mundo dicía moito ben del. 
 
16Chegou a Nazaret, onde se criara, e o sábado entrou, como estaba afeito, na sinagoga. 
Ergueuse para face-la lectura, 17e déronlle o libro do profeta Isaías. Abriuno e atopou 
unha pasaxe que dicía: 
 
 
 
18O Espírito do Señor está sobre min 
 
porque El foi quen me unxiu 
 
para proclamárlle-la Boa Nova ós pobres. 
 
Mandoume para lles anuncia-la liberación ós secuestrados 
 
e a vista ós cegos, 
 
para lles dar liberdade ós asoballados, 
 
19e proclama-lo ano de gracia do Señor. 
 
20Pechando o libro, devolveullo ó encargado, e sentou. Tódolos ollos da sinagoga 
enteira estaban fixos nel. 21Logo empezoulles a dicir: 
 
-Hoxe cúmprese diante de vós esta pasaxe da Escritura. 
 
22E todos se lle puxeron á contra, estrañados polas palabras de gracia que saían da boca 
del. 
 
 
 
 
 
216.- Día 11 de xaneiro ou venres despois de Epifanía 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Xn 5, 5-13: 
 
O Espírito a auga e o sangue 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN 
XOÁN APÓSTOLO 
 
 
 
Benqueridos irmáns e irmás: 
 
¿quen é o que derrota o mundo, senón o que cre que Xesús é o Fillo de Deus? 
 
6O que veu con auga e sangue, foi el, Xesús Cristo; non veu con auga só, senón con 
auga e con sangue. E o Espírito é quen dá testemuño, xa que o Espírito é a Verdade. 
7Porque tres son os que dan testemuño: 8o Espírito, a auga e mailo sangue; e os tres 
testemuñan no mesmo senso. 9Se nós aceptámo-lo testemuño dos homes, maior razón 
ten o testemuño de Deus. E este é o testemuño de Deus: o que El nos ten dado acerca do 
seu Fillo. 10Quen cre no Fillo de Deus leva dentro de si este testemuño; quen non lle dá 
fe a Deus pono por mentireiro, xa que non cre no testemuño que Deus ten dado acerca 
do seu Fillo. 11E nisto consiste ese testemuño: en que Deus nos deu a vida eterna, a vida 
que está no seu Fillo. 12Quen ten o Fillo, ten a vida; quen non ten o Fillo, non ten a 
vida. 
 
13Con esta carta quero que vós, os que credes no Fillo de Deus, esteades seguros de que 
téde-la vida eterna. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 147, 12-13. 14-15. 19-20 
 
R/ (12a): Glorifica ó Señor, Xerusalén 
 
Ou: Aleluia 
 
 
 
12Glorifica ó Señor, Xerusalén, 
 
louva o teu Deus, Sión. 
 
13El reforza os ferrollos das túas portas 
 
e bendice os teus fillos no teu seo. 
 
 
 
14Establece a paz nos teus confíns 
 
e fártate de flor de trigo. 
 
15El manda á terra a súa mensaxe 
 
e a súa palabra corre lixeira. 
 
 
 
19El anuncia a Xacob os seus proxectos, 
 
os seus estatutos e mandatos a Israel. 
 
20Non fai así con outros pobos 
 
que descoñecen as súas decisións. 
 
Aleluia. 
 
 
 
 
 
ALELUIA Cf. Mt 4, 23: 
 
Xesús predicaba o Evanxeo do reino, 
 
e curaba tódalas enfermidades do pobo 
 
 
 
 
 
EVANXEO Lc 5, 12-16: 
 
E no intre desapareceu a laceira. 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
12Dunha vez estaba Xesús nunha vila e un home todo cuberto de lepra, vendo a Xesús, 
botouse rostro en terra e rogoulle: 
 
-Señor, ti, se queres, pódesme limpar. 
 
13El estendeu a man e tocouno, dicindo: 
 
-Pois quero, queda limpo. 
 
E no intre desapareceu a laceira. 
 
14Logo mandoulle que non lle dixese nada a ninguén, e engadiu: 
 
-Vai, preséntate ó sacerdote e ofrece pola túa purificación o ordenado por Moisés, para 
que lles sirva de testemuño. 
 
15Pero a súa sona espallábase a cada paso máis, xuntándose moita xente para escoitalo e 
para que lles curase as súas doenzas. 16Mais el retirábase ós lugares arredados para orar. 
 
 
 
 
 
217.- Día 12 de xaneiro ou sábado despois da Epifanía 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Xn 5, 14-21: 
 
Escóitanos canto lle pedimos 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN 
XOÁN APÓSTOLO 
 
 
 
Benqueridos irmáns e irmás: 
 
Esta é a confianza que temos no Fillo de Deus: cando acudimos a el, estamos certos de 
que nos escoita, se o que lle pedimos está conforme coa súa vontade. 15Se estamos 
certos de que nos escoita en calquera cousa que lle pidamos, estamos tamén certos de 
que xa conseguímo-lo que lle estamos pedindo. 
 
16Se alguén ve que o seu irmán peca con pecados que non levan á morte, que rece por el 
e Deus daralle a vida. Refírome ós que cometeron pecados que non levan á morte. 
Porque hai un pecado que leva á morte; e non é por este polo que eu digo que se rece. 
17Toda inxustiza é pecado, pero hai pecados que non levan á morte. 
 
18Sabemos que todo aquel que é un nacido de Deus non peca, senón que o garda 
consigo aquel que naceu de Deus, para que non lle toque o Maligno. 19Sabemos que 
nós vimos de Deus, mentres que o mundo enteiro está nas mans do Maligno. 
20Sabemos que o Fillo de Deus xa está aquí e que nos deu entendemento para coñece-lo 
Verdadeiro; nós estamos co Verdadeiro, co seu Fillo Xesús Cristo. Este é o Deus 
verdadeiro e a vida eterna. 21Meus Filliños, gardádevos dos falsos deuses. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 149, 1-2. 3-4. 5 e 6a e 9b 
 
R/ (4a): O Señor ama o seu pobo 
 
Ou: Aleluia 
 
 
 
Aleluia. 
 
Cantádelle ó Señor un cántico novo, 
 
louvádeo na asemblea dos xustos. 
 
2Alégrese Israel co seu facedor 
 
e os fillos de Sión relouquen co seu rei. 
 
 
 
3Festexen coa danza o seu nome, 
 
cántenlle con pandeiros e harpas, 
 
4porque o Señor ama o seu pobo 
 
e coroa os humildes coa victoria. 
 
 
 
5Exulten os xustos no triunfo 
 
e canten xubilosos nos seus postos, 
 
6coa louvanza de Deus nas gargantas 
 
será un honor para os seus amigos. 
 
Aleluia. 
 
 
 
 
 
ALELUIA Mt 4, 16: 
 
O pobo que xacía na escuridade 
 
viu unha gran luz, 
 
e para os que habitaban no escuro país da morte 
 
brillou unha alborada 
 
 
 
 
 
EVANXEO Xn 3, 22-30: 
 
O amigo do esposo alégrase ó escoit-lo esposo 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN 
 
 
 
22Foi Xesús cos seus discípulos á terra de Xudea, e alí vivía con eles e bautizaba. 
23Estaba tamén Xoán bautizando en Ainón, preto de Salén, porque había alí moita auga 
e viñan moitos a se bautizar 24(pois aínda non meteran a Xoán na cadea). 
 
25Houbo entón unha porfía dos discípulos de Xoán cuns xudeus a propósito da 
purificación. 26Foron onda Xoán e dixéronlle: 
 
-Rabbí, fíxate, aquel que estaba contigo para alá do Xordán, de quen ti deches 
testemuño, está bautizando e todos van onda el. 
 
27Xoán contestou: 
 
-Ninguén pode recibir nada, se non lle vén dado do ceo. 28Vós mesmos sodes 
testemuñas de que eu dixen: "Eu non son o Cristo, senón que me mandaron diante del". 
29A esposa tena o esposo; con todo, o amigo do esposo -que está presente e o escoita- 
alégrase de todo corazón coa súa voz. Así é a miña alegría, que agora chega ó seu 
máximo. 30El debe medrar, e eu minguar. 
 
 
 
 
 

218.- ALELUIAS para as ferias despois de Epifanía 

 
 
 
1. Mt 4, 16: 
 
O pobo que xacía na escuridade 
 
viu unha gran luz, 
 
e para os que habitaban no escuro país da morte 
 
brillou unha alborada 
 
 
 
2. Cf. Mt 4, 23: 
 
Xesús predicaba o Evanxeo do reino, 
 
e curaba tódalas enfermidades do pobo 
 
 
 
3. Lc 4, 18: 
 
Mandoume o Señor evanxelizar ós pobres, 
 
predicárlle-la remisión ós cautivos 
 
 
 
4. Lc 7, I6: 
 
Un gran profeta apareceu entre nós, 
 
e Deus visitou ó seu pobo 
 
 
 
5. Cf. lTim3, 16 
 
Gloria a ti, Cristo, predicado ás nacións; 
 
gloria a ti, Cristo, en quen cre o mundo