Oracións en texto

 

 

O ANGELUS 

O anxo do Señor tróuxolle o anuncio a María.

E María concibiu do Espírito Santo.

Velaquí a escrava do Señor. 

Fágase en min conforme a túa palabra.

E o Verbo fíxose carne. 

E habitou entre nós.

Roga por nós, Santa Nai de Deus, 

para que sexamos merecentes das promesas de Cristo.

 

 

AVE MARÍA

Ave María, chea de graza,

o Señor está contigo,

bendita es Ti entre tódalas mulleres

e bendito é o froito das túas entrañas, Xesús.

Santa María, Nai de Deus,

roga por nós, pecadores,

agora e na hora da nosa morte. Amén.

 

MAGNIFICAT

A miña alma proclama a grandeza do Señor,

e alégrase o meu espírito en Deus, o meu Salvador,

porque reparou na súa humilde escraviña.

Velaí: desde agora

tódalas xeracións me van felicitar.

Marabillas o Poderoso fixo en min!

O seu nome é Santo;

a súa misericordia chega xeración tras xeración

a todos os que o temen.

Manifesta o poder do seu brazo,

desbaratando os plans dos soberbios.

Derruba do seu trono ós poderosos,

e fai subir os humildes;

aos famentos éncheos de bens,

e ós ricos despídeos baleiros.

Ampara a Israel, o seu Servidor,

lembrándose da súa misericordia,

conforme prometera a nosos pais,

en favor de Abraham e da súa descendencia para sempre.

 

OFRECEMENTO Á VIRXE MARÍA

Señora, miña naiciña! 
Eu ofrézome todo a ti 
e, en proba do meu amor de fillo,
conságroche neste día: 
os meus ollos, os meu oídos, 
a miña lingua, o meu corazón 
e todo o meu ser.
E xa que son todo/a teu/túa, 
Nai de piedade,
gárdame e deféndeme 
como cousa túa. Amén.
 

 

SALVE, RAÍÑA

Salve, Raíña, Nai de misericordia!

Vida, dozura e esperanza nosa. Salve!

Por  ti chamamos os desterrados fillos de Eva,

Por ti salaiamos, sufrindo e chorando neste val de bágoas.

Por isto, Señora e avogada nosa,

volve cara a nós eses teus ollos misericordiosos.

E, despois deste desterro, móstranos a Xesús,

froito bendito do teu seo.

Clementísima, piadosa, doce Virxe María.

Roga por nós, Santa Nai de Deus,

para que sexamos merecentes

das promesas de Cristo, noso Señor.

Amén.

 

ACÓRDATE

Acórdate, oh piadosísima Virxe María,

que xamáis se escoitou dicir,

que ningún dos que acudiron a túa protección,

implorando a túa asistencia,

e reclamando o teu socorro,

teña sido abandonado por Ti.

 

Animado con esa confianza, a Ti acudo,

Nai, a máis excelsa das virxes;

a Ti veño, a Ti me acerco,

eu, pecador contrito.

Nai do Verbo, non desprecies as miñas palabras,

antes ben escóitaas e

acólleas benignamente. Amén.

 

BENDITA SEXA A TÚA PUREZA

Bendita sexa a túa pureza

e eternamente o sexa,

pois todo un Deus se recrea

en tan graciosa beleza.

A ti, celestial princesa,

Virxe sagrada, María,

ofrézoche neste día:

alma, vida e corazón,

mírame con compaixón,

non me deixes, Madre mía. Amén.

 

REGINA COELI

Raíña do ceo, alédate, aleluia,

porque o señor a quen mereciches levar, aleluia,

resucitou, segundo a súa palabra, aleluia.

Roga a Deus por nós, aleluia.

Gózate e alédate, Virxe María, aleluia,

Porque resucitou verdadeiramente o Señor, aleluia.

 

BAIXO O TEU AMPARO

Baixo o teu amparo acollémonos,

Santa Nai de Deus:

Non despereces a as nosas súplicas nas necesidades,

mais líbranos sempre de tódolos perigos.

Oh, Virxe gloriosa e bendita!

 

ORACIÓN Á VIRXE DO CARME

Teño mil dificultades: axúdame.

Da inimigos da alma: sálvame.

Nos meus desacertos: ilumíname.

Nas miñas dúbidas e penas: confórtame.

Nas miñas enfermidades: fortaléceme.

Cando me desprecen: anímame.

Nas tentacións: deféndeme.

En horas difíciles: consólame.

Co teu corazón maternal: ámame.

Co teu inmenso poder: protéxeme.

E nos teus brazos ao expirar: recíbeme.

Virxe do Carme, roga por nós. Amén.

 

ORACIÓN DE SAN BERNARDO

Seguíndoa, non te extravías.

Invocándoa, non te desesperas.

Pensando nela, non divagas.

Apoiado nela, non caes.

Guiado por ela avanzas tranquilo.

Escudado con ela, non temas.

Co seu favor, chegas ata a fin.

 

 

-----------------------------------------------------------------------------------------------

 

BENAVENTURADOS

 Benaventurados os pobres de espírito,

porque deles é o Reino dos ceos!

 Benaventurados os mansos,

porque posuirán a terra en herdanza

 Benaventurados os que choran,

porque eles serán consolados!

 Benaventurados os que teñen fame e sede de xustiza,

porque eles quedarán saciados!

 Benaventurados os misericordiosos,

porque eles acadarán misericordia!

 Benaventurados os limpos de corazón,

porque eles verán a Deus!

 Benaventurados os que buscan a paz,

porque eles serán chamados fillos de Deus!

 Benaventurados os perseguidos por causa da xustiza,

porque deles é o Reino dos ceos!

 Benaventurados seredes cando vos inxurien,

vos perseguan e digan con mentira

toda clase de mal contra vós pola miña causa.

 Alegrádevos e regocixádevos,

porque a vosa recompensa será grande nos ceos.

 

CREDO

 

Creo en Deus, Pai Todopoderoso.

Creo en Xesucristo,

o seu único Fillo, o noso Señor

que foi concebido por obra e gracia

do Espíritu Santo,

naceu de Santa María a Virxe.

Padeceu baixo o poder de Poncio Pilato.

Foi crucificado, morto e sepultado.

Descendeu ós infernos,

ó terceiro día resucitou de entre os mortos.

Ascendeu ós ceos

e está sentado á dereita de Deus,

Pai Todopoderoso.

Dende alí virá a xulgar a vivos e mortos.

Creo no Espíritu Santo, a Santa Igrexa Católica,

a comunión dos Santos,

o perdón dos pecados, e a vida eterna.

Amén.

 

GLORIA

Gloria ó Pai,

gloria ó Fillo,

e gloria ó Espírito Santo.

Como era no principio,

agora e sempre,

por sempre, eternamente.

Amén.

 

ACTO DE CONTRICCIÓN

Meu Señor, Xesucristo, Deus e home verdadeiro,

Creador, Pai e Redentor meu.

Por ser Ti quen es, Bondade infinita,

e porque te amo sobre todas as cousas,

pésame de todo corazón terche ofendido.

Tamén me pesa que podas castigarme

coas penas do infierno.

Axudado da túa divina gracia propoño firmemente

nunca máis pecar, confesarme

e cumpli-la penitencia que me fora imposta.

Amén.

 

NOSO PAI

Noso Pai que estás no ceo:

santificado sexa o teu nome,

veña o teu Reino

e fágase a túa vontade

aquí na terra coma no ceo.

Danos hoxe o noso pan de cada día;

perdoa as nosas ofensas,

como tamén perdoamos nós

a quen nos ten ofendido;

e non nos deixes caer na tentación,

mais líbranos do mal. Amén

 

SANTO

Santo, Santo,

Santo es ti, Señor,

Deus do universo.

Enche-lo ceo e maila terra

coa tua gloria

Hosanna no ceo!

Bendito o que vén

no nome do Señor

Hosanna no ceo!

 

O SINAL DA CRUZ

Polo sinal da Santa Cruz

dos nosos inimigos líbranos.

Señor, noso Deus.

No nome do Pai

e do Fillo

e do Espírito Santo.

Amén.

 

ORACIÓN Ó ERGUERSE

Eu adórote, Señor e Pai meu,

e ámote con todo o meu corazón.

Douche grazas por crearme e facerme cristián

e polo novo día que me regalas.

Ofrézoche as accións deste día:

fai que sexan segundo a túa vontade

e para maior gloria túa.

Líbrame do pecado e de todo mal.

Que a túa graza estea sempre comigo

e con todos os que eu quero.

Amén.

 

ORACIÓN Ó DEITARSE

Adórote, Señor e Pai meu,

e ámote con todo o meu corazón.

Douche grazas por terme creado e facerme cristián

e por terme conservado neste día.

Gárdame no descanso e líbrame de tódolos perigos.

Perdoa os males que hoxe cometín

e acepta o ben que fixen.

Sálvame, Señor, esperto,

e protéxeme mentres durmo,

para que viva con Cristo e descanse en paz.

Amén.

 

OFRECEMENTO POLA HUMANIDADE

Deus, noso Pai ,

eu ofrézoche toda a miña xornada,

as miñas oracións, pensamentos, afectos e desexos,

as miñas palabras, obras, ledicias e sufrimentos,

en unión co teu Fillo Xesucristo,

que segue ofrecéndose a Ti na Eucaristía,

pola salavación do mundo.

 

Que o Espírito Santo que guiou a Xesús,

sexa a miña guía e a miña forza neste día,

para que poida ser testemuña do teu amor.

 

Con María, a Nai do Señor e da Igrexa,

pídocho especialmente polas intencións do Papa

e dos nosos bispos para este mes.

Amén.

 

NON ME MOVE

Non me move, meu Deus, para quererte

o ceo que me tes prometido,

nin me move o inferno tan temido

para deixar por iso de ofenderte.

 

Ti móvesme, Señor, móveme o verte

cravado nesa cruz e escarnecido,

móveme ve-lo teu corpo tan ferido,

móvenme as túas afrentas e a túa morte.

 

Móveme, en fin, o teu amor de en tal maneira,

que aínda que non houbese ceo, eu te amase,

e aínda que non houbese inferno, te temese.

 

Non me tes que dar porque te quera,

porque, inda o que espero non esperase,

o mesmo que te quer, te quisese.

 

VISITA Ó SANTÍSIMO

Repítese 5 veces:

Bendito e alabado sexa o Santísimo sacramento do Altar.

Sexa por sempre bendito e alabado.

Noso Pai...

Ave María...

Gloria ó Pai...

 

Meu Deus, que estás aquí presente,

eu adórote con toda humildade,

quero amarte con todo o meu corazón

e concluir este día e toda a miña vida

ó teu servicio.

 

INVOCACIÓN AO ESPÍRITO SANTO

Ven, Espírito Santo,

enche os corazóns dos teus fieis

e prende neles o lume do teu amor.

Envía o teu Espírito e haberá unha nova creación.

E renovarás a face da terra.

 

Oh, Deus, que iluminaches

os corazóns dos teus fieis

coa luz do Espírito Santo;

fainos dóciles ás súas inspiracións

para gustar sempre o ben

e gozar do seu consolo.

Polo Noso Señor Xesucristo.

Amén.