18/10 S.Lucas, Evanxelista

 

PRIMEIRA 2 Tim 4, 10-17b

Lucas está só comigo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO A TIMOTEO

Benquerido irmán:

Dimas me plantou preferindo o mundo presente e foise para Tesalónica; Crescente para Galacia, e Tito para Dalmacia. 11Só Lucas está comigo. Recolle a Marcos e traino contigo, que me cómpre moito para o ministerio. 12A Tíquico mandeino a Éfeso. 13Cando veñas, tráeme o capote que deixei en Tróade onda Carpo, e mailos libros, maiormente os pergamiños.

14Alexandro, o ourive, fíxome moito mal: o Señor halle da-lo pago do que fixo. 15¡Ti, moito ollo tamén, porque fixo moito contra as nosas palabras!

16Na miña primeira defensa non me asistiu ninguén, todos me deixaron. ¡Que Deus llelo perdoe! 17Pero o Señor asistiume e deume forza para que eu rematase a predicación e tódalas nacións a escoitaran.

 

 

SAL. RESP. Sal 144, 10-11. 12-13ab. 17-18

R/ (12a) Que os teus santos, Señor, ensinen a gloria do teu reino

10Lóuvente, Señor, as túas obras,

bendígante os teus amigos.

11Pregoen a gloria do teu reino,

proclamen as túas fazañas.

12Ensinen ós homes a túa forza

e a maxestade gloriosa do teu reino.

13O teu reino é reino eterno,

o teu goberno dura por xeracións.

17O Señor é xusto nos seus camiños todos,

bo en tódolos seus feitos.

 

18O Señor está cerca dos que o chaman,

dos que sinceramente o invocan.

 

 

ALELUIA cf Xn 15, 16

Eu elixinvos, para que vaiades e levedes froito,

e o voso froito permaneza

 

 

EVANXEO Lc 10, 1-9

A anada évos ben boa, pero os xornaleiros son poucos

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

O Señor designou a outros setenta e dous, e mandounos de dous en dous por diante del a tódalas vilas e aldeas onde tiña pensado ir. 2Díxolles:

-A anada évos ben boa, pero os xornaleiros son poucos; así que rogádelle ó dono da colleita que mande xornaleiros á súa ceifa.

3Ide e sabede que vos mando coma años entre lobos. 4Non levedes saco, nin alforxa, nin calzado, nin vos paredes a parolar con ninguén polo camiño. 5Cando entredes nunha casa, antes de máis nada dicide: "Paz a esta casa". 6E se alí hai xente de paz, sobre ela repousará a vosa paz; se non a hai, volverá convosco. 7Permanecede na mesma casa, comendo e bebendo do que teñan, que o obreiro ten dereito ó seu xornal. Non andedes dunha casa para outra. 8Cando entredes nunha vila e vos acollan, comede do que vos poñan, 9curade os enfermos que haxa e dicídelles: "Xa chega a vós o Reino de Deus".