28/10 San Simón Zelote e San Xudas Tadeo

 

PRIMEIRA Ef 2, 19-22

Edificados sobre os alicerces dos Apóstolos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS EFESIOS

Irmáns e irmás:

19Xa non sodes estranxeiros nin xente de fóra: sodes concidadáns dos crentes e membros da casa de Deus, 20edificados sobre o alicerce dos apóstolos e dos profetas, sendo a pedra esquinal Cristo Xesús. 21Sobre El toda a construcción se vai erguendo ata 

formar un templo santo no Señor. 22E nesa construcción tamén entrades vós, para formardes unha morada de Deus, no Espírito.

 

 

SAL. RESP. Sal 18, 2-3. 4-5

R/ (5a) Por toda a terra vai o seu anuncio

20s ceos proclaman a gloria de Deus,

o firmamento pregoa as obras das súas mans.

3Un dia pásalle ó outro a mensaxe,

unha noite transmítelle á outra a noticia.

4Sen que falen nin conten,

sen que se sinta a súa voz,

5por toda a terra vai o seu anuncio,

ata os confíns do mundo a súa palabra.

Ó sol púxolle alá no ceo unha tenda:

 

 

ALELUIA

A ti, Deus, louvámoste, a ti, Señor

proclamámoste;

A ti te louva, Señor, o glorioso coro dos

apóstolos

 

 

EVANXEO Lc 6, 12-19

Escolleu doce entre eles, ós que chamou apóstolos

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

12Por aqueles días Xesús foi orar ó monte, e pasou a noite orando a Deus. 13Cando se fixo de día, chamou ós seus discípulos e escolleu doce entre eles, ós que chamou apóstolos: 14Simón, a quen lle deu o nome de Pedro, e Andrés seu irmán, Santiago, Xoán, Felipe, Bartolomeo, 15Mateo, Tomé, Santiago o de Alfeo, Simón chamado o Zelota, 16Xudas o de Santiago e Xudas Iscariote, que logo sería o traidor.

17E baixando con eles, detívose nunha vagoada cun bo grupo de discípulos e numerosa xente de toda Xudea, de Xerusalén e mais de toda a ribeira de Tiro e Sidón, 18que viñan escoitalo e a que os curase das súas doenzas. Os atormentados por espíritos inmundos quedaban curados; 19e toda a xente intentaba tocalo, pois del saía unha forza que curaba a todos.

 

 

[ESTAS LECTURAS DINSE NAS MISAS VOTIVAS DOS APÓSTOLOS OU DUN APÓSTOLO