Día da Paz (30 Xaneiro)

 

TRABALLAR POLA PAZ DESDE A CLASE DE RELIXIÓN

 

 

            Desde a clase de Relixión podemos traballar con todos estes materiais de diversas formas. Ata se poden incorporar algunhas ideas relacionados con eles nos xestos que se leven a cabo o Día da Non violencia e da Paz.

 

1.- Estes documentos axudarannos a facer unha análise da realidade. Antes, buscaremos que conflitos se dan na actualidade, cales deixaron de existir desde hai 25 anos, cales xurdiron novos ou se manteñen…

 

2.- Debate: Que poden achegar as relixións á paz? Como? Por que?

 

3.- Buscamos oracións de diversas relixións pola paz. Algunhas se poden incorporar á mensaxe final do xesto de paz.

 

4.- Traballamos co Decálogo de Asís pola paz: Que descubrimos nel? Cales son os puntos máis importantes? Cales son os máis urxentes? Todos comezan por  comprometernos… Cales deses compromisos podemos asumir nós e como podemos levalos a cabo?

 

5.- Preparamos a nosa mensaxe de paz. Pode ser en forma de decálogo. Pedimos a firma de profesores e alumnos, proclamámolo nun acto público, enviámolo a outros centros ou aos medios de comunicación para dalo a coñecer.

 

6.- Suscitamos algunha proposta orixinal de traballo pola paz que implique a cada un, aos demais do grupo e a outras persoas próximas ou non: familiares, actores locais, alcalde, persoas coñecidas, representantes de organismos oficiais ou empresariais.

 

7.- A partir dos Dez mensaxes clave de Bieito XVI en Asís (2011): destacamos cinco ideas; buscamos 5 propostas e concretamos como levalas a cabo (entre nós ou noutros ámbitos).

 

8.- Podemos cada punto do Documento “CLAVES PARA O FUTURO DAS RELIXIÓNS”  (recórdese que son resumos dunha longa intervención de cada personaxe) e darllo a cada persoa ou a un pequeno grupo: vemos o que di, manifestamos o noso acordo ou desacordo… e respondémoslle cunha breve mensaxe. A quen fariamos chegar cada un deses textos?

 

9.- Buscamos máis información sobre os encontros pola paz en Asís. En concreto buscamos imaxes e facemos unha pequena presentación.

 

10.- Buscamos máis información sobre o Día Internacional de Oración pola Paz e presentámola na clase.

 

 

DOCUMENTO DA FERE DE GALICIA

 

VER MÁIS : 

xanostesaqui.blogspot.com.es/search/label/D%C3%ADa%20da%20Paz