Pregarias para nenos

 

PREGARIA EUCARÍSTICA CON NENOS - I

 

S.-  Deus e Pai noso, ti quixeches que nos reunamos diante de ti para celebrar unha festa contigo, para loarte e para dicirche o moito que te admiramos. Loámoste por todas as cousas belas que fixeches no mundo e pola alegría que deches aos nosos corazóns. Loámoste pola luz do sol e pola túa Palabra que ilumina as nosas vidas. Dámosche grazas por esta terra tan fermosa que nos deches, polos homes e mulleres que a habitan e por habemos feito o agasallo da vida. De verdade, Señor, ti amar, es bo e feixes marabillas por nós. Por iso todos xuntos cantámosche:


T.-        Enches o ceo e mais a terra coa túa gloria. Hosanna no ceo!

S.-       Tomade e comede todos del, pois isto é o meu corpo que se vai entregar pos vós.

 

De igual modo, ó final da cea, tomou o cáliz, deu grazas e pasóullelo ós seus discípulos, mentres dicía: 

        Tomade e bebede todos del, pois isto é o cáliz do meu sangue, o sangue da alianza nova e eterna, que se vai verter por vós e por todos os homes, para o perdón dos pecados.  Facede isto en memoria de min.

 

Este é o sacramento da nosa fe.
T.-    
   Anunciamos a túa morte, proclamamos a túa resurrección, ven Señor Xesús!
S.-       Pai santo, o que Xesús nos mandou que fixésemos, agora cumprímolo nesta Eucaristía: ofrecémosche o pan de vida e o cáliz de salvación, proclamando así a morte e resurrección do teu Fillo. El é quen nos conduce cara a ti; acéptanos a nós xuntamente con el.
T:       
Cristo morreu por nós. Cristo resucitou. Cristo virá de novo. Esperámoste, Señor Xesús.

S.-       Pai, ti que nos amas, deixa que nos acheguemos a esta mesa santa para recibir o Corpo e o Sangue do teu Fillo, unidos como unha soa familia na alegría do Espírito Santo. A ti, Señor, que nunca esqueces a ninguén, pedímosche por todas as persoas que amamos e por todos os que morreron na túa paz. Lémbrate de todos os que sofren, dos que viven tristes, da gran familia dos cristiáns e de cantos viven neste mundo. Ao ver todo o que ti fas por medio do teu Fillo Xesús, quedámonos admirados e de novo dámosche grazas e bendicímoste.
 

S+T: Por Cristo, con El e Nel, a ti, Deus Pai omnipotente, na unidade do Espírito Santo, toda honra e toda gloria polos séculos dos séculos. Amén.

 

 

 PREGARIA  EUCARÍSTICA  CON  NENOS - 2


En verdade, Pai bo, hoxe estamos de festa: o noso corazón está cheo de agradecemento e con Xesús cantámosche a nosa alegría.

      Gloria a ti Señor, porque nos queres!

Ti ámasnos tanto, que fixeches para nós este mundo inmenso e marabilloso. Por iso aclamámoste.

       Gloria a ti Señor, porque nos queres!

Ti ámasnos tanto que nos dás ao teu Fillo, Xesús, para que El nos acompañe cara a ti.

       Gloria a ti, Señor, porque nos queres!

Ti ámasnos tanto, que nos reúnes con Xesús como aos fillos dunha mesma familia.

Gloria a ti Señor, porque nos queres!

Por ese amor tan grande queremos darche grazas e cantarche cos anxos e os santos que te adoran no ceo:

Santo, santo, santo, es Ti Señor, Deus do universo. Enches o ceo e mais a terra coa túa gloria. Hosanna no ceo. Bendito o que vén no nome do Señor. Hosanna no ceo.

Bendito sexa Xesús, o teu enviado, o amigo dos nenos e dos pobres. El veu para ensinarnos como debemos amarte a ti e amarnos os uns aos outros. El veu para arrincar dos nosos corazóns o mal que nos impide ser amigos e o odio que non nos deixa ser felices. El prometeunos que o seu Espírito Santo estará sempre connosco para que vivamos como verdadeiros fillos teus.

Bendito o que vén no nome do Señor. Hosanna no ceo!

A ti, Deus e Pai noso, pedímosche que nos envíes o teu Espírito para que este pan e este viño sexan o Corpo e o Sangue de Xesús. O mesmo Xesús, pouco antes de morrer,. tomou pan, partiuno e déullelo ós seus discípulos, mentres dicía :
Consagración

S: Por iso, Pai bo, recordamos agora a morte e resurrección de Xesús, o Salvador do mundo. El púxose nas nosas mans para que cho ofrezamos como sacrificio noso e xunto con el ofrezámonos a ti.

T. Gloria e loanza ao noso Deus! Escóitanos, Señor Deus noso; dános o teu Espírito de amor aos que participamos nesta comida para que vivamos cada día máis unidos na Igrexa, co Papa, o noso bispo, os demais bispos e todos os que traballan polo teu pobo.

   Que todos sexamos unha soa familia para gloria túa!
 

S.-    Non te esquezas das persoas que amamos nin daquelas ás que debésemos querer máis. Lémbrate tamén dos que xa morreron e recíbeos con amor na túa casa.

   Que todos sexamos unha soa familia para gloria túa!

    E un día, reúnenos preto de ti con María, a Virxe, Nai de Deus e Nai nosa para celebrar no teu reino a gran festa do ceo. Entón todos os amigos de Xesús, poderemos cantarche sen fin:
 

T.     Que todos sexamos unha soa familia para gloria túa!

 

S+T: Por Cristo, con El e Nel, a ti, Deus Pai omnipotente, na unidade do Espírito Santo, toda honra e toda gloria polos séculos dos séculos. Amén.

 

PREGARIA EUCARÍSTICA CON NENOS - III

 

S.-       Dámosche as grazas, Señor, porque Ti nos creaches para que vivamos felices, te amemos a Ti e nos amemos uns ós outros.

T.-       Ti queres que nos ollemos e dialoguemos coma irmáns, de xeito que poidamos compartir as cousas boas e tamén as dificultades e problemas da vida.

S.-       Por iso, Pai, estamos contentos e dámosche grazas. Unímonos a todos os que cren en Ti, e cos santos e os anxos cantámosche:

T.-       Ao Señor, noso Deus, todo o mundo o bendí, todo o mundo o proclama e cantándolle lle di: Santo (3) é o Señor. Hosanna, hosanna, bendito o que vén, o que vén no nome do Señor (2).

S.-       Señor, Ti es santo. Ti es sempre bo connosco e misericordioso con todos.     

Dámosche as grazas sobre todo polo teu Fillo Xesucristo.

T.-       El quixo vir ao mundo porque as persoas se separaran de Ti.

El abriunos os ollos para que vexamos que todos somos irmáns e que Ti es o Pai de todos.

El xúntanos a todos ao redor desta mesa porque quere que fagamos o mesmo que El fixo na derradeira Cea.

S.-       Pai bo, envía o teu Espírito para santificar este pan e este viño de xeito que sexan o Corpo e o Sangue do teu Fillo Xesucristo.

Porque Xesús, antes de morrer por nós colleu o pan nas súas mans, rezou a bendición, partiuno e déullelo, mentres dicía:

 

            Tomade e comede todos del, porque isto é o meu corpo que se vai entregar por vós.

De igual modo, ao final da cea, tomou tamén o cáliz, deuche grazas de novo, rezou a bendición e pasóullelo ós seus discípulos mentres dicía:

 

Tomade e bebede todos del, pois este é o cáliz do meu sangue, o sangue da alianza nova e eterna, que se vai verter por vós e por todos os homes, para o perdón dos pecados.

            Facede isto en memoria de min

 

            Este é o sacramento da nosa fe.

T.        Anunciamos a túa morte, proclamamos a túa resurrección, ven, Señor, Xesús.

 

S.-       Por iso, Pai santo, reunidos diante de Ti, lembramos, cheos de ledicia, todo o que Xesús fixo para salvarnos.

Neste santo sacrificio, celebramos a súa morte e resurrección.

El aceptou libremente a morte por nós, pero Ti resucitáchelo.

Por iso, cheos de ledicia, dicímosche:

T.-       Señor, Ti es bo, loámoste e dámosche grazas.

S.-       El vive agora a carón de ti e está tamén connosco.

T.-       Señor, Ti es bo, loámoste e dámosche grazas.

S.-       El veu á terra para facerse coma cada un de nós e dicirnos que somos irmáns e fillos teus.

T.-       Señor, Ti es bo, loámoste e dámosche grazas.

S.-       El virá cheo de gloria á fin do mundo e no seu reino non haberá xa pobreza nin dor, nin tristura nin bágoas.

T.-       Señor, Ti es bo, loámoste e dámosche grazas.             

S.-       Pai santo, Ti chamáchesnos a esta mesa para que, na ledicia do Espírito Santo, comamos o  Corpo do teu Fillo. Fai que este pan de vida eterna nos dea forza e nos axude a servirte cada día mellor.

T.-       Señor, Ti es bo, loámoste e dámosche grazas.

S.-       Lémbrate, Señor, do santo Padre, o Papa.... do noso bispo .... e de todos os que traballan pola extensión do teu Reino.

Axuda a todos os que cremos en Cristo para que traballemos pola paz do mundo, e saibamos comunicar ós demais a nosa alegría.

Lémbrate, tamén, dos que finaron, admíteos na túa compaña, e concédenos que todos, un día, xunto co noso irmán Xesús, a Virxe María, nai de Deus e con todos os santos vivamos contigo no ceo para sempre.

S+T.-     Por Cristo, con El e Nel, a Ti, Deus Pai omnipotente, en unión co Espírito Santo, todo honor e toda gloria, por sempre eternamente. AMÉN