Persoas
Quero da-las gracias ás persoas que apoiaron este traballo e me animaron a publicar esta páxina web :
- Alfredo (da miña parroquia de Mondariz, que sempre me bota unha man cando estou afogada pola informática)
- Raquel G. do Sagrado Corazón de Vigo (que enviou o cancioneiro de cantos con acordes da súa parroquia)
- Xaime O. de Encrucillada (que apoiou o proxecto dende o principio)
- Jesús P. F., músico e compositor (que sen coñecerme de nada cedeu as súas composicións para poñelas a disposición de todos)
- Víctor (que nos cedeu os seus vídeos para esta páxina)
- Xosé R. da FERE e fraile de La Salle (que me ofreceu todo o seu traballo, cando el leva moitos anos nisto a pesares das críticas e da incomprensión, -en especial polos power points, que hai ben poucos-)
- X.Benito da CXD (que sei que está apoiando de verdade esta iniciativa e conectando cos xoves e cos curas compañeiros)