Celebracións

ESO – BACHILLERATO – CICLOS FORMATIVOS
CELEBRACIÓN DO OBXECTO
Materiais
Un folio para cada alumno.
Caixa de zapatos
Bolígrafos - lanterna
Desenvolvemento
1.- O educador escribe o lema no encerado:
Busca a túa luz, es estrela
Imos pedirlles que escriban no folio o máximo de palabras combinando as letras das palabras.
- Escríbense no encerado e contémplanse todas as palabras que vaian saíndo.
- Combinando letras diferentes facemos que nazan outras palabras novas.
- Compartindo as nosas persoas, as nosas emocións , facemos que florezan novas emocións
que poden enriquecernos a todos.
2.- Imos traer os bolígrafos nunha caixa de zapatos ou outra caixa parecida. Ímoslles preguntar se imaxinan o que hai dentro. O profesor diralles que hai un agasallo para cada un e que deben adiviñar que pode ser (polo tamaño, ata polo ruído se movemos a caixa…).
- Unha vez que o adiviñaron dirémoslles que son bolígrafos especiais.
Serven para escribir, debuxar e ademais dar luz?
3.- O educador repartirá un bolígrafo a cada un pero diralles que non poden acender a luz ata que el o diga. É importante subliñalo porque aínda non é o momento.
4.- Cada alumno coloca o seu bolígrafo encima da mesa. O educador cóntalles a seguinte historia:
Unha vez, preto da nosa escola, xuntáronse un grupo de mozos amigos para organizar as festas do barrio. Ao terminar a reunión, a media noite, cada un orientouse cara á súa casa. Entre eles había un mozo cego. Outro compañeiro ofreceulle a súa lanterna.
No primeiro momento, o cego rexeitou tal axuda, xa que para el sempre é de noite e de nada lle ía servir a lanterna. Así e todo, aceptou entendendo que si lle podería servir para que quen viñesen de fronte puidesen advertir a súa presenza coa lanterna.
Xa preto da súa casa, outra persoa chocou co cego. E este regañoulle dicíndolle que como non advertira a luz da súa lanterna. O outro contestoulle que non advertiu a luz da súa lanterna porque a levaba apagada.
DIÁLOGO:
- Recoller as impresións xerais do grupo.
- Imos intentar vernos como persoas que necesitamos ver?
- Para ver, mirar, necesitamos luz?
- Que entendemos por ter luz nas nosas vidas?
- Advirten os demais algo de luz en nós?
- Como se busca esa luz?
4.- Mirarán todos ao cartel do lema que está en clase e pediralles que AGORA enfoquen coa súa luz o corpo da persoa que alí está representada, xusto no corazón, onde está a estrela. É necesario facer esta dinámica en silencio. Porase unha música tranquila e o educador guiaralles dicindo:
- Estades enfocando a vosa persoa, no centro do voso ser, o corazón. Seguide enfocando
durante un minuto e trataredes de buscar unha palabra que atopastes no voso centro, unha
palabra que vos simbolice, que diga moito sobre cada un de vós.
- Escribide a palabra no folio e mantede o silencio.
Elixir UNHA Actividade entre a 5 e a 6. A que mellor se adapte ao grupo.
5.- Cada alumno conserva o seu bolígrafo na man. O educador pedirá a algúns (un a un) que escriban coa luz do bolígrafo a silueta desa palabra no encerado. Os demais deberán adiviñala.
6.- O educador e os alumnos sentados nas súas cadeiras formarán un círculo. Imos facer unha rede de agradecementos do seguinte xeito.
Iniciarase unha rolda e individualmente cada alumno tomará a palabra e enfocará coa
lanterna a outra persoa expresando o seu agradecemento a alguén por algunha razón:
Exemplo:
Eu MIGUEL, regáloche a miña luz a ti, TERESA, porque a túa compañía alegra os meus recreos…
Cada persoa só pode recibir un agradecemento. Dese xeito todos reciben o seu.
7.- Regalamos o noso bolígrafo, que simboliza a nosa luz.
Que saibamos conservar este símbolo durante o maior tempo
XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN 11-12
CELEBRACIÓN DA PALABRA: SECUNDARIA, BACHARELATO E CICLOS
BUSCA A TÚA LUZ
Motivación:
(Previamente, o titor, traballou na clase a preparación da celebración: carteis, slogans, cancións… murais, documentos)
En certa ocasión paseaba polo campo contemplando a beleza das súas cores que, co inicio da primavera, obsequiaba ao camiñante. E chamoume a atención unha das árbores. Non moi alto. De aparencia débil. Pero resaltaba entre o colorido do campo. A súa ramas estaban repletas de flores brancas e rosáceas cun fino toque de marrón no centro. A súa beleza, naquela paisaxe, non tiña parangón.
- Ola, saudei. E con sixilo para non interromper a súa quietude, preguntei:
- De onde sacas tanta beleza e belas cores.
E movéndose ao compás da brisa respondeu
- Sempre estiveron en min.
Adiviñando o meu pensamento, proseguiu: Paso moito tempo coma se me sentise espido. Un simple tronco coas ramas tendidas ao aire. Baleiro e aparentemente seco. Ninguén se fixa en min. Pero coa terra adecuada, a humidade suficiente e a calor do sol todo en min se revolve. É entón cando toda a riqueza que levo no meu interior a deixo escapar. Sinto que a vida que teño brota con forza cubrindo as miñas ramas.
E así, rematou a amendoeira, dou todo o que antes gardaba para min.
E ti, pregúntome, por que escondes todo o bo que hai en ti?
(Invítase á reflexión, ao diálogo,…. A pór en común brevemente aquelas actitudes… o positivo e bo que todos levamos dentro. Realización de murais, carteis, slogans..)
- Breve reflexión sobre a interioridade e o significado de “ser luz na vida”
- Pode usarse tamén a canción de Alex Lerner “Para cambiar o mundo”.
https://www.youtube.com/watch?v=FmNYpe6EKaY&hd=1
A partir do traballado, no lugar da celebración:
1. Que o lugar se atope ás escuras, ou polo menos coas luces apagadas. Entrar con fachos, velas? cuncas con algodón aceso? (unha por grupo)
2. Lense as reflexións/traballos (unha por grupo) sobre o significado de “ser luz na vida”, “como se pode ser luz”; se somos luz, “como podemos iluminar”,…
3. Ir colocando os traballos realizados e explicando o por que dos mesmos e o seu significado (procurar que o traballo estea en relación á vida dos propios alumnos, á súa contorna, familia, escola, amigos…)
Lector:
- Eu son, di Xesús, o camiño, a Verdade e a Vida. Eu son a Luz do mundo”
(Fai reflexión sobre o texto en relación ao traballado, ao lema?. E a continuación apáganse os lumes acesos)
Se Xesús é a nosa luz, con el ao noso lado non necesitamos os nosos fachos.
Cada un de nós podemos sacar a nosa propia luz e ser reflexos da de Cristo.
DIÁLOGO
- Como podemos ser luz?
- Onde podemos iluminar?
- Que podemos iluminar?
- Por que?
- Ten sentido que sexamos luz?
- ? ? ?
Para ser luz, necesitamos “prender a chama”, deixarnos prender e remar mar dentro con Xesús que ilumina a nosa tarefa.
Lectura:
Mt 4, 18-22: Xesús chama os primeiros discípulos
(Mc 1,16-20; Lc 5,1-11; cfr. Xn 1,35-51)
Mentres paseaba xunto ao lago de Galilea, viu a dous irmáns -Simón, chamado Pedro, e Andrés, o seu irmán- que estaban botando a rede ao lago, pois eran pescadores. E díxolles:
- Vinde comigo e fareivos pescadores de homes.
De inmediato deixaron as redes e seguírono.
Un treito máis adiante viu a outros dous irmáns -Santiago de Zebedeo e Xoán, o seu irmán- na barca co seu pai Zebedeo, arranxando as redes. Chamounos, e eles inmediatamente, deixando a barca e a seu pai, seguírono.
Xesús chama, e nisto diferénciase dos rabinos da súa época que eran elixidos polos seus discípulos. Xesús elixe aos seus. A chamada é categórica, a resposta é rápida e incondicional: eles responden á súa chamada e comezan a seguilo.
Con estes trazos inaugúrase un novo tipo de seguimento, o cristián: é unha vocación irresistible e vinculante, un discipulado permanente, un compartir en todo a vida e a misión do Mestre: «fareinos pescadores de homes»
Xesús chama, e nisto diferénciase dos rabinos da súa época que eran elixidos polos seus discípulos. Xesús elixe os seus. A chamada é categórica, a resposta é rápida e incondicional: eles responden á súa chamada e comezan a seguilo.
Con estes trazos inaugúrase un novo tipo de seguimento, o cristián: é unha vocación irresistible e vinculante, un discipulado permanente, un compartir en todo a vida e a misión do Mestre: «fareinos pescadores de homes»
Canción Mar dentro
(Pode collerse calquera das que se ofrecen ou outra que na contorna da celebración poida parecer mellor ou se acomode mellor á realidade dos alumnos)
MOMENTOS DE SILENCIO
Invítase a que cada un teña o seu “diálogo persoal co Mestre”.
Posta en común se se ve conveniente ou o tempo o permite
PROPOSTA DE PETICIÓNS
Para que no compromiso polo Reino, con minoría, sexamos luz e sal, fermento e conciencia dunha Igrexa nova. Roguemos...
Para que a nosa consagración nos encha de gozo e loitemos nesa batalla cotiá das cousas sinxelas, onde nos xogamos a maior felicidade. Roguemos...
Para que cada Irmán e cada comunidade asuman a súa contribución á vida comunitaria, á Misión e á Pastoral Vocacional. Roguemos...
Para que os mozos descubran o papel do Irmán hoxe como colaborador e animador, como “presenza” e testemuña. Roguemos...
Por nós, para que valoremos a nosa vocación como don, como expresión de gratuidade e permanezamos fieis máis aló das limitacións da idade, a saúde ou xubilación. Roguemos...
Acción de grazas pola luz
Antífona: “Sinto a túa mirada sobre o meu corazón,
como o silencio con sol da alborada.
Sinto a túa mirada sobre o meu corazón”. (Botana, nº. 67)
Lámpada é a túa Palabra, Señor, para a miña vida, cando chega a escuridade; dicir o teu nome é unha explosión de luz e vida. O Señor é a miña luz; nada temo porque El aluma todas as miñas escuridades. O Señor achégase sempre para iluminar os nosos pasos cansos do camiño.
No carreiro da vida, Xesús é a luz dos pobos, o camiño luminoso, a verdade que se fai luz e vida. A quen iremos, Señor? A quen acudir cando chega a noite?
Só ti es a luz e a salvación dos homes, o Redentor de cada ser humano, preocupado por todos os dramas dos homes.
Antífona: “ Sinto a túa mirada sobre o meu corazón,
como o silencio con sol da alborada.
Sinto a túa mirada sobre o meu corazón”.
O Señor é a luz das nosas vidas, o amencer cegador, o mellor que nos puido pasar. O Señor é a miña luz e a miña salvación, a cabana onde me refuxio da tormenta.
Como o paxaro atopou o seu niño nos atrios do templo así é de luminoso o Señor, pois nos deixa aniñar no seu corazón e facer morada nel, pois El vive en nós como luz e vida.
Cando me asalta algún perigo non temo, porque a súa luz guía os meus pasos.
Antífona: “Sinto a túa mirada sobre o meu corazón,
como o silencio con sol da alborada.
Sinto a túa mirada sobre o meu corazón”
Oración: Vós sodes o sal (Todos)
Vós sodes o sal da terra. O sal presta un servizo humilde e silencioso. O sal está presente sen mostrarse. Para cumprir a súa misión ten que disolverse, desaparecer, morrer. Pero o seu papel é importante. Sen el, os alimentos son insípidos e a carne corromperíase con rapidez.
As nosas vidas silenciosas de educadores consagrados, teñen que dar sabor á existencia dos homes cando na súa vida falte o sal da fe, da esperanza e do amor. Así seremos a “sal?”da terra...
Así sexa.
Pode terminarse con leste ou outro canto
Canto: MESTRE E SEÑOR
Mestre e Señor, heite seguir a onde sexa que fores. A onde sexa que fores: heite seguirte.
1. Sígueme, amigo, abandona as túas redes porque eu te necesito. Has de ser pescador entre os homes: ven e sígueme.
2. Sígueme, amigo , que a colleita é abondosa e de obreiros eu preciso. Has de vir traballar ao meu eido: ven e sígueme.
3. Sígueme, amigo, vai e vende o que posúes e reparte cos mendigos. Has de ter un tesouro no ceo: ven e sígueme.