Eucaristía

 

ACCIÓN DE GRAZAS

Grazas, Señor, polas cousas miúdas de cada día,

   nas que poñemos o noso corazón.

Grazas por quen nos abre a porta e nos di unha palabra

   e nos fai rir un pouco, aínda que non nos dea nada.

Grazas por quen nos colle no coche ou nos paga un café

   e conversa con nós, facendo que nos sintamos ben.

Grazas polas raioliñas de sol que no outono tanto nos apetecen

   e tamén pola chuvia miúda que enverdece os nosos campos.

Grazas polas cores do campo, das follas

   grazas polas árbores e o gando.

Grazas por quen nos fai a diario a comida e lava a roupa

   para vivirmos limpos e ben mantidos, e con ganas de troula

Grazas por quen nos atura cada día e por quen nos perdoa

   e segue sen canseira ao noso lado.

Grazas por termos veciños, bos de todo ou algo regulares,

que nos fan irmáns e pobo, que nos fan comunidade.

Grazas polo humilde Panciño santo das nosas celebracións,

que sabe a gloria tamén, e que nos trae as túas caricias.

 

M. Regal “Xesús, un home de aldea”

 

 

Deus non vai preguntar...

Deus non vai preguntar que tipo de coche acostumabas conducir,

   vai preguntar cantas persoas que necesitaban de axuda transportaches.

Deus non vai preguntar cal o tamaño da túa casa,

   vai preguntar cantas persoas abrigaches nela.

Deus non vai facer preguntas sobre as roupas do teu armario,  

   vai preguntar cantas persoas axudaches a vestir.

Deus non vai preguntar o importe dos teus bens materiais,  

   vai preguntar en que medida eles ditaron a túa vida.

Deus non vai preguntar cal foi o seu maior salario,  

   vai preguntar se comprometiches o teu carácter para obtelo.

Deus non vai preguntar cantos ascensos recibiches,  

   vai preguntar de que forma os conseguiches.

Deus non vai preguntar cal foi o título do cargo que ocupabas,

   vai preguntar se desempeñaches o teu traballo co mellor do teu esforzo.

Deus non vai preguntar cantos amigos tiveches,  

   vai preguntar para cantas persoas fuches un verdadeiro amigo.

Deus non vai preguntar o que fixeches para protexer os teus dereitos,  

   vai preguntar o que fixeches para garantir os dereitos dos outros.

Deus non vai preguntar en que barrio finaches,

   vai preguntar como trataches os teus veciños.

 

E eu pregúntome: que tipo de respostas terei para dar?

 

 

(Whit Criswell)