Bautismo

esperan na entrada cos nenos que van ser bautizados)

          (Pais e padriños esperan na entrada cos nenos que van ser bautizados)

            Os padriños levarán na man as velas que se encenderán na cerimonia 

                e as madriñas as vestiduras blancas que se lle porán sobre a cabeza aos nenos.

 

Entrada

       

Celebrante:

  Benvidos á parroquia. Hoxe preparámosnos para celebra-lo bautismo destes nenos. Con gran ledicia vivíchedes nas vosas familias o nacemento dun fillo e con esa mesma ledicia vides á igrexa para bautizalo.

   Todos os que estamos aquí alegrámonos con este acontecemento, imos  prepararnos e participar todos xuntos como comunidade de acollida para estes nenos que van formar parte da Igrexa. Vivamos entón este acto co noso mellor espíritu de Fe.

 

         O sacerdote e uns membros do grupo, coa cruz, teñen que dar a benvida  ós pais e padriños e, máis tarde, convidaranos a que pasen á igrexa, onde o resto da comunidade parroquial estarán esperándoos.

 

 

Lector 1 (desde o micrófono)

“ Non hai palabras para explicar o que se sinte ó poñer un fillo no mundo.Pero pode dicirse que ese acontecimiento cambia todo, marca todo. Que é un acontecemento de gran felicidade.

- Felicidade dos pais: este é o seu froito, a súa máis grande obra.

- Felicidade dos avós e de tódolos familiares e amigos:  é unha gran alegría, poder vivir de cerca ese momento.

- E felicidade -hai que dicilo tamén- de Deus.

 

Porque Deus é a fonte da vida, a orixe da forza da vida que hai en cada home e cada muller, e alégrase profundamente cada vez que esa fuerza de vida da un novo paso: porque esa nova vida humana que nace, ese neno ou nena pequeno que comeza a facerse un lugar no mundo, leva nel a presenza de Deus, a imaxe de Deus, a luz de Deus.”

 

 

Rito do bautismo

 

Celebrante- ¿Pedides o Bautismo á Igrexa de Deus para voso/a fillo/a?.

   Pais- Sí, pedímolo.

Celebrante- Ó pedir a gracia de Cristo Redentor para os vosos fillos, ¿sabédes que vos obrigades a educalos na fe, para que poidan coñecer e corresponder ó Amor que Deus nos ten, e poidan amar ó próximo tal como Xesucristo nos ama e mandou que nos amasemos?.

   Pais- Sí, sabémolo.

Celebrante- E vós padriños, ¿estades dispostos a axudar aos pais nesta tarefa?.

   Padriños- Sí, estamos dispostos.

Celebrante- ¿Que nome elixides para este/a neno/a?.

   Pais- .........................(Cada pai di o nome do seu fillo/a).

 

SIGNACIÓN.

Celebrante-

 

N................, a Comunidade Cristiá vos recibe con gozo e esperanza. Eu, no seu nome, sígnovos co sinal de Cristo Salvador.

Tal como os vosos pais vos recibiron na familia, a Comunidade Cristiá vos acolle con gran alegría. En nome dela, fágovos o sinal da Cruz na fronte, para que a levedes sempre no voso corazón.

                              (Acércase aos nenos e failles o sinal da Cruz...)

E vós, pais e padriños, facede tamén sobre a súa fronte o sinal da Cruz...

 

Lector 2

“A nosa celebración comeza co rito do sinal da Cruz. Toda a humanidade ten signos que expresan a súa identidade. Os cristiáns tamén temos o noso signo: a Cruz, símbolo da Morte e Resurrección de Xesús. Cando facemos este signo, queremos morir ó pecado e nacer á vida nova de Xesús Resucitado, o mesmo que celebramos no bautismo...”

 

Celebrante-

...E todos nós, comezamos a celebración deste sacramento co sinal da Cruz... No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.

 

Agora comeza a procesión, presidida pola Santa Cruz que é portada polo pai ou padriño dun dos nenos.Esta procesión simboliza a entrada dos nenos que se van bautizar á Igrexa de Xesucristo.

 

LITURXIA DA PALABRA

 

Lector 3

“ Cando un se libra dun peligro grave, dicimos: "Volveu a nacer". O Bautismo é algo así como nacer a unha nova vida. A Auga e o Espírito son os símbolos desta nova vida. Xesús explícao no Evanxeo que imos escoitar.”

 

+ Lectura do Santo Evanxeo segundo San Xoán. (3, 1-5)

 

Naquel tempo había un fariseo chamado Nicodemo, que era maxistrado xudeu. Este foi a visitar de noite a Xesús, e díxolle:

- "Mestre, sabemos que viñeches de parte de Deus, porque ninguén pode facer os signos que ti fas, se Deus non está con el."

Xesús contestoulle:

- "Asegúrocho: o que non naza de novo, non pode ver o Reino de Deus."

Nicodemo pregúntalle entón:

- "¿Como pode nacer un home sendo vello? ¿Acaso pode, por segunda vez, entrar no ventre da súa nai e nacer?"

Xesús contestoulle:

- " Asegúrocho, o que non naza da Auga e do Espírito, non pode entrar no Reino de Deus."

 

Palabra do Señor.

 

Lector 4

 

Monición antes do bautismo

“ Un podería pasar horas e horas mirando a un recén nacido. Os seus pais e padriños sempre están pendentes, porque os fillos son coma un espello das súas propias persoas que se prolongan, que viven máis alá de sí mesmas.

 PERO...¿CÓMO LLE AXUDAREMOS A SER CRISTIÁN?

  Predicando co propio exemplo é a mellor maneira de axudar ó neno a ser cristián. É importante que vexa aos pais e padriños rezar (nos momentos difíciles e tamén cando ocorre algo bo...), que participan os domingos na misa...

   Bautizar a un fillo ou unha filla pode ser un momento para dicir: imos tomar máis en serio a nosa fe. O que o neno ve nos seus maiores, a medida que vai crecendo, será decisivo.

- Ensinarlle a rezar : desde pequeno, o niño debe aprender a relacionarse con Deus, a falarlle.

- Ensinarlle actitudes cristiás : a comparti-los seus xoguetes, a visitar algún amigo ou familiar enfermo, a perdoar, a dicir a verdade...

- Ter signos cristiáns na casa : cando o neno empece a abrir os ollos á vida, será importante que vexa, como algo que forma parte da casa, algún signo que lle recorde a Xesús: unha cruz, unha medalla, unha imaxe da Virxe, o belén polo Nadal...

- Incorporalo, na medida que creza, á vida da comunidade levándoo a celebrar a eucaristía...

 

 O bautismo é o inicio do camino cristián.Para que o neno avance neste camiño será necesario levarlo á Igrexa para que reciba tamén os demáis sacramentos (eucaristía, penitencia, confirmación...), a isto comprométense hoxe pais e padriños hasta que os bautizados sexan maiores.”

 

Liturxia do Bautismo

 

Oración para implora-la protección de Deus

 Celebrante-

Señor, noso Deus, ti nos diches a Xesús, o teu Fillo, como bo pastor. El  coñécenos a todos polo noso nome. Dámoste grazas pola nova vida que creaches, e por estes nenos que agora nos confías.

Bendice a súa boca, para que aprendan a transmitir boas novas e a denunciar o abuso e a inxustiza.

Bendice os seus ollos, para que, cheos de luz, miren limpiamente e saiban descubrir, día e noite, o teu horizonte.

Bendice os seus oídos, para que escoiten, en gritos e silencios, a melodía da vida e os signos dos tempos.

Bendice o seu nariz, para que capten o arrecendo que atrae e anuncia a túa presenza de forma inconfundible.

Bendice as súas mans, para que aloumiñando, sostendo e levantando constrúan un mundo que sexa un fogar para todos.

Bendice os seus pés, para que saiban percorre-los camiños da vida deixando pegadas de esperanza e comunión.

Bendice e ensancha os seus corazóns para que teñan capacidade de amar a moitos, e en especial, aos que máis o necesitan.

Ti, que nos amas con tenrura e paixón, pon a túa man sobre eles e sobre nós.

 

Bendición e invocación de Deus sobre a auga

 Bendigamos a Deus, respondendo a cada unha das invocacións dicindo:       

                                BENDITO SEXAS POR SEMPRE, SEÑOR.

- Bendito sexas, Deus Pai, por que creaches a auga que nos purifica e nos da a vida... BENDITO...

- Bendito sexas, Xesús, porque do teu costado aberto fixeches brotar auga e sangue, para que da túa muerte e resurrección nacera a Igrexa... BENDITO...

- Bendito sexas, Espírito Santo, porque unxiste a Cristo no Xordán, para que nós sexamos bautizados en ti... BENDITO...

 

Mira, agora, á túa Igrexa en oración e abre para ela a fonte do Bautismo:

   Que esta auga reciba, polo Espírito Santo, a graza do teu Unixénito,

para que o home, creado á tú imaxe e limpo no Bautismo, morra ó home vello e renaza, coma neno, á nova vida pola auga e o Espírito.

                                      (Tócase a auga coa man e segue)

 Pedímoste, Señor, que o poder do Espírito Santo, polo teu Fillo, descenda sobre a auga desta fonte, para que os sepultados con Cristo na súa morte, polo Bautismo, resuciten con el á vida eterna. Por Xesucristo o noso Señor. Amén.

 

Profesión de Fe:

Lector 5 

“ A nosa vida cristiá está chea de subidas e baixadas, de momentos bos e outros non tan bos. Damos, ás veces, a impresión de que nos faltan as forzas, ou incluso a ilusión para seguir adiante. Neste día de luz e alegría, de resurrección e festa, queremos renovar a nosa fe en Xesús...Afirmemo-la nosa fe, renunciando ó mal e prometendo vivir ó estilo de Xesús siguindo o Evanxeo.”

 

 

Celebrante-

Todos estamos seguros de que os pais buscan o mellor do mundo para os seus fillos. Por iso, a Igrexa admite na súa Comunidade ós nenos pequenos. Pero antes de dar este paso, pedimos que renuncien a todas as tentacións que nos arrastran ó mal e prometan lograr un mundo que busque a Paz.

 Renunciades:

  a crer que somos mellores e máis importantes que os nosos semellantes; a ter cousas e máis cousas, mentres outros pasan necesidade, cando Deus creou as cousas para compartilas cos demáis?

     Pais e padriños : Sí, renunciamos.

Renunciades:

 a abusar dos máis débiles e pequenos; a desprecialos pola cor da súa pel, e a condenalos por ter outro credo ou posición social.?

     Pais e padriños : Sí, renunciamos.

Prometedes:

 seguir camiños de diálogo e comprensión; evitar todo o que sexa egoísmo e afán de riquezas; e así, construir entre todos un mundo máis xusto, humán e fraterno.?

      Pais e padriños : Sí, prometemos.

Prometedes:

  educar ós vosos fillos nun clima de harmonía e amistade cos fillos de outras familias da nosa Comunidade; e fomentar lazos de unión e solidaridad cos nenos de outros países e colores.?

Pais e padriños : Sí, prometemos.

Credes :

  en Deus Pai, Creador do ceo e da terra?.

    Pais e padriños : Sí, cremos.

 

Credes:

  en Xesucristo, que naceu de Santa María Virxe, morreu, foi sepultado, resucitou de entre os muertos e está no ceo xunto a Deus Pai, o noso único Salvador?.

    Pais e padriños : Sí, cremos.

 

Credes :

  no Espírito Santo, na Santa Igrexa Católica, na comunión dos Santos, no perdón dos pecados, na resurrección dos muertos e na vida eterna?.

    Pais e padriños : Sí, cremos.

 

 

Que Deus, o noso Pai, que nos deu unha  vida nova pola auga e o Espírito, nos confirme na fe, e realice en nós a obra emprendida por Xesucristo o noso Señor. Amén.

 

Bautismo:

 

¿Queredes, por tanto, que os vosos fillos sexan bautizados na fe da Igrexa que todos acabamos de profesar?

     Pais e padriños : Sí, queremos...

 

N......., hoxe o Pai do ceo quere facervos fillos seus, Xesús, faite o seu amigo para sempre e o Espírito Santo elexiute para ecncherte de forza e ledicia

 

N......, eu bautízote no nome do Pai, e do Fillo e do Espírito Santo.

 

Celebramos xa o bautismo destes pequenos... Agora pais, padriños, avós e familia, deamos un bico ós pequenos desexándolles que Deus os acompañe sempre ó longo da súa vida...

 

 ORACIÓN DOS FIEIS

 

Celebrante-

Invoquemos o cariño de Deus Pai cara N....., que foron bautizados, cara os seus pais e padriños e cara todos nós facendo as peticións:

 

- Para que N........, se sintan sempre queridos por Deus.

PREGUEMOS AO SEÑOR...     

SEÑOR ESCOITA E TEN PIEDADE DE NÓS

- Para que este nenos coñezan e sigan en todo momento o camiño de Xesús.

PREGUEMOS AO SEÑOR...     

SEÑOR ESCOITA E TEN PIEDADE DE NÓS

- Para que os seus pais e padriños os eduquen na solidaridade, a responsabilidade e a ledicia.

PREGUEMOS AO SEÑOR...     

SEÑOR ESCOITA E TEN PIEDADE DE NÓS

 

- Para que todos nós sexa mos conscientes do que significa o noso bautismo.

PREGUEMOS AO SEÑOR...      SEÑOR ESCOITA E TEN PIEDADE DE NÓS

 

Lector 6

 

    O Bautismo consagrou estes nenos para levar no seu corazón o Espírito Santo. Xa son Fillos de Deus e toda a súa persoa é posesión de Deus, por iso agora o sacerdote vainos unxir co Santo Crisma.

                          Por favor,  pais e padriños, achegádevos.

 

 

UNCIÓN CO CRISMA

 

Celebrante-

 Deus todopoderoso, Pai do noso Señor Xesucristo, que vos liberou do pecado e vos deu nova vida pola auga e o Espírito Santo, conságrevos co Crisma da salvación para que entredes a formar parte do seu pobo e sexades para sempre membros de Cristo, Sacerdote, Profeta e Rei.

(A medida que o sacerdote acabe de crismar aos nenos, acércanse as vestiduras blancas e os cirios).

 

Lector 6

   As madriñas colocan as vestiduras brancas sobre as cabezas dos nenos. Estas vestiduras blancas son o signo da nova vida de Cristo que reciben ó bautizarse. É unha vida chea de amor, de fe e de esperanza.

 

Celebrante-

   Sodes xa novas criaturas e estades revestidas de Cristo. Que esta vestidura blanca sexa signo da vosa dignidade de cristiáns. Axudados pola palabra e o exemplo dos vosos, conservádea sen mancha hasta a vida eterna.

   Todos- Amén.

 

 

RITO DA LUZ

 

Celebrante-

Recibide agora a Luz de Cristo.

 

 

Lector 6

     Este é o momento no que o padriño de cada neno acércase ó Cirio Pascual que está no altar e acende a vela que cada un ten na man. Este Cirio, representa a Cristo resucitado e acercámonos a El para recibir directamente del a luz, que iluminará toda a vida destes nenos.

 

 

Celebrante-

   A vós, pais e padriños, se vos confía acrecentar esa luz.

   Que os vosos fillos, iluminados por Cristo, camiñen sempre como fillos da luz, e perseverando na fe, poidan sair con todos os Santos ó encontro do Señor.

 

 

ORACIÓN DO SEÑOR

 

Celebrante-

 Irmáns: Estes nenos nacidos de novo polo bautismo, chámanse e son fillos de Deus. Un día recibirán pola Confirmación a plenitude do Espírito Santo. Acercaránse ó Altar do Señor, participarán na mesa do se sacrificio e chamarano Pai en medio da súa Igrexa. Agora nós, no nome destes nenos, que son xa fillos do Espírito que todos recibimos, oremos xuntos, como Cristo, a oración que El nos aprendeu.

  

   Todos- Noso Pai que estás..........

 

BENDICIÓN

 

Lector 6

    Agora as nais se colocarán diante do altar levando ós seus fillos recén bautizados nos brazos para recibi-la bendición. Detrás se colocarán os pais.

 

Celebrante-

   O Señor todopoderoso, polo seu fillo, nacido de María Virxe, bendiga a estas nais e  pais e alegre o seu corazón coa esperanza da vida eterna, alumeada, hoxe nos seus fillos, para que, do mesmo modo que agradecen o froito do seu amor, perseveren con eles en dar grazas a Deus polo bo que hai nas súas vidas. Pos Xesucristo o noso Señor.

 

     Todos- Amén. 

 

Oración feita por un dos pais

   Estamos aínda, Señor, asombrados e felices por estes fillos que o teu Amor nos regalou a través do noso amor.

No sabiamos que dar vida a un fillo no amor puidera facer tan felices ós seus pais. Grazas por estes fillos teus e nosos á vez, que nos teñen un pouco tolos...

Teñen un corazón que se prepara para amar e por iso queríamos bautizalos, levalos á túa Igrexa e lavalos coa auga do Bautismo como fixo por primeira vez o teu Fillo. Aprenderémoslles a rezarte a Ti, “Noso Pai que estás no ceo...” ...que estás na vida, en nós e nos outros...

 

<span style="font-size: 11.0pt;line-height:125%;font-family:" cleaner"="">