Primeira Comunión
ENTRADA (Catequista ou familia)
Benvidos.
Cada domingo os cristiáns reúnense para celebrar- la festa de Eucarístía. “Eucaristía” significa “dar gracias”.
Hoxe é un día especial. Un día de encontros, para a familia, para os amigos, para os que veñen de lonxe. É un día para da-las grazas, un día de festa, un momento de ledicia porque Deus invíta a ……………… a recibí-la súa vida e a compartirla con Él, e tamén con todos os que hoxe estamos aquí para celebrar con eles.
Que sexa un día de saúdos, de risas, de apertas e de bos desexos para todos nós e para o mundo enteiro.
A PALABRA (un neno)
Na misa Deus fala con nós a través de historias, poemas, cantos,… Algúen le esa Palabra e o sacerdote a explica.
Non basta con oíla, hai que escoitala co corazón e preguntarse que é o que Deus quere dicir a cada un de nós.
LECTURAS: (a elixir)
OFERTORIO (familiares)
1. Cando nos invitan a unha festa xa estamos contentos antes de vir, felicitamos ós que prepararon a festa, alegrámonos de estar xuntos, cantamos, falamos, rimos…
Pensamos nos que están e nos que faltan pero que están nos nosos corazóns e pensamos en facer felices ós que están con nós e queremos participar na festa.
2. Hoxe Xesús invitóunos á súa mesa e nós tamén lle traemos algo especial: as nosas vidas, as penas e os bos momentos, os nosos problemas e os nosos éxitos, as nosas peticións e as nosas promesas.
3. Así, Señor, ofrecémosche, este pan e este viño como símbolo do noso esforzo, do traballo de tódolos homes, mulleres e nenos e da súa esperanza de construir un futuro mellor para todos.
4. Traémosche tamén estas flores que nos lembran as cousas boas do mundo, as que chegan da túa man e que son para nós a mellor das bendicións: a auga, o sol, os animais e tamén as persoas, todos son os nosos irmáns.
5. Presentámosche unha vela como símbolo da luz do teu Espíritu e do reflexo que facemos del cando pensamos nos demáis, cando axudamos a alguén cando sabemos perdoar, cando sorrimos,… cando somos capaces de ser luz no mundo, como Ti nos ensinaches.
6. Traemos tamén a nosa vida diaria co esforzo que poñemos no traballo os maiores e os nenos no colexio cada día, por iso os libros e a axenda.
7. Por último presentámosche tamén o noso tempo libre, representado nos xoguetes e o mando da televisión,para que nunca esquezamos onde estás Ti nin os demáis, por encima do cansancio e “do que máis nos apetece”.
AS PETICIÓNS (5 nenos)
1. Pedimos hoxe por ………………………… para que sexan capaces de levar sempre a Xesús no corazón e que nunca esquezan este día tan especial no que dixeron SI como María lle dixo a Deus.
Escóitanos, Señor.
_______________________________________________
2. Pedímosche, Señor, polas nosas familias, que sexamos capaces de perdonarnos e de querernos por encima dos malos momentos, das malas palabras, dos malos entendidos, porque busquemo-la paz como Ti nos ensinaches.
Escoítanos, Señor.
____________________________________________________
3. Pedímosche que a educación e a cultura chegue a tódolos homes como camiño de progreso, de xustiza, de mellora e de entendemento entre tódolos pobos da terra.
Escóitanos, Señor.
_____________________________________________
4. Polos nenos e nenas que hoxe están aquí, para que sexan capaces de compartir a súa amizade e a súa ledicia. Para que nos recorden o que é ter un corazón de neno.
Escóitanos, Señor.
______________________________________________
5. Pola Igrexa, por todos e cada un de nós que formamos parte dela, e polos seus sacerdotes para que lembremos sempre o que significa ser cristián: “Amar a Deus e a cada un dos irmáns como a un mesmo”.
Escóitanos, Señor.
________________________________________________________________________
DESPOIS DA COMUNIÓN
(Un neno /Catequista ou familiar)
N : .................................., este foi o voso momento máis persoal, o que provocou toda esta festa e que lembraredes sempre como un dos días máis felices da vosa vida.
C : Sabémolo porque para á maioría dos maiores, este día quedou grabado como algo moi especial para sempre, non lembramos moito o que nos regalaron, a que xogamos ou todos os que estaban invitados á cerimonia.
Lembramos unha sensación extraordinaria no corazón, estabamos contentos dun xeito especial, lembramos a Xesús moi dentro de nós.
N : Tamén nós, os vosos amigos o lembramos así e queremos que sexa para os dous algo que teñades no voso recordo para sempre..
C : Non foron papá, nin mamá, nin D. Benito, nin os avós, nin os padriños os que hoxe dixeron a Xesús que o querían, hoxe foi ........................., e nunca esquecemos ós que queremos e ós que nos ensinan a querer ós demáis.
Nunca esquezades a Xesús.
FINAL (len os nenos que recibiron a 1ª comunión)
NENO 1 : Grazas á nosa familia: Papá, Mamá, aos avós e ós nosos padriños por acercarnos a Xesús.
NENO 2 : Grazas a todos por compartir e celebrar con nós este día, en especial ó noso párroco, á nosa/o catequista e a todos os irmáns desta parroquia .
NENO 3 : Grazas a cada un dos nosos tíos e primos, a toda a nosa familia que hoxe quixéchedes celebrar connosco.
NENO 4 : Grazas ós que chegaron de lonxe por achegarvos hasta nós neste día tan especial. Tampouco esquecemos ós que non puideron vir.
NENO 5 : Grazas tamén ós nosos amigos e compañeiros, esperamos que recordedes este día con alegría.
NENO 6 : E grazas, sobre todo, a Xesús, por facernos irmáns seus.
NENO 7 : Pedimos a todos un enorme sorriso e un aplauso para rematar esta celebración con alegría..