Lecturas

 
 

COMÚN DE SANTA MARÍA VIRXE 

 
 
 
 
 

707 PRIMEIRAS DO ANTIGO TESTAMENTO 

 
 
 
 
 
1. Xén 3, 9-15. 20 
 
 Inimizades poñerei entre a túa descendencia e a escendencia da muller 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE 
 
 
 
[Despois que Adán comeu do froito da árbore], o Señor Deus chamou polo home e 
preguntoulle: -¿Onde estás? 10Respondeu o home: -Oínte no xardín, e tiven medo. O 
verme espido, agacheime. 
 
11Preguntoulle o Señor Deus: -¿Quen che dixo que estabas espido? ¿É que comiches da 
árbore da que che prohibira comer? 
 
 12Respondeulle o home: -A muller que me deches por compañeira ofreceume do froito, 
e comín. 
 
13O Señor Deus díxolle á muller: -¿Qué é o que fixeches? E a muller respondeu: -A 
serpe enganoume, e comín. 14Entón o Señor Deus díxolle á serpe: -Porque fixeches 
isto, maldita sexas entre os animais e as feras todas do monte. Andarás arrastrada e 
comerás po toda a túa vida. 15Poño hostilidade entre ti e a muller, entre a túa liñaxe e a 
dela. Ti tentarás de atanguerlle o calcañar, pero ela esmagarache a cabeza. 
 
20O home chamou Eva á súa muller, pois vén se-la nai de tódolos que viven. 
 
 
 
 
 
2. Xén 12, 1-7 
 
 Conforme falou ós nosos pais, Abrahán e a súa 
 
 descendencia para sempre 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE 
 
 
 
Dille o Señor a Abram: 
 
 -Vaite da túa terra, da túa patria, do teu clan, á terra que eu che mostrarei. 
 
 2Eu farei de ti un pobo grande, bendicireite e dareiche un nome sonado, que será 
exemplo de bendición. 
 
3Bendicirei a quen te bendiga, maldicirei a quen te maldiga. 
 
Os pobos todos da terra chamaranse benditos no teu nome. 
 
4Abram púxose ó camiño, conforme lle dixera o Señor; e con el foi Lot. Abram tiña 
setenta e cinco anos cando saíu de Harán. 5Levaba consigo a Sarai, súa muller, ó seu 
sobriño Lot e tódalas posesións e mailos criados que adquirira en Harán. Saíron na 
dirección do país de Canaán, e chegaron alá. 
 
6Abram percorreu o país ata o lugar santo de Xequem e a aciñeira de Moré. Daquela 
habitaban no país os cananeos. 7O Señor aparecéuselle a Abram para dicirlle: -Os teus 
 
descendentes dareilles esta terra. Abram erixiu alí mesmo un altar ó Señor que se lle 
aparecera. 
 
 
 
 
 
3. 2 Sam 7, 1-5. 8b-11. 16 
 
 O Señor daralle o trono de David seu pai 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO SEGUNDO DE 
SAMUEL 
 
 
 
7 1Instalado o rei David na súa casa, e como o Señor lle dera a paz cos seus inimigos do 
arredor, 2díxolle el ó profeta Natán: Repara que eu estou instalado nunha casa de cedro, 
mentres a arca do Señor habita nunha tenda. 3Natán respondeulle ó rei: Todo o que tes 
no corazón, anda e faino, pois o Señor está contigo. 
 
4Pero aquela mesma noite veulle a Natán esta palabra do Señor: 5Vai e dille ó meu 
servo David que isto di o Señor: ¨Vasme edificar unha casa para que eu habite nela? Eu 
saqueite das mandas, de detrás dos rabaños, para que fóse-lo xefe do meu pobo Israel. 
9Estiven contigo en todo o que emprendiches e arredei os teus inimigos diante de ti. E 
dareiche un nome tan grande coma o dos grandes da terra. 
 
10Eu fixarei tamén un posto para o meu pobo Israel. Eu plantareino e el vivir al¡ sen 
sobresaltos. Non volverán asoballalo os fillos da iniquidade, como fixeron á primeira, 
11no tempo en que puxen xu¡ces sobre o meu pobo Israel. Dareiche o repouso de 
tódolos inimigos e, por parte, o Señor anúnciache que che dará unha dinastía. 
 
16A túa familia e o teu reino permanecer n na miña presencia para sempre, o teu trono 
manterase firme eternamente. 
 
 
 
 
 
4. 1 Cro 15, 3-4. 15-16; 16, 1-2 
 
 Colleron a arca de Deus e puxérona no medio do 
 
 tabernáculo que preparara David 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DAS 
CRÓNICAS 
 
 
 
3David reuniu a todo o pobo de Israel en Xerusalén para subi-la arca de Iavé ó lugar que 
lle tiña disposto. 
 
4Tamén reuniu ós fillos de Aharón e ós levitas. 
 
 15Os fillos dos levitas levaban a arca de Deus ás costas por medio de varais, como 
ordenara Moisés, segundo o disposto por Iavé. 
 
16David mandou ós xefes dos levitas que dispuxesen os seus irmáns cantores, que 
fixesen resoa-los instrumentos musicais; harpas, citolas e pandeiros en sinal de ledicia 
 
6 1Traída a arca de Deus, puxérona no medio da tenda que David levantara para ela, e 
ofreceron holocaustos e sacrificios de comuñón ante Deus. 
 
2Cando David acabou cos holocaustos e sacrificios de comuñón bendiciu ó pobo no 
nome de Iavé 
 
 
 
 
 
5. Prov 8, 22-31 
 
 María, sede da Sabedoría 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS PROVERBIOS 
 
 
 
[Isto fala a Sabedoría de Deus]: 
 
22O Señor produciume ó enceta-la súa tarefa, 
 
antes das súas actividades; 
 
23desde a antigüidade, desde o remoto pasado fun formada, 
 
antes das orixes da terra. 
 
24Cando non había océanos abismais, fun parida, 
 
cando non había fontes, mananciais de auga; 
 
25aínda non foran afincadas as montañas, 
 
antes dos outeiros, fun dada a luz; 
 
26cando aínda non fixera a terra e as campías 
 
nin os terróns primeiros do mundo, 
 
27cando afirmaba o ceo, alí estaba eu; 
 
cando gravaba o cerco arredor do abismo, 
 
28cando aseguraba as nubes no alto 
 
e daba enerxía ás fontes subterráneas, 
 
29cando lle impuxo os lindes ó mar 
 
de xeito que as augas non incumprisen o seu mandato, 
 
cando fixaba os alicerces da terra, 
 
30alí mesmo estaba eu, cabo del, coma un mestre de obras, 
 
dándolle gusto día tras día, 
 
folgando diante del continuamente, 
 
31recreándome no orbe da terra, 
 
e o meu pracer foron os seres humanos. 
 
 
 
 
 
6. Sir 24, 1-2. 5-7. 12-16. 26-30 (gr. 1. 3-4. 8-12. 19-21) 
 
 María, Sede da Sabedoría 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ECLESIÁSTICO 
 
 
 
24 1A Sabeduría fai a propia louvanza 
 
e gábase no medio do seu pobo; 
 
2Abre a boca na asemblea do Altísimo, 
 
proclama a súa gloria diante do seu exército: 
 
3"Eu saín da boca do Altísimo 
 
e recubrín a terra coma a néboa; 
 
4plantei a miña tenda no máis alto 
 
e pousei o meu trono nunha columna de nubes. 
 
8Foi entón cando o creador universal me ordenou 
 
e o que me formou fíxome planta-la tenda 
 
dicíndome: "Afinca en Xacob, 
 
colle por herdanza a Israel". 
 
9Antes dos séculos, desde o comezo, creoume 
 
e endexamais deixarei de existir; 
 
10oficiei na súa tenda santa, diante del, 
 
e deste modo estableceume en Sión; 
 
11do mesmo xeito, fíxome acougar na súa cidade amada, Xerusalén, onde goberno. 
 
12Botei raiceiras nun pobo de moita sona 
 
e teño a miña herdanza na parcela do Señor. 
 
19Vinde onda min os que me anceiades 
 
e enchédevos dos meus froitos, 
 
20pois a miña lembranza é máis dóce có mel 
 
e a miña herdanza máis do que o favo. 
 
21Os que me coman aínda han ter fame; 
 
22quen me obedeza non terá que avergonzarse 
 
e os que fagan as miñas obras non pecarán". 
 
 
 
 
 
7. Is 7, 10-I4; 8, 10 
 
 Velaí a virxe concebirá 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS 
 
 
 
10O Señor volveulle falar a Acaz nestes termos: 
 
 11-Pide para ti un sinal de parte do Señor, o teu Deus, nas profundidades do Xeol ou 
arriba nas alturas. 
 
12Respondeu Acaz: 
 
-Non o pido, pois non quero poñer a proba ó Señor. 
 
13Entón dixo Isaías: 
 
-Escoitade vós, casa de David: ¿Non vos é pouco domina-los homes, que aínda 
queredes domina-lo meu Deus? 14Por isto, o meu Señor daravos El mesmo un sinal: 
Velaí a doncela: está en cinta e dá a luz un fillo, ó que lle pon de nome "Deus-
connosco" 
 
10Trazade un plan, e será esnaquizado; 
 
falade o asunto, e non se manterá; 
 
pois connosco-está-Deus. 
 
 
 
 
 
8. Is 9, 1 -6 
 
 Déuseno-lo Fillo 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS 
 
 
 
9 1O pobo que camiñaba na escuridade, viu unha grande luz. 
 
 Unha luz brillou sobre os que habitaban no país das sombras da Morte. 
 
2Multiplicáche-lo xúbilo, fixeches grande a ledicia. 
 
Alegráronse coa túa presencia, como coa alegría da seitura, 
 
o mesmo que saltarán de xúbilo ó repartiren o botín. 
 
3Velaí o xugo da súa carga e o varal do seu ombreiro -o bastón de quen o oprime-: 
rompíchelos coma o día de Madián. 
 
 4Pois toda bota que tropeza con ruído, e todo manto cuberto de sangue 
 
serán para a queima, serán pasto de incendio. 
 
5Pois velaí que nos naceu un meniño, déusenos un fillo: 
 
a soberanía estará sobre o seu ombreiro, 
 
e será invocado con estes seus nomes: 
 
Marabilla de conselleiro, Heroe divino, 
 
Pai eterno, Soberano da Paz. 
 
6Oh, ¡que grande a súa Soberanía! 
 
A paz non terá fin no trono de David e no seu reino, para afincalo e para afirmalo, co 
dereito e coa xustiza, 
 
desde agora e para sempre. 
 
O celo do Señor dos Exércitos fará isto. 
 
 
 
[O versiño 3 debe interpretarse segundo a versión hebraica] 
 
 
 
 
 
9. Is 61, 9-11 
 
 Alegrareime grandemente no Señor 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS 
 
 
 
9Será recoñecida entre os pobos a descendencia deles e os seus renovos no medio das 
nacións. 
 
Tódolos que os vexan recoñeceranos, 
 
pois eles son a descendencia que o Señor bendiciu. 
 
10Exultarei ledicioso polo Señor, 
 
e a miña alma brincará de xúbilo polo meu Deus, 
 
xa que me fixo vestir roupas da salvación 
 
e envolveume co manto da xustiza, 
 
coma o noivo que veste solemnemente o turbante, 
 
e coma a noiva que se adorna coas súas xoias. 
 
11Pois, como a terra fai saí-los seus gromos, 
 
e como un horto fai brota-las súas sementeiras, 
 
así o Señor Iavé fará brota-la xustiza, 
 
e a louvanza ante tódolos pobos. 
 
 
 
 
 
10. Miq 5, 1-4a 
 
 Tempo no que ha parir a parturiente 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE MIQUEAS 
 
 
 
Di o Señor: 
 
5 1E ti, Belén de Efratah, tan pequeniña entre as familias de Xudá, 
 
de ti vai saír un que será o soberano de Israel; 
 
a súa orixe é desde antigo, desde os días do comezo. 
 
2El seranos conservado para sempre, mentres haxa muller que dea a luz; 
 
o resto dos seus irmáns volverá, 
 
e serán devoltos os fillos de Israel. 
 
3Manterase firme e pastorearán co poder do Señor, 
 
coa gloria do nome do Señor, o seu Deus, 
 
e cando se instalen ata o mesmo cabo da terra, estenderá a súa grandeza: 
 
4 "o da Paz" será o seu nome. 
 
 
 
 
 
11. Zac 2, 14-17 
 
 Alégrate, filla de Sión: velaí que xa veño 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ZACARÍAS 
 
 
 
14Exulta e alégrate, filla de Sión, 
 
pois, velaí, eu chego, e habitarei no medio de ti 
 
-é o Señor quen fala-. 
 
15No día aquel pobos numerosos uniranse ó Señor, serán o meu pobo. 
 
Habitarei no medio de ti, e entón recoñecerás 
 
que o Señor dos Exércitos me mandou onda ti. 
 
16O Señor collerá en herdanza a Xudá, que é o seu quiñón na Terra Santa, 
 
tamén volverá escoller a Xerusalén. 
 
17¡Silencio, carne toda, por mor da presencia do Señor! 
 
¡Si, esperta e sae da súa Morada Santa! 
 
 
 

708 PRIMEIRAS DO NOVO TESTAMENTO 

NO TEMPO PASCUAL 

 
 
 
 
 
1. Feit 1, 12-14 
 
 Perseveraban na oración, con María, a nai de Xesús 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS 
APÓSTOLOS 
 
 
 
[Despois de que Xesús ascendeu ós ceos], 12 volveron os apóstolos para Xerusalén 
desde o chamado Monte das Oliveiras, que está cerca de Xerusalén: distante o camiño 
que se pode facer en sábado. 13Logo que chegaron, subiron ó cuarto de arriba, onde 
residían Pedro, Xoán, Santiago, Andrés, Felipe, Tomé, Bartolomeo, Mateo, Santiago o 
de Alfeo, Simón o Zelota e Xudas o de Santiago. 14E todos eles dedicábanse 
conxuntamente á oración, con algunhas mulleres e mais María a nai de Xesús e cos seus 
irmáns. 
 
 
 
 
 
2. Ap 11, 19a; 12, 1-6a. 10ab 
 
 Apareceu nos ceos un espléndido sinal 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE 
 
 
 
19E abriuse o santuario celeste de Deus e apareceu a arca da súa alianza no seu 
santuario. 
 
12 1E apareceu no ceo un gran sinal: unha muller vestida co sol, coa lúa baixo os seus 
pés e, na cabeza, unha coroa de doce estrelas. 2Estaba embarazada e berraba cos 
retorzóns e as dores do parto. 
 
3Apareceu outro sinal no ceo: era un gran dragón vermello, que tiña sete cabezas e dez 
cornos e nas cabezas sete diademas. 4Co seu rabo arramplaba cunha terceira parte das 
estrelas do ceo e botábaas na terra. O dragón plantouse diante da muller que estaba para 
dar á luz, coa idea de engulirlle o filliño en canto nacese. 
 
5Tivo un fillo varón; aquel que cun caxato de ferro ha rexer a tódalas nacións. Pero 
Deus arrebatou o filliño da muller onda si, ó seu trono. 6E a muller fuxiu para o 
deserto10E oín un gran berro no ceo, que dicía: 
 
''Arestora chegou a victoria, o poder, 
 
e o reino do noso Deus, 
 
así como a soberanía do seu Mesías. 
 
 
 
 
 
3. Ap 21, 1-5a 
 
 Vin a nova Xerusalén preparada coma esposa 
 
 adornada para o seu marido 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE 
 
 
 
21 1Eu, Xoán, vin un ceo novo e unha terra nova, pois o primeiro ceo e a primeira terra 
xa pasaran; e o mar xa non existía. 2Tamén vin que a cidade santa, unha Xerusalén 
nova, baixaba do ceo de onda Deus, preparada coma esposa que está engalanada para o 
seu esposo. 3E sentín unha forte voz que desde o trono dicía: 
 
''Velaquí a tenda de Deus onda os homes. 
 
Acampará entre eles: 
 
eles serán o seu pobo 
 
e El será o seu Deus e compañeiro. 
 
4Enxugará tódalas bágoas dos seus ollos, 
 
e a morte xa non existirá máis. 
 
Nin haberá máis loito nin pranto nin dor, 
 
porque as primeiras cousas pasaron xa''. 
 
5O que estaba sentado no trono dixo: ''Vede que volvo novas tódalas cousas''. 
 
 
 
 
 
 
 
 

709 SALMOS RESPONSORIAIS 

 
 
 
 
 
1. 1 Sam 2, 1. 4-5. 6-7. 8abcd 
 
R/ (cf 1a) Exultou o meu corazón no Señor, o meu Salvador 
 
 
 
O meu corazón alégrase no Señor, 
 
érgome forte no meu Deus; 
 
a miña boca rise dos meus inimigos, 
 
porque celebro a túa salvación. 
 
 
 
4Os arcos dos fortes sofren quebra, 
 
os febles énchense de valor; 
 
5os fartos contrátanse polo pan, 
 
mentres que os famentos descansan; 
 
a que antes era estéril, 
 
dá á luz sete veces; 
 
a que antes se enchía de fillos, 
 
agora vese baldeira. 
 
 
 
6O Señor dá a morte e a vida, 
 
afunde no abismo e saca de alí. 
 
7O Señor enriquece e desposúe, 
 
humilla e tamén engrandece. 
 
 
 
8El ergue da lama ó humilde 
 
e tira ó pobre da esterqueira, 
 
para o sentar entre os príncipes 
 
coma herdeiro dun trono de gloria; 
 
 
 
 
 
2. Xudt 13, 18bcde. 19 
 
R/ (15, 9d): Ti e-la maior louvanza do xénero humano 
 
 
 
 -"Bendita sexas ti, filla de Deus Altísimo, máis ca tódalas mulleres da terra. 
 
E bendito sexa Deus, o Señor, creador do ceo e da terra, 
 
 que te acompañou para que feríse-la cabeza do xefe dos nosos inimigos. 
 
 
 
 19Louvarante polos séculos cantos se lembren desta túa fazaña, 
 
froito da túa confianza no poder de Deus. 
 
 
 
 
 
3. Sal 44, 11-12. 14-15. 16-17 
 
R/ (11a) Escoita, filla, olla e atende 
 
 
 
11Escoita, filla; olla e atende: 
 
esquece o teu pobo e a casa de teu pai. 
 
120 rei está prendado da túa fermosura: 
 
réndete a el, pois el é o teu señor. 
 
 
 
14Entra con todo o honor dunha princesa, 
 
bordados en ouro os seus vestidos; 
 
15con variado atavío é conducida ó rei, 
 
acompañada polas súas doncelas. 
 
Preséntante as amigas 
 
 
 
16condúcente con xúbilo algareiro, 
 
introdúcente no pazo do rei. 
 
17No canto de teus pais tera-los teus fillos 
 
e poralos por príncipes da terra. 
 
 
 
 
 
4. Sal 112, 1-2, 3-4, 5-6, 7 8 
 
R/ (2) Sexa bendito o nome do Señor para sempre 
 
Ou: Aleluia 
 
 
 
Louvade, servidores do Señor, 
 
louvade o nome do Señor. 
 
2Bendito sexa o nome do Señor, 
 
agora e por sempre. 
 
3Desde o nacente ó poñente 
 
louvado sexa o nome do Señor. 
 
 
 
4Excelso sobre as xentes é o Señor, 
 
sobre o ceo a sua gloria. 
 
5¿Quen coma o Señor, noso Deus, 
 
que habita nas alturas 
 
6e que baixa para coidar 
 
do ceo e mais da terra? 
 
 
 
7El ergue do po os indixentes, 
 
levanta os pobres do esterco, 
 
8para lles dar asento cos nobres, 
 
cos nobres do seu pobo. 
 
 
 
 
 
5. Lc 1, 46-47. 48-49. 50-51. 52-53. 54-55 
 
R/ (49) Fixo obras grandes en min o Poderoso; o seu nome é santo 
 
Ou: Ditosa ti, Virxe María, que levaches no teu ventre ó Fillo do eterno Pai 
 
 
 
46Entón María exclamou: 
 
A miña alma proclama a grandeza do Señor, 
 
47e alégrase o meu espírito en Deus, o meu Salvador, 
 
 
 
48porque reparou na súa humilde escraviña. 
 
Velaí: desde agora 
 
tódalas xeracións me van felicitar. 
 
49¡Marabillas o Poderoso fixo en min! 
 
O seu nome é Santo; 
 
 
 
50a súa misericordia chega xeración tras xeración 
 
a tódolos que o temen. 
 
51Manifesta o poder do seu brazo, 
 
desbaratando os plans dos soberbios. 
 
 
 
52Derruba do seu trono ós poderosos, 
 
e fai subir ós humildes; 
 
53ós famentos éncheos de bens, 
 
e ós ricos despídeos baleiros. 
 
 
 
54Ampara a Israel, o seu Servidor, 
 
lembrándose da súa misericordia, 
 
55conforme prometera a nosos pais, 
 
en favor de Abraham e da súa descendencia para sempre. 
 
 
 
 
 
 
 

710 SEGUNDAS DO NOVO TESTAMENTO 

 
 
 
 
 
1. Rm 5, 12. 17-19 
 
 Onde abundou o pecado, sobreabundou a gracia 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO 
APÓSTOLO ÓS ROMANOS 
 
 
 
Irmáns e irmás: 
 
O pecado entrou no mundo por un home só, pero como polo pecado entrou a morte, a 
morte pasou a tódolos homes e, en consecuencia, todos quedaron incursos no pecado. 
 
17Se, logo, pola transgresión dun home reinou a morte, e por culpa dun só, ¡canto máis 
os que recibiron a abundancia da gracia e do don da benevolencia reinarán na vida por 
medio dese un que é Xesús Cristo! 
 
18Por tanto, como pola transgresión dun só veu a condenación sobre tódolos homes, así 
tamén pola xustificación doutro só vén para tódolos homes a xustificación que dá a 
vida. 19Como a desobediencia dun único home volveu pecadores a tódolos homes, así 
tamén a obediencia dun só volveu xustos a todos. 
 
 
 
 
 

2. Rm 8, 28-30 

 
 Ós que Deus coñeceu de antemán, predestinounos 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO 
APÓSTOLO ÓS ROMANOS 
 
 
 
Irmáns e irmás: 
 
28Sabemos que todo colabora para o ben dos que aman a Deus, dos que foron 
escolleitos segundo os seus designios. 29Pois El distinguiunos primeiro e 
predestinounos a reproducírmo-la imaxe do seu Fillo, de tal maneira que El sexa o 
primoxénito entre moitos irmáns. 30E a eses que predestinou, tamén os chamou; e a 
eses que chamou, tamén os xustificou; e a eses que xustificou, tamén lles deu a súa 
gloria. 
 
 
 
 
 
3. Gál 4, 4-7 
 
 Mandou Deus o seu Fillo, nacido de muller 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO 
APÓSTOLO ÓS GÁLATAS 
 
 
 
Irmáns e irmás: 
 
4Así que chegou o momento, Deus mandóuno-lo seu Fillo, nacido de muller e suxeito á 
Lei, 5para rescatar ós que estabamos baixo a Lei e para que recibisémo-la profillación. 
6A proba de que sodes fillos del é que Deus mandou ós vosos corazóns o Espírito do 
seu Fillo que exclama ¡Abbá! (que quere dicir ''¡meu Pai!''). 7Polo tanto, ti xa non es 
escravo, senón fillo. E, por seres fillo, tamén, gracias a Deus, es herdeiro. 
 
 
 
 
 
4. Ef 1, 3-6. 11-12 
 
 Deus elixíunos en Cristo antes da constitución do mundo 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO 
APÓSTOLO ÓS EFESIOS 
 
 
 
3¡Bendito sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo, que por medio de Cristo nos 
bendiciu no ceo con toda clase de bendicións do Espírito! 4Porque nos escolleu antes da 
formación do mundo, para que fosemos santos e sen mancha perante El polo amor. 
 
5El decidiu xa daquela profillarnos por medio de Xesús Cristo, para El, conforme o 
designio da súa vontade, 6para louvanza da súa gloriosa benquerencia, coa que nos 
agraciou no Fillo amado, 
 
11Por El tamén nós tivémo-la sorte de resultar preelixidos segundo o designio daquel 
que activa todo conforme o proxecto da súa vontade, 12para sermos imaxe da súa gloria 
os que xa antes tiñámo-la esperanza en Cristo. 
 
 
 
 
 
 
 

711 ALELUIAS E VERSOS ANTES DO EVANXEO 

 
 
 
 
 
1. Cf. Lc 1, 28 
 
Alégrate, María, chea de gracia, o Señor está contigo, 
 
bendita ti entre as mulleres 
 
 
 
 
 
2. Cf. Lc 1, 45 
 
Ditosa ti, Virxe María, que criches que se cumpriría 
 
canto che anunciaron de parte do Señor 
 
 
 
 
 
3. Cf. Lc 2, 19 
 
Ditosa a Virxe María que conservaba a Palabra de Deus 
 
meditándoa no seu corazón 
 
 
 
 
 
4. Lc 11, 28 
 
Ditosos os que escoitan a Palabra de Deus e a gardan 
 
 
 
 
 
5. Ditosa es ti, santa Virxe María, e dignísima de toda louvanza; 
 
porque de ti naceu o sol de xustiza, Cristo noso Deus 
 
 
 
6. Ditosa é a Virxe María 
 
que, sen morte, mereceu a palma do martirio ó pé da cruz do Señor 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

712 EVANXEOS 

 
 
 
 
 
1. Mt 1, 1-16. 18-23 (máis longo) ou 18-23 (máis breve) 
 
 O que nela naceu é do Espírito Santo 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
1 1 Xenealoxía de Xesús Cristo, fillo de David, fillo de Abraham. 2Abraham enxendrou 
a Isaac. Isaac enxendrou a Xacob. Xacob enxendrou a Xudá e mailos seus irmáns. 
3Xudá, de Tamar, enxendrou a Peres e mais a Zarán. Peres enxendrou a Esrón. Esrón 
enxendrou a Arán. 4Arán enxendrou a Aminadab. Aminadab enxendrou a Naasón. 
Naasón enxendrou a Salmón. 5Salmón, de Rahab, enxendrou a Booz. Booz, de Rut, 
enxendrou a Obed. Obed enxendrou a Iexé. 6Iexé enxendrou ó rei David. 
 
David, da que foi muller de Urías, enxendrou a Salomón. 7Salomón enxendrou a 
Roboam. Roboam enxendrou a Abías. Abías enxendrou a Asá. 8Asá enxendrou a 
Ioxafat. Ioxafat enxendrou a Ioram. Ioram enxendrou a Ozías. 9Ozías enxendrou a 
Ioatán. Ioatán enxendrou a Acaz. Acaz enxendrou a Ezequías. 10Ezequías enxendrou a 
Menaxés. Menaxés enxendrou a Amón. Amón enxendrou a Ioxías. 11Ioxías enxendrou 
a Ieconías e mais ós seus irmáns, en tempos da deportación a Babilonia. 
 
12Despois da deportación a Babilonia, Ieconías enxendrou a Xealtiel. Xealtiel 
enxendrou a Zerubabel. 13Zerubabel enxendrou a Abiud. Abiud enxendrou a Eliaquim. 
Eliaquim enxendrou a Asor. 14Asor enxendrou a Sadoc. Sadoc enxendrou a Aquim. 
Aquim enxendrou a Eliud. 15Eliud enxendrou a Elazar. Elazar enxendrou a Matán. 
Matán enxendrou a Xacob. 16Xacob enxendrou a Xosé, esposo de María, da que naceu 
Xesús, chamado Cristo. 
 
 
 
18O nacemento de Xesús Cristo foi así: María, a súa nai, estaba prometida a Xosé; e 
antes de viviren xuntos apareceu ela embarazada por obra do Espírito Santo. 19Xosé, o 
seu prometido, home xusto, non a querendo aldraxar, decidiu repudiala secretamente. 
20Tal era a súa resolución, cando o anxo do Señor se lle apareceu en soños, dicíndolle: 
 
-Xosé, fillo de David, non repares en levar contigo a María, a túa prometida; que o que 
nela se concebiu é obra do Espírito Santo. 21Dará a luz un fillo, e ti poñeraslle de nome 
Xesús, porque salvará ó seu pobo de tódolos seus pecados. 
 
22Todo isto aconteceu para que se cumprise o que dixera o Señor por boca do profeta: 
 
23"Mirade: a virxe concebirá e dará a luz un fillo, 
 
e poñeranlle de nome Emmanuel" 
 
(que quere dicir "Deus connosco"). 
 
 
 
 
 
2. Mt 2, 13-15. 19-23 
 
 Colle ó neno e á súa nai e fuxe a Exipto 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
13En canto se foron os Magos, un anxo do Señor apareceulle a Xosé en soños e díxolle: 
 
-Érguete, colle o neno e maila nai e fuxe para Exipto. Non te movas de alí ata que eu te 
avise, porque Herodes vai busca-lo neno para acabar con el. 
 
14Xosé ergueuse, colleu o neno e maila nai, pola noite, e alá se foi para Exipto. 15Alí 
permaneceu ata a morte de Herodes, cumpríndose así o que dixera o Señor por medio do 
profeta: 
 
"Chamei ó meu fillo para que saíse de Exipto". 
 
19En morrendo Herodes, o anxo do Señor aparecéuselle en soños a Xosé en Exipto 20e 
díxolle: 
 
-Érguete, colle o neno e maila nai e volve para a terra de Israel, que xa morreron os que 
querían acabar co neno. 
 
21Ergueuse Xosé, e collendo o neno e maila nai, foise para a terra de Israel. 22Pero, ó 
saber que Arquelao reinaba en Xudea, en lugar de seu pai, sentiu medo e non se atreveu 
a ir alá. Avisado en soños, marchou para a banda de Galilea, 23indo vivir a unha vila 
chamada Nazaret. Cumpriuse así o que dixeran os profetas: que se chamaría nazareno. 
 
 
 
 
 
3. Mt 12, 46-50 
 
 Sinalando coa man os discípulos, dixo: velaquí 
 
 a miña nai e os meus irmáns 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
 46Mentres Xesús lle estaba falando á xente, a súa nai e mailos seus irmáns 
presentáronse fóra buscando o xeito de falaren con el. 47Díxolle un: 
 
-Mira que a túa nai e mailos teus irmáns están aí fóra, que te buscan para falaren 
contigo. 
 
48El respondeu ó que llo dicía: 
 
-¿Quen é a miña nai é quen son os meus irmáns? 
 
E, sinalando coa man os seus discípulos, dixo: 
 
-Velaí a miña nai e mailos meus irmáns. 50O que cumpre a vontade do meu Pai 
Celestial, ese é o meu irmán, a miña irmá e maila miña nai. 
 
 
 
 
 
4. Lc 1, 26-38 
 
 Velaí concebirás e parirás un fillo 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
26Ós seis meses, Deus mandou o anxo Gabriel a unha vila chamada Nazaret, 27onda 
unha mociña prometida a un home da casa de David, que se chamaba Xosé; o nome da 
mociña era María. 
 
28Entrando onde estaba ela, díxolle: 
 
-Alégrate, chea de gracia, o Señor está contigo. 
 
 29Ela turbouse con estas palabras, cavilando no que podería significa-lo saúdo aquel. 
30O anxo continuou: 
 
-Non teñas medo, María, porque ti atopaches gracia ante Deus; 31e, fíxate, vas concebir 
no teu ventre e darás á luz un fillo, ó que lle poñerás de nome Xesús. 32Será grande e 
chamarase Fillo do Altísimo, e o Señor Deus daralle o trono de David, seu pai; 
33reinará por sempre na casa de Xacob, e o seu reinado non terá fin. 
 
34María respondeulle ó anxo: 
 
-¿E como pode ser isto, pois eu son virxe? 
 
35O anxo replicoulle: 
 
-O Espírito Santo baixará sobre ti e o poder do Altísimo cubrirate coa súa sombra; por 
iso o que vai nacer de ti será santo e chamarase Fillo de Deus. 36Aí te-la túa curmá 
Isabel, que concebiu un fillo na súa vellez, e xa está de seis meses a que chamaban 
estéril, 37que para Deus non hai imposibles. 
 
38María contestou: 
 
 -Velaquí a escrava do Señor: cúmprase en min o que dixeches. 
 
E o anxo marchou de onda ela. 
 
 
 
 
 
5. Lc 1, 39-47 
 
 Ditosa a que creu 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
Saíu María con moita présa camiño da montaña, a unha vila de Xudá. 40Entrou na casa 
de Zacarías e saudou a Isabel. 41E en oíndo Isabel o saúdo de María, o neno brincoulle 
no ventre. Entón, chea do Espírito Santo, 42exclamou Isabel, a grandes voces: 
 
-Bendita ti entre as mulleres e bendito o froito do teu ventre. 43¿Quen son eu para que 
me visite a nai do meu Señor? 44Pois ó que chegou o teu saúdo ós meus oídos, brincou 
de alegría a criatura no meu ventre. 45¡Ditosa ti que criches que se cumpriría canto che 
anunciaron de parte do Señor! 
 
46Entón María exclamou: 
 
A miña alma proclama a grandeza do Señor, 
 
47e alégrase o meu espírito en Deus, o meu Salvador, 
 
 
 
 
 
6. Lc 2, 1-14 
 
 Pariu o seu fillo primoxénito 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
2 1Saíu un decreto do emperador Augusto, ordenando o empadroamento de todo o 
mundo. 2Foi o primeiro censo que se fixo; por entón era Quirino gobernador de Siria. 
3E todos, en cadansúa cidade, fóronse empadroar. 
 
4Tamén subiu Xosé desde Galilea, da vila de Nazaret, ata Xudea, á vila de David 
chamada Belén, pois pertencía á casa e familia de David, 5para empadroarse con María, 
a súa muller, que estaba embarazada. 6E resultou que, estando alí, chegoulle o tempo do 
parto, 7e deu á luz o seu fillo primoxénito. Envolveuno nuns capizos e deitouno nunha 
manxadoira, na corte das bestas, porque dentro da pousada non había lugar para eles. 
 
8Había naquela comarca uns pastores que pasaban a noite ó descuberto vixiando o seu 
rabaño. 9Presentóuselles un anxo do Señor, e a gloria do Señor rodeounos co seu 
resplandor. Eles levaron un gran susto. 10Pero o anxo díxolles: 
 
-Non vos asustedes, que vos veño anunciar unha boa nova: vai haber unha gran alegría 
para todo o pobo. 11Hoxe na vila de David naceuvos un Salvador, o Mesías, Señor. 
12Este é o sinal: atoparedes unha criatura emburullada e deitada nunha manxadoira, 
nunha corte. 
 
 13E, de súpeto, arredor do anxo apareceu unha multitude do exército celestial, que 
louvaba a Deus dicindo: 
 
14¡Gloria a Deus no ceo 
 
e na terra paz ós homes 
 
que gozan do seu amor! 
 
 
 
 
 
7. Lc 2, 15b-19 
 
 Conservaba todas estas palabras meditándoas no seu corazón 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
Comentaban os pastores entre eles: 
 
 -Vaiamos a Belén ve-lo que sucedeu e que o Señor nos manifestou. 
 
16Foron a correr e atoparon a María e mais a Xosé, e á criatura deitada na manxadoira. 
17O que o viron, contaron todo o que lles dixeran do meniño, 18deixando pasmados a 
cantos escoitaban o que tal dicían os pastores. 19María, pola súa parte, conservaba todas 
estas cousas no seu corazón. 
 
 
 
 
 
8. Lc 2, 27-35 
 
 Unha espada atravesará a túa alma 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
 27Movido Simeón polo Espírito, foi ó templo, e, cando entraban os pais do neno Xesús 
para cumpriren o mandado pola Lei do Señor, 28el, colléndoo nos brazos, louvou a 
Deus dicindo: 
 
29Agora podes, Señor, segundo a túa promesa 
 
despedir en paz ó teu servo, 
 
30porque xa os meus ollos viron o teu Salvador, 
 
31o que preparaches para tódolos pobos: 
 
32luz de revelación para os xentís 
 
e gloria do teu pobo Israel. 
 
 33O pai e maila nai do neno ficaron abraiados polo que tal dicía do neno. 34Bendíxoos 
Simeón e díxolle a María, a nai: 
 
-Mira, este está disposto para caída ou soerguemento de moitos en Israel, para ser 
bandeira de discusión; 35e a ti mesma unha espada hache atravesa-la alma: así ficarán 
descubertas as cavilacións de moitos corazóns. 
 
 
 
 
 
9. Lc 2, 41-52 
 
 Teu pai e mais eu buscabámoste con dolor 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
41Polas festas da Pascua os pais ían tódolos anos a Xerusalén. 42E así, cando o neno 
tivo doce anos, subiron á festa, conforme a tradición. 43Pasados aqueles días, cando 
eles voltaban, o neno Xesús quedou en Xerusalén, sen que os seus pais se decatasen. 
44Coidando que iría na comitiva, fixeron unha xornada de camiño; entón buscárono 
entre os parentes e coñecidos. 45Pero como non deron con el, volveron a Xerusalén para 
buscalo. 46E resulta que, ó cabo de tres días, atopárono no templo, sentado no medio 
dos doutores e dialogando con eles. 47Tódolos que o escoitaban estaban asombrados do 
seu talento e das súas contestacións. 48O velo, ficaron moi impresionados, e a súa nai 
preguntoulle: 
 
 -¡Meu fillo! ¿Como te portaches así connosco? Mira que o teu pai e mais eu andamos 
cheos de angustia en busca túa. 
 
49El respondeu: 
 
 -¿E logo por que me buscades? ¿Seica non sabiades que eu teño que estar na casa de 
meu Pai? 
 
50Pero eles non entenderon a resposta. 51Baixou con eles a Nazaret, e vivía baixo a súa 
autoridade. A nai conservaba todas estas cousas no seu corazón. 
 
 52Xesús medraba en estatura, en sabiduría e en gracia diante de Deus e mais dos 
homes. 
 
 
 
 
 
10. Lc 11, 27-28 
 
 Ditoso o ventre que te levou 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
27Mentras Xesús falaba, unha muller de entre a xente exclamou en voz alta: 
 
-¡Ditoso o ventre que te levou e os peitos que te criaron! 
 
28Pero el replicoulle: 
 
 -Ditosos máis ben os que escoitan a Palabra de Deus e a gardan. 
 
 
 
 
 
11 . Xn 2, 1 - 11 
 
 Estaba alí a nai de Xesús 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN 
 
 
 
Houbo un casamento en Caná de Galilea, e estaba alí a nai de Xesús. 2Tamén foi 
convidado Xesús e mailos seus discípulos ó casamento. 3Chegou a falta-lo viño e a nai 
de Xesús díxolle: 
 
-Non che teñen viño. 
 
4Replicoulle Xesús: 
 
 -Muller ¿que ten que ver iso comigo e contigo? Aínda non chegou a miña hora. 
 
5Súa nai díxolles entón ós servidores: 
 
-Facede o que el vos diga. 
 
6Había alí seis tinas de pedra para as purificacións dos xudeus, que levaban ó pé de cen 
litros cada unha. 7E ordenoulles Xesús: 
 
-Enchede de auga as tinas. 
 
Eles enchéronas de todo. 
 
8Díxolles entón: 
 
-Collede agora e levádelle a proba ó mestresala. 
 
Eles levárona. 9E, cando o mestresala probou a auga volta viño, sen saber de onda viña 
(os servidores si que o sabían, que eles colleran a auga) falou co noivo 10e díxolle: 
 
-Todo o mundo pon de primeiras o viño bo e, cando xa están bébedos, o máis cativo; ti, 
en troques, deixáche-lo viño bo para agora. 
 
11Foi así como fixo Xesús o primeiro dos signos en Caná de Galilea; manifestou a súa 
gloria, e creron nel os seus discípulos. 
 
 
 
 
 
12. 
 
Xn 19, 25-27 
 
 Velaí o teu fillo. Velaí a túa nai 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN 
 
 
 
25Ó pé da cruz de Xesús estaban súa nai e a irmá de súa nai, María a de Cleofás, e mais 
María a Magdalena. 26Xesús, vendo a súa nai e, onda ela, o discípulo a quen amaba, 
díxolle á nai: 
 
-Muller, velaí o teu fillo. 
 
27Despois díxolle ó discípulo: 
 
-Velaí a túa nai. 
 
Desde aquela hora o discípulo acolleuna con el.