Cristo Sumo e Eterno Sacerdote
PRIMEIRA Is 52, 13 - 53, 12:
El foi ferido por causa das nosas iniquidades
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS
13Velaí: o Excelso, o Sublime, o Altísimo daralle éxito ó seu servo.
14A grande multitude quedará abraiada ante el,
pois o seu aspecto non parecía o dun home,
a súa figura non parecía a dun fillo de Adam.
15Pero agora fará conmover a pobos numerosos:
por causa del os reis pecharán a súa boca,
porque contemplarán o que nunca se lles contou, e comprenderán o que nunca
escoitaron.
53 1¿Quen creu o que lle dixemos?
¿A quen se lle revelou o brazo do Señor?
2El subiu coma tenro gromo na súa presencia,
coma raíz en terra reseca.
Non tiña beleza nin esplendor;
vímolo, e o seu aspecto non era atraente.
3Desprezado, o máis rexeitado dos homes,
varón de sufrimentos, familiarizado coa dor.
Coma alguén de quen se esconde a cara,
desprezado, non lle tivemos aprezo.
4El cargou coas nosas dores,
el soportou os nosos sufrimentos.
Nós considerámolo ferido,
castigado por Deus e aflixido.
5Pero foi ferido por causa das nosas rebeldías,
foi esmagado polas nosas iniquidades.
O castigo que nos trouxo a paz caeu sobre el,
a súa ferida foi a nosa curación.
6Todos nós coma rabaño andabamos perdidos,
cada un polo seu camiño.
Pero o Señor puxo nel a iniquidade de todos nós.
7Foi oprimido, foi aflixido;
pero el non abriu a súa boca.
Foi levado como unha res á matanza,
e, coma ovella muda ante o tosquiador,
non abriu a súa boca.
8Foi levado cun xuízo perverso,
ninguén se preocupou da súa vida.
El foi arrincado do mundo dos vivos,
para o noso ben foi ferido pola rebeldía do seu pobo.
9Puxeron a súa sepultura entre os malvados,
e a súa tumba entre os ricos,
aínda que non cometeu violencia,
nin houbo fraude na súa boca.
10O Señor quixo esmagalo co seu sufrimento:
"Si, entrega a túa vida en expiación polo pecado".
Pero el verá descendencia, alongará os seus días
e por medio del cumprirase a salvación do Señor.
11Polos traballos da súa vida verá a luz,
alcanzará a sabedoría.
O Xusto volverá xusto ó seu servo
para o ben de moitos
e as iniquidades destes el soportará.
12Por isto repartirei con el xunto cos grandes,
e cos poderosos terá parte no botín,
porque entregou a súa vida á morte
e foi contado cos malvados.
Si, el foi o que cargou co pecado de moitos
e fai a intercesión polos malvados.
Ou Heb 10, 12-23
Cunha única ofrenda deixou para sempre perfectos ós que El santifica
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS
Cristo, logo que ofreceu un único sacrificio polos pecados, sentou para sempre á
dereita de Deus 13e, deste xeito, non lle queda máis que agardar a que ''Deus faga dos
seus inimigos un estrado para os seus pés''. 14Cunha única ofrenda deixou para
sempre perfectos ós que El santifica.
15Isto mesmo nos testifica o Espírito Santo, xa despois de ter dito: 16''Esta é a alianza
que pactarei con eles cando cheguen aqueles días, di o Señor: cando dea as miñas
Leis, héillelas de escribir nos seus corazóns e nas súas mentes'', 17e engade: xa non
me lembrarei máis dos seus pecados e dos seus delitos. 18Ora, se hai perdón dos
pecados, xa non pode haber sacrificios polos pecados.
19Pois logo, irmáns, xa que temos entrada libre no santuario, debido ó sangue de
Xesús, 20un vieiro novo e vivente que El nos abriu a través da cortina, isto é, a través
da súa carne, 21e, xa que temos un gran sacerdote á fronte da casa de Deus,
22manteñámonos con criterios sans na súa presencia con plenitude de fe. Xa que
estamos limpos por dentro de toda consciencia de pecado e xa que estamos lavados
por fóra con auga limpa, 23manteñámo-la esperanza indefectible que profesamos, pois
quen prometeu é fiel.
SALMO RESPONSORIAL. Sal 39, 6ab. 9bc. 10. 11ab
R/ (8a. 9a): Aquí veño, Señor, facela túa vontade
6Grandes cousas fas, Señor, meu Deus;
nos teus proxectos sobre nós ninguén se che semella.
Face-la túa vontade, meu Deus, é o que eu quero;
a túa lei está no fondo de min mesmo.
10Proclamo a túa salvación na asemblea
non pecho os meus labios: ben o sabes, Señor.
11Non escondo no peito a túa xustiza
anuncio a túa fidelidade e o teu auxilio.
ALELUIA Is 42, 1:
Velaí o meu servo a quen teño collido da man;
velaí o meu escollido no que eu me comprazo.
Teño posto sobre el o meu espírito:
dictaralles sentencia xusta ás nacións
EVANXEO Lc 22, 14-20
Facede isto en memoria de min
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
14Cando chegou a hora, púxose Xesús á mesa cos seus apóstolos. 15Díxolles:
-¡Moito levo desexado comer esta Pascua convosco antes de eu padecer! 16Porque
vos digo que xa non a volverei comer ata que chegue o seu cumprimento no Reino de
Deus.
17E collendo unha copa, deu gracias e dixo:
-Tomade e repartídea entre vós, 18pois asegúrovos que non volverei a beber do
producto da viña ata que chegue o Reino de Deus.
19E collendo pan, deu gracias, partiuno e déullelo, dicindo:
-Este é o meu corpo, que se entrega por vós; facede isto en memoria de min.
20E despois de cear, fixo o mesmo coa copa, dicindo:
-Esta copa é a Nova Alianza, selada co meu sangue, que s