PRIMEIRA Feit 1, 12-14
Perseveraban na oración, con María, a nai de Xesús
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
[Despois de que Xesús ascendeu ós ceos], 12 volveron os apóstolos para Xerusalén desde o chamado Monte das Oliveiras, que está cerca de Xerusalén: distante o camiño que se pode facer en sábado. 13Logo que chegaron, subiron ó cuarto de arriba, onde residían Pedro, Xoán, Santiago, Andrés, Felipe, Tomé, Bartolomeo, Mateo, Santiago o de Alfeo, Simón o Zelota e Xudas o de Santiago. 14E todos eles dedicábanse conxuntamente á oración, con algunhas mulleres e mais María a nai de Xesús e cos seus irmáns.
SAL. RESP. Lc 1, 46-47. 48-49. 50-51. 52-53. 54-55
R/ (49) Fixo obras grandes en min o Poderoso; o seu nome é santo
Ou: Ditosa ti, Virxe María, que levaches no teu ventre ó Fillo do eterno Pai
46Entón María exclamou:
A miña alma proclama a grandeza do Señor,
47e alégrase o meu espírito en Deus, o meu Salvador,
48porque reparou na súa humilde escraviña.
Velaí: desde agora
tódalas xeracións me van felicitar.
49¡Marabillas o Poderoso fixo en min!
O seu nome é Santo;
50a súa misericordia chega xeración tras xeración
a tódolos que o temen.
51Manifesta o poder do seu brazo,
desbaratando os plans dos soberbios.
52Derruba do seu trono ós poderosos,
e fai subir ós humildes;
53ós famentos éncheos de bens,
e ós ricos despídeos baleiros.
54Ampara a Israel, o seu Servidor,
lembrándose da súa misericordia,
55conforme prometera a nosos pais,
en favor de Abraham e da súa descendencia para sempre.
ALELUIA cf Lc 1, 28
Alégrate, María, chea de gracia, o Señor está contigo,
bendita ti entre as mulleres
EVANXEO Lc 1, 26-38
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
26Ós seis meses, Deus mandou o anxo Gabriel a unha vila chamada Nazaret, 27onda
unha mociña prometida a un home da casa de David, que se chamaba Xosé; o nome da
mociña era María.
28Entrando onde estaba ela, díxolle:
-Alégrate, chea de gracia, o Señor está contigo.
29Ela turbouse con estas palabras, cavilando no que podería significa-lo saúdo aquel.
30O anxo continuou:
-Non teñas medo, María, porque ti atopaches gracia ante Deus; 31e, fíxate, vas concebir
no teu ventre e darás á luz un fillo, ó que lle poñerás de nome Xesús. 32Será grande e
chamarase Fillo do Altísimo, e o Señor Deus daralle o trono de David, seu pai;
33reinará por sempre na casa de Xacob, e o seu reinado non terá fin.
34María respondeulle ó anxo:
-¿E como pode ser isto, pois eu son virxe?
35O anxo replicoulle:
-O Espírito Santo baixará sobre ti e o poder do Altísimo cubrirate coa súa sombra; por
iso o que vai nacer de ti será santo e chamarase Fillo de Deus. 36Aí te-la túa curmá
Isabel, que concebiu un fillo na súa vellez, e xa está de seis meses a que chamaban
estéril, 37que para Deus non hai imposibles.
38María contestou:
-Velaquí a escrava do Señor: cúmprase en min o que dixeches.
E o anxo marchou de onda ela.