Domingo IX

 
 

PRIMEIRA 1 Re 8, 41-43

Cando chegue un etranxeiro, escoitaralo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DOS REIS

 

Salomon orou no templo, dicindo:

41Tamén o estranxeiro, que non é do teu pobo Israel, pero que veu de terras de lonxe por

razón do teu nome, 42-pois haberá moito que falar e oír sobre a grandeza do teu nome,

sobre o poder da túa man o sobre a largueza do teu brazo-, cando ese estranxeiro veña

rezarche a este templo, 43escoita ti desde o ceo, lugar da túa morada, e fai o que o

estranxeiro che pida, para que tódolos pobos do mundo coñezan o teu nome, te teman

coma o teu pobo Israel, e saiban que o teu nome é invocado neste templo que eu che

construín.

 

 

 

 SALMO RESP. Sal 116, 1. 2

R/ (Mc 16, 15): Ide a todo o mundo e predicade o Evanxeo

Ou: Aleluia

 

1Louvade o Señor tódalas xentes,

aclamádeo tódolos pobos.

 

 2O seu amor connosco é firme,

a súa fidelidade dura sempre.

 

 

 

SEGUNDA Gal 1, 1-2. 6-10

Se a estas alturas aínda estivese procurando compracer ós homes, non sería un servo de 

Cristo.

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS GÁLATAS

 

 1 1Paulo, nomeado apóstolo non por homes nin por encomenda humana, senón por

encomenda de Xesús Cristo e de Deus Pai, que o resucitou de entre os mortos, 2e mailos

irmáns todos que están comigo, ás igrexas de Galacia:

 

6Chámame moito a atención que así, tan correndiño, desertedes de quen chamou por vós á

gracia de Cristo, para vos facerdes doutro evanxeo. 7¡Non hai esoutro evanxeo! O que hai

e que algúns vos andan a quenta-la cabeza coa idea de lle dar outro xeito ó Evanxeo de

Cristo. 8Pois mirade: ¡Malia quen vos predique un evanxeo para engadir ó que vos temos

predicado, anque fosemos nós mesmos ou un anxo baixado do ceo! 9E volvo dici-lo

mesmo que vos dixen: a quen vos vaia cun evanxeo para engadir ó que recibistes, ¡botádeo

fóra!

 

10¡Que! ¿Intento eu agora quedar ben cos homes ou con Deus? ¿Ou é que loito por

compracer ós homes? Se a estas alturas aínda estivese procurando compracer ós homes,

non sería un servo de Cristo.

 

 

 

ALELUIA Xn 3, 16:

Tanto amou Deus o mundo

que lle entregou o seu Fillo Unixénito;

quen cre nel, ten vida eterna

 

 

 

EVANXEO Lc 7, 1-10

Nin en Isarel atopei tanta fe

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

7 1Cando Xesús lle acabou de falar á xente, entrou en Cafarnaúm. 2Había un centurión que

tiña un criado enfermo, a quen estimaba moito e que estaba á morte. 3Como tiña oído falar

de Xesús, mandou onda el uns anciáns dos xudeus, para lle rogaren que fose salva-lo

criado. 4Eles, presentáronse a Xesús e suplicábanlle encarecidamente:

-Merece que lle fagas isto, 5pois ama o noso pobo, e el mesmo nos construíu a sinagoga.

 

6Xesús foi con eles; mais cando xa estaba preto da casa o centurión mandou uns amigos a

dicirlle:

-Señor, non te molestes, pois non son digno de que entres baixo o meu teito; 7por iso

coidei que non era digno de ir ó teu encontro. Abonda cunha palabra túa, e o meu criado

quedará curado. 8Pois eu, anque son un subordinado, tamén teño homes baixo as miñas

ordes, e dígolle a este "vai", e vai; a aqueloutro "ven", e vén; e ó meu criado "fai isto", e

faino.

 

9Oíndo aquilo, Xesús ficou abraiado, e virándose díxolle á xente que o seguía:

-Asegúrovos que nin en Israel atopei tanta fe.

 

10E, ó voltaren á casa, os mandados atoparon san o criado.