Texto 2

 

A XENTE QUE ME GUSTA

 

Gústame a xente que vibra,
que non hai que empuxala,
que non hai que dicirlle que faga as cousas,
senón que sabe o que hai que facer e faino.

 Gústame a xente con capacidade para medir
as consecuencias das súas accións,
a xente que non deixa as solucións ao azar.

Gústame a xente xusta coa súa xente e consigo mesma,
pero que non perde de vista que somos humanos
e nos podemos equivocar.

 

Gústame a xente que pensa que
o traballo en equipo entre amigos,
produce máis que os caoticos esforzos individuais.

Gústame a xente que sabe a importancia da alegría.
Gústame a xente sincera e franca,
capaz de oporse con argumentos
serenos e razoables
ás decisións dun xefe.

Gústame a xente de criterio,
a que non traga todo enteiro,                                

a que non se avergonza de recoñecer

que non sabe algo ou que se equivocou.

 

Gústame a xente que,

ao aceptar os seus erros,
se esforza xenuinamente por non volver cometelos.
Gústame a xente capaz de criticarme construtivamente
e de fronte, a estes chámolles os meus amigos.

 

Gústame a xente fiel e persistente,
que non desfallece cando se trata

de alcanzar obxectivos e ideas.

Con xente como esa,
comprométome ao que sexa,
xa que con ter esa xente ao meu lado
doume por ben retribuído.

 

                                                                 (Mario Benedetti)