Oracións litúrxicas a María Virxe
Oracións litúrxicas a María Virxe
1. Concede, Señor, ao teu pobo perseveranza e firmeza na fe, e a cuantos confesan que o teu Fillo, Deus de gloria eterna como ti, naceu de Nai Virxe cun corpo como o noso, líbraos dos males desta vida e axúdalles a alcanzar as alegrías eternas.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
2. Concede, Señor, aos teus fillos o don da túa graza, para que, cuantos recibimos as primicias da salvación pola maternidade da Virxe María, consigamos aumento de paz ao celebrar tan gran misterio.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
3. Concédenos, Señor, por intercesión da Virxe María, facernos dignos de participar, como ela, da plenitude da túa graza.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
4. Confirma, Señor, en nós, a verdadeira fe, para que cuantos confesamos ao Fillo da Virxe, como Deus e como home verdadeiro, podamos chegar ás alegrías do reino polo poder da súa santa resurrección.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
5. Derrama, Señor, a túa graza sobre nós, que, polo anuncio do anxo, coñecemos a encarnación do teu Fillo, para que cheguemos, pola súa paixón e a súa cruz, á gloria da resurrección.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
6. Deus, creador e restaurador do home, que quixeches que o teu Fillo, Palabra eterna, se encarnase no seo de María, sempre Virxe, escoita as nosas súplicas, e que Cristo, o teu Unixénito, feito home por nós, se digne facernos partícipes da súa condición divina.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
7. Deus de misericordia, fortalece a nosa débil condición e, ao lembrar á Nai do teu Fillo, concédenos, pola súa intercesión, vernos libres de todas as nosas culpas.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
8. Deus de misericordia, remedia co amparo do ceo o noso desvalimiento, para que, cuantos celebramos a memoria da inmaculada Virxe María, Nai de Deus, podamos, pola súa intercesión, vernos libres dos nosos pecados.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
9. Deus todopoderoso, concede aos fieis, que se alegran baixo a protección da Virxe María, verse libres, pola súa intercesión, de todos os males deste mundo e alcanzar as alegrías do ceo.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
10. Deus todopoderoso, confírmanos na fe dos misterios que celebramos, e, pois confesamos ao teu Fillo Xesucristo, nacido da Virxe, Deus e home verdadeiro, rogámosche que pola forza salvadora da súa resurrección merezamos chegar ás alegrías eternas.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
11. Deus todopoderoso, que derramaches o Espírito Santo sobre os apóstolos, reunidos en oración con María, a Nai de Xesús, concédenos, por intercesión da Virxe, entregarnos fielmente ao teu servizo e proclamar a gloria do teu nome con testemuño de palabra e de vida.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
12. Deus todopoderoso, que nos deches como Nai e como Reina á Nai do teu Unixénito, concédenos que, protexidos pola súa intercesión alcancemos a gloria dos teus fillos no reino dos ceos.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
13. Deus todopoderoso, que pola maternidade virxinal de María entregaches aos homes os bens da salvación, concédenos experimentar a intercesión materna da que nos deu ao teu Fillo Xesucristo, o autor da vida.
El, que vive e reina por sempre eternamente. Amén.
14. Deus todopoderoso, que, segundo o anunciaches polo anxo, quixeches que o teu Fillo se encarnase no seo de María, a Virxe, escoita as nosas súplicas e fai que sintamos a protección de María os que a proclamamos verdadeira Nai de Deus.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
15. Deus todopoderoso, Ti que inspiraches á Virxe María, cando levaba no seu seo ao teu Fillo, o desexo de visitar á súa curmá Sabela, concédenos, rogámosche, que, dóciles ao sopro do Espírito, podamos, con María, cantar as túas marabillas durante toda a nosa vida.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
16. Deus todopoderoso e eterno, pedímosche que o teu Fillo, que se encarnou nas entrañas da Virxe María e quixo vivir entre nós, nos faga partícipes da abundancia da súa misericordia.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
17. Deus todopoderoso e eterno, que na gloriosa Nai do teu Fillo concediches un amparo celestial a cantos a invocan, concédenos, pola súa intercesión, fortaleza na fe, seguridade na esperanza e constancia no amor.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
18. Deus e Pai do noso salvador Xesucristo, que en María, Virxe santa e nai diligente, nos deches a imaxe da Igrexa; envía o teu Espírito en axuda da nosa debilidade, para que perseverando na fe crezamos no amor e avancemos xuntos ata a meta da bienaventurada esperanza.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
19. Deus e Señor noso, que no parto da Virxe María quixeches revelar ao mundo enteiro o esplendor da túa gloria, asístenos coa túa graza, para que proclamemos con fe íntegra e celebremos con piedade sincera o misterio admirable da encarnación do teu Fillo.
El, que vive e reina por sempre eternamente. Amén.
20. Deus e Señor noso, que pola maternidade virxinal de María entregaches aos homes os bens da salvación, concédenos experimentar a intercesión daquela de quen recibimos ao teu Fillo Xesucristo, o autor da vida.
El, que vive e reina por sempre eternamente. Amén.
21. Oh Deus, cuxo Fillo ao expirar na cruz quixo que a súa nai, a Virxe María, fose en diante a nosa Nai, concédenos a quen recorremos á súa protección ser confortados pola invocación do seu santo nome.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
22. Oh Deus, Pai de misericordia, cuxo Fillo, cravado na cruz, proclamou como Nai nosa a santa María Virxe, Nai súa, concédenos, pola súa mediación amorosa, que a túa Igrexa, cada día máis fecunda, énchase de gozo pola santidade dos seus fillos, e atraia ao seu seo a todas as familias dos pobos.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
23. Oh Deus, que na túa providencia admirable has querido asociar á Virxe María ao misterio da nosa salvación, fai que, fieis ao seu consello, poñamos en práctica todo o que Cristo nos ensinou no Evanxeo.
El, que vive e reina por sempre eternamente. Amén.
24. Oh Deus, que pola concepción inmaculada da Virxe María preparaches ao teu Fillo unha digna morada, e en previsión da morte do teu Fillo preserváchela de todo pecado, concédenos, pola súa intercesión, chegar a ti limpos de todas as nosas culpas.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
25. Oh Deus, que pola resurrección do teu Fillo, o noso Señor Xesucristo, enchiches o mundo de alegría, concédenos, por intercesión da súa Nai, a Virxe María, chegar a alcanzar os gozos eternos.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
26. Oh Deus, ti que preparaches no Corazón da Virxe María unha digna morada ao Espírito Santo, fai que nós, por intercesión da Virxe, cheguemos a ser templos dignos da túa gloria.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
27. Perdoa, Señor, os pecados dos teus fillos e, xa que as nosas obras non poden compracerche, concédenos a salvación por medio da Nai do teu Fillo, o noso Señor Xesucristo.
El, que vive e reina por sempre eternamente. Amén.
28. Porque te compraciches, Señor, na humildade da túa serva, a Virxe María, quixeches elevala á dignidade de Nai do teu Fillo e coroáchela de gloria e esplendor; pola súa intercesión, pedímosche que, a cuantos salvaches polo misterio da redención, nos concedas tamén o premio da túa gloria.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
29. Que se alegre a túa Igrexa, Señor, e se goce no Nacemento da Virxe María, que foi para o mundo esperanza e aurora de salvación.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
30. Señor, ti quixeches que a Nai compartise as dores do teu Fillo ao pé da cruz; fai que a Igrexa, asociándose con María á paixón de Cristo, mereza participar da súa resurrección.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
31. Señor, ti quixeches que a Palabra se encarnase no seo da Virxe María; concédenos, na túa bondade, que cuantos confesamos ao noso Redentor, como Deus e como home verdadeiro, cheguemos a facernos semellantes a el na súa natureza divina.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
32. Señor e Deus noso, a cuxo designio se someteu a Virxe Inmaculada aceptando, ao anunciarllo o anxo, encarnar no seu seo ao teu Fillo: Ti que a transformaches, por obra do Espírito Santo, en templo da túa divindade, concédenos, seguindo o seu exemplo, a graza de aceptar os teus designios con humildade de corazón.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
33. Pedímosche, Señor, que, ao lembrar as dores da Virxe María, completemos en nós, en favor da Igrexa, o que falta á paixón de Xesucristo.
El, que vive e reina por sempre eternamente. Amén.
34. Pedímosche, Señor, que nós, os teus servos, gocemos sempre de saúde de alma e corpo; e pola intercesión de santa María, a Virxe, líbranos das tristezas deste mundo e concédenos as alegrías do ceo.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
35. Pedímosche, Señor, que a túa Igrexa, pola mediación maternal da Virxe, anuncie a tódalas xentes o Evanxeo e encha o mundo enteiro da efusión do teu Espírito.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
36. Rogámosche, Señor, que veña na nosa axuda a intercesión poderosa da Virxe María, para que nos vexamos libres de todo perigo e podamos vivir na túa paz.
Por Xesucristo, o noso Señor. Amén.