Pregarias eucarísticas

 

PREGARIA EUCARÍSTICA  I

 

 

A ti, pois, Pai de bondade infinita, pedímosche humildemente por Xesucristo, teu Fillo e Señor noso, que acollas e bendigas estes + dons, estas ofrendas, este santo sacrificio.

 

Ofrecémoschos en primeiro lugar pola túa Igrexa santa e católica: dálle paz e unidade, protéxea e diríxea en todo o mundo. Ofrecémoschos tamén polo teu servidor o noso Papa N., noso Bispo N., e con tódolos que profesan e promoven a verdadeira fe católica e apostólica.

 

Acórdate, Señor, dos teus fillos N. e N.

Acórdate tamén de tódolos presentes: ti coñeces ben a súa fe e devoción.

Ofrecémosche por eles este sacrificio de loanza, e tamén eles cho ofrecen por si e por tódolos seus,

para a redención das súas almas e para a felicidade e salvación que esperan.

 

A ti, Deus eterno, vivo e verdadeiro, presentámosche as súas ofrendas e oracións.

En comuñón con toda a Igrexa, recordamos e veneramos: en primeiro lugar, a gloriosa sempre Virxe María, Nai de Xesucristo, noso Señor e Deus.

 

E tamén do seu esposo san Xosé, os teus santos apóstolos e mártires: Pedro e Paulo, Andrés, (Santiago e Xoán, Filipe e Bartolomeu, Mateu, Simón e Tadeu; Lino Cleto, Clemente, Sixto, Cornelio, Cibrán, Lourenzo, Crisógono, Xoán e Paulo, Cosme  e Damián) e todos os santos. Polos seus méritos e pregarias concédenos sempre a túa axuda e protección. Por Cristo, noso Señor. Amén)

 

Acolle, Señor, esta ofrenda dos teus ministros e de toda a túa familia.

Dispón os nosos días na túa paz, líbranos da condenación eterna e cóntanos entre os teus elixidos. (Por Cristo, noso Señor. Amén)

 

Bendice e acepta, Pai, esta ofrenda, faina perfecta e digna de ti, para que se nos converta no Corpo e no Sangue do teu Pillo benquerido, Xesucristo, noso Señor.

 

El, na noite antes da súa paixón, colleu o pan nas súas santas e venerables mans, ergueu os ollos ao ceo, cara a ti, Deus, o seu Pai todopoderoso, deuche grazas, rezou a bendición, partiuno e déullelo aos seus discípulos, mentres dicía:

 

TOMADE E COMEDE TODOS DEL, POIS ISTO É O MEU CORPO

QUE SE VAI ENTREGAR POR VÓS.

 

De igual modo, ao final da cea, tomou tamén este cáliz glorioso nas súas santas e venerables mans,

deuche grazas de novo, rezou a bendición, e pasóullelo aos seus discípulos, mentres dicía:

 

TOMADE E BEBEDE TODOS DEL, POIS ESTE É O CÁLIZ DO MEU SANGUE,

SANGUE DA ALIANZA NOVA E ETERNA,

QUE SE VAI VERTER POR VÓS E POR TODOS OS HOMES,

PARA O PERDÓN DOS PECADOS.  FACEDE ISTO EN MEMORIA DE MIN.

 

Sacerdote: Velaquí o misterio da nos fe

Pobo: Anunciamos a túa morte, proclamamos a túa resurrección: Ven, Señor Xesús!

 

Ou:

Sacerdote: Proclamade o misterio da nosa relixión.

Pobo:  Cada vez que comemos deste pan e bebemos deste cáliz, anunciamos a túa morte, Señor, esperando ata que volvas.

 

Ou:

Sacerdote: Cristo entregouse por nós.

Pobo: Sálvanos, Señor, Salvador do mundo, ti que nos liberaches pola túa morte e resurrección.

 

Por iso, Señor, nós os teus ministros, e o teu pobo santo, celebramos o memorial de Cristo, teu Fillo e Señor noso: recordamos a súa santa paixón, a súa resurrección da morte

 

 

Dos mesmos dons que nos deches ofrecémosche a ti, Deus de gloria e maxestade, o sacrificio puro, santo e inmaculado: o pan da vida eterna e o cáliz da salvación perpetua.

 

Mira con agrado esta ofrenda acéptaa con benevolencia, como aceptaches os presentes de Abel, o xusto, o sacrificio de Abrahán, o noso pai na fe, a oblación santa e pura que che ofreceu o teu sumo sacerdote Melquisedec.

 

Pedímosche humildemente, Deus todopoderoso, que o teu santo anxo leve esta ofrenda ao teu altar do ceo, á presenza da túa maxestade divina.

 

 Fai que cantos recibimos neste altar sacrosanto Corpo e Sangue do teu Fillo recibamos tamén a plenitude da túa graza e bendición.  (Por Cristo, noso Señor. Amén)

 

Acórdate, Señor, dos teus fillos e fillas N. e N., que viviron a fe antes ca nós que hoxe dormen o sono da paz.

 

A eles, Señor, e a cantos acougan en Cristo concédelles a felicidade, a luz e a paz.

 

E tamén a nós, que somos pecadores, pero que confiamos na túa infinita misericordia,
concédenos participar na comunidade dos santos apóstolos e mártires: Xoán Bautista, Estevo, Matías e Bernabeu,(Ignacio, Alexandre, Marcelino e Pedro, Felicidade e Perpetua, Ádega, Lucía, Inés, Cecía, Anastasia) e todos os teus santos.

 

Acóllenos na súa compaña, non polo peso dos nosos méritos, senón pola xenerosidade do teu perdón. Por Cristo, noso Señor.

 

Por El, con El e Nel, a ti, Deus Pai omnipotente, na unidade do Espírito Santo, todo honor e toda gloria, por sempre eternamente.

 

Amén. 

PREGARIA EUCARÍSTICA II

 

Esta Pregaria eucarística ten un PREFACIO propio que fai parte da súa estrutura. Pero pódense usar tamén outros prefacios, especialmente os que presentan en breve síntese o misterio da salvación.

 

V. O Señor sexa convosco.

R. E contigo tamén.

 

V. Erguede os corazóns.

R. Témolos postos no Señor.

 

V. Deámoslle grazas ao Señor, noso Deus.

R. E digno e de xustiza.

 

Verdadeiramente é digno e de xustiza, e o noso deber e salvación darche grazas sempre e en todo lugar, a ti, Pai santo, Deus todopoderoso e eterno, por Xesucristo, o teu Fillo benquerido.

 

El é a túa Palabra, por ela creaches todas las cousas. El é quen ti nos mandaches como Salvador e redentor noso. Por obra do Espírito Santo, fíxose home e naceu da Virxe María. Para cumprir a túa vontade e adquirir para ti un pobo santo, estendeu os brazos e morreu na cruz. Así destruíu o poder da morte e manifestou a vitoria da resurrección.

 

Por iso, cos anxos e os santos, proclamamos a túa gloria dicindo todos xuntos:

 

Santo, Santo, Santo es ti, Señor, Deus do universo. Enches o ceo e mais a terra coa túa gloria.

Hosanna no ceo! Bendito o que vén no nome do Señor. Hosanna no ceo!

 

Señor, verdadeiramente santo te de toda santidade. Manda o teu Espírito e por el santifica estes dons, para que se nos convertan no corpo e no + Sangue do noso Señor Xesucristo.

 

El, ao irse entregar voluntariamente á paixón, colleu o pan e deu grazas, partiuno e déullelo aos seus discípulos, mentres dicía:

 

TOMADE E COMEDE TODOS DEL, POIS ISTO É O MEU CORPO QUE SE VAI ENTREGAR POR VÓS

 

De igual modo, ao final da cea, tomou o cáliz, deu grazas e pasóullelo aos seus discípulos, mentres dicía:

 

TOMADE E BEBEDE TODOS DEL, POIS ESTE É O CÁLIZ DO MEU SANGUE,

O SANGUE DA ALIANZA NOVA E ETERNA, QUE SE VAI VERTER POR VÓS

E POR TODOS OS HOMES, PARA O PERDÓN DOS PECADOS.

FACEDE 1ST O EN MEMORIA DE MIN.

 

S.- Velaquí o misterio da nos fe.

 

T.- Anunciamos a túa morte, proclamamos a túa resurrección: Ven, Señor Xesús!

 

Ou:

T.- Cada vez que comemos deste pan e bebemos deste cáliz, anunciamos a túa morte, Señor, esperando ata que volvas.

 

Ou:

T.-  Sálvanos, Señor, Salvador do mundo, ti que nos liberaches pola túa morte e resurrección.

 

Celebrando agora, Señor, o memorial da morte e resurrección do teu Fillo, ofrecémosche o pan da vida e o cáliz da salvación.

 

Dámosche grazas, porque nos fixeches merecentes de estar na túa presenza e de servirte. Pedímosche humildemente que o Espírito Santo congregue na unide os que participamos no Corpo e no Sangue de Cristo. Lémbrate, Señor, da túa Igrexa estendida por toda a terra, faina perfecta no amor , xunto co noso Papa N., co noso Bispo N., e de todos os pastores do teu pobo.

 

Lémbrate tamén, Señor, dos nosos irmáns, que durmiron o sono da paz coa esperanza posta na resurrección, e de todos os que partiron deste mundo amparados na túa bondade:  acólleos a todos na luz da túa presenza.

 

Ten misericordia de todos nós e dános a graza de participar na vida eterna, con María, a Virxe Nai de Deus, cos santos apóstolos, e con todos os que nesta vida cumpriron a túa vontade: que poidamos loarte e darche gloria por mediación do teu Fillo Xesucristo.

 

Por El, con El e Nel, a ti, Deus Pai omnipotente, na unidade do Espírito Santo, todo honor e toda gloria, por sempre eternamente.

Amén.

 

PREGARIA EUCARÍSTICA III

 

Señor, noso Pai, ti es verdadeiramente santo e con razón che canta loanzas a creación enteira. Por mediación do teu Fillo, noso Señor Xesucristo, e coa forza do Espírito Santo, enches de vida e santificas todo o universo. Ti non deixas de recadar para ti un pobo que, dun cabo ao outro do mundo, presente no teu honor unha ofrenda pura.

 

Por iso pedímosche humildemente, que te dignes santificar coa forza do teu Espírito estas ofrendas que che consagramos. Fai que se convertan no Corpo e + no Sangue do teu Fillo, noso Señor Xesucristo, que nos mandou celebrar estes misterios.

 

El na noite en que foi entregado colleu o pan, e dándoche grazas, rezou a bendición, partiuno e déullelo ós seus discípulos, mentres dicía:

 

TOMADE E COMEDE TODOS DEL, POIS ISTO É O MEU CORPO

QUE SE VIA ENTREGAR POR VÓS.

 

Tomo logo o cáliz e, dándoche grazas, rezou a bendición, e pasóullelo aos seus discípulos, mentres dicía:

 

TOMADE E BEBEDE TODOS DEL, POI S ESTE É O CÁLIZ DO MEU SANGUE,

O SANGUE DA ALIANZA NOVA E ETERNA, QUE SE VAI VERTER POR VÓS

E POR TODOS OS HOMES, PARA O PERDÓN DOS PECADOS.

FACEDE ISTO EN MEMORIA DE MIN.

 

S. Velaquí o misterio da nosa fe.

 

T. Anunciamos a túa morte, proclamamos a túa resurrección: Ven, Señor Xesús!

 

Por iso, Señor, celebramos o memorial da paixón salvadora do teu Fillo, da súa resurrección gloriosa e da súa ascensión ao ceo, e agardamos tamén o seu advenimento glorioso. Por iso che ofrecemos, en acción de grazas, este sacrificio de vida e santidade.

 

Volve os teus ollos para esta ofrenda da túa Igrexa e recoñece a vítima coa que coa súa inmolación nos reconciliou contigo. Aliméntanos co Corpo e co Sangue do teu Fillo e dános a plenitude do seu Espírito Santo, para que formemos en Cristo un só corpo e un só espírito.

 

Que o mesmo Espírito Santo faga de nós para sempre un sacrificio agradable a ti, para que poidamos conseguir a herdanza eterna xunto cos teus escolleitos: coa Virxe María, a santa Nai de Deus, cos santos apóstolos e cos mártires gloriosos (con san N.: santo do día ou patrón) e con todos os santos.

 

Pola súa intercesión confiamos acadar sempre a túa axuda. Que esta vítima pola que fomos reconciliados contigo lle traia a todo o mundo a paz e a salvación.

 

Afirma na fe e no amor á túa Igrexa mentres peregrina pola terra: o teu servidor, o noso Papa N.,  e a todo o Colexio Episcopal, aso sacerdotes e diáconos e a todo o pobo que o teu Fillo redimiu.

 

Atende con amor as súplicas desta familia que hoxe acolliches na túa presenza, apiádate tamén dos fillos que tes dispersos polo mundo adiante: axúntaos a todos contigo.

 

Pai misericordioso, acórdate dos nosos irmáns defuntos e todos aqueles que deixaron este mundo amparados na túa graza. Acólleos con bondade no teu reino, onde tamén nós esperamos gozar con eles para sempre da túa eterna gloria.

Polo noso Señor Xesucristo, por quen lle concedes ao mundo todos os bens.

 

(Cando esta Pregaria eucarística se utiliza nas misas de defuntos, pódese dicir:

 

Acórdate do teu fillo (da túa filla) N., a quen (hoxe) chamaches deste mundo onda ti. Polo bautismo compartiu a morte de Xesucristo; fai que comparta tamén a gloria da súa resurrección, cando o Señor resucite da terra os mortos e transforme o noso corpo mortal nun corpo glorioso coma o del. Acórdate tamén dos nosos irmáns defuntos e de todos aqueles que deixaron este mundo amparados na túa graza.

 

Acólleos con bondade no teu reino, onde tamén nós esperamos gozar con eles para sempre da túa eterna gloria. Entón ti enxugarás as bágoas dos nosos ollos, e ó contemplarte, noso Deus, tal como es, seremos para sempre semellantes a ti e cantaremos eternamente a túa loanza. Polo noso Señor Xesucristo, por quen lle concedes ao mundo todos os bens.)

 

Por El, con El e Nel, a ti, Deus Pai omnipotente, na unidade do Espírito Santo, todo honor e toda gloria, por sempre eternamente.

T: Amén.

 

PREGARIA EUCARÍSTICA IV

 

 

Esta Pregaria eucarística forma un todo único co seu PREFACIO, que non se pode cambiar nunca. Consecuentemente, non se pode dicir esta Pregaria cando está mandado un prefacio propio.

Pódese dicir en todos os outros casos, pero sempre co seu prefacio, mesmo cando as rúbricas prescriben o prefacio do tempo.

 

V. O Señor sexa convosco.

R. E contigo tamén.

 

V. Erguede os corazóns.

R. Témolos postas no Señor.

 

V. Deámoslle grazas ao Señor, noso Deus.

R. É digno e de xustiza.

 

Verdadeiramente é digno darche grazas, Pai santo, verdadeiramente é de xustiza glorificarte. Porque ti es o único Deus vivo e verdadeiro. Ti existes desde sempre e vives para sempre. Ti moras nunha luz inalcanzable.

 

Deus único da bondade e fonte da vida, ti creaches todas as cousas para enchelas de bendicións e alegralas co esplendor da túa luz. Ante ti están os coros innumerables dos anxos que te serven noite e día, contemplan a gloria do teu rostro e te glorifican sen cesar.

 

Con eles tamén nós, e pola noso voz a creación enteira, aclamamos o teu nome, cantando con alegría:

Santo, Santo, Santo es ti, Señor, Deus do universo.

Enches o ceo e mais a terra coa túa gloria. Hosanna no ceo!

Bendito o que vén no nome do Señor. Hosanna no ceo!

 

Glorificámoste, Pai santo, porque ti es grande e porque fixeches tódalas cousas con sabedoría e amor. Ti creaches  o home á túa imaxe e confiácheslle o coidado do universo, para que te sirva a ti, seu Creador, e domine sobre todas as criaturas.

 

E cando, pola súa desobediencia, perdeu a túa amizade, non o abandonaches ao poder da morte. Na túa misericordia axudaches a todos para que te atopen os que te buscan. Unha e outra vez ofrecícheslles a túa alianza aos homes e por medio dos profetas ensinácheslles a esperar a salvación.

 

E tanto lle quixeches ao mundo, Pai santo, que cando se cumpriu a plenitude dos tempos mandáchesnos como Salvador o teu único Fillo. El fíxose home por obra do Espírito Santo, naceu da Virxe María e compartiu a nosa condición humana en todo, menos no pecado.

 

Anuncioulles a salvación aos pobres, a liberdade aos presos, e a alegría ós tristes. Para cumprir  teu plan salvador quixo morrer na cruz, e coa súa resurrección destruíu a morte e renovou a vida.

 

E para que non vivamos máis para nós mesmos, senón para el, que morreu e resucitou por nós, enviou, Pai, da túa parte, o Espírito Santo, como primeiro don para os crentes: o Espírito que completa a súa obra no mundo e nos leva á plenitude da graza.

 

Por iso agora che pedimos, Señor, que este mesmo Espírito santifique estas ofrendas. Que elas se convertan no Corpo e + no Sangue do noso Señor Xesucristo, e así celebremos este grande  Misterio que nos deixou como signo de alianza eterna.

 

Pois el, que amou sempre os seus que estaban no mundo, cando lle chegou a hora de ser glorificado

por ti, Pai santo, demostroulles que o seu amor non tiña límites. Cando ceaba con eles colleu o pan e rezou a bendición, partiuno e déullelo aos seus discípulos mentres dicía:

 

TOMADE E COMEDE TODOS DEL, POIS ISTO É O MEU CORPO

QUE SE VAI ENTREGAR POR VÓS.

 

De igual modo, tomou o cáliz con viño, deu grazas e pasóullelo aos seus discípulos, mentres dicía:

TOMADE E BEBEDE TODOS DEL, POIS ESTE É O CÁLIZ DO MEU SANGUE,

O SANGUE DA ALIANZA NOVA E ETERNA, QUE SE VAI VERTER POR VÓS

E POR TODOS OS HOMES, PARA O PERDÓN DOS PECADOS.

FACEDE ISTO EN MEMORIA DE MIN.

 

S. Velaquí o misterio da nosa fe.

T. Anunciamos a túa morte, proc1amamos a túa resurrección: Ven, Señor Xesús!

 

Por iso, Señor, celebramos agora o memorial da nosa redención. Lembramos a morte de Cristo e o seu descenso ao mundo dos mortos.

 

Proclamamos a súa resurrección e ascensión á túa dereita. E mentres esperamos a súa volta gloriosa,

ofrecémosche o seu Corpo e o seu Sangue, o sacrificio que che agrada a ti e que salva a todo o mundo.

 

Volve os teus ollos, Señor, para esta vítima que ti mesmo lle preparaches á túa Igrexa. Fai que o Espírito Santo congregue nun só corpo ós que imos participar do mesmo pan e do mesmo cáliz, a fin que en Cristo nos convertamos nunha ofrenda viva para loanza da túa gloria.

 

E agora, Señor, acórdate de todos aqueles polos que che ofrecemos este sacrificio: en primeiro lugar

do noso Papa N., do noso Bispo N. e de todo o Colexio Episcopal; acórdate dos sacerdotes e diáconos, dos que presentan as súas ofrendas, e de todos aquí reunidos, de todo o teu pobo e de cantos te buscan, con boa fe.

 

Acórdate tamén de tódolos defuntos: dos que morreron na paz de Cristo e dos que morreron cunha fe que tan só ti podías coñecer. E a todos nós, os teus fillos, concédenos, Pai bondadoso, que poidamos conseguir a herdanza do ceo, xunto coa Virxe María, a santa Nai de Deus, cos apóstolos e cos santos.

 

Alí, no teu reino, xuntamente con toda a creación, liberada xa do pecado e da morte, cantaremos a túa gloria. Polo noso Señor Xesucristo, por quen lle concedes ao mundo todos os bens.

 

Por El, con El e Nel, a ti, Deus Pai omnipotente, na unidade do Espírito Santo, todo honor e toda gloria, por sempre eternamente.

T: Amén.