Oracións en texto
ORACIÓNS ORIXINAIS DESTA PÁXINA WEB
ORACIÓN Á VIRXE MARÍA
Á Virxe María, quérolle pedir,
que coide este día dos que están aquí.
Á miña Naiciña, quérolle pedir
que garde á familia que prega por Ti.
ANXIÑO DO CEO
Anxiño do ceo que nos vés gardar,
garda a este/a neniño/a que che vén rezar
de bágoas, tristuras e malos temores
e dálle ledicia e tenros amores.
XESÚS MEU NENIÑO
Xesús, meu Neniño, Xesús, meu amor,
escoita a estes nenos no teu corazón.
Ós nenos cativos ós que fas sorrir.
ós nenos pequechos que saben de Ti.
BENDICIÓN DA MESA
Bendí Ti, bo Deus, o pan que nos dás.
Bendí esta comida e as nosas mans.
Bendí ós que teñen e ós que poden dar
e tamén ós pobres que non teñen pan.
ORACIÓNS CLÁSICAS
AO SANTO ANXO DA GARDA
Santo Anxo do Señor, meu celoso guardador,
se a ti me confiou a piedade divina,
sempre me rexe, me garda,
me goberna, me ilumina.
CATRO ESQUINIÑAS
Cuatro esquiniñas
na miña cama,
e catro os anxiños
que me acompañan.
SANTO ANTONIO
Santo Antonio bendito,
bendito es ti,
bendito é o Neno
que nos teus brazos tes.
Misericordia,
ampárame, meu Deus,
e dáme a gloria. Amén.
ANGELUS
O anxo do Señor tróuxolle o anuncio a María.
E María concibiu do Espírito Santo.
Velaquí a escrava do Señor.
Fágase en min conforme a túa palabra.
E o Verbo fíxose carne.
E habitou entre nós.
Roga por nós, Santa Nai de Deus,
para que sexamos merecentes das promesas de Cristo.
AVEMARÍA
Ave María, chea de graza,
o Señor está contigo,
bendita es Ti entre tódalas mulleres
e bendito é o froito das túas entrañas, Xesús.
Santa María, Nai de Deus,
roga por nós, pecadores,
agora e na hora da nosa morte. Amén.
BENDITA SEXA A LUZ
Bendita sexa a luz do día
e o Señor que nos a envía.
Bendito o Neno Xesús,
bendita Santa María!
CON DEUS ME DEITO
Con Deus me deito,
con Deus me levanto,
coa Virxe María
e o Espírito Santo.
CREDO
Creo en Deus, Pai Todopoderoso.
Creo en Xesucristo,
o seu único Fillo, o noso Señor
que foi concebido por obra e gracia
do Espíritu Santo,
naceu de Santa María a Virxe.
Padeceu baixo o poder de Poncio Pilato.
Foi crucificado, morto e sepultado.
Descendeu ós infernos,
ó terceiro día resucitou de entre os mortos.
Ascendeu ós ceos
e está sentado á dereita de Deus,
Pai Todopoderoso.
Dende alí virá a xulgar a vivos e mortos.
Creo no Espíritu Santo, a Santa Igrexa Católica,
a comunión dos Santos,
o perdón dos pecados, e a vida eterna. Amén.
GLORIA
Gloria ó Pai,
gloria ó Fillo,
e gloria ó Espírito Santo.
Como era no principio,
agora e sempre,
por sempre, eternamente. Amén.
ACTO DE CONTRICCIÓN
Meu Señor, Xesucristo, Deus e home verdadeiro,
Creador, Pai e Redentor meu.
Por ser Ti quen es, Bondade infinita,
e porque te amo sobre todas as cousas,
pésame de todo corazón terche ofendido.
Tamén me pesa que podas castigarme
coas penas do inferno.
Axudado da túa divina gracia propoño firmemente
nunca máis pecar, confesarme
e cumpli-la penitencia que me fora imposta. Amén.
NOSO PAI
Noso Pai que estás no ceo,
santificado sexa o teu nome.
Veña o teu Reino
e fágase a túa vontade
aquí na terra coma no ceo.
Danos hoxe o noso pan de cada día;
perdoa as nosas ofensas,
como tamén perdoamos nós
a quen nos ten ofendido;
e non nos deixes caer na tentación,
e líbranos do mal.
ORACIÓN DE S.FRANCISCO
Señor, fai de min un instrumento da túa paz.
Onde hai odio, que eu leve o amor.
Onde hai ofensa, que eu leve o perdón.
Onde hai discordia, que eu leve a unión.
Onde hai erro, que eu leve a verdade.
Onde hai dúbida, que eu leve fe.
Onde hai desesperación, que eu leve a esperanza.
Onde hai escuridade, que eu leve luz.
Onde hai tristeza, alegría.
Señor, que non busque tanto
ser consolado como consolar,
ser comprendido, comprender,
ser amado como amar.
Porque: é dando como se recibe;
é perdoando que se está perdoado;
é morrendo que se nace
á vida eterna. Amén.
SALVE RAÍÑA
Deus te salve, Raíña
e Nai de misericordia,
vida, dozura e esperanza nosa;
Deus te salve.
A ti chamamos
os desterrados fillos de Eva;
a ti suspiramos, xemendo e chorando
neste val de bágoas.
Ea, pois, Señora, avogada nosa,
volve a nós eses os teus ollos
misericordiosos;
e despois deste desterro,
amósanos a Xesús,
froito bendito do teu ventre.
Oh, clementísima, oh piadosa,
oh, dóce Virxe María!
Prega por nós, Santa Nai de Deus,
para seren dignos de alcanzar
as promesas do noso Señor Xesucristo.
Amén.
SANTO
Santo, Santo,
Santo es ti, Señor,
Deus do universo.
Enche-lo ceo e maila terra
coa tua gloria
Hosanna no ceo!
Bendito o que vén
no nome do Señor
Hosanna no ceo!