2ª LECTURA
1014 DO NOVO TESTAMENTO (II)
1. Rm 5, 5-11
Xustificados polo seu sangue, por él seremos liberados da ira
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS
Irmáns e irmás:
A esperanza non falla, porque o amor de Deus vértese nos nosos corazóns mediante o
Espírito Santo, que se nos deu.
6De certo, xusto cando nós aínda estabamos sen forzas, no tempo preciso, Cristo
morreu polos impíos. 7Non é fácil, en verdade, que alguén queira morrer por un home
xusto (anque por un home bo, quizais se atreva alguén a morrer); 8pero Deus
demostróuno-lo seu amor no feito de que, sendo aínda nós pecadores, Cristo morreu
por nós. 9Con máis razón, logo agora, que xa estamos xustificados polo seu sangue,
seremos por El salvos da ira. 10Porque, se cando eramos aínda inimigos, fomos
reconciliados con Deus mediante a morte do seu Fillo, moito máis, xa reconciliados
seremos salvos pola súa vida. 11Aínda máis: mesmo orgullosos estamos en Deus por
medio do noso Señor Xesús Cristo, por quen agora recibímo-la reconciliación.
2. Rm 5, 17-21
Onde abundou o pecado, sobreabundou a gracia
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS
Irmáns e irmás:
17Se pola transgresión dun home reinou a morte, e por culpa dun só, ¡canto máis os
que recibiron a abundancia da gracia e do don da benevolencia reinarán na vida por
medio dese un que é Xesús Cristo!
18Por tanto, como pola transgresión dun só veu a condenación sobre tódolos homes,
así tamén pola xustificación doutro só vén para tódolos homes a xustificación que dá a
vida. 19Como a desobediencia dun único home volveu pecadores a tódolos homes, así
tamén a obediencia dun só volveu xustos a todos. 20Porque a Lei entrou para que a
transgresión abundase; pero onde abundou o pecado, sobreabundou a gracia, 21para
que, como reinou o pecado traendo a morte, así tamén a gracia reinará pola xustiza,
que produce a vida eterna, por medio de Xesús Cristo noso Señor.
3. Rm 6, 3-9 (longa) vel 3-4. 8-9 (breve)
Andemos na novidade de vida
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS
Irmáns e irmás:
¿Ignorades que a cantos nos bautizaron para Cristo Xesús, bautizáronos para unirnos á
morte del? 4Enterrámonos, logo, con El polo bautismo para a morte, para que, como
Cristo foi resucitado dos mortos pola gloria do Pai, así tamén nós camiñemos nunha
vida nova. 5Pois se fomos enxertados nel pola semellanza dunha morte coma a del,
seguro que tamén o seremos por unha resurrección semellante.
6Tendo en conta isto, o noso home vello foi crucificado, para que fose destruído o
corpo pecador, a fin de non servirmos máis ó pecado. 7Porque o que morre queda
liberado do pecado.
8Se xa morremos con Cristo, cremos que tamén viviremos con El; 9e ben sabemos
que Cristo, resucitando dos mortos, xa non morre máis, a morte xa non pode nada
contra El.
4. Rm 8, 14-23
Agardando a liberación do noso corpo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS
Irmáns e irmás:
14Cantos se deixan guiar polo Espírito de Deus, eses son fillos de Deus. 15Pois non
recibistes un espírito de escravitude, para volverdes ó medo. Non. Vós recibistes un
espírito de fillos adoptivos, gracias ó que podemos gritar: ¡''Abbá'': Pai! 16Este
mesmo Espírito, xuntamente co noso, dá testemuño de que somos fillos de Deus. 17E,
se fillos, tamén herdeiros: herdeiros de Deus e coherdeiros con Cristo; xa que, se
padecemos con El, é para sermos tamén despois glorificados con El.
18Pois penso que non hai comparanza entre os padecementos da vida presente e a
gloria vindeira, que se vai revelar en nós. 19Pois a esperanza viva da creación agarda
arelante a revelación dos fillos de Deus. 20Porque a creación está sometida ó fracaso;
non pola propia vontade, senón polo poder daquel que a someteu, anque coa
esperanza 21de que tamén a mesma creación será liberada da escravitude da
corrupción e levada á salvación gloriosa dos fillos de Deus.
22Pois sabemos que toda creación vén xemendo ata hoxe e coma con dores de parto.
23E non só isto, senón que nós mesmos, que temos xa as primicias do Espírito,
xememos dentro de nós, degorando pola filiación, pola liberación do noso corpo.
5. Rm 8, 31b-35. 37-39
¿Quen nos separará do amor de Cristo?
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS
Irmáns e irmás:
Se Deus está connosco, ¿quen contra nós? 32Aquel que non aforrou a seu propio fillo
senón que o entregou por todos nós, ¿como non nos vai regalar todo xunto con El?
33¿Quen acusará ós escolleitos de Deus? -Sendo Deus, o que perdoa, 34¿quen os vai
condenar? ¿Cristo Xesús, o que morreu, mellor, o que resucitou, o que está á dereita
de Deus e que intercede por nós?
35¿Quen nos pode arredar do amor de Cristo? ¿A tribulación, a angustia, a
persecución, a fame, a nudez, o perigo, ou a espada? 37Pero en todas estas cousas
vencemos coa axuda daquel que nos amou. 38Porque estou seguro de que nin a morte
nin a vida, nin os anxos nin os principados, nin o presente nin o porvir, nin as
potestades, 39nin a altura nin o abismo, nin calquera outra creatura nos poderá afastar
do amor que Deus nos ten en Cristo Xesús, noso Señor.
6. Rm 14, 7-9. 10c-12
Que vivamos ou morramos, do Señor somos
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS
Irmáns e irmás:
7Ningún de nós vive para si, e ningún de nós morre para si. 8Se vivimos, para o
Señor vivimos; e, se morremos, para o Señor morremos; así que, vivamos ou
morramos, somos do Señor. 9Por iso mesmo morreu e resucitou Cristo: para ser dono
dos mortos e dos vivos.
10 ¡Se todos temos que comparecer diante do tribunal de Deus! 11Porque está escrito:
''Pola miña vida, di o Señor:
todo xeonllo se dobrará diante de min,
e toda lingua ha de confesar a Deus''.
12Por tanto cada un de nós dará conta de si a Deus.
7. 1 Cor 15, 20-24a. 25-28 (longa) vel 20-23 (breve)
Todos serán vivificados en Cristo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS
Irmáns e irmás:
Cristo resucitou dos mortos, como primicia dos que dormen. 21Porque xa que por un
home entrou a morte, tamén por un home chegou a resurrección dos mortos. 22Igual
que todos morren por Adam, así tamén por Cristo todos revivirán. 23Pero cada un no
seu intre: primeiro, Cristo; logo, no Día da súa Vinda, os que sexan de Cristo;
24despois será a fin, cando lle entregue o Reino a Deus Pai. 25Porque é necesario que
El reine ata que poña a tódolos seus inimigos por debaixo dos seus pés. 26A morte
será o derradeiro inimigo destruído, 27pois ''todo o puxo por debaixo dos seus pés''.
(Anque cando di que ''todo está sometido'', é claro que con excepción daquel que lle
someteu tó-dalas cousas). 28E cando lle teña todo sometido, entón tamén o propio
Fillo se someterá a quen lle someteu a El todo: para que Deus sexa todo en todo.
8. 1 Cor 15, 51-57
A morte foi absorbida pola victoria
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS
Irmáns e irmás:
51Vouvos revelar un misterio: non todos imos morrer, pero todos nos imos
transformar; 52nun instante, nun pecha-los ollos, ó toque da derradeira trompeta. Pois
soará a trompeta e os mortos resucitarán incorruptibles e nós apareceremos
transformados. 53É necesario que isto corruptible se revista de incorrupción e que isto
mortal se revista de inmortalidade.
54E cando isto corruptible se revista de incorrupción e isto mortal se revista de
inmortalidade, entón cumprirase a palabra que está escrita:
a morte foi tragada pola victoria
55Morte, ¿u-la túa victoria?
Morte ¿u-lo teu aguillón?
56O aguillón da morte é o pecado e a forza do pecado é a Lei. 57Pero deámoslle as
gracias a Deus, que El nos dá a victoria por medio do noso Señor Xesús Cristo.
9. 2 Cor 4, 14 - 5, 1
As cousas que se ven son temporais; as que non se ven son eternas
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS
Irmáns e irmás:
Sabemos que Aquel que resucitou a Xesús nos ha resucitar tamén a nós con Xesús e
nos ha colocar convosco onda El. 15Todo isto acontece por causa vosa, de modo que,
ó estenderse a gracia, se multiplique o número dos que dean gracias para gloria de
Deus.
16Por iso non nos apoucamos: aínda que o noso exterior vai esmorecendo, o interior,
todo o contrario: renóvase de días a días. 17Os sufrimentos transitorios e leves
prepárannos unha inmensa carga de gloria eterna por riba de toda medida. 18Non
poñémo-las nosas olladas nas cousas que se ven, senón nas que non se ven; porque as
que se ven son efímeras, mentres que as que non se ven son eternas.
5 1Sabemos que, se a nosa morada terrestre -que vén ser coma unha tenda-, se
derrubase, contamos cunha edificación de Deus, unha casa eterna no ceo, non feita
por mans de homes.
10. 2 Cor 5, 1. 6-10
Temos morada eterna no Ceo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS
Irmáns e irmás:
5 1Sabemos que, se a nosa morada terrestre -que vén ser coma unha cabana-, se
derrubase, contamos cunha edificación de Deus, unha casa eterna no ceo, non feita
por mans de homes.
6Así que estamos sempre cheos de ánimo por sabermos que, mentres o corpo sexa o
noso domicilio, vivimos coma desterrados lonxe do Señor, 7e seguimos camiñando
guiados pola fe, non polo que se ve. 8E con este ánimo, preferimos desterrarnos do
corpo e habitar a carón do Señor. 9En todo caso, ora continuemos neste domicilio ora
nos afastemos del, anceiamos agradarlle. 10Por-que todos teremos que comparecer tal
como somos perante o tribunal de Cristo, para que cada un recolla o seu merecido
polo que teña feito mentres vivía no corpo: ben ou mal.
11. Flp 3, 20-21
Transfigurou o noso corpo humilde conforme ó corpo da súa gloria
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS FILIPENSES
Irmáns e irmás:
A nosa patria está no ceo, de onde nós agardamos un salvador, Xesús Cristo, o Señor.
21El ha transfoma-lo noso pobre corpo, reproducindo en nós a gloria do seu propio
corpo con ese poder que lle permite someter incluso o mesmo universo.
12. 1 Tes 4, 13-18
Estaremos sempre co Señor
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS TESALONICENSES
13Non queremos, irmáns, que esteades desinformados verbo dos mortos, para que non
vos agoniedes coma os outros, os que non teñen esperanza. 14Porque, se cremos que
Xesús morreu e que resucitou, do mesmo xeito Deus, por medio de Xesús, levará con
El os que xa morreron. 15Iso é o que vos dicimos apoiados na palabra do Señor: que
nós, os que vivimos, os que quedemos para a Vinda do Señor, non teremos avantaxe
sobre os que xa morreron; 16pois a un sinal de mando, á voz do arcanxo e ó son da
trompeta de Deus, o Señor en persoa baixará do ceo: entón os cristiáns defuntos
resucitarán primeiro; 17despois, nós, os que quedemos vivos, seremos arrebatados
xunto con eles nas nubes, para irmos ó encontro do Señor no aire e así estaremos
sempre co Señor. 18Polo tanto, consoládevos uns a outros con estas palabras.
13. 2 Tim 2, 8-13
Se morremos con El, tamén viviremos con El
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO A TIMOTEO
Benquerido irmán:
8Lémbrate de Xesús Cristo, resucitado dos mortos, da semente de David. Este é o
meu evanxeo, 9polo que padezo ata estar preso coma un vulgar criminal. Pero a
palabra de Deus non está encadeada. 10Por iso soporto tódalas cousas por mor dos
escolleitos, para que tamén a eles lles toque en sorte a salvación que vén de Cristo
Xesús, coa gloria eterna. 11Esta é unha gran verdade:
''Se morremos con El, tamén viviremos con El''.
12Se padecemos con El, tamén reinaremos con El.
Se arrenegamos del, tamén El arrenegará de nós.
13Pero se fallamos na fe, El permanece fiel,
porque non pode arrenegar de si mesmo.
14. 1 Xn 3, 1-2
Verémolo tal como é
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN XOÁN
Benqueridos irmáns e irmás:
3 1Vede o moito que nos quixo o Pai, para nos chamarmos fillos de Deus e sérmolo
de verdade. Por iso o mundo non nos recoñece: porque tampouco non o recoñeceu a
El.
15. 1 Xn 3, 14-16
Pasamos da morte á vida, porque amamos ós irmáns
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN XOÁN
Benqueridos irmáns e irmás:
Sabemos que pasamos da morte á vida en que lles queremos ben ós irmáns; o que non
quere ben, permanece na Morte. 15Quen odia a seu irmán é un asasino e xa sabedes
que ningún asasino leva en si a vida eterna.
16Soubemos o que é o amor desde que El deu a súa vida por nós e entón decatámonos
de que nós temos que da-la vida polos irmáns.