1ª LECTURA

 
 

1011 DO ANTIGO TESTAMENTO (I)

 

1. 2 Mac 12, 43-46

 Pensando ben e honestamente acerca da resurrección

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO SEGUNDO DOS MACABEOS

 

Xudas, príncipe de Israel, fixo unha colecta, e as dúas mil dracmas de prata que

recolleu mandounas a Xerusalén para que ofrecesen un sacrificio de expiación. Un

feito digno e nobre para o que pensa na resurrección; 44pois se non crese na

resurrección dos mortos, non sei a que viría rezar polos defuntos. 45Pero para o que

pensa que ós que morren piadosamente lles está reservada unha recompensa

magnífica, 46a cousa é piadosa e santa. Por iso mandou ofrecer un sacrificio de

expiación polos mortos, para que se lles perdoasen os pecados.

 

 

 

2. Xob 19, 1. 23-27a

 Estou seguro de que o meu redentor vive

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE XOB

 

19 1Respondeu Xob e dixo:

23¡Se algún día se escribisen as miñas palabras!

¡Oxalá fixesen delas unha inscrición!

24¡Que con cicel e chumbo

se labrasen para sempre nun penedo!

25Con todo, eu sei: O meu Liberador está vivo

e ó remate hase erguer sobre a terra;

26despois de ter esgazada a miña pel,

aínda sen carnes hei ver a Deus.

27Eu mesmo o hei ver;

hano ve-los meus ollos, non os doutro.

 

  

 

3. Sab 3, 1-9 (longa) vel I-6. 9 (breve):

 Recibiunos coma ofrenda de sacrificio

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA SABEDORÍA

 

 As vidas dos xustos están na man de Deus:

non haberá tormento que as toque.

2As xentes insensatas coidaban que morreran

e o seu tránsito semellaba unha desgracia,

3o seu partir de entre nós, unha desfeita,

mais eles fican en paz.

4Aínda que para o ollar humano fosen magoados,

a súa esperanza ía preñada de inmortalidade;

5corrixidos no pouco, acadarán moito

pois foi Deus quen os probou

e atopounos dignos de si.

6Depurounos coma ouro no crisol,

aceptounos coma sacrificio de holocausto.

7No momento de lles pedir contas resplandecerán,

saltarán coma as muxicas dos carozos;

8gobernarán países, dominarán nos pobos

e sobre eles reinará o Señor eternamente.

9Os que nel afiúnzan acadarán a verdade,

os fieis no amor serviranlle moi cerca,

pois concede El o seu piadoso favor ós virtuosos

e a protección ós que El elixiu.

 

 

4. Sab 4, 7-15

 Idade de vellez, vida inmaculada

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA SABEDORÍA

 

O xusto, aínda morrendo prematuro, gozará de repouso.

8A ancianidade venerable non é a lonxevidade

nin se mide por número de anos.

9Cabeza cana é para os humanos a prudencia

e vellez madura unha vida inmaculada.

10Un fíxose agradable a Deus, e Deus amouno,

e como vivía entre os pecadores, foi trasladado;

 11foi arrebatado para que a malicia non lle mudase a conciencia

nin o engano lle seducise a alma.

12Pois o engado vicioso corrompe o que é bo

e o turbón da paixón trastorna a mente inxenua.

13Madurecido cedo, completou longos anos;

14a súa alma era aceptable ó Señor,

foi por iso axiña tirado do medio da maldade.

A xente óllao e non se decata

nin presta atención ó feito.

15Pois El pon o favor e a misericordia nos seus elixidos

e a protección nos seus devotos.

 

 

5. Is 25, 6a. 7-9

 Aniquilou Deus a morte para sempre

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

 

 6Nesta montaña o Señor dos Exércitos ofreceralles a tódolos pobos

un banquete de boas talladas, de viños anellos,

carnes ben condimentadas, viños refinados.

 

 7Destruirá nesta montaña o veo que tapa a tódolos pobos, a cuberta que cobre a

tódalas nacións.

 

 8O meu Señor, Deus dos Exércitos, destruirá a morte para sempre,

enxugará as bágoas de tódalas caras,

afastará de todo o país a vergonza do seu pobo.

Si, díxoo o Señor.

9No día aquel dirase:

Ollade, este é o noso Deus, esperamos nel: El hanos salvar.

 Este é o Señor, esperamos nel, gozaremos e alegrarémonos coa súa salvación.

 

 

6. Lam 3, 17-26

 Está ben esperar en silencio a salvación do Señor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DAS LAMENTACIÓNS

 

17Afasta a miña vida da fartura, esquézome da felicidade,

 18e digo: "Acabouse a miña superioridade e a miña esperanza no Señor".

 

  Zain 19Lémbrate da miña miseria e do meu desterro, que son asente e veneno.

 20Lémbrate de que a miña culpa está mandando ó abismo a miña vida.

21Isto traio no meu corazón, por isto teño esperanza:

 Het 22as bondades do Señor non se acabaron, nin tampouco desapareceron as súas

misericordias,

23pois son novas cada mañá, a túa fidelidade é grande.

 24O Señor é o quiñón da miña herdanza -di o meu corazón-, por isto teño esperanza

nel.

 Tet 25Bo é o Señor para quen espera nel, para aquel que o busca.

26É bo que un espere en silencio a salvación do Señor.

 

 

 

7. Dn 12, 1-3

 Espertarán os que dormen no po da terra

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE DANIEL

 

 

Eu, Daniel, choraba e oín esta palabra do Señor:

12 1Naquel tempo alzarase Miguel, o gran príncipe que protexe ós fillos do teu pobo.

Será época de angustia, tal que nunca a houbo coma ela desde que as nacións existen

ata aquel tempo. Mesmamente naquel tempo salvarase o teu pobo: tódolos que se

atopen inscritos no libro. 2Moitos dos que dormen no po da terra espertarán: uns para

a vida eterna, outros para a ignominia, para a reprobación eterna. 3Os sabios brillarán

coma o fulgor do firmamento, e os que educaron na xustiza ós demais, serán coma as

estrelas por toda a eternidade.

 

 

 

 

1012 DO NOVO TESTAMENTO (I)

 

1. Feit 10, 34-43 (longa) vel 34-36- 42-43 (breve):

 El foi constituido por Deus xuiz de vivos e mortos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS

 

 34Tomou Pedro a palabra e dixo:

-Abofé, vexo que Deus non fai distinción de persoas, 35senón que acepta ó que lle é

fiel e practica a xustiza, sexa da nación que sexa. 36El mandóulle-la súa palabra ós

fillos de Israel, anunciándolle-la boa nova da paz por Xesús Cristo: este é o Señor de

todos. 37Vós sabéde-lo que pasou en toda a Xudea, comezando desde Galilea, despois

do bautismo que Xoán predicou: 38como Deus unxiu con Espírito Santo e con poder a

Xesús de Nazaret, que pasou facendo o ben e curando a tódolos que estaban

asoballados por Satán; pois Deus estaba con el. 39E nós somos testemuñas de todo o

que fixo no país dos xudeus e mais en Xerusalén. Matárono, colgándoo dun madeiro.

40A este resucitouno Deus ó terceiro día e concedeulle que se deixase ver, 41non de

todo o pobo, senón das testemuñas escollidas de antemán por Deus: nós que comemos

e bebemos con el, logo de que resucitou de entre os mortos. 42E mandounos que

predicasemos ó pobo e atestemos que el é quen foi constituído por Deus xuíz de vivos

e de mortos. 43El é de quen tódolos profetas dan este testemuño: tódolos que crean

nel recibirán polo seu nome o perdón dos pecados.

 

 

 

2. Ap 14, 13

 Ditosos os mortos que morren no Señor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

 

 Eu, Xoán, oín unha voz do ceo que me dicía: ''Escribe: Benia os mortos, que, de agora

en diante, morran no Señor. Si -di o Espírito-, que descansen das súas fatigas, porque

as súas obras van con eles''.

 

 

 

3. Ap 20, 11 - 21, 1

 Os morotos foron xulgados segundo as súas obras

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

 

Eu, Xoán, vin un gran trono branco e vin a quen estaba nel sentado: da súa presencia

fuxiron o ceo e a terra e deles non quedou nin rastro. 12Logo vin os mortos, grandes e

pequenos, de pé diante do trono; e abríronse uns libros. Abriuse tamén outro libro, o

libro da vida é ós mortos xulgáronos polo escrito nos libros, conforme as súas obras.

13O mar entregou os mortos que nel había; e a Morte e o Hades entregaron os mortos

que neles había; e a cadaquén xulgárono polas súas obras. 14A Morte e ó Hades

botáronos na lagoa de lume. Esta é a Morte segunda: a lagoa do lume. 15A quen non

apareceu inscrito no libro da Vida botárono na lagoa do lume.

 

21 1Logo vin un ceo novo e unha terra nova, pois o primeiro ceo e a primeira terra xa

pasaran; e o mar xa non existía.

 

 

 

4. Ap 21, 1-5a. 6b-7

 Non haberá máis morte

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

 

 Eu, Xoán, vin un ceo novo e unha terra nova, pois o primeiro ceo e a primeira terra

xa pasaran; e o mar xa non existía. 2Tamén vin que a cidade santa, unha Xerusalén

nova, baixaba do ceo de onda Deus, preparada coma esposa que está engalanada para

o seu esposo. 3E sentín unha forte voz que desde o trono dicía:

 

''Velaquí a tenda de Deus onda os homes.

Acampará entre eles:

eles serán o seu pobo

e El será o seu Deus e compañeiro.

4Enxugará tódalas bágoas dos seus ollos,

e a morte xa non existirá máis.

Nin haberá máis loito nin pranto nin dor,

porque as primeiras cousas pasaron xa''.

 

5O que estaba sentado no trono dixo: ''Vede que volvo novas tódalas cousas''.

 

 Eu son o Alfa e o Omega, o Principio e a Fin. A quen teña sede, heille dar de beber

gratis auga das fontes da vida. 7O vencedor será herdeiro de todo isto. Eu serei para el

o seu Deus e el será para min o meu fillo.