Ciclo A
SOLEMNIDADE DO SAGRADO CORAZÓN DE XESÚS- A
Primeira Lectura Dt 7, 6-11
Amouvos o Señor e elixiuvos
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO DEUTERONOMIO
Faloulle Moisés ó pobo dicindo:
Ti es un pobo consagrado ó Señor, o teu Deus.
O Señor, o teu Deus, escolleute para sére--lo pobo da súa persoal propiedade entre
tódolos pobos que viven sobre a superficie da terra.
7Non foi por serdes vós máis numerosos ca tódolos pobos, polo que o Señor se
namorou de vós e vos escolleu, pois sóde-lo máis pequeno de tódolos pobos; 8senón
que foi polo amor do Señor para vós e por manter El o xuramento que lles fixera ós
vosos pais, polo que o Señor vos sacou con man forte e vos rescatou da situación de
escravitude, do poder do faraón, rei de Exipto.
9Has de saber que o Señor, o teu Deus, é Deus: Deus fiel, que mantén a súa alianza e
a súa misericordia por mil xeracións cos que o aman e cumpren os seus mandamentos,
10e que llelas devolve á cara ós que o aborrecen, facéndoos desaparecer; non queda
dubidoso ante o que o aborrece, senón que llelas paga en persoa.
11Garda os mandamentos, os preceptos e os decretos que eu che mando hoxe pór en
práctica.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Is 12, 2-3. 4bcd. 5-6
R/ (17): O amor do Señor dura por sempre para os que o temen
Alma miña, bendice ó Señor
e todo o meu ser, o seu santo nome.
2Alma miña, bendice ó Señor,
non esquéza-los seus beneficios.
3El perdoa as túas culpas
e sanda as túas doenzas;
4rescata a túa vida da morte
e coróate de amor e de tenrura;
6O Señor fai xustiza
e defende o dereito do oprimido.
7Mostroulle a Moisés os seus camiños,
ós fillos de Israel as súas fazañas.
8O Señor é misericordioso e clemente,
tardo á ira e rico en mercedes.
10Non nos trata conforme ós nosos erros
nin nos paga conforme ás nosas culpas.
Segunda Lectura 1 Xn 4, 7-16
El amounos
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA 1ª CARTA DE S.XOÁN
Benqueridos irmáns e irmás:
Amémonos úns ós outros, porque o amor vén de Deus; e todo aquel que ama naceu de
Deus e coñece a Deus. 8O que non ama, aínda non coñece a Deus, porque Deus é
amor.
9O amor de Deus fíxose ver entre nós en que Deus mandou ó mundo o seu Fillo
Unixénito, para que nos dese a súa vida. 10Hai amor dentro de nós, non porque nós
teñamos amado a Deus, senón porque El nos amou a nós e mandou o seu Fillo para
que expiase os nosos pecados.
11Meus amigos, se Deus nos amou tanto, tamén nós nos temos que amar uns ós
outros. 12A Deus non o deu visto nunca ninguén; pero, se nós nos amamos uns ós
outros, Deus está en comuñón connosco e o seu amor faise realidade cumprida en nós.
13Coñecemos que estamos en comunión con El e El connosco, en que nos deu parte
no seu Espírito. 14Nós mesmos o contemplamos e por iso testemuñamos que o Pai
mandou o seu Fillo como salvador do mundo. 15Se un profesa que Xesús é o Fillo de
Deus, Deus está en comunión con el e el con Deus. 16Pero nós xa o coñecemos e
temos posta a nosa fe neste amor: o amor que Deus mantén vivo entre nós. Deus é
amor e quen permanece no amor, permanece en Deus e Deus permanece nel.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Mt 11, 29ab
Tomade o meu xugo sobre vós, di o Señor,
e aprendede de min que son manso e humilde de corazón
Evanxeo Mateo 11, 25-30
Son bo e humilde de corazón
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Di Xesús:
-Bendito sexas, meu Pai, Señor do Ceo e mais da terra, porque lles escondiches estas
cousas ós sabios e ós prudentes e llas revelaches á xente humilde. 26Si, meu Pai,
bendito sexas por che agradar iso así. 27Meu Pai ensinoume tódalas cousas e ninguén
coñece ó Fillo agás o Pai, nin coñece ó Pai agás o Fillo e aquel a quen o Fillo llo
queira revelar.
28Achegádevos a min tódolos que estades cansos e oprimidos, que eu vos aliviarei.
29Cargade co meu xugo e aprendede de min, que son bo e humilde de corazón e
atoparedes acougo para as vosas almas; porque o meu xugo é levadeiro e a miña carga
leviá.
Palabra do Señor R/. Loámoste, Cristo