Ciclo C

 

SOLEMNIDADE DO SAGRADO CORAZÓN DE XESÚS- C

 

Primeira Lectura  Ezequiel     34, 11-16

Apacentarei as miñas ovellas e fareinas acougar

 

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE EZEQUIEL

 

 

Isto di o Señor:

 

11Pois así fala o meu Señor, Iavé:

Velaí, eu en persoa virei

seguírlle-las pisadas ás miñas reses e a buscalas.

 

12O mesmo que mira o pastor polos años,

o día en que el se atopa diante do rabaño dispersado,

así eu vou mirar polas miñas reses,

e vounas salvar, sacándoas de tódolos sitios

por onde se espallaron un día de nubes e escuridade.

 

13Vounas sacar de entre os pobos,

vounas reunir dos países,

e vounas facer volver á súa terra

e pastorealas nos montes de Israel,

nos vales e en tódolos lugares habitables do país.

 

14Fareinas pastar en bos pasteiros,

e nos montes do alto Israel estarán as súas pradeiras,

acougarán alí en boas camposas

e pastarán en pasteiros fértiles nos montes de Israel.

 

15Eu mesmo apacentarei o meu rabaño,

e eu en persoa fareino acougar

-é o meu Señor, Iavé, quen fala-.

 

16Buscarei a ovella perdida,

farei volve-la extraviada,

vendarei a que ten a pata partida,

fortalecerei á feble,

pero farei que perezan a gorda e a forte.

Apacentarei o meu rabaño conforme a xustiza.                    

 

Palabra do Señor                                            R/. Grazas a Deus

 

SALMO RESPONSORIAL   Sal 22, 1-3a. 3b-4. 5. 6 (R.: 1)

R. El Señor es mi pastor, nada me puede faltar.

 

Bendigo o Señor en todo instante,

teño sempre na boca a súa loanza.

Eu gloríome no Señor:

que escoiten os humildes e se alegren.

 

Exaltade comigo o Señor,

loemos xuntos o seu nome.

Eu busquei o Señor, El respondeume,

libroume de todos os temores.

 

Contempládeo, e quedaredes radiantes,

os vosos rostros non os cubrirá a vergonza.

Este pobre clamou, e o Señor escoitouno,

librouno de todos os apuros.

 

O anxo do Señor acampa entre os seus fieis

e dálles seguridade.

Probade e vede o bo que é o Señor:

feliz quen a El se acolle.

 

Segunda Lectura  Rom 5, 5b-11

O amor de Deus foi derramado nos nosos corazóns

 

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 

Irmáns e irmás:

 

A esperanza non falla, porque o amor de Deus vértese nos nosos corazóns mediante o

Espírito Santo, que se nos deu.

 

6De certo, xusto cando nós aínda estabamos sen forzas, no tempo preciso, Cristo

morreu polos impíos. 7Non é fácil, en verdade, que alguén queira morrer por un home

xusto (anque por un home bo, quizais se atreva alguén a morrer); 8pero Deus

demostróuno-lo seu amor no feito de que, sendo aínda nós pecadores, Cristo morreu

por nós. 9Con máis razón, logo agora, que xa estamos xustificados polo seu sangue,

seremos por El salvos da ira. 10Porque, se cando eramos aínda inimigos, fomos

reconciliados con Deus mediante a morte do seu Fillo, moito máis, xa reconciliados

seremos salvos pola súa vida. 11Aínda máis: mesmo orgullosos estamos en Deus por

medio do noso Señor Xesús Cristo, por quen agora recibímo-la reconciliación.

 

                        Palabra do Señor                                            R/. Grazas a Deus

 

ALELUIA   Mt 11, 29ab

Tomade o meu xugo sobre vós, di o Señor,

e aprendede de min que son manso e humilde de corazón

 

Ou ben Xn 10, 14

Eu son o bo pastor, di o Señor,

e coñezo as miñas ovellas e elas coñécenme a min.

 

Evanxeo   Lucas     15, 3-7

Haberá alegría no ceo por un pecador que faga penitencia

 

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

 

 

3Entón Xesús contoulles esta parábola:

 

-4¿Quen de vós, se ten cen ovellas e perde unha delas, non deixa as noventa e nove no

descampado, e vai en busca da perdida, a ver se a atopa? 5E cando a atopa, volve todo

contento 6para a casa, con ela no lombo; e, chamando por amigos e veciños, dilles:

"Alegrádevos comigo, que atopei a ovella que perdera. 7Pois asegúrovos unha cousa:

no ceo haberá máis alegría por un pecador que se converta que por noventa e nove

xustos que non precisan conversión.

 

                        Palabra do Señor                                            R/. Loámoste, Cristo