Tódolos Santos
PRIMEIRA Ap 7, 2-4. 9-14
Eu vin: velaí unha amplísima multitude, que ninguén podía contar,
de tódalas nacións e tribus e pobos e linguas
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE
2Vin outro anxo máis, que tiña o selo do Deus vivente, subir desde o nacente. Dicíalles a berros ós catro anxos, a quen se lles deu poder de dana-la terra e o mar: 3''¡Non lles fagades mal á terra nin ó mar, nin ás árbores, ata que marquemos co selo na testa os servos do noso Deus!''. 4E oín o número dos que tiñan a marca, cento corenta e catro mil, marcados de entre tódalas tribos dos fillos de Israel.
9Despois disto mirei e vin un mundo de xente, que ninguén era capaz de contar, de tódalas nacións, familias, razas, pobos e linguas, en pé diante do trono do Año. Vestían roupa branca e levaban ramallos de palma nas mans. 10Proclamaban con grande voz:
''A salvación perténcelle ó noso Deus,
que senta no trono, e mais ó Año''.
11Tódolos anxos que estaban en pé arredor do trono, dos anciáns, e dos catro animais, postráronse diante do trono para adoraren a Deus. 12Proclamaban:
''¡Amén! A bendición, a gloria, a sabiduría,
a acción de gracias, a honra,
o poder e maila forza perténcenlle ó noso Deus,
polos séculos dos séculos. Amén''.
13Un dos anciáns preguntoume: ''¿Quen son e de onde viñeron estes que van vestidos de roupa branca?''. 14Eu respondinlle: ''Meu Señor, ti xa o sabes''. E díxome: ''Estes son os que veñen de pasa-las súas grandes penas; lavaron os seus vestidos e branquexáronnos co sangue do Año.
SAL. RESP. Sal 23, 1-2. 3-4ab. 5-6
R/ (cf 6) Esta é a liñaxe dos que buscan a túa presencia, Señor
Do Señor é a terra e canto a enche,
o orbe e canto nel habita.
2El é quen a fundou sobre os mares
e quen a asegurou sobre as correntes.
3¿Quen poderá subir ó monte do Señor?
¿Quen poderá quedar no seu santuario?
4O que ten as mans limpas e puro o corazón,
o que non pon a mente en cousas vas
e non xura nunca en falso.
5Ese recibirá do Señor bendición
e xustiza de Deus, o seu salvador.
6Así é a liñaxe dos que o buscan,
dos que buscan a presencia do Deus de Xacob.
SEGUNDA 1 Xn 3, 1-3
Veremos a Deus tal como é
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN XOÁN
Benqueridos irmáns e irmás:
3 1Vede o moito que nos quixo o Pai, para nos chamarmos fillos de Deus e sérmolo de verdade. Por iso o mundo non nos recoñece: porque tampouco non o recoñeceu a El. 2Meus amigos, xa somos fillos de Deus, pero aínda non está á vista o que seremos; sabemos que cando Xesús apareza, nós seremos coma El, xa que o veremos tal e como é. 3Todo o que ten posta en Xesús esta esperanza, trata de vivir unha vida limpa, para ser limpo coma El.
ALELUIA Mt 11, 28
Achegádevos a min tódolos que estades cansos
e orpimidos, que eu vos aliviarei, di o Señor
EVANXEO Mt 5, 1-12a
Alegrádevos e exultade, porque a vosa
recompensa é gande nos ceos
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Vendo Xesús a multitude, subiu ó monte e sentou. Achegáronselle os seus discípulos, 2e el, tomando a palabra, ensinábaos dicindo:
-3Ditosos os que teñen espírito de pobres,
porque deles é o Reino dos Ceos.
4Ditosos os que choran,
porque eles serán consolados.
5Ditosos os non violentos,
porque eles herdarán a terra.
6Ditosos os famentos e sedentos de xustiza,
porque eles ficarán fartos.
7Ditosos os misericordiosos,
porque eles acadarán a misericordia.
8Ditosos os de corazón limpo,
porque eles verán a Deus.
9Ditosos os que traballan pola paz
porque eles serán chamados fillos de Deus.
10Ditosos os perseguidos por causa da xustiza,
porque deles é o Reino dos Ceos.
11Ditosos vós cando vos aldraxen, persigan e calumnien de calquera xeito pola miña causa: 12alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos Ceos