29/09 San Miguel, San Gabriel e San Rafael Arcanxos

 
 

Día 29 de setembro

 

Santos Miguel, Gabriel e Rafael, arcanxos

 

 

 

PRIMEIRA Dn 7, 9-10. 13-14

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE DANIEL

Milleiros de milleiros o servían

 

 9Eu estaba fitando, cando se colocaron uns tronos e un ancián tomou asento. O seu

vestido era branco coma a neve, e os cabelos da súa cabeza coma pura lá; o seu trono

eran labaradas de lume; as súas rodas, lume ardente. 10Un río de lume corría e

derramábase por diante del; miles de milleiros servíano, e dez mil miríadas estaban de

pé diante del. O tribunal abriu a sesión, e abríronse os libros.

 

13Proseguín ollando as visións nocturnas, e, velaquí, sobre as nubes do ceo viña alguén

semellante a un fillo de home, que se dirixiu cara ó ancián e presentouse diante del.

14Foille outorgado poder, maxestade e imperio, e servírono tódolos pobos, nacións e

linguas. O seu poder é un poder eterno, que non pasará nunca, e o seu reino endexamais

non será destruído.

 

 

 

Ou: Ap 12, 7-12a

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

Miguel e os seus anxos loitaban contra o dragón

 

Produciuse unha guerra no ceo; Miguel e os seus anxos combateron contra o dragón. O

dragón combatía cos seus anxos, 8pero non lles puido; e para eles xa non houbo lugar

no ceo. 9Deus botou do ceo ó gran dragón, serpe antiga, chamado Satán e Satanás, o que

fai descarriar a tódolos homes: botouno á terra; e ós seus anxos con el.

 

10E oín un gran berro no ceo, que dicía:

''Arestora chegou a victoria, o poder,

e o reino do noso Deus,

así como a soberanía do seu Mesías.

 

Porque expulsaron ó acusador dos nosos irmáns,

o que os acusa diante do noso Deus,

día e noite.

 

11Pero eles vencérono gracias ó sangue do Año,

e pola forza do testemuño que deron,

e porque quixeron máis morrer que vivir neste mundo.

 

12Por iso ¡alegrádevos, ceos,

e os que vivides neles!

¡Pobre terra e pobre mar!

Porque baixou Satán onda vós.

Baixou adoecido

porque sabe que ten pouco tempo''.

 

 

SAL. RESP. Sal 137, 1-2a. 2bc-3. 4-5

R/ (1c) Cántoche, Señor, diante dos anxos

 

Douche as gracias, Señor, de todo corazón,

cántoche diante dos anxos

2póstrome cara ó teu templo

e bendigo o teu nome,

polo teu amor e a túa fidelidade.

Mesmo máis grande cá túa sona

fixéche-la túa promesa.

3Cando te chamo, ti respóndesme

e acrecénta-las miñas forzas.

 

4Daranche as gracias, Señor,

tódolos reis da terra

cando oían os ditos da túa boca.

5Cantarán os camiños do Señor,

pois grande é a gloria do Señor.

 

 

 

ALELUIA Sal 102, 21

 

Bendicide ó Señor os seus exércitos;

servidores que facéde-la súa vontade

 

 

 

EVANXEO Xn 1, 47-51

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Veréde-los anxos de Deus subir e baixar sobre o Fillo do Home

 

Xesús viu a Natanael, que viña cara a el e dixo del:

-Aí tedes un verdadeiro israelita, en quen non hai dobrez.

 

48Preguntoulle Natanael:

-¿E de que me coñeces?

 

Contestoulle Xesús:

 -Antes de que Felipe chamase por ti, xa eu te vira, cando estabas debaixo da figueira.

 

49Respondeulle Natanael:

-Rabbí, ti e-lo fillo de Deus, ti e-lo rei de Israel.

 

50Díxolle entón Xesús:

 -¿Porque che dixen que te vin debaixo da figueira, xa cres? Pois cousas máis grandes

has ver.

 

51E concluíu:

 -Con toda verdade volo aseguro: habedes ve-lo ceo aberto, e os anxos de Deus subindo

e baixando onda o Fillo do Home.