Para nenos

 

POR UN NENO BAUTIZADO

(MR, V A)

 

 

 

1017 DO ANTIGO TESTAMENTO (I)

 

1. Is 25, 6a. 7-9

 O Señor niquillou a morte para sempre

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

 

 6Nesta montaña o Señor dos Exércitos ofreceralles a tódolos pobos un banquete

 7Destruirá nesta montaña o veo que tapa a tódolos pobos, a cuberta que cobre a

tódalas nacións.

 

 8O meu Señor, Deus dos Exércitos, destruirá a morte para sempre,

enxugará as bágoas de tódalas caras,

afastará de todo o país a vergonza do seu pobo.

Si, díxoo o Señor.

 

9No día aquel dirase:

Ollade, este é o noso Deus, esperamos nel: El hanos salvar.

 Este é o Señor, esperamos nel, gozaremos e alegrarémonos coa súa salvación.

 

 

 

 

2. Lam 3, 22-26

 Está ben esperar en silencio a salvación do Señor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DAS LAMENTACIÓNS

 

 22as bondades do Señor non se acabaron,

nin tampouco desapareceron as súas misericordias,

23pois son novas cada mañá, a túa fidelidade é grande.

 

 24O Señor é o quiñón da miña herdanza -di o meu corazón-,

por isto teño esperanza nel.

 

 25Bo é o Señor para quen espera nel, para aquel que o busca.

 

26É bo que un espere en silencio a salvación do Señor.

 

 

 

 

1018 DO NOVO TESTAMENTO (I) NO TEMPO PACUAL

 

1. Ap 7, 9-10. 15-17

 Enxugará o Señor tódalas bágoas dos seus ollos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

 

Eu, Xoán, mirei e vin un mundo de xente, que ninguén era capaz de contar, de tódalas

nacións, tribos, pobos e linguas, en pé diante do trono do Año. Vestían roupa branca e

levaban ramallos de palma nas mans. 10Proclamaban con grande voz:

 

''A salvación perténcelle ó noso Deus,

que senta no trono, e mais ó Año''.

15Por iso están diante do trono de Deus,

e adórano día e noite no seu santuario.

 E quen está sentado no trono chantará a súa tenda cabo deles.

16Non terán máis fame nin sede,

nin caerá endexamais sobre eles o sol,

nin ningunha queimadura del.

 17Porque o Año, que está no medio do trono, será o seu pastor,

levaraos ás fontes de auga

e Deus enxugará dos seus ollos toda bágoa''.

 

 

 

2. Ap 21, 1a. 3-5a

 Non haberá máis morte

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

 

Eu, Xoán, vin un ceo novo e unha terra nova

3E sentín unha forte voz que desde o trono dicía:

''Velaquí a tenda de Deus onda os homes.

Acampará entre eles:

eles serán o seu pobo

e El será o seu Deus e compañeiro.

4Enxugará tódalas bágoas dos seus ollos,

e a morte xa non existirá máis.

Nin haberá máis loito nin pranto nin dor,

porque as primeiras cousas pasaron xa''.

 

5O que estaba sentado no trono dixo: ''Vede que volvo novas tódalas cousas''.

 

 

 

 

1019 SALMOS RESPONSORIAIS

 

1. Sal 22, I-3. 4. 5. 6

R/ (1): O Señor é o meu pastor: nada me falta.

 

 O Señor é o meu pastor: nada me falta.

2Ós pastos verdecentes lévame a repousar,

 lévame a beber ás augas tranquilas:

3El repón as minas forzas.

 Guíame por vereas rectas,

 por mor do seu nome.

 

4Se tiver de pasar por vagoadas sombrizas,

 ningún mal temería, pois ti vas comigo:

 o teu bastón e o teu caxato son o meu sosego.

 

5Ti pos para min a mesa,

 a cara dos meus inimigos;

 únxesme con perfume a cabeza,

 e a miña copa reborda.

 

6A túa bondade e o teu amor vanme seguindo

 tódolos días da vida.

 Eu habitarei na casa do Señor

 ó longo dos meus días.

 

 

 

2. Sal 24, 4bc-5ab. 6 e 7bc. 20-21

R/ (1b): Cara a ti ergo, Señor, a miña alma

 

4Móstrame, Señor, os teus camiños,

 ensíname os teus sendeiros,

5diríxeme na túa verdade, apréndeme,

 pois ti es, Deus, o meu salvador

 e estoute a esperar todo o día.

 

6Lémbrate, Señor, da túa compaixón e do teu amor,

 pois existen desde sempre.

7Dos erros e das culpas da miña mocidade non te lembres:

 acórdate de min segundo o teu amor,

 Señor, pola túa bondade.

 

 20Gárdame a vida, sálvame;

 non me vexa defraudado por acollerme a ti.

21A inocencia e a rectitude hanme protexer:

 a miña esperanza está en ti.

 

 

 

3. Sal 41, 2. 3. 5bcd; Sal 42, 3. 4. 5

R/ (Sal 41, 3a): A miña alma ten sede do Deus vivo

 

2Como devece a cerva pola auga dos regatos,

así devece por ti, meu Deus, a miña alma.

 

3A miña alma ten sede do Deus vivo:

¿cando verei o rostro de Deus?

 

5--"Eu marchaba á fronte do pobo

cara á casa de Deus

entre voces de xúbilo e louvanza

de xentío en festa".

 

3Manda a túa luz e a túa verdade,

que elas me guiarán;

levaranme ó teu monte santo,

á túa mesma morada.

 

 4Achegareime ó altar de Deus,

o Deus da miña alegría,

e louvareite ó son da cítola,

Deus, o meu Deus.

 

 5¿Por que desacougas, miña alma,

e por que andas inqueda?

Espera en Deus.

Volverei aínda a louvalo:

a miña salvación, o meu Deus.

 

 

 

4. Sal 148, 1-2. 11-13ab. 13c-14

R/ (13a): Louven o nome do Señor

Ou tamén: Aleluia.

 

 Louvade o Señor desde o ceo,

louvádeo alá nas alturas.

 

2Louvádeo os seus anxos,

louvádeo os seus exércitos.

 

 11os reis e tódalas nacións,

os príncipes e os xuíces da terra,

 

12os mozos e mailas doncelas,

os vellos e mailos neniños.

 

13Louven o nome do Señor,

pois só o seu nome é excelso,

a súa maxestade cobre a terra e mailo ceo.

 

14El ergue a cabeza do seu pobo,

louvanza de todolos xustos,

dos fillos de Israel, os seus achegados.

 

 

 

 

1020 DO NOVO TESTAMENTO (II)

 

1. Rm 6, 3-4. 8-9

 Cremos que viviremos con Cristo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 

Irmáns e irmás:

3¿Ignorades que a cantos nos bautizaron para Cristo Xesús, bautizáronos para unirnos

á morte del? 4Enterrámonos, logo, con El polo bautismo para a morte, para que, como

Cristo foi resucitado dos mortos pola gloria do Pai, así tamén nós camiñemos nunha

vida nova.

 

8Se xa morremos con Cristo, cremos que tamén viviremos con El; 9e ben sabemos

que Cristo, resucitando dos mortos, xa non morre máis, a morte xa non pode nada

contra El.

 

 

2. Rm 14, 7-9

 Que vivamos ou morramos, somos do Señor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 

Irmáns e irmás:

7Ningún de nós vive para si, e ningún de nós morre para si. 8Se vivimos, para o Señor

vivimos; e, se morremos, para o Señor morremos; así que, vivamos ou morramos,

somos do Señor. 9Por iso mesmo morreu e resucitou Cristo: para ser dono dos mortos

e dos vivos.

 

 

 

 3. 1 Cor 15, 20-23

 En Cristo serán todos vivificados

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

 

Irmáns e irmás:

Cristo resucitou dos mortos, como primicia dos que dormen. 21Porque xa que por un

home entrou a morte, tamén por un home chegou a resurrección dos mortos. 22Igual

que todos morren por Adam, así tamén por Cristo todos revivirán. 23Pero cada un no

seu intre: primeiro, Cristo; logo, no Día da súa Vinda, os que sexan de Cristo

 

 

 

 4. Ef 1, 3-5

 Deus escolleunos en Cristo antes da creación do mundo para que fosemos santos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS EFESIOS

 

3¡Bendito sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo, que por medio de Cristo nos

bendiciu no ceo con toda clase de bendicións do Espírito! 4Porque nos escolleu antes

da formación do mundo, para que fosemos santos e sen mancha perante El polo amor.

 

5El decidiu xa daquela profillarnos por medio de Xesús Cristo, para El, conforme o

designio da súa vontade

 

 

 

5. 1 Tes 4, 13-14. 18

 Estaremos sempre co Señor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS TESALONICENSES

 

13Non queremos, irmáns, que esteades desinformados verbo dos mortos, para que non

vos agoniedes coma os outros, os que non teñen esperanza. 14Porque, se cremos que

Xesús morreu e que resucitou, do mesmo xeito Deus, por medio de Xesús, levará con

El os que xa morreron.

 

 18Polo tanto, consoládevos uns a outros con estas palabras.

 

 

 

 

1021 ALELUIAS E VERSOS ANTES DO EVANXEO

 

 

1. Cf. Mt 11, 25:

Bendito es ti, Pai, Señor do ceo e mais da terra,

porque lle revelaches os misterios do Reino ós humildes

 

 

 

2. Xn 6, 39:

Esta é a vontade do meu Pai,

que non perda ningún dos que me deu,

senón que o resucite no derradeiro día, di o Señor

 

 

 

3. 2 Cor 1, 3b-4a:

Bendito o Pai da misericordia

e Deus de toda consolación,

que nos confortou en tódalas nosas tribulacións

 

 

 

 

1022 EVANXEOS

 

 1. Mt 11, 25-30

 Escondíchelles estas cousas ós sabios, e reveláchesllas ós humildes

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

 

25Di Xesús:

-Bendito sexas, meu Pai, Señor do Ceo e mais da terra, porque lles escondiches estas

cousas ós sabios e ós prudentes e llas revelaches á xente humilde. 26Si, meu Pai,

bendito sexas por che agradar iso así. 27Meu Pai ensinoume tódalas cousas e ninguén

coñece ó Fillo agás o Pai, nin coñece ó Pai agás o Fillo e aquel a quen o Fillo llo

queira revelar.

 

28Achegádevos a min tódolos que estades cansos e oprimidos, que eu vos aliviarei.

29Cargade co meu xugo e aprendede de min, que son bo e humilde de corazón e

atoparedes acougo para as vosas almas; porque o meu xugo é levadeiro e a miña carga

leviá.

 

 

 

2. Xn 6, 37-40 ou 37-39

 Esta é a vontade do meu Pai, que non perda nada do que me deu

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

 

Dille Xesús á xente:

37Tódolos que o Pai me entregou, virán onda min. E a quen vén onda min, non o

botarei fóra. 38Pois eu baixei do ceo non para face-la miña vontade, senón a vontade

daquel que me mandou. 39Esta é a vontade daquel que me mandou: que non perda a

ningún dos que me entregou, senón que os resucite no derradeiro día. 40Esta é, polo

tanto, a vontade do meu Pai: que todo aquel que ve ó Fillo e cre nel, teña vida eterna e

eu resucitareino no derradeiro día.

 

 

 

3. Xn 6, 51-58 [por un neno que xa participou na Eucaristía]

 Quen coma deste pan etn vida eterna, e eu resucitareino no derradeiro día

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

 

 Dille Xesús á xente:

51Eu son o pan vivo que baixou do ceo: se alguén come deste pan, vivirá para

sempre; e o pan que eu darei, é a miña carne, para a vida do mundo.

 

52Discutían entón entre eles os xudeus:

-¿Como pode este darnos a come-la súa carne?

 

53Díxolles entón Xesús:

-Con toda verdade volo aseguro: se non coméde-la carne do Fillo do Home e non

bebéde-lo seu sangue, non teredes vida en vós. 54Quen come a miña carne e bebe o

meu sangue, ten vida eterna e eu resucitareino no derradeiro día. 55Pois a miña carne

é verdadeira comida e o meu sangue é verdadeira bebida. 56Quen come a miña carne

e bebe o meu sangue, permanece en min e eu nel. 57Así como o Pai, que me mandou,

vive e eu vivo polo Pai, así tamén quen me coma vivirá por min. 58Este é o pan que

baixou do ceo; non coma o que comeron os Pais que mesmo así morreron: quen come

este pan, vivirá para sempre.

 

 

4. Xn 11, 32-38. 40

 Se cres, vera-la gloria de Deus

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

 

 32María, a irmá de Lázaro, chegou onde estaba Xesús e, ó velo, caeu ós seus pés,

dicíndolle:

-Señor, se ti estiveses aquí, non morría meu irmán.

 

33O ver Xesús que ela estaba chorando, e tamén os xudeus que viñeran con ela,

apretóuselle o corazón e, profundamente conmovido, 34preguntou:

-¿Onde o puxestes?

 

Contestáronlle:

-Señor, ven ver.

 

35E Xesús botouse a chorar.

 

 36Entón comentaban os xudeus: ''¡Ai que ver como o quería!''.

 

 37Pero algúns deles dixeron: ''E logo este, que deu vista ós ollos dun cego, ¿non

podía facer que non morrese?''.

 

Xesús devólvelle a vida a Lázaro: 11, 38-44

 

 38Xesús estremecéndose de novo, chegou á sepultura. Era unha cova, e tiña unha

pedra por riba.

 

40Xesús contestoulle:

-¿Non che dixen que se cres, vera-la gloria de Deus?

 

 

 

5. Xn 19, 25-30

 Velaí a túa nai

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

 

 25O pe da cruz de Xesús estaban súa nai e a irmá de súa nai, María a de Cleofás, e

mais María a Magdalena. 26Xesús, vendo a súa nai e, onda ela, o discípulo a quen

amaba, díxolle á nai:

-Muller, velaí o teu fillo.

 

27Despois díxolle ó discípulo:

-Velaí a túa nai.

 

Desde aquela hora o discípulo acolleuna con el.

 

28Despois disto, Xesús, sabendo que xa todo estaba acabado, para que se cumprise

plenamente a Escritura, dixo: ''Teño sede''. 29Había alí un xerro cheo de vinagre.

Entón, atando unha esponxa empapada de vinagre a unha cana de hisopo,

achegáronlla á boca. 30Cando probou Xesús o vinagre dixo: ''Está cumprido''. E,

inclinando a cabeza, entregou o espírito.

 

 

 

 

 

 

 

NAS EXEQUIAS DUN NENO AÍNDA NON BAUTIZADO

(MR, V B)

 

 

1023 DO ANTIGO TESTAMENTO (I)

 

1. Is 25, 6a. 7-8b

 O Señor aniquilará a morte para sempre

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

 

 6Nesta montaña o Señor dos Exércitos ofreceralles a tódolos pobos

un banquete de boas talladas

 

 7Destruirá nesta montaña o veo que tapa a tódolos pobos, a cuberta que cobre a

tódalas nacións.

 

 8O meu Señor, Deus dos Exércitos, destruirá a morte para sempre,

enxugará as bágoas de tódalas caras

 

 

 

 

2. Lam 3, 22-26

 É bo esperar con silencia a salvación do Señor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DAS LAMENTACIÓNS

 

22As bondades do Señor non se acabaron, nin tampouco desapareceron as súas

misericordias,

 

23pois son novas cada mañá, a túa fidelidade é grande.

 

 24O Señor é o quiñón da miña herdanza -di o meu corazón-, por isto teño esperanza

nel.

 

25Bo é o Señor para quen espera nel, para aquel que o busca.

 

26É bo que un espere en silencio a salvación do Señor.

 

 

 

1024 SALMO RESPONSORIAL

 

Sal 24, 4bc-5ab. 6 e 7bc. 17 e 20

R/ (1b): Cara a ti ergo, Señor, a miña alma

Ou tamén: (3a): Ninguén que espere no Señor quedará defraudado

 

 4Móstrame, Señor, os teus camiños,

 ensíname os teus sendeiros,

5diríxeme na túa verdade, apréndeme,

 pois ti es, Deus, o meu salvador

 e estoute a esperar todo o día.

 

 6Lémbrate, Señor, da túa compaixón e do teu amor,

 pois existen desde sempre.

7Dos erros e das culpas da miña mocidade non te lembres:

 acórdate de min segundo o teu amor,

 Señor, pola túa bondade.

 

17No meu corazón medra a pesadume;

 líbrame ti das angustias.

20Gárdame a vida, sálvame;

 non me vexa defraudado por acollerme a ti.

 

 

 

1025 ALELUIAS E VERSOS ANTES DO EVANXEO

 

 1. 2 Cor 1, 3b-4a:

Bendito o Pai misericordioso

e Deus de toda consolación

que nos conforta en tódalas nosas tribulacións

 

 

2. Ap 1, 5a. 6b:

Xesús Cristo é o primoxénito de entre os mortos:

a el a gloria e o poder por sempre eternamente. Amén

 

 

 

1026 EVANXEOS

 

1. Mt 11, 25-30

 Escondícheslle estas cousas ós sabios e reveláchesllas ós humildes

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

Di Xesús:

-Bendito sexas, meu Pai, Señor do Ceo e mais da terra, porque lles escondiches estas

cousas ós sabios e ós prudentes e llas revelaches á xente humilde. 26Si, meu Pai,

bendito sexas por che agradar iso así. 27Meu Pai ensinoume tódalas cousas e ninguén

coñece ó Fillo agás o Pai, nin coñece ó Pai agás o Fillo e aquel a quen o Fillo llo

queira revelar.

 

28Achegádevos a min tódolos que estades cansos e oprimidos, que eu vos aliviarei.

29Cargade co meu xugo e aprendede de min, que son bo e humilde de corazón e

atoparedes acougo para as vosas almas; porque o meu xugo é levadeiro e a miña carga

leviá.

 

 

 

 2. Mc 15, 33-46

 Xesús, dando un berro moi alto, expirou

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

33Chegado o mediodía, a escuridade cubriu aquela terra, ata as dúas e pico da tarde.

34E nesa hora, Xesús berrou moi forte:

 -"Eloí, Eloí, lamá sabactaní" (que quere dicir: "Meu Deus, meu Deus, por que me

abandonaches").

 

35Oíndo aquilo, algúns dos presentes comentaban:

-¿Oístes? Está chamando por Elías.

 

36E un deles, botando a correr, empapou unha esponxa en vinagre, espetouna nunha

canivela, deulle de beber, dicindo:

-Deixade, a ver logo se vén Elías baixalo.

 

37Pero Xesús, dando un berro moi alto, expirou.

 

38O veo do templo rachou en dous de arriba abaixo. 39O centurión, que estaba diante,

oíndo o grito que deu ó morrer, dixo:

-Verdadeiramente este home era Fillo de Deus.

 

40Tamén había mulleres, mirando desde lonxe; entre elas estaban María Magdalena,

María a nai de Santiago o Menor e de Xosé, e mais Salomé, 41que o seguían e servían

cando estaba en Galilea; e moitas outras que subiran con el a Xerusalén.

 

42A tardiña, como era o día da Preparación, ou sexa véspera de sábado, 43Xosé de

Arimatea, nobre conselleiro que tamén esperaba o Reino de Deus, foi onda Pilato con

gran valor, para lle pedi-lo corpo de Xesús. 44Pilato estrañouse de que xa estivese

morto, e, 45informado polo centurión, entregoulle o cadáver a Xosé. 46El, mercando

unha saba, baixouno, envolveuno nela, e acomodouno nun sepulcro excavado na

rocha; logo fixo rolar unha lousa sobre a entrada.

 

 

 

 3. Xn 19, 25-30

 Velaí a túa nai

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

 

 

25O pe da cruz de Xesús estaban súa nai e a irmá de súa nai, María a de Cleofás, e

mais María a Magdalena. 26Xesús, vendo a súa nai e, onda ela, o discípulo a quen

amaba, díxolle á nai:

-Muller, velaí o teu fillo.

 

27Despois díxolle ó discípulo:

-Velaí a túa nai.

 

Desde aquela hora o discípulo acolleuna con el.

 

28Despois disto, Xesús, sabendo que xa todo estaba acabado, para que se cumprise

plenamente a Escritura, dixo: ''Teño sede''. 29Había alí un xerro cheo de vinagre.

Entón, atando unha esponxa empapada de vinagre a unha cana de hisopo,

achegáronlla á boca. 30Cando probou Xesús o vinagre dixo: ''Está cumprido''. E,

inclinando a cabeza, entregou o espírito.