Primeira Lectura

 

DO ANTIGO TESTAMENTO (I)

 

1. 2 Mac 12, 43-46

 Pensando ben e honestamente acerca da resurrección

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO SEGUNDO DOS MACABEOS

 

Xudas, príncipe de Israel, fixo unha colecta, e as dúas mil dracmas de prata que

recolleu mandounas a Xerusalén para que ofrecesen un sacrificio de expiación. Un

feito digno e nobre para o que pensa na resurrección; 44pois se non crese na

resurrección dos mortos, non sei a que viría rezar polos defuntos. 45Pero para o que

pensa que ós que morren piadosamente lles está reservada unha recompensa

magnífica, 46a cousa é piadosa e santa. Por iso mandou ofrecer un sacrificio de

expiación polos mortos, para que se lles perdoasen os pecados.

 

 

 

2. Xob 19, 1. 23-27a

 Estou seguro de que o meu redentor vive

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE XOB

 

19 1Respondeu Xob e dixo:

23¡Se algún día se escribisen as miñas palabras!

¡Oxalá fixesen delas unha inscrición!

24¡Que con cicel e chumbo

se labrasen para sempre nun penedo!

25Con todo, eu sei: O meu Liberador está vivo

e ó remate hase erguer sobre a terra;

26despois de ter esgazada a miña pel,

aínda sen carnes hei ver a Deus.

27Eu mesmo o hei ver;

hano ve-los meus ollos, non os doutro.

 

 

 

3. Sab 3, 1-9 (longa) vel I-6. 9 (breve):

 Recibiunos coma ofrenda de sacrificio

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA SABEDORÍA

 

 As vidas dos xustos están na man de Deus:

non haberá tormento que as toque.

2As xentes insensatas coidaban que morreran

e o seu tránsito semellaba unha desgracia,

3o seu partir de entre nós, unha desfeita,

mais eles fican en paz.

4Aínda que para o ollar humano fosen magoados,

a súa esperanza ía preñada de inmortalidade;

5corrixidos no pouco, acadarán moito

pois foi Deus quen os probou

e atopounos dignos de si.

6Depurounos coma ouro no crisol,

aceptounos coma sacrificio de holocausto.

7No momento de lles pedir contas resplandecerán,

saltarán coma as muxicas dos carozos;

8gobernarán países, dominarán nos pobos

e sobre eles reinará o Señor eternamente.

9Os que nel afiúnzan acadarán a verdade,

os fieis no amor serviranlle moi cerca,

pois concede El o seu piadoso favor ós virtuosos

e a protección ós que El elixiu.

 

 

4. Sab 4, 7-15

 Idade de vellez, vida inmaculada

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA SABEDORÍA

 

O xusto, aínda morrendo prematuro, gozará de repouso.

8A ancianidade venerable non é a lonxevidade

nin se mide por número de anos.

9Cabeza cana é para os humanos a prudencia

e vellez madura unha vida inmaculada.

10Un fíxose agradable a Deus, e Deus amouno,

e como vivía entre os pecadores, foi trasladado;

 11foi arrebatado para que a malicia non lle mudase a conciencia

nin o engano lle seducise a alma.

12Pois o engado vicioso corrompe o que é bo

e o turbón da paixón trastorna a mente inxenua.

13Madurecido cedo, completou longos anos;

14a súa alma era aceptable ó Señor,

foi por iso axiña tirado do medio da maldade.

A xente óllao e non se decata

nin presta atención ó feito.

15Pois El pon o favor e a misericordia nos seus elixidos

e a protección nos seus devotos.

 

 

5. Is 25, 6a. 7-9

 Aniquilou Deus a morte para sempre

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

 

 6Nesta montaña o Señor dos Exércitos ofreceralles a tódolos pobos

un banquete de boas talladas, de viños anellos,

carnes ben condimentadas, viños refinados.

 

 7Destruirá nesta montaña o veo que tapa a tódolos pobos, a cuberta que cobre a

tódalas nacións.

 

 8O meu Señor, Deus dos Exércitos, destruirá a morte para sempre,

enxugará as bágoas de tódalas caras,

afastará de todo o país a vergonza do seu pobo.

Si, díxoo o Señor.

9No día aquel dirase:

Ollade, este é o noso Deus, esperamos nel: El hanos salvar.

 Este é o Señor, esperamos nel, gozaremos e alegrarémonos coa súa salvación.

 

 

6. Lam 3, 17-26

 Está ben esperar en silencio a salvación do Señor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DAS LAMENTACIÓNS

 

17Afasta a miña vida da fartura, esquézome da felicidade,

 18e digo: "Acabouse a miña superioridade e a miña esperanza no Señor".

 

  Zain 19Lémbrate da miña miseria e do meu desterro, que son asente e veneno.

 20Lémbrate de que a miña culpa está mandando ó abismo a miña vida.

21Isto traio no meu corazón, por isto teño esperanza:

 Het 22as bondades do Señor non se acabaron, nin tampouco desapareceron as súas

misericordias,

23pois son novas cada mañá, a túa fidelidade é grande.

 24O Señor é o quiñón da miña herdanza -di o meu corazón-, por isto teño esperanza

nel.

 Tet 25Bo é o Señor para quen espera nel, para aquel que o busca.

26É bo que un espere en silencio a salvación do Señor.

 

 

 

7. Dn 12, 1-3

 Espertarán os que dormen no po da terra

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE DANIEL

 

 

Eu, Daniel, choraba e oín esta palabra do Señor:

12 1Naquel tempo alzarase Miguel, o gran príncipe que protexe ós fillos do teu pobo.

Será época de angustia, tal que nunca a houbo coma ela desde que as nacións existen

ata aquel tempo. Mesmamente naquel tempo salvarase o teu pobo: tódolos que se

atopen inscritos no libro. 2Moitos dos que dormen no po da terra espertarán: uns para

a vida eterna, outros para a ignominia, para a reprobación eterna. 3Os sabios brillarán

coma o fulgor do firmamento, e os que educaron na xustiza ós demais, serán coma as

estrelas por toda a eternidade.