Salmos
SALMOS RESPONSORIAIS
1. Sal 22, 1-3 . 4. 5. 6
R/ (1): O Señor é o meu pastor: nada me falta.
Ou: (4a): Se tiver de pasar por vagoadas sombrizas,
ningún mal temería, pois ti vas comigo
O Señor é o meu pastor: nada me falta.
2Ós pastos verdecentes lévame a repousar,
lévame a beber ás augas tranquilas:
3El repón as minas forzas.
Guíame por vereas rectas,
por mor do seu nome.
4Se tiver de pasar por vagoadas sombrizas,
ningún mal temería, pois ti vas comigo:
o teu bastón e o teu caxato son o meu sosego.
5Ti pos para min a mesa,
a cara dos meus inimigos;
únxesme con perfume a cabeza,
e a miña copa reborda.
6A túa bondade e o teu amor vanme seguindo
tódolos días da vida.
Eu habitarei na casa do Señor
ó longo dos meus días.
2. Sal 24, 6-7bc. 17-18. 20-21
R/ (I): Cara a ti ergo, Señor, a miña alma
Ou: (3): Ninguén que en ti espere quedará defraudado
6Lémbrate, Señor, da túa compaixón e do teu amor,
pois existen desde sempre.
7 acórdate de min segundo o teu amor,
Señor, pola túa bondade.
17No meu corazón medra a pesadume;
líbrame ti das angustias.
18O11a a miña aflicción e os meus traballos,
e perdoa os meus erros.
20Gárdame a vida, sálvame;
non me vexa defraudado por acollerme a ti.
21A inocencia e a rectitude hanme protexer:
a miña esperanza está en ti.
3. Sal 26, 1 . 4. 7 e 8b e 9a. 13-14
R/ (1a): O Señor é a miña luz e salvación
Ou tamén: (3): Espero gozar dos bens do Señor na terra da vida
O Señor é a miña luz e salvación,
¿a quen hei de temer?
O Señor é o meu castelo,
¿ante quen hei de tremer?
4Unha cousa pídolle ó Señor,
unha cousa procuro:
habitar na casa do Señor,
tódolos dias da vida,
para gozar da dozura do Señor,
visitando o seu templo.
7Escoita, Señor, a voz que chama,
ten piedade e respóndeme.
8 --"Buscade a miña presencia".
9Non te escondas de min,
13Eu espero gozar dos bens do Señor
na terra da vida.
14Espera no Señor;
ten corazón forte e valente
e espera no Señor.
4. Sal 41, 2. 3. 5bcd; Sal 42, 3. 4. 5
R/ (Sal 41, 3a): A miña alma ten sede do Deus vivo
2Como devece a cerva pola auga dos regatos,
así devece por ti, meu Deus, a miña alma.
3A miña alma ten sede do Deus vivo:
¿cando verei o rostro de Deus?
5--"Eu marchaba á fronte do pobo
cara á casa de Deus
entre voces de xúbilo e louvanza
de xentío en festa".
3Manda a túa luz e a túa verdade,
que elas me guiarán;
levaranme ó teu monte santo,
á túa mesma morada.
4Achegareime ó altar de Deus,
o Deus da miña alegría,
e louvareite ó son da cítola,
Deus, o meu Deus.
5¿Por que desacougas, miña alma,
e por que andas inqueda?
Espera en Deus.
Volverei aínda a louvalo:
a miña salvación, o meu Deus.
5. Sal 62, 2. 3-4. 5-6. 8-9
R/ (2b): De ti ten sede a miña alma, meu Deus
2Deus, meu Deus, por ti madrugo,
de ti ten sede a miña alma-
por ti devece o meu corpo,
en terra reseca, sedento e sen auga.
3Miro cara a ti no santuario,
para ve-lo teu poder e a túa gloria.
4O teu amor é mellor cá vida
lóuvante os meus labios;
5toda a miña vida te bendigo
e levanto no teu nome as miñas mans.
6Como de graxa e manteiga, estou satisfeito,
con labios alegres lóuvate a miña boca.
8Ti e-lo meu auxilio,
á sombra das túas ás estou contento;
9a ti está unida a miña alma,
a túa dereita é o meu apoio.
6. Sal 102, 8 e 10. 13-14. 15-16. 17-18
R/ (8a): O Señor é misericordioso e clemente
Ou tamén: (Sal 36, 39a): A salvación dos xustos vén do Señor
8O Señor é misericordioso e clemente,
tardo á ira e rico en mercedes.
10Non nos trata conforme ós nosos erros
nin nos paga conforme ás nosas culpas.
13canto un pai ama ós seus fillos,
así ama o Señor ós que o temen.
14El sabe de que estamos feitos,
recorda que somos lama.
15Os días do home son coma o feno,
o seu florecer coma o da flor:
16aínda non a roza o vento, xa se foi,
e o seu sitio xa non a volve a ver.
17Mais para os que o temen,
o amor do Señor dura por sempre,
a súa xustiza chega ós fillos e ós netos
18dos que gardan a súa alianza,
dos que recordan os seus mandatos e os cumpren.
7. Sal 114, 5. 6; Sal 115, 10-11. 15-16ac
R/ (Sal 114, 9): Camiñarei á vista do Señor na terra da vida
Ou tamén: Aleluia.
5Teñen boca e non falan,
teñen ollos e non ven,
6teñen orellas e non oen
teñen nariz e non olen,
10Confío, aínda que diga:
--"Eu son un desgraciado".
11E no meu apuro digo:
--"Todo enganos son os homes".
15Moi custosa é ós ollos do Señor
a morte dos seus amigos.
16¡Ai, Señor, que eu son o teu servo,
a quen ti rompíche-las cadeas!
8. Sal 121, 1-2. 4-5. 6-7. 8-9
R/ (1): Alegreime, cando me dixeron:
imos para a casa do Señor.
Ou tamén: (cf. 1): Iremos alegres para a casa do Señor
Alegreime, cando me dixeron:
imos para a casa do Señor.
2Xa están os nosos pés
ás túas portas, Xerusalén,
4Alá soben as tribos, as tribos do Señor,
conforme o costume de Israel,
para festexa-lo nome do Señor.
5Alí están os tribunais da xustiza,
a sede da casa de David.
6Saudade así a Xerusalén:
--"Teñan prosperidade os que te queren,
7que haxa paz nos teus muros
e contento nos teus pazos".
8Por mor de meus irmáns e compañeiros
direi eu:--"A paz contigo".
9Por mor da casa do Señor, o noso Deus,
deséxoche todo ben.
9. Sal 129, 1-2. 3-4. 5-6a. 6b-7. 8
R/ (cf 1): Desde os abismos chámote, Señor
Ou tamén: (cf. 5): Eu espero no Señor, confío na súa Palabra
Desde os abismos chámote, Señor;
2escoita, Señor, a miña voz.
Ten atentos os oídos
ó clamor da miña súplica.
3Se ti levas conta dos pecados,
¿quen, Señor, se terá en pé?
4Mais en ti está o perdón
para te faceres respectar.
5Eu espero no Señor, a miña alma espera;
eu confío na súa palabra.
6A miña alma vólvese ó Señor,
máis do que os vixías á aurora.
Se os vixías esperan a aurora,
7que Israel espere ó Señor
pois no Señor está o amor
e a redencion cumprida.
8El é quen redime a Israel
de tódolos pecados.
10. Sal 142, 1-2. 5-6. 7ab e 8ab. 10
R/ (1a): Escoita, Señor, a miña oración
Escoita, Señor a miña oración,
pola túa fidelidade, atende a miña súplica,
respóndeme, pola túa xustiza.
2Non veñas a xuízo co teu servo,
pois ningún home vivo é xusto ante ti.
5Eu recordo os tempos pasados,
considero os teus feitos
e medito as accións das túas mans.
6Estendo as mans cara a ti:
coma a terra reseca, a miña alma ten sede de ti.
7Respóndeme axiña, Señor,
que me falta o alento.
8Faime sentir de mañ o teu favor,
pois eu confio en ti.
10Apréndeme a face-la túa vontade,
pois ti e-lo meu Deus.
Que o teu alento bo me guíe
por unha terra cha.