Feiras (17-24 decembro)

 
 

192.- ALELUIAS 

 
 
 
Para as ferias de Advento ata o día 16 de decembro 
 
 
 
 
 
1. 
 
Cf. Sal 79, 4: Vén a librarnos, Señor, noso Deus; 
 
móstrano-lo teu rostro, e seremos salvados 
 
 
 
2. 
 
Sal 84, 8: 
 
Móstranos, Señor, a túa misericordia, 
 
e dáno-la túa salvación 
 
 
 
3. 
 
Is 33, 22: 
 
O Señor é o noso xuiz, o noso lexislador, o noso rei: 
 
El hanos salvar 
 
 
 
4. 
 
Is 40, 9-10: 
 
Levanta con forza a túa voz, ti que es mensaxeiro; 
 
velaí o Señor, Deus, virá con poder 
 
 
 
5. 
 
Cf. Is 45, 8 : 
 
Rociade, ceos, desde arriba, e que as nubes choivan ó Xusto; 
 
ábrase a terra e xermine ó Salvador 
 
 
 
6. 
 
Is 55, 6: 
 
Buscade ó Señor mentres se pode atopar, 
 
invocádeo mentres está cerca 
 
 
 
7. 
 
Lc 3, 4. 6: 
 
Preparade o camiño do Señor, endereitade os seus sendeiros; 
 
toda carne verá a salvación de Deus 
 
 
 
8. 
 
O Señor virá, saídelle ó encontro; 
 
El é o príncipe da paz 
 
 
 
9. 
 
Velaí vén noso Señor con poder, 
 
e iluminará os ollos dos seus servos 
 
 
 
10. 
 
Velaí vén o Señor para salva-lo seu pobo; 
 
ditosos os que están preparados para saírlle ó encontro 
 
 
 
11. 
 
Velaí vén o Rei, Señor da terra, 
 
El arrincará o xugo da nosa cautividade 
 
 
 
12. 
 
Cerca está o día do Señor; 
 
velaí vén a salvarnos 
 
 
 
13. 
 
Vén, Señor, non tardes; 
 
perdoa os pecados do teu pobo 
 
 
 
14. 
 
Vén, Señor, visitarnos en paz, 
 
para que nos alegremos diante de ti con corazón perfecto 

 

 

FERIAS DE ADVENTO DESDE O 17 Ó 24 DE DECEMBRO 

 
 
 
193.- Día 17 de decembro 
 
 
 
PRIMEIRA Xen 49, 2. 8-10 
 
Non se lle ripará o cetro a Xudá 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE 
 
 
 
Chamou Xacob polos seus fillos e díxolles: 
 
2 Reunídevos, e escoitade, fillos de Xacob, 
 
escoitade a Israel, voso pai. 
 
8 Xudá, a ti louvarante teus irmáns, 
 
 pora-la túa man na cerviz dos teus inimigos, 
 
postraránseche teus irmáns. 
 
9 Xudá é león agachado; 
 
sobes de facer presa, meu fillo. 
 
Coma león, repousa deitado, 
 
coma leona, ¿quen o fará erguer? 
 
10 Non se afastará o cetro de Xudá 
 
nin de entre os seus pés o báculo, 
 
ata que chegue o seu dominador 
 
e os pobos o obedezan. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 71, 2. 3-4ab. 7-8. 17 
 
R/ (cf 7): Florecerá a xustiza nos seus días, 
 
abundancia de paz para sempre 
 
 
 
2Que rexa ó teu pobo rectamente 
 
e ós teus pobres con equidade. 
 
 
 
3Os montes ofreceranlle prosperidade ó pobo, 
 
os outeiros, xustiza. 
 
4El dará o dereito ós humildes, 
 
socorrerá os indixentes. 
 
 
 
7Florecerá a xustiza nos seus días, 
 
unha prosperidade duradeira como a lúa. 
 
8Dominará de mar a mar, 
 
desde o gran río ata o cabo da terra. 
 
 
 
17Que o seu nome dure por sempre 
 
e a súa sona igual có sol. 
 
Que se bendigan nel tódolos pobos 
 
e que o proclamen ditoso. 
 
 
 
 
 
ALELUIA: 
 
Sabedoría do Altísimo que dispós todo suave e vigorosamente: 
 
vén ensinarnos o camiño da prudencia 
 
 
 
 
 
EVANXEO Mt 1, 1-17: 
 
Xenealoxía de Xesús Cristo, fillo de David 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
1 1Libro da xenealoxía de Xesús Cristo, fillo de David, fillo de Abraham. 2Abraham 
enxendrou a Isaac. Isaac enxendrou a Xacob. Xacob enxendrou a Xudá e mailos seus 
irmáns. 3Xudá, de Tamar, enxendrou a Peres e mais a Zarán. Peres enxendrou a Esrón. 
Esrón enxendrou a Arán. 4Arán enxendrou a Aminadab. Aminadab enxendrou a 
Naasón. Naasón enxendrou a Salmón. 5Salmón, de Rahab, enxendrou a Booz. Booz, de 
Rut, enxendrou a Obed. Obed enxendrou a Iexé. 6Iexé enxendrou ó rei David. 
 
David, da que foi muller de Urías, enxendrou a Salomón. 7Salomón enxendrou a 
Roboam. Roboam enxendrou a Abías. Abías enxendrou a Asá. 8Asá enxendrou a 
Ioxafat. Ioxafat enxendrou a Ioram. Ioram enxendrou a Ozías. 9Ozías enxendrou a 
Ioatán. Ioatán enxendrou a Acaz. Acaz enxendrou a Ezequías. 10Ezequías enxendrou a 
Menaxés. Menaxés enxendrou a Amón. Amón enxendrou a Ioxías. 11Ioxías enxendrou 
a Ieconías e mailos seus irmáns, en tempos da deportación a Babilonia. 
 
12Despois da deportación a Babilonia, Ieconías enxendrou a Xealtiel. Xealtiel 
enxendrou a Zerubabel. 13Zerubabel enxendrou a Abiud. Abiud enxendrou a Eliaquim. 
Eliaquim enxendrou a Asor. 14Asor enxendrou a Sadoc. Sadoc enxendrou a Aquim. 
Aquim enxendrou a Eliud. 15Eliud enxendrou a Elazar. Elazar enxendrou a Matán. 
Matán enxendrou a Xacob. 16Xacob enxendrou a Xosé, esposo de María, da que naceu 
Xesús, chamado Cristo. 
 
17Foron, logo, catorce as xeracións desde Abraham ata David, catorce tamén desde 
David ata a deportación de Babilonia, e catorce desde a deportación de Babilonia ata 
Cristo. 
 
 
 
 
 
194.- Día 18 de decembro 
 
 
 
PRIMEIRA Xer 23, 5-8 
 
Farei xerminar de David un xermolo xusto 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE XEREMÍAS 
 
 
 
5Ollade que chegan os días -é o Señor quen fala- 
 
en que farei abrollar de David un retoño lexítimo, 
 
será rei de verdade e comportarase con prudencia, 
 
administrará o dereito e a xustiza no país. 
 
6Desde os seus días Xudá vivirá a salvo, 
 
e Israel vivirá en paz. 
 
O título que se lle dará será este: "O Señor é a nosa xustiza". 
 
7Por iso velaí chegan os tempos -é o Señor quen fala-, 
 
cando xa non se dirá: "Vive o Señor, que fixo subi-los fillos de Israel do país de 
Exipto", 8senón: "Vive o Señor, que fixo subir e que trouxo a descendencia da casa de 
Israel, desde o país do norte e desde tódolos outros países a onde os botara, para que 
vivan na súa terra". 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 71, 2. 12-13. 18-19 
 
R/ Florecerá a xustiza nos seus días, 
 
abundancia de paz para sempre 
 
 
 
2Que rexa ó teu pobo rectamente 
 
e ós teus pobres con equidade. 
 
 
 
12El librará ó pobre que suplica, 
 
ó aflixido que está sen axuda. 
 
13Terá piedade dos febles e indixentes, 
 
salvará a vida dos pobres; 
 
 
 
18Bendito sexa o Señor, Deus de Israel, 
 
o único que fai marabillas. 
 
19Bendito sexa por sempre o seu nome glorioso 
 
e que a terra se encha da súa gloria. 
 
Amén. Amén. 
 
 
 
 
 
ALELUIA: 
 
Conductor da casa de Israel, que lle déche-la lei a Moisés no Sinaí 
 
vén redimirnos con brazo vigoroso 
 
 
 
 
 
EVANXEO Mt 1, 18-24: 
 
Xesús nacerá de María, desposada con Xosé, fillo de David 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
18O nacemento de Xesús Cristo foi así: María, a súa nai, estaba prometida a Xosé; e 
antes de viviren xuntos apareceu ela embarazada por obra do Espírito Santo. 19Xosé, o 
seu prometido, home xusto, non a queren-do aldraxar, decidiu repudiala secretamente. 
20Tal era a súa resolución, cando o anxo do Señor se lle apareceu en soños, dicíndolle: 
 
-Xosé, fillo de David, non repares en levar contigo a María, a túa prometida; que o que 
nela se concebiu é obra do Espírito Santo. 21Dará a luz un fillo, e ti poñeraslle de nome 
Xesús, porque salvará o seu pobo de tódolos seus pecados. 
 
22Todo isto aconteceu para que se cumprise o que dixera o Señor por boca do profeta: 
 
23Mirade: a virxe concebirá e dará a luz un fillo, 
 
e poñeranlle de nome Emmanuel 
 
(que quere dicir "Deus connosco"). 
 
24Acordou Xosé do seu soño, e fixo tal como lle mandara o anxo do Señor, levando 
consigo a súa prometida; 25e sen que a tocase, ela deu a luz un fillo. E el púxolle de 
nome Xesús. 
 
 
 
 
 
195.- Día 19 de decembro 
 
 
 
PRIMEIRA Xuic 13, 2-7. 24-25a: 
 
O anxo anuncia o nacemento de Sanson 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS XUICES 
 
 
 
2Había un home de Sorah, da familia dos danitas, chamado Manóah. Súa muller era 
estéril e non procreara. 3E aparecéuselle á muller un mensaxeiro do Señor e díxolle: 
-"Velaquí que ti es estéril e non enxendraches; pero concebirás e parirás un fillo. 4E 
agora gárdate de beber viño e bebidas fermentadas e non comas nada impuro, 5pois 
velaquí que concebirás e parirás un fillo, e non subirá a navalla pola súa cabeza, pois o 
neno será nazir de Deus desde o ventre: e el comezará a salvar a Israel das mans dos 
filisteos". 
 
6E foi a muller e díxolle a seu marido: -"Un home de Deus veu onda min e a súa 
semellanza era a dun anxo de Deus, terrible de abondo; e non lle preguntei de onde era 
nin el me manifestou o seu nome. 7E díxome: Velaquí que concebirás e parirás un fillo. 
E agora non bebas viño nin bebidas fermentadas, e non comas nada impuro, pois o neno 
será nazir de Deus desde o ventre ata o día da súa morte". 
 
24E pariu a muller un neno e puxéronlle de nome Sansón; e o rapaz fíxose grande, e 
bendiciuno Iavé. 25E o espírito do Señor comezou a movelo ás veces, no campamento 
de Dan, entre Sorah e Extaol. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 70, 3-4a. 5-6ab. 16-17 
 
R/ (cf 8a): Énchase a miña boca da túa louvanza, 
 
para canta-la túa gloria 
 
 
 
3Se ti a rocha do meu refuxio 
 
sempre disposta para salvarme: 
 
Ti que e-la miña forte cidadela. 
 
4Rescátame, meu Deus, do poder dos malvados. 
 
 
 
5Ti es, Señor, a miña esperanza, 
 
a miña confianza, Señor, desde a mocidade. 
 
6Desde o nacemento apóiome en ti, 
 
desde o seo materno ti e-lo meu amparo. 
 
 
 
16falarei das fazañas do Señor: 
 
de ti, só de ti, cantarei a xustiza. 
 
17Desde a mocidade ensínasme ti, Deus, 
 
e aínda hoxe eu canto os teus prodixios. 
 
 
 
 
 
ALELUIA: 
 
Raiz de Xessé, que permaneces coma signo dos pobos: 
 
vén a librarnos, non tardes 
 
 
 
 
 
EVANXEO Lc 1, 5-25: 
 
O nacemento de Xoán Bautista é anunciado por Gabriel 
 
 
 
5Houbo no tempo de Herodes, rei de Xudea, un sacerdote chamado Zacarías, do grupo 
de Abías, casado cunha muller descendente de Aharón, chamada Isabel. 6Ambos eran 
xustos ante Deus, pois gardaban sen fallas os seus mandamentos e preceptos. 
 
7Non tiñan fillos, por ser Isabel estéril e estaren os dous moi entrados en anos. 8E 
resulta que, estando el exercendo o sacerdocio diante de Deus, segundo a quenda do seu 
grupo, 9entrou no Santuario do Señor, conforme o ritual, para ofrece-lo incenso, 
10mentres a xente do pobo facía oración fóra. 11Nisto, á dereita do altar do incenso, de 
pé, aparecéuselle un anxo do Señor. 12Za-carías, ó velo, turbouse todo, cheo de temor. 
13Mais o anxo díxolle: 
 
-Acouga, Zacarías, que se escoitou a túa petición, e Isabel, a túa muller, vaiche dar un 
fillo, e vaslle chamar Xoán. 
 
14Será para ti gozo e alegría, e moitos se alegrarán co seu nacemento. 15Será grande 
ante o Señor e non beberá nin viño nin licor. Desde o mesmo ventre da súa nai estará 
cheo do Espírito Santo. 16Converterá a moitos fillos de Israel ó Señor, o seu Deus. 
17Camiñará diante del co espírito e poder de Elías, para reconciliar pais con fillos, 
ensinarlles ós rebeldes o proceder dos xustos e preparar así un pobo ben disposto para o 
Señor. 
 
18Preguntoulle Zacarías ó anxo: 
 
-¿E como me constará iso a min, que xa vou vello e a miña muller tamén xa pasa dos 
anos? 
 
19O anxo respondeu: 
 
-Eu son Gabriel, o que estou preto de Deus e mandoume para falar contigo e darche esta 
boa nova. 20E fíxate ben: vas quedar mudo e non poderás falar ata o día no que 
aconteza todo isto, xa que non criches nas miñas palabras que se han cumprir no seu 
tempo. 
 
21E, mentres, o pobo esperaba por Zacarías, sorprendido de que se demorase tanto 
dentro do Santuario. 22Cando por fin saíu, sen lles poder falar, comprenderon que tivera 
algunha visión no Santuario. El facíalles acenos, permanecendo mudo. 23E, cando 
rematou o tempo do seu ministerio, foise para a súa casa. 
 
24Días despois, concebiu a súa muller Isabel, que se ocultou durante cinco meses. E 
dicía para si: 
 
25-Isto é obra do Señor, que se dignou librarme desta vergonza diante da xente. 
 
 
 
 
 
196.- Día 20 de decembro 
 
 
 
PRIMEIRA Is 7, 10-14: 
 
Velaí que unha virxe concebirá 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS 
 
 
 
10O Señor faloulle a Acaz nestes termos: 
 
11"Pide para ti un sinal de parte do Señor, o teu Deus, nas profundidades do Xeol ou 
arriba nas alturas". 
 
12Respondeu Acaz: 
 
"Non o pido, pois non quero poñer a proba ó Señor". 
 
13Entón dixo Isaías: 
 
"Escoitade vós, casa de David: ¿Non vos é pouco domina-los homes, que aínda 
queredes domina-lo meu Deus? 14Por isto, o meu Señor daravos El mesmo un sinal: 
Velaí a doncela: está en cinta e dá a luz un fillo, ó que lle pon de nome Deus-connosco. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 23, 1-2. 3-4ab. 5-6 
 
R/ (cf 7c e 10b): Entrará o Señor: El é o rei da gloria 
 
 
 
Do Señor é a terra e canto a enche, 
 
o orbe e canto nel habita. 
 
2El é quen a fundou sobre os mares 
 
e quen a asegurou sobre as correntes. 
 
 
 
3¿Quen poderá subir ó monte do Señor? 
 
¿Quen poderá quedar no seu santuario? 
 
4O que ten as mans limpas e puro o corazón, 
 
o que non pon a mente en cousas vas 
 
 
 
5Ese recibirá do Señor bendición 
 
e xustiza de Deus, o seu salvador. 
 
6Así é a liñaxe dos que o buscan, 
 
dos que buscan a presencia do Deus de Xacob. 
 
 
 
 
 
ALELUIA: 
 
Chave de David, que ábre-las portas do Reino eterno: 
 
vén e saca do cárcere ó derrotado que senta nas tebras 
 
 
 
 
 
EVANXEO Lc 1, 26-38: 
 
Velaí que concebirás e parirás un fillo 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
26No sexto mes, Deus mandou o anxo Gabriel a unha vila chamada Nazaret, 27onda 
unha mociña prometida a un home da casa de David, que se chamaba Xosé; o nome da 
mociña era María. 
 
28Entrando onde estaba ela, díxolle: 
 
-Alégrate, chea de gracia, o Señor está contigo. 
 
29Ela turbouse con estas palabras, cavilando no que podería significa-lo saúdo aquel. 
30O anxo continuou: 
 
-Non teñas medo, María, porque ti atopaches gracia ante Deus; 31e, fíxate, vas concebir 
no teu ventre e darás á luz un fillo, ó que lle poñerás de nome Xesús. 32Será grande e 
chamarase Fillo do Altísimo, e o Señor Deus daralle o trono de David, seu pai; 
33reinará por sempre na casa de Xacob, e o seu reinado non terá fin. 
 
34María respondeulle ó anxo: 
 
-¿E como pode ser isto, pois eu son virxe? 
 
35O anxo replicoulle: 
 
-O Espírito Santo baixará sobre ti e o poder do Altísimo cubrirate coa súa sombra; por 
iso o que vai nacer de ti será santo e chamarase Fillo de Deus. 36Aí te-la túa curmá 
Isabel, que concebiu un fillo na súa vellez, e xa está de seis meses a que chamaban 
estéril, 37que para Deus non hai imposibles. 
 
38María contestou: 
 
-Velaquí a escrava do Señor: cúmprase en min o que dixeches. 
 
E o anxo marchou de onda ela. 
 
 
 
 
 
197.- Día 21 de decembro 
 
 
 
PRIMEIRA Cant 2, 8-14: 
 
Velaí vén o meu amado choutando polos montes 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO CANTAR DOS 
CANTARES 
 
 
 
8¡Escoitade! ¡É o meu amigo! ¡Aí o vén! 
 
¡Choutando polos montes, brincando por outeiros! 
 
9Semella o meu amigo unha gacela 
 
ou un cerviño novo. 
 
¡Velaí que parou tralo noso muro, 
 
albisca polas fiestras, 
 
axexa polas reixas! 
 
10Faloume o meu amigo; así dicía: 
 
-"¡Érguete, amada miña, fermosa miña, 
 
ven xa! 
 
11Xa fuxiu o inverno, 
 
foron pasando as chuvias, 
 
12floriñas asomaron na campía, 
 
vén o tempo das ruadas, 
 
os arrolos da rula resoan nos nosos campos; 
 
13o figueiral ten gromos, 
 
as vides botan flores recendentes. 
 
¡Érguete e ven, amada, 
 
fermosa miña, ven xa! 
 
14¡Miña pomba, nas fendas dos penedos, 
 
nos recantos das rochas, 
 
faime ve-la túa figura, 
 
faime oí-lo teu falar, 
 
que é doce esa voz túa, 
 
e o teu xeito, lanzal!" 
 
 
 
Ou tamén: Sof 3, 14-18a 
 
O Rei de Israel é o Señor, que está no medio de ti 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE SOFONÍAS 
 
 
 
14Exulta, filla de Sión; berra lediciosa, Israel, 
 
alégrate e relouca con todo o corazón, filla de Xerusalén. 
 
15O Señor retirou o teu castigo, botou para atrás os teus inimigos. 
 
O Señor será o rei de Israel no medio de ti, non volverás a ter medo da desgracia. 
 
16No día aquel diráselle a Xerusalén: 
 
Non teñas medo, Sión, que as túas mans non afrouxen. 
 
17O Señor, o teu Deus, está no medio de ti, é un heroe que salva. 
 
El salta de alegría por ti, embrúxate co seu amor, 
 
dá brincos de alegría por ti. 
 
18Eu aparteite da asemblea festiva; retirei de ti o seu ¡Ai! 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 32, 2-3. 11-12. 20-21 
 
R/ (1a e 3a): Exultade, xustos, no Señor; 
 
cantádelle unha nova cántiga 
 
 
 
2Festexade ó Señor con cítolas, 
 
tocade con harpa de dez cordas. 
 
3Cantádelle unha nova cántiga, 
 
tanxédelle ben, con aturuxos. 
 
 
 
11O consello do Señor dura por sempre, 
 
os seus plans de xeración en xeración. 
 
12Feliz a nación que ten a Deus por Señor, 
 
o pobo que El elixiu como herdade. 
 
 
 
20Nós agardámo-lo Señor: 
 
El é o noso socorro, o noso escudo. 
 
21Nel alégrase ó noso corazón 
 
e confiamos no seu nome. 
 
 
 
 
 
ALELUIA: 
 
Deus-connosco, noso rei e lexislador: 
 
vén a salvarnos, Señor, noso Deus. 
 
 
 
EVANXEO Lc 1, 39-45 
 
¿Quen son eu para que me visite a nai do meu Señor? 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
María saíu con moita présa camiño da montaña, a unha vila de Xudá. 40Entrou na casa 
de Zacarías e saudou a Isabel. 41E en oíndo Isabel o saúdo de María, o neno brincoulle 
no ventre. Entón, chea do Espírito Santo, 42exclamou Isabel, a grandes voces: 
 
-Bendita ti entre as mulleres e bendito o froito do teu ventre. 43¿Quen son eu para que 
me visite a nai do meu Señor? 44Pois ó que chegou o teu saúdo ós meus oídos, brincou 
de alegría a criatura no meu ventre. 45¡Ditosa ti que criches que se cumpriría canto che 
anunciaron de parte do Señor! 
 
 
 
 
 
198.- Día 22 de decembro 
 
 
 
PRIMEIRA 1 Sam 1, 24-28 
 
Ana da gracias polo nacemento de Samuel 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DE 
SAMUEL 
 
 
 
Ana subiu con Samuel a Xiloh, ó santuario do Señor, levando consigo un becerro de tres 
anos, unha fanega de fariña e un pelexo de viño. 
 
25Sacrificado o becerro, Ana presentoulle o neno a Elí, dicindo: 26-"Co teu permiso, 
señor. Pola túa vida, eu son aquela muller que estivo aquí, diante de ti, rezándolle ó 
Señor. 27Pedíalle este neno e o Señor concedeume o favor que lle pedía. 28Agora son 
eu quen llo cedo ó Señor para mentres viva. Será un cedido ó Señor". Despois diso 
adoraron o Señor. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL 1 Sam 2, 1. 4-5. 6-7. 8abcd 
 
R/ (1a): O meu corazón alégrase no Señor, meu Salvador 
 
 
 
-"O meu corazón alégrase no Señor, 
 
érgome forte no meu Deus; 
 
a miña boca rise dos meus inimigos, 
 
porque celebro a túa salvación. 
 
 
 
4Os arcos dos fortes sofren quebra, 
 
os febles énchense de valor; 
 
5os fartos contrátanse polo pan, 
 
mentres que os famentos descansan; 
 
a que antes era estéril, 
 
dá á luz sete veces; 
 
a que antes se enchía de fillos, 
 
agora vese baldeira. 
 
 
 
6O Señor dá a morte e a vida, 
 
afunde no abismo e saca de alí. 
 
7O Señor enriquece e desposúe, 
 
humilla e tamén engrandece. 
 
 
 
8El ergue da lama ó humilde 
 
e tira ó pobre da esterqueira, 
 
para o sentar entre os príncipes 
 
coma herdeiro dun trono de gloria. 
 
 
 
 
 
ALELUIA: 
 
Rei das nacións e rocha angular da Igrexa: 
 
vén e salva ó home que formaches do barro 
 
 
 
 
 
EVANXEO Lc 1, 46-56: 
 
Fixo en min marabillas o poderoso 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
María exclamou: 
 
A miña alma proclama a grandeza do Señor, 
 
47e alégrase o meu espírito en Deus, o meu Salvador, 
 
48porque reparou na súa humilde escraviña. 
 
Velaí: desde agora 
 
tódalas xeracións me van felicitar. 
 
49¡Marabillas o Poderoso fixo en min! 
 
O seu nome é Santo; 
 
50a súa misericordia chega xeración tras xeración 
 
a tódolos que o temen. 
 
51Manifesta o poder do seu brazo, 
 
desbaratando os plans dos soberbios. 
 
52Derruba do seu trono ós poderosos, 
 
e fai subi-los humildes; 
 
53ós famentos éncheos de bens, 
 
e ós ricos despídeos baleiros. 
 
54Ampara a Israel, o seu Servidor, 
 
lembrándose da súa misericordia, 
 
55conforme prometera a nosos pais, 
 
en favor de Abraham e da súa descendencia para sempre. 
 
56María permaneceu con ela tres meses, e logo volveuse para a súa casa. 
 
 
 
 
 
199.- Día 23 de decembro 
 
 
 
PRIMEIRA Ma1 3, 1-4. 23-24: 
 
Mandareivos ó profeta Elías, antes de que veña o dia do Señor 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE MALAQUÍAS 
 
 
 
Di o Señor: 
 
3 1Velaí, eu envío o meu mensaxeiro, 
 
para que limpe o camiño diante de min. 
 
Nun momento entrará no seu santuario 
 
o Señor a quen vós estades buscando, 
 
o mensaxeiro da Alianza, a quen vos lle tendes amor: 
 
vede que chega -fala o Señor dos Exércitos-. 
 
2¿Quen aguantará o día da súa chegada? 
 
¿Quen se manterá de pé cando El apareza? 
 
Si, El será coma o lume do fundidor, 
 
coma a lixivia dos que lavan. 
 
3Sentarase coma o fundidor que refina a prata, 
 
refinará os fillos de Leví e purificaraos; 
 
coma a prata e coma o ouro, así serán para o Señor 
 
os que presenten a ofrenda con xustiza. 
 
23Vede: eu vouvos manda-lo profeta Elías 
 
antes de que chegue o día do Señor grande e temible: 
 
24El fará volve-lo corazón dos pais cara ós fillos, 
 
e o corazón dos fillos cara ós pais, 
 
non sexa que eu me vexa obrigado a vir 
 
para castiga-lo país co exterminio sagrado. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 24, 4bc-5ab. 8-9. 10 e 14 
 
R/ (Lc 21, 28): Atendede e levantade a cabeza, 
 
porque xa chega a vosa redención 
 
 
 
4Móstrame, Señor, os teus camiños, 
 
ensíname os teus sendeiros, 
 
5diríxeme na túa verdade, apréndeme, 
 
pois ti es, Deus, o meu salvador. 
 
 
 
8O Señor é bo e recto: 
 
por iso ensínalle-lo camiño ós extraviados, 
 
9dirixe ós xustos no xuízo 
 
e móstralles ós humildes o vieiro. 
 
 
 
10Os camiños do Señor son todos amor e lealdade, 
 
para os que gardan a súa alianza e as súas instruccións. 
 
14O segredo do Señor é para os que o temen, 
 
e instrúeos coa súa alianza. 
 
 
 
 
 
ALELUIA: 
 
Rei das nacións e rocha angular da Igrexa: 
 
vén e salva ó home que formaches do barro 
 
 
 
 
 
EVANXEO Lc 1, 57-66: 
 
Nacemento de Xoán Bautista 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
57Cando se lle cumpriron os meses a Isabel, deu á luz un fillo. 58En sabendo os 
parentes e veciños a bondade con que Deus a regalara, fórona felicitar. 59Os oito días 
levárono a cincuncidar e queríanlle poñer Zacarías, coma seu pai. 60Pero interveu a nai 
dicindo: 
 
-¡Non, chamarase Xoán! 
 
61Eles replicaron: 
 
-¡Pero se non hai ninguén na túa parentela que se chame así! 
 
62Preguntáronlle por señas ó pai, como quería que se chamase. 63El pediu con que 
escribir e puxo: 
 
-Xoán é o nome do meniño. 
 
Todos ficaron sorprendidos. 64E de súpeto ceibóuselle a lingua, e empezou a falar 
bendicindo a Deus. 65Os veciños quedaron todos abraiados, e por toda a montaña de 
Xudea non se falaba doutra cousa. 66Tódolos que o oían, dicían moi impresionados: 
"¿Que vai ser deste neno?" Porque a man de Deus estaba con el.