Semana 3

 
 

SEMANA 3ª DO ADVENTO 

 
 
 
187.- LUNS 
 
 
 
PRIMEIRA Num 24, 2-7. 15-17a 
 
De Xacob nace unha estrela 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS NÚMEROS 
 
 
 
2Levantou os ollos Balaam e viu a Israel acampado por tribos, e o espírito do Señor 
descendeu sobre el. 3Entón pronunciou o seu oráculo: 
 
-"Oráculo de Balaam, fillo de Beor, 
 
oráculo do varón de ollo penetrante, 
 
4 oráculo de quen oe as palabras de Deus, 
 
de quen ve as visións do Todopoderoso; 
 
que cae e se lle abren os ollos. 
 
5 ¡Que fermosas son as túas tendas, Xacob; 
 
e as túas moradas, Israel! 
 
6 Son longos coma vales, 
 
cal xardíns á beira do río, 
 
coma áloes plantados polo Señor, 
 
coma cedros a carón das augas. 
 
7 A auga corre das súas nubes, 
 
e a súa sementeira crecerá ben regada. 
 
Máis louvado ca Agag será o seu rei, 
 
exaltado será o seu reino. 
 
15 -"Oráculo de Balaam, fillo de Beor, 
 
oráculo do varón de ollo penetrante, 
 
16 oráculo de quen oe as palabras de Deus, 
 
e coñece a ciencia do Altísimo, 
 
de quen ve as visións do Todopoderoso, 
 
que cae e se lle abren os ollos. 
 
17 Véxoo, pero non neste intre; 
 
eu avístoo, pero non de cerca: 
 
saíu unha estrela de Xacob, 
 
e surxiu un caxato de Israel; 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 24, 4bc-5ab. 6-7bc. 8-9 
 
R/ (4b): Móstrame, Señor, os teus sendeiros 
 
 
 
4Móstrame, Señor, os teus camiños, 
 
ensíname os teus sendeiros, 
 
5diríxeme na túa verdade, apréndeme, 
 
pois ti es, Deus, o meu salvador 
 
 
 
6Lémbrate, Señor, da túa compaixón e do teu amor, 
 
pois existen desde sempre. 
 
7Acórdate de min segundo o teu amor, 
 
Señor, pola túa bondade. 
 
 
 
8O Señor é bo e recto: 
 
por iso ensínalle-lo camiño ós extraviados, 
 
9dirixe ós xustos no xuízo 
 
e móstralles ós humildes o vieiro. 
 
 
 
 
 
ALELUIA Sal 84, 8: 
 
Móstranos, Señor a túa misericordia, 
 
e dáno-la túa salvación 
 
 
 
 
 
EVANXEO Mt 21, 23-27: 
 
¿De onde era o bautismo de Xoán? 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
23Entrou Xesús no templo e mentres ensinaba, acercáronselle os sumos sacerdotes e 
mailos senadores do pobo, para lle preguntaren: 
 
-¿Con que autoridade fas esas cousas? ¿Quen che deu tal autoridade? 
 
24Xesús respondeulles: 
 
-Vouvos facer tamén eu a vós unha pregunta; e se respondedes, dígovos eu tamén con 
que autoridade fago estas cousas: 25o bautismo de Xoán, ¿de onde era? ¿Era cousa de 
Deus ou dos homes? 
 
Eles razoaban entre si dicindo: "se respondemos de Deus, preguntaranos: ¿entón por que 
non crestes nel? 26Pero se respondemos dos homes, temémoslle ó pobo, porque todos 
teñen a Xoán por profeta". 27E contestáronlle a Xesús: 
 
-Non sabemos. 
 
Xesús replicou: 
 
-Pois eu tampouco non vos vou dicir con que autoridade fago estas cousas. 
 
 
 
 
 
188.- MARTES 
 
 
 
PRIMEIRA Sof 3, 1-2. 9-13 
 
Prométeselle a tódolos pobos a salvación mesiánica 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE SOFONÍAS 
 
 
 
Di o Señor: 
 
3 1¡Ai da cidade opresora! É rebelde e está manchada. 
 
2Non fai caso da chamada, non aprende a lección co castigo. 
 
Non ten confianza no Señor, non se arrima ó seu Deus. 
 
9Daquela, certo, eu volverei puros os labios do meu pobo 
 
para que todos eles invoquen o nome do Señor, 
 
dándolle culto cun esforzo unánime. 
 
10Desde o outro lado dos ríos de Cux, os meus adoradores, 
 
a miña casa dispersa, traerán para min as ofrendas. 
 
11No día aquel non te avergonzarás de ningún dos feitos cos que me ofendiches, 
 
porque entón eu farei que non te alegres do teu orgullo, 
 
e non volverás a enorgullecerte no meu monte santo. 
 
12Farei que quede no medio de ti un pobo pobre e humilde, 
 
e no Nome do Señor terá o seu refuxio 13o resto de Israel. 
 
Non farán maldades nin dirán mentiras; 
 
non se atopará na súa boca lingua mentireira. 
 
Si, eles pacerán e deitaranse sen que ninguén os espante. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 33, 2-3. 6-7. 17-18. 19 e 23 
 
R/ (7a): O Señor escoita ó pobre que o chama 
 
 
 
2Eu bendigo ó Señor en todo instante, 
 
teño sempre na boca a súa louvanza; 
 
3gloríome no Señor, 
 
e os humildes alégranse, ó escoitalo. 
 
 
 
6Ollade para El e refulxide, 
 
non poñades caras murchas. 
 
7O Señor escoita ó pobre que o chama 
 
e líbrao de tódolos apretos. 
 
 
 
17mais o Señor mira con enfado ós malvados, 
 
para borrar da terra a súa memoria. 
 
18Claman aqueles, e o Señor escoita, 
 
líbraos de tódalas angustias. 
 
 
 
19O Señor está preto do aflixido, 
 
salva ó asoballado. 
 
23O Señor redime os seus servos: 
 
non será castigado quen a El se acolle. 
 
 
 
 
 
ALELUIA 
 
 
 
Vén, Señor, non tardes 
 
perdoa as culpas do teu pobo 
 
 
 
 
 
EVANXEO Mt 21, 28-32 
 
Veu Xoán e os pecadores creron nel 
 
 
 
PEOCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 
 
 
 
Dilles Xesús ós sumos sacerdotes e ós senadores do pobo: 
 
28-¿Que vos parece? Un home tiña dous fillos. Foi onda o primeiro, e díxolle: "Meu 
fillo, vai traballar hoxe na viña". 29El respondeu: 
 
"Non quero"; pero despois, arrepentido, foi. 
 
30Foise onda o outro e díxolle o mesmo. El respondeu: "Vou, señor"; pero non foi. 
 
31-¿Quen dos dous fixo a vontade do pai? 
 
Respondéronlle: 
 
-O primeiro. 
 
Entón díxolles Xesús: 
 
-Asegúrovos que os recadadores e mailas prostitutas entrarán no Reino de Deus antes ca 
vós. 32Porque veu Xoán para vos ensina-lo camiño da xustiza, e non lle fixestes caso; 
en cambio, os recadadores e mailas prostitutas, si que llo fixeron. Pero vós, aínda 
despois de ver aquilo, nin vos arrepentistes nin crestes. 
 
 
 
 
 
189.- MÉRCORES 
 
 
 
PRIMEIRA Is 45, 6b-8. 18. 21b-25 
 
¡Rociade, ceos, desde arriba! 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS 
 
 
 
Eu son o Señor e non hai outro, 
 
7o que forma a luz e crea a tebra, o que fai a felicidade e crea a desgracia. 
 
Eu, o Señor, o que fago todas estas cousas. 
 
8Ceo, fai caer desde arriba; bóveda celeste, bota para abaixo a xustiza, 
 
que a terra se abra e dea como froito a salvación, que a xustiza faga brota-la felicidade. 
 
Eu, o Señor, son quen a crea. 
 
18Si, así fala o Señor, o Creador do ceo, El é Deus, 
 
o formador da terra e o seu facer, El creouna, 
 
non a creou coma un caos, formouna para ser habitada. 
 
"Eu son Iavé e non hai outro. 
 
¿Acaso non fun eu, o Señor? ¡Si, non hai outro Deus fóra de min! 
 
Eu son Deus, o Xusto e o Salvador, non hai outro fóra de min. 
 
22Volvédevos cara a min e salvádevos, tódolos confíns da terra, 
 
que eu son Deus, e non hai outro. 
 
23Xúroo por min mesmo: da miña boca sae -para cumpri-lo que é xusto- unha palabra 
que non se volve atrás: 
 
ante min dobrarase todo xeonllo, por min xurará toda lingua. 
 
24De min dirase: Si, no Señor están a xustiza e o poder". 
 
Onda El virán, avergonzados, tódolos que se levantaron contra El. 
 
25Toda a descendencia de Xacob recibirá a xustiza de parte do Señor e nel se gloriará. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 84, 9ab-10. 11-12. 13-14 
 
R/ (cf Is 45, 8): Rociade, ceos, desde arriba 
 
e que as nubes choivan ó xusto 
 
 
 
9Escoitarei o que di o noso Deus: 
 
certamente o Señor fala de paz 
 
10A salvación está xa preto dos que o temen, 
 
a súa gloria habitará na nosa terra. 
 
 
 
11O amor e a fidelidade atoparanse, 
 
abrazaranse a xustiza e maila paz. 
 
12Na terra xermolará a fidelidade, 
 
a xustiza ollará desde o ceo. 
 
 
 
13O mesmo Señor dará os bens, 
 
a nosa terra dará os froitos. 
 
14A xustiza irá dediante del, 
 
guiará os seus pés no camiño. 
 
 
 
 
 
ALELUIA Is 40, 9-10: 
 
Levanta con forza a túa voz, 
 
ti que es mensaxeiro; 
 
velaí o Señor Deus virá con poder 
 
 
 
 
 
EVANXEO Lc 7, 19-23: 
 
Comunicádelle a Xoán conto vistes e ouistes 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
Chamou Xoán a dous dos seus discípulos e mandounos onda o Señor a lle preguntar: 
 
-¿Es ti o que ten que vir, ou esperaremos por outro? 
 
20Presentáronse, logo, onda el os dous homes e dixeron: 
 
-Xoán Bautista mándanos a ti, para preguntarche: "¿Es ti quen ten que vir, ou 
esperaremos por outro?". 
 
21Naquela mesma hora curou a moitos de doenzas, padecementos e malos espíritos, e 
devolvéulle-la vista a moitos cegos. 22E logo déulle-la resposta: 
 
-Ide e contádelle a Xoán o que acabades de ver e oír: os cegos ven, os coxos andan, os 
gafos fican limpos e os xordos oen, os mortos resucitan e ós pobres estáselles 
anunciando a Boa Nova. 23E ditoso quen non se escandalice de min. 
 
 
 
 
 
190.- XOVES 
 
 
 
PRIMEIRA Is 54, 1-10 
 
O Señor chamoute coma a esposa abandonada 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS 
 
 
 
54 1Berra lediciosa ti, estéril, 
 
a que non deches a luz, 
 
rompe en aclamacións, 
 
exulta ti, a que non sentíche-las dores do parto, 
 
porque os fillos da abandonada serán moitos máis 
 
cós fillos da casada -dixo o Señor-. 
 
2Alonga o espacio da túa tenda, 
 
estende as cortinas das túas moradas, 
 
non te negues; 
 
alonga as túas cordas, afinca as túas ferraxes, 
 
3que terás que estenderte para a dereita e para a esquerda, 
 
pois a túa descendencia herdará nacións 
 
e volverá habitar cidades arrasadas. 
 
4Non teñas medo, que non te avergonzarás, 
 
non teñas vergonza, que non terás que arrubiarte, 
 
pois esquecera-la vergonza da túa mocidade, 
 
e do oprobio da túa viuvez non te lembrarás máis. 
 
5Pois velaí o teu Facedor, o teu Creador, 
 
Señor Todopoderoso é o seu nome. 
 
Certo que o teu Redentor é o Santo de Israel, 
 
chámase Deus de toda a terra. 
 
6Si, o Señor chamoute 
 
coma a esposa abandonada e aflixida no espírito, 
 
e coma a esposa da xuventude, 
 
que de certo foi rexeitada; 
 
o teu Deus díxoche: 
 
7"Durante un pouco tempo abandoneite, 
 
pero con inmensa compaixón recollereite. 
 
8Por un arrebato de ira escondín a miña cara de ti algún tempo 
 
pero con amor eterno teño compaixón de ti 
 
-dixo o Señor, o teu Redentor-. 
 
9Si, nos días de Noé aconteceume isto: 
 
xurei que as augas de Noé non volverían cruzar sobre a terra, 
 
así tamén xurei que non me enfadaría contra ti nin te ameazaría. 
 
10Pois os montes moveranse e os outeiros abanearán, 
 
pero o meu amor non se moverá de onda ti 
 
e a miña alianza de paz non cambaleará 
 
-dixo o Señor, que ten compaixón de ti-. 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 29, 2 e 4. 5-6. 11-12a e 13b 
 
R/ (2a): Eu lóuvote, Señor, que me liberas 
 
 
 
2Eu lóuvote, Señor, que me liberas 
 
e non deixas que o inimigo faga riso de min. 
 
4sácasme do abismo 
 
e mantesme na vida, 
 
lonxe dos que baixan ó sepulcro. 
 
 
 
5Cantádelle ó Señor os seus amados, 
 
louvade o seu santo nome. 
 
6O seu asaño dura só un intre; 
 
o seu favor, toda a vida. 
 
Se hai pranto á tardiña, 
 
ó abrente xa hai ledicia. 
 
 
 
11Escoita, Señor; ten compaixón de min, 
 
se ti, Señor, a miña axuda. 
 
12Ti podes troca-lo loito en danza. 
 
13Señor, meu Deus, 
 
por sempre te hei louvar. 
 
 
 
 
 
ALELUIA Lc 3, 4. 6: 
 
Preparade o camiño do Señor, endereitade os seus sendeiros; 
 
todos verán a salvación de Deus 
 
 
 
 
 
EVANXEO Lc 7, 24-30 
 
Xoán é o mensaxeiro que prepara o camiño do Señor 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
 
 
 
24O que se foron os mensaxeiros de Xoán, comezou Xesús a falarlle de Xoán á xente: 
 
-¿Que fostes ver no deserto? ¿Unha canivela abaneada polo vento? 25¿Ou que fostes 
ver, logo? ¿Un home vestido con roupas finas? Pero os que visten elegantemente e con 
luxo están nos pazos reais. 26Pois logo, ¿que fostes ver? ¿Un profeta? Si, e asegúrovos 
que moito máis ca un profeta. 27Este é de quen está escrito: 
 
Olla, mando o meu mensaxeiro diante de ti 
 
para que prepare o camiño ante ti. 
 
28E dígovos: aínda non naceu de muller ninguén meirande do que Xoán Bautista, anque 
o máis pequeno no Reino de Deus é meirande ca el. 
 
29(A xente toda escoitábao, e mesmo os recadadores de impostos recoñecían a gracia de 
Deus, facéndose bautizar co bautismo de Xoán. 30En troques os fariseos e mailos 
xuristas frustraron o plan de Deus ó refugaren o seu bautismo). 
 
 
 
 
 
191.- VENRES 
 
 
 
PRIMEIRA Is 56, 1-3a. 6-8: 
 
A miña casa será chamada casa de oración en tódolos pobos 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS 
 
 
 
56 1Así fala o Señor: 
 
cumpride o dereito e practicade a xustiza, 
 
que a miña salvación está próxima a chegar 
 
e a miña xustiza (está próxima) a mostrarse. 
 
2Benaventurado o home que cumpra isto 
 
e o fillo de Adam que se manteña nisto firme, 
 
gardando o sábado sen profanalo 
 
e gardando a súa man de facer calquera maldade. 
 
3Que o fillo de estranxeiro que se apega ó Señor non fale nestes termos: 
 
"O Señor apártame totalmente do seu pobo". 
 
6E ós fillos de estranxeiro que se apegan ó Señor, 
 
servindo e amando o Nome do Señor, sendo os seus servos, 
 
a todo o que garde o sábado sen profanalo 
 
e ós que se manteñan firmes na miña Alianza, 
 
7traereinos ó meu monte santo 
 
e alegrareinos na miña casa de oración. 
 
Os seus holocaustos e os seus sacrificios 
 
servirán de ofrenda de amor sobre o meu altar. 
 
Pois o meu templo chamarase casa de oración para tódolos pobos. 
 
8Así fala o Señor, Iavé, 
 
quen reúne ós dispersados de Israel: 
 
"Volverei congregar arredor de Israel ós que se lle xunten". 
 
 
 
 
 
SALMO RESPONSORIAL Sal 66, 2-3. 5. 7-8 
 
R/ (4): Lóuvente, Deus, os pobos, 
 
lóuvente os pobos todos. 
 
 
 
2Deus se apiade de nós e nos bendiga, 
 
móstreno-la luz da súa presencia. 
 
3Que se coñezan na terra os seus camiños 
 
e en tódolos pobos a súa salvación. 
 
 
 
5Alégrense e canten as nacións, 
 
porque ti gobérna-los pobos rectamente 
 
e guías na terra as nacións. 
 
 
 
7O agro dá os seus froitos, 
 
bendinos o noso Deus. 
 
8Que Deus nos bendiga e que o teman 
 
os confíns todos do mundo. 
 
 
 
 
 
ALELUIA: 
 
Vén, Señor, a visitarnos en paz, 
 
para que nos alegremos diante de ti con corazón perfecto 
 
 
 
 
 
EVANXEO Xn 5, 33-36: 
 
Xoán é un facho que arde e aluma 
 
 
 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN 
 
 
 
Dilles Xesús ós xudeos: 
 
33Vós mandastes xente a preguntarlle a Xoán e el deu testemuño da verdade. 34Non é 
que eu apele ó testemuño dos homes, pero lémbrovos isto pola vosa salvación. 35Xoán 
era o facho que ardía e alumaba, e vós quixestes gozar un instante da súa luz. 36Mais eu 
teño un testemuño máis importante có de Xoán, pois as obras que o Pai me encargou de 
levar a cabo, esas obras que eu fago, dan fe de que eu son un mandado do Pai. 37E o 
Pai, que me mandou, dá testemuño en favor