Aleluias

 
 

303.- ALELUIAS ata a Ascensión

 

1. Mt 4, 4b

Non soamente de pan vive o home,

senón de toda palabra saída da boca de Deus

 

 

2. Cf. Lc 24, 46. 26:

Era preciso que Cristo padecera e resucitara de entre os mortoas;

para entrar así na súa gloria

 

 

3. Xn 3, 15:

Debe ser exaltado o Fillo do Home,

para que todo o que cre nel teña vida eterna

 

 

4. Xn 3, 16:

De tal xeito amou Deus o mundo,

que lle deu o seu Fillo Unixénito;

todo o que cre nel, ten vida eterna

 

 

5. Xn 6, 35ab:

Eu son o pan da vida, di o Señor;

quen vén onda min non pasará fame

 

 

 

6. Cf. Xn 6, 40:

Todo aquel que cre no Fillo ten vida eterna;

e resucitareino no derradeiro día, di o Señor

 

 

7. Xn 6, 5I:

Eu son o pan vivo que baixou do ceo, di o Señor;

quen coma deste pan vivirá para sempre

 

 

8. Xn 6, 56:

Quen come a miña carne e bebe o meu sangue,

permanece en min e eu nel, di o Señor

 

 

9. Cf. Xn 6, 63c. 68c:

As túas palabras, Señor, son espírito e vida;

ti tes palabras de vida eterna

 

 

10. Xn 8, 12:

Eu son a luz do mundo, di o Señor;

quen me segue, terá a luz da vida

 

 

 

 11. Xn 8, 31b-32:

Se permanecedes na miña palabra,

seredes de verdade discípulos meus,

e coñeceréde-la verdade, di o Señor

 

 

12. Xn 10, 14:

Eu son o bo pastor, di o Señor,

coñezo as miñas e as miñas coñécenme a min

 

 

13. Xn 10, 27:

As miñas ovellas escoitan a miña voz, di o Señor;

eu coñézoas e elas séguenme.

 

 

14. Xn 14, 6:

Eu son o camiño e a verdade e a vida, di o Señor;

ninguén chega onda o Pai máis ca por min

 

 

15. Xn 15, 4a. 5b:

Permenecede en min e eu en vós, di o Señor;

quen permanece en min leva froito abondoso

 

 

16. Xn 15, 15b:

A vós trateivos de amigos, di o Señor,

pois todo o que lle oín a meu Pai

déivolo a coñecer

 

 

17. Xn 20, 29:

¿Tes fe, Tomás, porque me viches? di o Señor;

benia os que creron sen veren

 

 

18. Rom 6, 9:

Cristo, en resucitando de entre os mortos, xa non morre mais;

a morte xa non o domina mais

 

 

19. Col. 3, 1:

Se conresucitastes con Cristo, buscade as realidades de arriba,

onde está Cristo sentado á dereita de Deus

 

 

20. Cf. Ap 1, 5ab:

Xesús Cristo, ti es testemuña fiel, primoxénito dos mortos;

amáchesnos e laváche-los nosos pecados co teu sangue

 

 

 

21. Sabemos que Cristo resucitou verdadeiramente de entre os mortos:

Ten misericordia de nós, Rei victorioso

 

 

 

 22. resucitou o Señor do sepulcro

quen por nós pendurou do madeiro

 

 

23. Resucitou Cristo e ilinounos

ós que redimiu co seu sangue

 

 

24. Resucitou Cristo que creou tódalas cousas

e tivo misericordia do xénero humano

 

 

 

 304.- ALELUIAS despois da Ascensión

 

 

1. Mt 28, 19a. 20b:

Ide ó mundo enteiro e ensinade a tódalas xentes, di o Señor;

Eu estou convosco tódolos días

ata a consumación da historia

 

 

2. Xn 14, 16:

Rogareille ó Pai e daravos outro Defensor,

para que permaneza convosco para sempre

 

 

 

3. Cf. Xn 14, 18:

Non vos deixarei orfos, di o Señor:

voume e volvo onda vós e alegrarase o voso corazón

 

 

4. Xn 14, 26:

O Espírito Santo havos ensinar todo;

e recordaravos todo canto vos dixen

 

 

5. Xn 15, 26b. 27a:

O Espírito da verdade dará testemuño de min, di o señor;

e vós tamén daredes testemuño

 

 

6. Cf. Xn 16, 7. 13:

Mandaréivo-lo Espírito da verdade, di o Señor;

el conduciravos á verdade plena

 

 

7. Xn 16,28:

Saín do Pai e vin ó mundo;

de novo, deixo o mundo e volvo ó Pai

 

 

8. Cf. Xn 17, I7b. a:

A túa palabra, Señor é verdade;

santifícanos na verdade

 

 

9. Xn 17, 21:

Que todos sexan un,

coma ti, Pai, estás en min e eu en ti,

para que o mundo crea que ti me mandaches, di o Señor

 

 

10. Col 3, 1:

Se conresucitastes con Cristo, buscade as realidades de arriba,

onde Cristo está sentado á dereita do Pai.