Semana III
SEMANA 3ª DA PASCUA
273.- LUNS
PRIMEIRA Feit 6, 8-15:
Non eran capaces de facerlle frente á sabedoría e ó Espírito polo que falaba
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
8Estevo, cheo de gracia e poder, realizaba grandes prodixios e sinais entre o pobo.
9Apareceron algúns da sinagoga chamada dos libertos, dos de Cirene, dos de Alexandría
e dos de Cilicia e Asia, para discutiren con Estevo. 10Pero non lle daban replicado á
ciencia e ó Espírito con que falaba.
11Entón subornaron uns homes, para que dixesen: "Sentímoslle blasfemar contra
Moisés e contra Deus".
12Así encirraron ó pobo, ós anciáns e ós mestres da Lei; e, arremetendo contra el,
levárono ó consello. 13Presentaron falsas testemuñas, que dicían: "este home non para
de blasfemar contra este lugar santo e contra a Lei; 14sentímoslle dicir que ese Xesús de
Nazaret destruirá este sitio e cambiará os costumes que nos transmitiu Moisés". 15Entón
tódolos que estaban sentados no consello, fixaron a vista nel e o seu rostro pareceulles
mesmamente o dun anxo.
SALMO RESPONSORIAL Sal 118, 23-24. 26-27. 29-30
R/ (1b): Ditosos os que andan segundo a Lei do Señor
Ou: Aleluia
23Aínda que os grandes senten a murmurar de min,
o teu servo medita os teus mandatos.
24Os teus preceptos son a miña delicia
eles son os meus conselleiros.
26Expóñoche os meus camiños, para que ti me respondas
e me ensíne-los teus preceptos.
27Instrúeme nos teus mandatos
e meditarei as túas marabillas.
29Arrédame do camiño enganoso
e dáme a gracia da túa instrucción.
30Eu elixo o camiño da verdade
e fago miñas as túas decisións.
ALELUIA Mt 4, 4b:
O home non vivirá só de pan,
senón de toda palabra que procede da boca de Deus
EVANXEO Xn 6, 22-29:
Procurade non un alimento perecedeiro, senón que permanece para a vida eterna
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Despois que Xesús fartara a cinco mil homes, os seus discípulos vírono andando sobre
do mar. 22O outro día, a xente que quedara na outra banda do mar, decatouse de que alí
non había máis ca un bote e que Xesús non montara nel cos seus discípulos, senón que
estes marcharan sós. 23Nisto chegaron algúns botes de Tiberíades, de cerca do sitio
onde comeran o pan despois de o Señor dar gracias a Deus. 24Así que, en vendo a xente
que Xesús non estaba alí, nin tampouco os seus discípulos, montaron nos botes e
chegaron a Cafarnaúm buscando a Xesús. 25Atopárono na outra banda do mar e
dixéronlle:
-Rabbí, ¿cando chegaches aquí?
26Xesús contestoulles:
-Con toda verdade volo aseguro: buscádesme non porque vistes sinais, senón porque
comestes pan ata vos fartar. 27Traba-llade non polo pan que se acaba, senón polo que
dura deica a vida eterna, o que vos dará o Fillo do Home: pois el é a quen o Pai Deus
marcou co seu selo.
28Eles preguntáronlle:
-¿Que temos que facer para realiza-las obras de Deus?
29Respondeu Xesús:
-Esta é a obra de Deus: que creades naquel que El mandou.
274.- MARTES
PRIMEIRA Feit 7, 51 - 8, 1a:
Señor, Xesús, recibe o meu espírito
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Dilles Estevo ó pobo e ós senadores e ós escribas:
51¡Duros de testa e incircuncisos de corazón e oídos! ¡Vós sempre resistíde-lo Espírito
Santo! Sodes coma vosos pais. 52¿A que profeta non perseguiron vosos pais? Mataron
ós que anunciaron por adiantado a vinda do Xusto, do que vós agora vos fixestes
traidores e asasinos: 53¡vós que recibíste-la Lei por mandado dos anxos e non a
gardastes!
54O sentiren isto, adoecían e renxían os dentes contra Estevo. 55Pero el, cheo do
Espírito Santo e cos ollos cravados no ceo, viu a gloria de Deus e a Xesús de pé á
dereita de Deus, 56e dixo:
-Ollade, vexo o ceo aberto e o Fillo do Home, de pé, á dereita de Deus.
57Entón pegaron a berrar, taparon os oídos, e todos á xunta arremeteron contra el;
58quitárono fóra da cidade e comezaron a apedralo. As testemuñas deixaron os seus
vestidos ós pés dun mozo chamado Saulo.
59Apedraban a Estevo, que invocaba así: "¡Señor Xesús, recibe o meu espírito!" 60E
posto de xeonllos, berrou con voz forte: "¡Señor, non lles teñas en conta este pecado!"
Dito esto, adormeceu para sempre.
8 1Saulo aprobaba a súa morte. Aquel día levantouse unha grande persecución contra a
Igrexa de Xerusalén, e todos, agás os apóstolos, dispersáronse polas terras da Xudea e
da Samaría.
SALMO RESPONSORIAL Sal 30, 3cd-4. 6ab e 7b e 8a. 17 e 21ab
R/ (6a): Nas túas mans, Señor, encomendo a miña vida
Ou: Aleluia
3Se a rocha do meu refuxio,
o castelo forte onde me salve.
4Xa que ti e-la miña rocha e o meu castelo,
por mor do teu nome, diríxeme e guíame.
6Nas túas mans encomendo a miña vida,
e ti librarasme, Señor, Deus fiel.
7En canto a min, eu confío no Señor.
8Teño gozo e ledicia na túa misericordia,
17Fai brilla-lo teu rostro para o teu servo,
sálvame, pola túa misericordia.
21Na túa presencia faslles un refuxio,
un agarimo contra a conxura humana.
ALELUIA Xn 6, 35ab:
Eu son o pan da vida, di o Señor;
quen vén onda min non terá fame
EVANXEO Xn 6, 30-35:
Non é Moisés quen da o verdadeiro pan do ceo, senón meu Pai
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Dille a multitude a Xesús:
-¿Que sinal fas ti, para que véndoo creamos en ti? ¿Que podes facer? 31Os nosos pais
comeron o maná no deserto, conforme está escrito: deulles a comer pan do ceo.
32Entón díxolles Xesús:
-Con toda verdade volo aseguro: non foi Moisés quen vos deu o pan do ceo; meu Pai é
quen vos dá o verdadeiro pan do ceo: 33pois o pan de Deus é o que baixa do ceo e que
lle dá vida ó mundo.
34Dixéronlle entón:
-Señor, dános sempre dese pan.
35Xesús respondeulles:
-Eu son o pan da vida: quen vén onda min, non pasará fame e quen cre en min,
endexamais non terá sede.
275.- MÉRCORES
PRIMEIRA Feit 8, 1b-8:
Pasaron anunciando a palabra
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
8 1Levantouse unha grande persecución contra a Igrexa de Xerusalén, e todos, agás os
apóstolos, dispersáronse polas terras da Xudea e da Samaría. 2Uns homes piadosos
enterraron a Estevo e fixeron por el un gran pranto. 3En canto a Saulo, maltrataba a
Igrexa: entraba polas casas, arrastraba homes e mulleres e mandábaos á cadea.
4Os que se dispersaron ían por todas partes, anunciando a Boa Nova da Palabra. 5Felipe
baixou á cidade de Samaría e predicóulle-lo Mesías. 6O pobo, dun acordo, atendía ó que
dicía Felipe, sentindo e vendo os sinais que facía; 7pois de moitos posuídos saían
espíritos impuros a berros, e moitos paralíticos e coxos quedaban curados. 8A cidade
encheuse de alegría.
SALMO RESPONSORIAL Sal 65, 1-3a. 4-5. 6-7a
R/ (1): Aclama a Deus, terra enteira
Ou: Aleluia
Aclama a Deus, terra enteira,
2canta a gloria do seu nome;
réndelle o honor da louvanza,
3dille: ¡Que sorprendentes son as túas obras!
4póstrase a terra toda ante ti
e canta salmos ó teu nome.
5Vinde e vede as obras do Señor,
os seus sorprendentes feitos entre os homes.
6El mudou o mar en terra seca
e pasaron o río a pé:
felicitémonos por iso.
7Co seu poder domina o mundo,
ALELUIA Cf. Xn 6, 40:
Todo aquel que cre no Fillo ten vida eterna;
e eu resucitareino no derradeiro día,
di o Señor
EVANXEO Xn 6, 35-40:
Esta é a vontade do Pai, que todo aquel que ve ó Fillo teña vida eterna
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Dille Xesús á xente:
-Eu son o pan da vida: quen vén onda min, non pasará fame e quen cre en min,
endexamais non terá sede. 36Pero xa vos dixen que, aínda que vistes, non credes.
37Tódolos que o Pai me entregou, virán onda min; e a quen vén onda min, non o botarei
fóra. 38Pois eu baixei do ceo non para face-la miña vontade, senón a vontade daquel
que me mandou. 39Esta é a vontade daquel que me mandou: que non perda a ningún
dos que me entregou, senón que os resucite no derradeiro día. 40Esta é, polo tanto, a
vontade do meu Pai: que todo aquel que ve ó Fillo e cre nel, teña vida eterna e eu
resucitareino no derradeiro día.
276.- XOVES
PRIMEIRA Feit 8, 26-40:
Velaí auga: ¿qué é o que me impide ser bautizado?
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
26Un anxo do Señor faloulle a Felipe deste xeito:
-Anda, diríxete cara ó sur polo camiño que baixa de Xerusalén a Gaza, a través do
deserto.
27Púxose en camiño e dirixiuse cara alá. Un etíope, eunuco, funcionario de Candaces,
raíña da Etiopía, que estaba encargado de tódolos seus tesouros, fora a Xerusalén como
peregrino. 28De volta, sentado no seu carro, ía lendo no profeta Isaías.
29Díxolle o Espírito a Felipe:
-Achégate e ponte a par dese carro.
30Correndo Felipe, sentiu que ía lendo no profeta Isaías e preguntoulle:
-¿Enténde-lo que les?
31Contestoulle:
-¿Como o vou entender, se ninguén mo explica?
E convidou a Felipe a que subise a sentar con el. 32A pasaxe da Escritura que lía era
esta:
Coma ovella levárono ó matadoiro;
e coma año mudo diante de quen o rapa,
así El non abría a súa boca.
33Humillárono, negándolle a xustiza,
¿quen contará a súa descendencia?
A súa vida foi arrincada da terra.
34Diríxíndose a Felipe, díxolle o eunuco:
-Por favor ¿de quen di isto o profeta? ¿De si mesmo ou doutro?
35Felipe entón tomou a palabra e partindo desa pasaxe da Escritura, anuncioulle a Boa
Nova de Xesús. 36De camiño, chegaron a un sitio con auga e dixo o eunuco:
-Aquí hai auga, ¿por que non me podo bautizar eu?
38E mandou para-lo carro. Baixaron os dous á auga, Felipe e mailo eunuco, e Felipe
bautizouno. 39Cando subiron da auga, o Espírito do Señor arrebatou a Felipe. O eunuco
xa non o viu máis, pero seguiu o seu camiño cheo de alegría.
40Felipe atopouse en Azoto e evanxelizaba tódalas vilas por onde pasaba, ata chegar a
Cesarea.
SALMO RESPONSORIAL Sal 65, 8-9. 16-17. 20
R/ (1) Aclama a Deus, terra enteira
Ou: Aleluia
8Bendicide, nacións, o noso Deus,
facede resoa-la súa louvanza:
9El salva as nosas vidas
e non deixa cambalea-los nosos pés.
16Vide os que teméde-lo Señor,
e contaréivo-lo que El fixo por min.
17Chameino coa miña boca
e louveino coa miña lingua.
20Bendito sexa Deus,
que non desbotou a miña súplica
nin afastou de min o seu amor.
ALELUIA Xn 6, 51:
Eu son o pan vivo que baixei do ceo, di o Señor;
se alguén come deste pan vivirá para sempre
EVANXEO Xn 6, 44-51:
Eu son o pan vivo que baixei do ceo
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Dille Xesús á xente:
44Nin-guén pode vir onda min se non o trae o Pai que me mandou, e eu resucitareino no
derradeiro día. 45Está escrito nos Profetas: todos serán ensinados por Deus: todo aquel
que escoita ó Pai e aprende, vén onda min. 46Non porque alguén vise ó Pai; o único que
viu ó Pai é o que estaba onda Deus. 47Con toda verdade volo aseguro: quen cre, ten
vida eterna.
48Eu son o pan da vida. 49Os vosos pais comeron o maná no deserto, pero morreron.
50Este é o pan que baixa do ceo, para que quen coma del non morra. 51Eu son o pan
vivo que baixou do ceo: se alguén come deste pan, vivirá para sempre; e o pan que eu
darei, é a miña carne, para a vida do mundo.
277.- VENRES
PRIMEIRA Feit 9, 1-20:
É para min un instrumento elixido, para que predique o meu nome diante dos pagáns
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
9 1Saulo, respirando aínda ameazas e morte contra os discípulos do Señor, presentouse
ó Sumo Sacerdote 2e pediulle cartas para as sinagogas de Damasco, a fin de que, se
encontraba algúns que fosen deste novo camiño, tanto homes coma mulleres, os puidese
levar presos a Xerusalén.
3De camiño, cerca xa de Damasco, aconteceu que, de súpeto, unha luz do ceo o
envolveu co seu fulgor. 4Caeu no chan e sentiu unha voz que lle dicía:
-Xaúl, Xaúl, ¿por que me persegues?
5El preguntou:
-¿Quen es ti, Señor?
Contestoulle:
-Eu son Xesús a quen ti persegues. 6Pero érguete, entra na cidade, e xa se che dirá o que
tes que facer.
7Os compañeiros de viaxe quedaron parados, estantíos: sentían a voz, mais non vían
ninguén. 8Saulo ergueuse do chan, pero, malia te-los ollos abertos, non vía nadiña.
Levárono pola man, introducírono en Damasco. 9Alí botou tres días sen ver, sen comer
e sen beber.
10Había en Damasco un discípulo, chamado Ananías, e o Señor díxolle nunha visión:
-¡Ananías!
El respondeu:
-Aquí estou, Señor.
O Señor volveulle falar:
11-Vai á rúa Dereita, e procura na casa de Xudas a un home chamado Saulo de Tarso,
que está orando. 12(En visión, viu Saulo a un home chamado Ananías entrar e
impoñerlle as mans para que recobrase a vista).
13Ananías respondeu:
-Señor, teño oído falar moito dese home e do mal que lles ten feito ós teus santos en
Xerusalén. 14E aquí ten poderes dos xefes dos sacerdotes, para prender a tódolos que
invocan o teu nome.
15Pero o Señor díxolle:
-Vai, que ese home é un instrumento escollido por min, para leva-lo meu nome diante
dos pagáns, dos seus reis e mais dos israelitas. 16¡Heille mostra-lo que ten que sufrir
polo meu nome!
17Entón Ananías, poñéndose en camiño, entrou na casa, e impoñéndolle as mans,
díxolle:
-Irmán Saulo, quen me manda é o Señor Xesús, que se che apareceu cando viñas polo
camiño, para que recóbre-la vista e te enchas do Espírito Santo.
18No instante, repeláronlle dos ollos como unhas escamas e recuperou a vista; ergueuse,
e bautizouse. 19Despois comeu e volvéronlle as forzas.
Pasou algúns días cos discípulos de Damasco, 20e axiña comezou a predicar a Xesús
nas sinagogas, proclamando que era o Fillo de Deus.
SALMO RESPONSORIAL Sal 116, 1. 2
R/ (Mc 16, 15): Ide por todo o mundo
e predicade o Evanxeo
Ou: Aleluia
1Louvade o Señor tódalas xentes,
aclamádeo tódolos pobos.
2O seu amor connosco é firme,
a súa fidelidade dura sempre.
Aleluia.
ALELUIA Xn 6, 56:
Quen come a miña carne
e bebe o meu sangue,
permanece en min e eu nel, di o Señor
EVANXEO Xn 6, 52-59:
A miña carne é verdadeira comida e o meu sangue é verdadeira bebida
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
52Discutían entre eles os xudeus:
-¿Como pode este darnos a come-la súa carne?
53Díxolles entón Xesús:
-Con toda verdade volo aseguro: se non coméde-la carne do Fillo do Home e non
bebéde-lo seu sangue, non teredes vida en vós. 54Quen come a miña carne e bebe o meu
sangue, ten vida eterna e eu resucitareino no derradeiro día. 55Pois a miña carne é
verdadeira comida e o meu sangue é verdadeira bebida. 56Quen come a miña carne e
bebe o meu sangue, permanece en min e eu nel. 57Así coma o Pai, que me mandou,
vive e eu vivo polo Pai, así tamén quen me coma vivirá por min. 58Este é o pan que
baixou do ceo; non coma o que comeron os pais que mesmo así morreron: quen come
este pan, vivirá para sempre.
59Dixo estas cousas ensinando na sinagoga, en Cafarnaúm.
278.- SÁBADO
PRIMEIRA Feit 9, 31-42:
Construíase a Igrexa e medraba consolidada polo Espírito
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
31A Igrexa tiña paz en toda a Xudea, Galilea e mais Samaría. Crecía coma un edificio,
progresaba na fidelidade ó Señor e coa asistencia do Espírito Santo ía aumentando en
número.
32Pedro, que as visitaba todas, baixou a visita-los santos que vivían en Lida. 33En-
controu alá un tal Eneas, que xacía paralítico nun catre desde había oito anos. 34Díxolle
Pedro:
-¡Eneas, Xesús Cristo vaite curar! Érguete e fai ti mesmo o teu leito.
E no intre púxose en pé. 35Tódolos habitantes de Lida e de Sarón vírono e
convertéronse ó Señor.
36Había en Iope unha discípula de nome Tabita (que traducido quere dicir Gacela), chea
de boas obras e de caridades. 37Por aqueles días enfermou e morreu. Despois de a
lavaren, puxérona no cuarto de arriba.
38Como Lida está cerca de Iope, sentindo dici-los discípulos que Pedro estaba alí,
mandáronlle dous homes con este recado: "non tardes en achegarte aquí". 39Pedro foi
con eles. Cando chegou levárono á sala de arriba onde se lle presentaron chorando
tódalas viúvas, amosándolle as túnicas e os mantos que facía a Gacela cando estaba con
elas.
40Pedro entón, mandou saí-la xente toda, púxose de xeonllos e orou; despois volveuse ó
cadáver e dixo:
-¡Tabita, érguete!
Ela abriu os ollos e, ó ver a Pedro, incorporouse. 41Pedro colleuna pola man, levantouna
e chamando os santos e as viúvas presentóullela viva.
42Isto sóubose en toda a cidade de Iope e moitos creron no Señor.
SALMO RESPONSORIAL Sal 115, 12-13. 14-15. 16-17
R/ (12): ¿Con que lle pagarei ó Señor
todo o ben que me fai?
Ou: Aleluia
12¿Con que lle pagarei ó Señor
todo o ben que me fai?
13Alzarei a copa da salvación,
invocando o nome do Señor;
14cumprirei os meus votos ó Señor,
á vista de todo o seu pobo.
15Moi custosa é ós ollos do Señor
a morte dos seus amigos.
16¡Ai, Señor, que eu son o teu servo,
servo teu e fillo da túa serva,
a quen ti rompíche-las cadeas!
17Ofrézoche sacrificios de louvanza,
invocando o nome do Señor.
ALELUIA Cf. Xn 6, 63c. 68c:
As túas palabras, Señor, son Espírito e Vida;
ti tes palabras de vida eterna
EVANXEO Xn 6, 60-69:
¿Onda quen iremos? Ti tes palabras de vida eterna
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Moitos dos discípulos de Xesús dixeron:
-¡Que dura é esta doutrina! ¿Quen pode admitir tal cousa?
61Comprendendo Xesús que os seus discípulos murmuraban do asunto, díxolles:
-¿Escandalízavos iso? 62¿E logo se viséde--lo Fillo do Home subindo a onde estaba
antes? 63O espírito é quen dá vida, a carne non vale para nada; as palabras que eu vos
falei, son espírito e son vida. 64E, aínda así, hai algúns de vós que non cren.
Pois ben sabía Xesús desde o principio quen eran os que non crían e mais quen o había
de entregar. 65E proseguiu:
-Por iso téñovos dito que ninguén pode vir a min, se non llo concede o Pai.
66Desde aquela moitos dos seus discípulos botáronse para atrás, e xa non andaban con
el. 67Preguntoulles entón Xesús ós Doce:
-¿Vós tamén vos queredes ir?
68Respondeulle Simón Pedro:
-Señor, ¿e onda quen imos ir? Ti tes palabras de vida eterna, 69e nós cremos e
recoñecemos que ti e-lo Santo de Deus.