Semana IV
SEMANA 4ª DA PASCUA
279.- LUNS
PRIMEIRA Feit 11, 1-18:
Así que Deus concedeulles tamés ós pagáns unha penitencia para vivir
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
11 1Os apóstolos e os irmáns da Xudea sentiron dicir que tamén os pagáns recibiran a
palabra de Deus. 2Cando Pedro subiu a Xerusalén, os da circuncisión botábanlle na
cara:
3-¡Ti fuches á casa de incircuncisos e comiches con eles!
4Entón Pedro explicóullelo punto por punto.
5-Estaba eu na cidade de Iope, orando, cando tiven en éxtase unha visión: era un
obxecto talmente coma un gran lenzo, que baixaba do ceo pendurado polas catro puntas
e chegou onda min. 6Mirando para el e observando con atención, vin os cuadrúpedes da
terra, as feras, os reptís e os paxaros do ceo; 7e sentín unha voz que me dicía: "Érguete,
Pedro, mata e come". 8Pero eu dixen: "De ningunha maneira, Señor, porque nunca levei
á boca nada profano ou impuro". 9Por segunda vez sentín a voz do ceo: "O que Deus
purificou, non o chames ti profano". 10Isto pasou tres veces, e despois retirouse todo
para o ceo.
11E, fixádevos, nisto preséntanse na casa onde estabamos tres homes que mandaran
desde Cesarea en busca miña. 12Díxome entón o Espírito que fose con eles sen reparos.
Viñeron tamén comigo estes seis irmáns, e entramos na casa do home, 13que nos contou
como vira ó anxo presentárselle na súa casa e dicir: "manda alguén a Iope a por Simón,
chamado Pedro; 14el hache dicir palabras polas que te salvarás ti e tódolos da túa casa".
15E cando comezaba eu a falar, veu o Espírito Santo sobre eles talmente como veu
sobre nós ó comezo. 16Lembrei entón as palabras do Señor, cando dicía: "Xoán
bautizou con auga, pero vos bautizarédesvos co Espírito Santo". 17E pois, se Deus lles
concedeu o mesmo don ca a nós, por creren no Señor Xesús Cristo, ¿quen era eu para
me opoñer a Deus?
18O sentiren isto, acougaron e glorificaron a Deus, comentando; "¡De xeito que Deus
tamén concedeu ós pagáns o arrepentimento, para acadaren a vida!".
SALMO RESPONSORIAL Sal 41, 2-3; 42, 3. 4
R/ (cf Sal 41, 3a): A miña alma ten sede de ovellas para ti, Deus vivo
Ou: Aleluia
2Como devece a cerva pola auga dos regatos,
así devece por ti, meu Deus, a miña alma.
3A miña alma ten sede do Deus vivo:
¿cando verei o rostro de Deus?
3Manda a túa luz e a túa verdade,
que elas me guiarán;
levaranme ó teu monte santo,
á túa mesma morada.
4Achegareime ó altar de Deus,
o Deus da miña alegría,
e louvareite ó son da cítola,
Deus, o meu Deus.
ALELUIA Xn 10, 14:
Eu son o bo pastor, di o Señor;
e coñezo ós meus e os meus coñécenme a min
EVANXEO Xn 10, 1-10:
Eu son a porta das ovellas
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Di Xesús:
10 1-Con toda verdade volo aseguro: o que non entra pola porta no curral das ovellas,
senón que sobe por outra parte, é un ladrón e un bandido. 2En cambio, quen entra pola
porta é o pastor das ovellas. 3A ese ábrelle o porteiro, e as ovellas escoitan a súa voz.
Chama as súas polo nome e lévaas a fóra. 4Cando as dá sacado todas, vai diante delas e
as ovellas ségueno, pois recoñecen a súa voz. 5Pero a un alleo non o seguirán, senón que
fuxirán del, pois non coñecen a voz dos alleos.
6Díxolles Xesús esta alegoría mais eles non coñeceron que era o que lles daba a
entender. 7Entón díxolles de novo:
-Con toda verdade volo aseguro: eu son a porta das ovellas. 8Tódolos que viñeron antes
ca min eran ladróns e bandidos; pero as ovellas non os escoitaron. 9Eu son a porta; se
alguén entra por min, salvarase: entrará e sairá e atopará pasto. 10O ladrón non entra
senón para roubar, matar e estragar. Eu vin para que teñan vida e para que a teñan de
abondo.
Ou, no ciclo A, cando este Evanxeo se le no domingo anterior:
Xn 10, 11-18:
O bo pastor da a súa vida polas ovellas
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Di Xesús:
11Eu son o Bo Pastor. O Bo Pastor dá a súa vida polas ovellas. 12O criado, que non é
pastor, de quen non son as ovellas, cando ve vi-lo lobo, deixa as ovellas e foxe e o lobo
rapínaas e dispérsaas; 13porque el anda ó xornal e as ovellas non lle importan. 14Eu son
o Bo Pastor: coñezo as miñas e as miñas coñécenme a min. 15Igual que o Pai me coñece
a min e eu coñezo o Pai, e dou a miña vida polas ovellas. 16Teño ademais outras ovellas
que non son deste curro: tamén a esas as teño que guiar, e escoitarán a miña voz e farase
un único rabaño e un único pastor.
17Por iso ámame o Pai: porque eu dou a miña vida, para tomala de novo. 18Ninguén ma
quita; non, eu douna voluntariamente. Teño poder para dala e teño poder para tomala de
novo. Este mandato recibino do meu Pai.
280.- MARTES
PRIMEIRA Feit 11, 19-26:
Falábanlle tamén ós helenistas, anunciándoll-lo Señor Xesús
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
19Os que se dispersaran fuxindo da persecución orixinada por cousa de Estevo,
chegaron ata a Fenicia, Chipre e Antioquía, sen predicaren a ninguén a palabra, agás ós
xudeus. 20Con todo, houbo algúns de entre eles, homes de Chipre e de Cirene, que
chegados a Antioquía comezaron a falar tamén cos gregos, anunciándolle-la Boa Nova
do Señor Xesús. 21A man do Señor estaba con eles e moitos creron e convertéronse ó
Señor.
22Chegaran estas novas ós oídos da Igrexa de Xerusalén, e mandaron a Antioquía a
Bernabé. 23Cando chegou e viu a gracia de Deus, encheuse de alegría e animaba a todos
a se conservaren unidos ó Señor co corazón firme, 24pois era un home bo, cheo de
Espírito Santo e de fe. E foi moita a xente que se uniu ó Señor.
25Daquela, Bernabé foi a Tarso en busca de Saulo 26e, cando o atopou, levouno para
Antioquía. Durante un ano enteiro estiveron xuntos naquela Igrexa, adoutrinando a
moita xente. Foi en Antioquía onde por primeira vez ós discípulos lles chamaron "cris-
tiáns".
SALMO RESPONSORIAL Sal 86, 1-3- 4-5. 6-7
R/ (Sal 116, 1a): Pobos todos, louvade ó Señor
Ou: Aleluia
Os seus alicerces están no monte santo:
2O Señor ama as portas de Sión
máis ca tódalas moradas de Xacob.
3Gloriosas cousas dinse de ti,
cidade de Deus.
4Citarei a Exipto e a Babilonia
entre os que me veneran;
velaí os filisteos e os tirios
e os mesmos etíopes que naceron alí.
5De Sión hase dicir:
-"Un por un naceron todos nela
e fundouna o mesmo Altísimo".
6O Señor escribirá no rexistro dos pobos:
-"Este naceu alí".
7E cantarán danzando:
-"As miñas fontes están todas en ti".
ALELUIA Xn 10, 27:
As miñas ovellas escoitan a miña voz, di o Señor,
e eu coñézoas e elas séguenme
EVANXEO Xn 10, 22-30:
O pai e mais eu somos un
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
22Era xa inverno e celebrábase daquela en Xerusalén, a Festa da Dedicación. 23Xesús
paseaba polo Templo no Pórtico de Salomón. 24Rodeárono entón os xudeus e
preguntáronlle:
-¿Ata que día nos terás en suspenso? Se es ti o Mesías, dínolo abertamente.
25Xesús respondeulles:
-Xa volo dixen e mais non credes: as obras que eu fago no nome do meu Pai son o meu
aval. 26Pero vós non credes, porque non sodes das miñas ovellas. 27As miñas ovellas
escoitan a miña voz: eu coñézoas e elas séguenme; 28eu doulles vida eterna, e non se
perderán para sempre: ninguén mas quitará da man. 29Meu Pai, que mas deu, é máis ca
todos, e ninguén pode arrepañalas da man do Pai. 30Meu Pai e mais eu somos un.
281.- MÉRCORES
PRIMEIRA Feit 12, 24 - 13, 5a:
Apartádeme a Bernabé e a Saulo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
24A palabra de Deus medraba e multiplicábase. 25Bernabé e Saulo, cumprida a súa
misión en Xerusalén, volvéronse levando con eles a Xoán, de sobrenome Marcos.
13 1Había na Igrexa de Antioquía profetas e mestres: Bernabé, Simeón chamado Níxer,
Lucio de Cirene, Menahén -compañeiro de infancia do tetrarca Herodes-, e Saulo.
2Estando nunha reunión litúrxica con xexún, dixo o Espírito Santo:
-Apartade a Bernabé e Saulo para a obra á que os teño chamados.
3Entón, logo de xexuaren e oraren, impuxéronlle-las mans e despedíronos.
4Por tanto, mandados polo Espírito Santo, baixaron a Seleucia e desde alí embarcaron
para Chipre. 5Chegados a Salamina, comezaron a anuncia-la palabra de Deus nas
sinagogas dos xudeus
SALMO RESPONSORIAL Sal 66, 2-3. 5. 6 e 8
R/ (4): Lóuvente, Deus, os pobos,
lóuvente os pobos todos.
Ou: Aleluia
2Deus se apiade de nós e nos bendiga,
móstreno-la luz da súa presencia.
3Que se coñezan na terra os seus camiños
e en tódolos pobos a súa salvación.
5Alégrense e canten as nacións,
porque ti gobérna-los pobos rectamente
e guías na terra as nacións.
6Lóuvente, Deus, os pobos,
lóuvente os pobos todos.
8Que Deus nos bendiga e que o teman
os confíns todos do mundo.
ALELUIA Xn 8, 12:
Eu son a luz do mundo, di o Señor;
quen me segue, terá a luz da vida
EVANXEO Xn 12, 44-50:
Eu vin ó mundo coma luz
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
44Xesús gritou:
-Quen cre en min, realmente non cre en min, senón naquel que me mandou; 45e quen
me ve a min, ve a quen me mandou. 46Eu son a luz que veu ó mundo, para que todo o
que cre en min non permaneza nas tebras.
47Se alguén escoita as miñas palabras e non as garda, eu non o xulgo, pois non vin para
xulga-lo mundo, senón para o salvar. 48Quen me despreza e non recibe as miñas
palabras, ten quen o xulgue: a palabra que eu falei hao xulgar no derradeiro día.
49Porque eu non falei pola miña conta, senón que o mesmo Pai, que me mandou, deume
a encomenda do que debo dicir e do que hei de falar. 50E eu sei que a súa encomenda é
vida eterna. Por iso, as cousas que eu falo, fáloas como mas dixo o Pai.
282.- XOVES
PRIMEIRA Feit 13, 13-25
Da semente de David sacou Deus ó Salvador Xesús
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
13Paulo e os seus compañeiros embarcaron en Pafos, e dirixíronse a Perxe de Panfilia.
Pero Xoán deixounos e deu volta para Xerusalén.
14Eles, desde Perxe, seguiron a Antioquía de Pisidia. Un día de sábado entraron na
sinagoga e sentáronse. 15Despois da lectura da Lei e dos Profetas, os xefes da sinagoga
mandáronlles dicir:
-Irmáns, se tedes algunha palabra para anima-lo pobo, falade.
16Paulo entón, levantándose, acenoulles coa man e dixo:
-Israelitas e os que seguides ó noso Deus, escoitade: 17o Deus deste pobo de Israel
escolleu a nosos pais e engrandeceu este pobo durante o seu exilio na terra de Exipto;
despois tirounos de alí coa forza do seu brazo. 18Durante corenta anos soportounos no
deserto, 19e, despois de destruír sete nacións na terra de Canaán, deulles en posesión a
súa terra: 20isto durou uns catrocentos cincuenta anos. Despois diso deulles xuíces ata o
profeta Samuel; 21logo pediron un rei e Deus deulles durante corenta anos a Xaúl, fillo
de Quix, da tribo de Benxamín; 22despois que o refugou, deulles por rei a David de
quen testemuñou dicindo: Atopei a David, fillo de Iexé, home conforme o meu corazón,
que fará en todo a miña vontade. 23Da súa descendencia é da que Deus, segundo a
promesa, mandou un Salvador para Israel: Xesús. 24Antes da súa chegada, Xoán tiña
proclamado a todo o pobo de Israel un bautismo de conversión, 25e cando estaba
rematando o seu camiño, dicía: "non son eu quen vós pensades; pero mirade, vén
despois de min un de quen non son digno nin de desatarlle o calzado dos pés".
SALMO RESPONSORIAL Sal 88, 2-3. 21-22. 25 e 27
R/ (cf 2a): Quero cantar por sempre o amor do Señor
Ou: Aleluia
2Quero cantar por sempre o amor do Señor,
pregoar polas xeracións a súa fidelidade:
3-"Penso que o teu amor está fundado co mundo,
a túa fidelidade asentada cos ceos".
21atopei o meu servo David
e unxino con óleo santo.
22A miña rexa man estará con el,
o meu brazo farao forte.
25A miña fidelidade e o meu amor irán con el
e no meu nome erguerá a testa.
27El dirame: -Ti es meu pai,
meu Deus, rocha da miña salvación.
ALELUIA Cf. Ap 1, 5ab:
Xesús Cristo, ti es testemuña fiel,
primoxénito dos mortos;
amáchesnos e laváche-los nosos pecados co teu sangue
EVANXEO Xn 13, 16-20:
Quen recibe a aquel que eu mando, a min me recibe
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Despois que Xesús lles lavóu os pés ós discípulos, díxolles:
16Con toda verdade volo aseguro: o servo non é meirande có seu Señor, nin o
mensaxeiro é meirande ca quen o mandou. 17Se sabedes estas cousas, seredes felices,
con tal de que as cumprades.
18Non o digo por todos vós: eu sei ben a quen escollín; pero para que se cumpra a
Escritura: O que come comigo o pan, levantou contra min o seu pé. 19Dígovolo desde
agora, antes de que suceda, para que cando suceda, creades que eu son. 20Con toda
verdade volo aseguro: quen acolla a aquel que eu mande, acólleme a min; e quen me
acolle a min, acolle a quen me mandou.
283.- VENRES
PRIMEIRA Feit 13, 26-33:
Deus cumpriu a súa promesa resucitando a Xesús
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOA APÓSTOLOS
En chegando Paulo a Antioquía de Pisidia, dicía na sinagoga:
26Irmáns, descendentes de Abraham e os que seguides ó noso Deus: é a nós a quen se
nos manda esta mensaxe de salvación. 27É certo que os veciños de Xerusalén e os seus
gobernantes descoñeceron a Xesús e, condenándoo, cumpriron as palabras dos profetas,
que se len tódolos sábados. 28Aínda que non atoparon nel nada que merecese a morte,
pedíronlle a Pilato que o mandase matar. 29E, cando cumpriron todo o que acerca del
estaba escrito, baixárono do madeiro e puxérono nun sepulcro. 30Pero Deus resucitouno
de entre os mortos; 31e durante moitos días apareceuse ós que subiran con El de Galilea
para Xerusalén, que son agora as súas testemuñas diante do pobo.
32E nós anunciámosvo-la boa nova de que a promesa feita ós nosos pais 33a cumpriu en
nós, os seus fillos, resucitando a Xesús, conforme estaba escrito no salmo segundo: Ti e-
lo meu Fillo: eu enxendreite hoxe.
SALMO RESPONSORIAL Sal 2, 6-7. 8-9. 10-11
R/ (7): Ti es meu fillo,
eu mesmo che dei hoxe a vida
Ou: Aleluia
6-"Eu son quen puxo o meu rei
sobre Sión, o meu monte santo".
7Pregoarei o decreto do Señor;
foi El quen me dixo: -"Ti es meu fillo,
eu mesmo che dei hoxe a vida.
8Pídeme, e dareiche por herdade as nacións;
por posesión, os termos da terra.
9Poderás rexelos con cetro de ferro,
rompelos, coma ola de barro".
10Entendede ben, reis,
aprendede, os que rexéde-la terra:
11Servide o Señor con temor,
con tremor facédelle festa;
ALELUIA Xn 14, 6:
Eu son o camiño e a verdade e a vida, di o Señor;
ninguén vén onda o Pai senón é por min
EVANXEO Xn 14, 1-6:
Eu son o camiño e a verdade e a vida
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Dilles Xesús ós seus discípulos:
14 1Non vos agoniedes: crede en Deus e mais crede en min. 2Na casa do meu Pai hai
moitas moradas; doutro xeito, ¿teríavos dito que vos ía arranxar un lugar? 3E cando vaia
e vos arranxe un lugar, voltarei e collereivos comigo, para que, onde estea eu, esteades
vós tamén. 4E a onde eu vou, vós ben sabéde-lo camiño.
5Dille Tomé:
-Señor, se non sabemos onde vas, ¿como imos sabe-lo camiño?
6Xesús respondeulle:
-Eu son o camiño, a verdade e a vida: ninguén chega onda o Pai máis ca por min.
284.- SÁBADO
PRIMEIRA Feit 13, 44-52:
Velaí que imos ós pagáns
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
44Para o outro sábado xuntouse case toda a cidade para escoita-la palabra de Deus,
45pero os xudeus enchéronse de envexa, ó veren tanta xente, e opoñíanse cos insultos ó
que Paulo dicía. 46Entón Paulo e Bernabé dixeron ousadamente:
-Tiñamos que anunciárvo-la palabra de Deus primeiro a vós; pero, visto que a refugades
e non vos considerades dignos da vida eterna, volvémonos cara ós pagáns; 47pois así
nolo mandou o Señor: Púxente como luz das nacións, para leváre-la salvación ata os
confíns da terra.
48Os pagáns, sentindo isto, enchíanse de alegría, louvando a mensaxe do Señor; e
creron tódolos que estaban destinados á vida eterna. 49Deste xeito a palabra de Deus
espallábase por toda a bisbarra.
50Pero os xudeus encirraron ás señoras de alta categoría que eran devotas e ós
principais da cidade e promoveron unha persecución contra Paulo e Bernabé,
expulsándoos do seu territorio.
51Estes, sacudindo contra eles o po dos seus pés, marcharon para Iconio, 52mentres os
discípulos ficaban cheos de alegría e do Espírito Santo.
SALMO RESPONSORIAL Sal 97, 1. 2-3ab. 3cd-4
R/ (3cd): Os pobos todos verán
a salvación do noso Deus.
Ou: Aleluia
Cantádelle ó Señor un cántico novo,
pois fixo marabillas,
a súa dereita e o seu brazo
déronlle a victoria.
2O Señor dá a coñece-la súa salvación,
revela a súa xustiza ante os pobos.
3Lembra o seu amor e a súa fidelidade
coa casa de Israel.
Os pobos todos verán
a salvación do noso Deus.
4Aclama ó Señor, terra enteira,
rompede a cantar e a tocar.
ALELUIA Xn 8, 31b-32:
Se permanecedes fieis á miña palabra,
sodes verdadeiros discípulos meus,
e coñecéde-la verdade, di o Señor
EVANXEO Xn 14, 7-14:
Quen me ve a min ve ó Pai
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Dilles Xesús ós seus discípulos:
7Se me coñecesedes, coñeceriades tamén a meu Pai; anque xa desde agora o coñecedes
e o tedes visto.
8Felipe díxolle:
-Señor, móstrano-lo Pai e abóndanos.
9Xesús replicoulle:
-Pero, Felipe, ¿levo tanto tempo convosco e aínda non me coñeces? Quen me viu a min,
viu o Pai. ¿Como dis entón "móstrano-lo Pai"? 10¿Non cres que eu estou no Pai e o Pai
en min? As palabras que eu vos digo non as falo pola miña conta; é o Pai, que
permanece en min, quen fai as súas obras. 11Crédeme que eu estou no Pai e o Pai en
min. Se non, polo menos crede por esas mesmas obras. 12Con toda verdade volo
aseguro: quen cre en min, fará el tamén as obras que eu fago, e faraas meirandes aínda,
pois estou para irme onda o Pai; 13e o que pidades no meu nome, heino facer, para que
o Pai sexa glorificado no Fillo. 14Se algo me pedides no meu nome, eu fareino.