Outras oracións en texto
ORACIÓN AO ESPÍRITO SANTO
Cardeal Verdier
Oh, Espírito Santo,
amor do Pai e do Fillo,
inspírame sempre o que debo pensar,
o que debo dicir, como dicilo,
como debo actuar, o que debo facer,
para gloria de Deus,
ben das almas
e a miña propia santificación.
Espírito Santo,
dáme agudeza para entender,
capacidade para reter,
método e facultade para aprender,
sutileza para interpretar,
graza e eficacia para falar.
Dáme acerto ao empezar,
dirección ao progresar
e perfección ao acabar.
Amén.
ORACIÓN DA MADRE TAREIXA DE CALCUTA
Fainos dignos, Señor, de servir ós nosos irmáns,
homes espallados polo mundo que viven e morren
na pobreza e a fame.
Dálles a todos, a través das nosas mans,
o seu pan de cada día, e a través do noso amor
comprensivo, dálles paz e ledicia.
ORACIÓN DO P.FOUCAULD
Pai, póñome nas túas mans,
fai de min o que queiras,
sexa o que sexa douche as grazas.
Estou disposto a todo,
acepto todo, con tal que a túa vontade
se cumpra en min e en tódalas túas creaturas.
Non desexo nada máis, Pai.
Confíoche a miña alma
con todo o amor de que son capaz,
porque te amo e necesito darme,
poñerme nas túas mans sen medida,
con infinita confianza
porque Ti es meu Pai.
ORACIÓN DO HOME NOVO
Concédeme, Señor,
SERENIDADE para acepta-las cousas que non podo cambiar,
VALOR para cambiar o que podo e
SABEDORÍA para coñecer a diferencia.
ORACIÓN DE S.FRANCISCO
Señor, fai de min un instrumento da túa paz
Onde hai odio, que eu leve o amor.
Onde hai ofensa, que eu leve o perdón.
Onde hai discordia, que eu leve a unión.
Onde hai erro, que eu leve a verdade.
Onde hai dúbida, que eu leve fe.
Onde hai desesperación, que eu leve a esperanza.
Onde hai escuridade, que eu leve luz.
Onde hai tristeza, alegría.
Señor, que non busque tanto
ser consolado como consolar,
ser comprendido, comprender,
ser amado como amar.
Porque: é dando como se recibe;
é perdoando que se está perdoado;
é morrendo que se nace
á vida eterna. Amén.
DEUS USA..
... a soedade para ensinar convivencia.
... a rabia para mostrar o valor infinito da paz.
... o tedio para resalta-la importancia da aventura e do abandono.
... o silencio para ensinar sobre a responsabilidade das palabras.
... o cansancio para que se poida comprender o valor do espertar.
... a enfermidade para resalta-la bendición da saúde.
... o lume para ensinar sobre a auga.
... a terra para comprende-lo valor do aire.
... a morte para mostra-la importancia da vida.
(O Guerreiro da Luz- Paulo Coelho)
NUNHA MAN PECHADA
O pouco que Deus me deu
cabe nunha man pechada.
O pouco con Deus é moito,
o moito sen Deus é nada.
ACCIÓN DE GRACIAS
Grazas, Señor, polas cousas miúdas de cada día,
nas que poñemos o noso corazón.
Grazas por quen nos abre a porta e nos di unha palabra
e nos fai rir un pouco, aínda que non nos dea nada.
Grazas por quen nos colle no coche ou nos paga un café
e conversa con nós, facendo que nos sintamos ben.
Grazas polas raioliñas de sol que no outono tanto nos apetecen
e tamén pola chuvia miúda que enverdece os nosos campos.
Grazas polas cores do campo, das follas
grazas polas árbores e o gando.
Grazas por quen nos fai a diario a comida e lava a roupa
para vivirmos limpos e ben mantidos, e con ganas de troula
Grazas por quen nos atura cada día e por quen nos perdoa
e segue sen canseira ao noso lado.
Grazas por termos veciños, bos de todo ou algo regulares,
que nos fan irmáns e pobo, que nos fan comunidade.
Grazas polo humilde Panciño santo das nosas celebracións,
que sabe a gloria tamén, e que nos trae as túas caricias.
M. Regal “Xesús, un home de aldea”
PANGUE LINGUA
Canta, lingua, o misterio
do Corpo glorioso
e o precioso Sangre
que como precio do mundo
o froito do ventre xeneroso,
o Rei das nacións, derramou.
Foinos dado, foinos nacido
dunha Virxe intacta,
e tras pasar a súa vida no mundo,
unha vez espallada a semente da súa Palabra,
terminou o tempo do seu desterro
dando unha admirable disposición.
Na noite da Última Cea,
recostado á mesa cos irmáns,
despois de observar toda a lei
sobre a comida legal,
dase coas súas propias mans
como alimento para os Doce.
Ao Pai e ao Fillo
louvanza e xúbilo,
saúde, honor, poder
e bendición;
Canta, lingua o misterio
do corpo glorioso.
TANTUM ERGO
Veneremos, pois, inclinados,
tan grande Sacramento;
e a Antiga Figura ceda o posto
ao Novo Rito; a fe supla
a incapacidade dos sentidos.
Ao Pai e ao Fillo
louvanza e xúbilo,
saúde, honor, poder e bendición.
Unha gloria igual sexa dada
ao que do Un e do Outro procede.