Celebración das follas secas
As follas secas
O chan dos de parques, patios e rúas cúbrense no outono cun manto de follas caídas das árbores. As árbores despréndense das follas que lles molestan para a nova primavera. Despois, no silencio do invierno, se preparan para a chegada da nova vida.
Coas follas secas e caídas das árbores preparamos unha celebración que nos abra á resurrección.
Como a natureza se desprende de aqueles elementos que serían un estorbo para o novo brote, así tamén os crentes, revisámo-la nosa vida e, deixando atrás aquilo que nos estorba, abrímonos á Deus.
Preparación de materiais :
- Follas secas, caídas das árbores.
- É aconsellable que as follas utilizadas para a celebración non estean moi deterioradas nin suxas.
O xesto das follas secas pode realizarse tamén utilizando as imaxes de follas secas que figuran nos paneis seguintes
Preparación do lugar
O lugar onde se desenvolva a celebración estará iluminado vagamente para facilita-la interiorización.
Nun lugar ben visible se atoparán as follas secas recollidas das árbores dalgún parque.
Convén ter a sala preparada antes de que entren os participantes. Unha música suave e relaxada acompañará a entrada dos nenos e nenas.
Celebración
1. Introducción
Lector 1
Así coma as árbores perden as súas follas para deixar lugar ós brotes verdes dunha nova primavera, así tamén nós debemos deixar atrás aquelas cousas que nos impiden vivir como cristiáns.
Lector 2
Coresma é tempo de cambio, de conversión, de mellora e superación. A Resurrección do Señor debe ser preparada con actitudes que melloren a nosa vida e a dos que viven con nós.
Lector 3
En Coresma debemos ser valentes e deixar de lado: a pereza, as envexas, a falta de respecto, as malas palabras... Xesús invítanos a ser cada día un pouco mellores.
2. Pedimos perdón ó Señor
- Polas veces que despreciamos ós demáis, Señor, ten piedade de nós.
- Polas veces que non somos sinceiros e nos enredamos en mentiras, Cristo, ten piedade de nós.
- Polas veces que non somos xenerosos e querémolo todo para nós, Señor, ten piedade de nós.
3. Oración
Señor, amigo noso, dámosche as gracias porque nos invitas a vivir este tempo de Coresma.
Queremos parecernos cada día más a Ti. Pedímosche que nos axudes para que sexamos capaces de abandonar aquelas cousas que nos impiden mellorar. pedímoscho por Xesucristo, o noso Señor. Amén.
Lectura evanxélica
Zaqueo, (Lc 19, 1-10)
Xesús entrou na cidade de Xericó e atravesouna.
Un home chamado Zaqueo, xefe de cobradores de impostos e moi rico, tentaba ver quen era Xesús, pero por causa da multitude, non podía, porque era de pequena estatura. El avanzou nunha carreira e subiu nunha figueira brava para ver quen estaba a pasar por alí.
Cando Xesús chegou ao lugar, mirouno e dixo:
"Zaqueo, descende rápido, porque hoxe quero estar na túa casa.
Baixou a toda présa e estaba moi feliz.
Cando viron isto, todos murmuraban:
“Veu a ser hóspede dun pecador”.
Pero Zaqueo levantouse e dixo o Señor:
"Mira, Señor, a metade dos meus bens dounos para os pobres, e e a quen lle teña defraudar volveréille catro veces.
Xesús díxolle:
"Hoxe a salvación entrou nesta casa, porque el tamén é fillo deAbrahán. Porque este home
veu buscar e salvar o perdido.
4. Comentario
Rematada a proclamación, o sacerdote inicia un comentario dialogado, introducindo a idea de que Zaqueo era pequeno de estatura, subiu a unha árbore, como se fora unha folla.
Descendeu da árbore como folla reseca pola avaricia e o egoísmo. Xesús ofrecéulle a posibilidade de renacer a unha vida nova en solidaridade e xenerosidade.
O camiño que recorreu Zaqueo é un bo itinerario para nós que estamos no camiño da
Coresma.
5. Xesto das follas
Tempo de silencio e reflexión.
Cada participante tomará nas súas mans unha ou varias follas e, ó tempo que as observa, pensará naquelas cousas que deben "caer" da súa vida, como se de follas resecas se tratara, follas que dificultan o nacemento dunha nova primavera.
Estes momentos de interiorización irán acompañados de música suave.
Rematará o tempo de reflexión cun canto alusivo a Zaqueo ou ó cambio que viven e experimentan os cristiáns, comprometidos cun tempo novo.
Caer da árbore
Finalizado o canto, cada participante erguerase do seu sitio. Dun en un, lentamente e sen présa.
Chegará ata un recipiente colocado no centro da sala ou nun lugar visible. Alí depositará a folla ou follas recollidas, ó tempo que explica ós compañeiros e compañeiras, aqueles aspectos da súa vida que deben caer para dar paso a unha nova forma de ser persoa, máis acorde co evanxelio.
Diante un cartel que poña:
Nesta coresma quérome desprender de...
6. Oración dos fieis
- Pidamos ó Señor por tódalas persoas do mundo, para que borren das súas vidas o odio e a violencia e aprendan a perdoar, roguemos ó Señor.
- Roguemos ó Señor por aquelas persoas que son avariciosas e queren todo para elas. Para que, como Zaqueo, descubran a xenerosidad, roguemos ó Señor.
- Dirixamos ó Señor a nosa oración polos nenos que sofren a fame e non teñen escolas nin hospitais. Para que haxa moitas persoas boas que lles axuden, roguemos ó Señor.
- Pidamos ó Señor por nós e as nosas familias, para que cada día sexamos un pouco mellores, roguemos ó Señor.
7. Ofrendas
- O recipiente coas follas resecas
Señor, ofrecémosche xunta estas follas secas, aquelas actitudes que non nos axudan a ser mellores. Pedímosche que nos cambies e transformes.
- Una planta verde
Señor, queremos que nesta coresma a nosa vida se renove. Ofrecémosche esta planta chea de talos verdes. Axúdanos a ser xenerosos, alegres, bos amigos e amigas, axúdanos a ser persoas solidarias.
- Pan e viño
Xunta o pan e o viño ofrecémosche os dons da nosa terra para que Ti os transformes en presencia túa en medio de nós
TOMADO DE : https://catequesisalbacete.org