Imaxes de Coresma
A ORACIÓN QUE DEUS QUERE:
que sexa íntima e auténtica, «en espírito e verdade».
que deixes ao Espírito que ore en ti sempre.
que non deixes de repetir: Abba.
que che unas aos irmáns na oración, que che unas á Igrexa orante.
que aprendas a escoitar.
O XAXÚN QUE DEUS QUERE:
que non fagas gastos superfluos,
que os teus investimentos os poñas
no banco do terceiro mundo e na conta corrente dos pobres,
que prefiras pasar ti necesidade, antes que a pase o irmán,
que ofrezas o teu tempo ao que cho pida,
que prefiras servir a ser servido,
que teñas fame e sede de xustiza,
que te comprometas na loita contra toda marxinación,
que vexas en todo home a un irmán,
que vexas no pobre e todo o que sofre
un sacramento de Cristo,
que esperes cada día unha nova humanidade.
A ABSTINENCIA QUE DEUS QUERE:
que non sexas escravo do consumo,
os xogos, as modas,
que che absteñas de tanta TV e tanto vídeo,
que frecuentes menos os bares,
discotecas e lugares parecidos,
que non sexas escravo nin do sexo nin de nada,
que te absteñas de toda violencia,
que respectes todo ser vivo,
que te absteñas de palabras ociosas e necias,
que te alimentes da palabra de Deus,
que comas a carne de Deus.
A ESMOLA QUE DEUS QUERE:
que sexa froito do amor, un verdadeiro compartir,
non só dar o que che sobra.
que sexas humilde, que pidas perdón ao pobre
polo pan que lle dás.
que axudes ao pobre para que non necesite a túa axuda.
que che vaias facendo pobre como Xesucristo.
que vexas no pobre a Xesucristo.
A CRUZ QUE DEUS QUERE:
que saibas levar a cruz de cada día.
que saibas aceptar as túas dores e fracasos.
que saibas compartir a cruz dos irmáns.
que nunca poñas cruces aos demais.
que unhas sempre a túa cruz á de Cristo.
A CINZA QUE DEUS QUERE:
que non te consideres dono de nada,
senón humilde administrador,
que non te gloríes dos teus talentos,
senón que con eles edifiques aos demais,
que non te creas santo ou te creas algo,
porque santo e grande só é Deus,
que non te deprimas nin te acovardes,
porque Deus é a túa vitoria,
que aprecies o valor das cousas sinxelas,
que valores máis a calidade que a cantidade,
que vivas o momento presente,
sen tantos medos e añoranzas,
que esteas aberto sempre á esperanza,
que ames a vida e a defendas,
que non temas a morte,
porque sempre é Pascua.
Textos de Cáritas 1988