Semana I

 
 

SEMANA 1ª DO TEMPO ORDINARIO

 

305 Luns

Ano 1

PRIMEIRA Heb 1, 1-6:

Deus falounos por medio do seu Fillo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

 

 

1 1En moitas ocasións e de moitos xeitos veulles falando Deus en tempos pasados ós

nosos devanceiros por medio dos profetas. 2Agora, neste período definitivo, falounos

por medio dun que lle é Fillo, a quen fixo herdeiro de todo, pois xa creara por medio del

o mundo e as idades. 3El é reflexo da súa gloria e imaxe do seu ser, El sostén tódalas

cousas coa poderosa palabra de Deus e, despois de realiza-la purificación dos pecados,

sentouse á destra da Maxestade nas alturas, 4facéndose tanto máis poderoso cós anxos,

canto que herdou un título máis valioso có deles.

 

5Porque ¿a cal dos anxos lle dixo algunha vez: ''Ti e-lo meu fillo, hoxe enxendreite eu'';

ou tamén: ''Eu serei para El un pai e El será para min un Fillo?''. 6E outra vez máis,

cando fala de introduci-lo Fillo primoxénito no mundo celeste, di: ''Adóreno tódolos

anxos de Deus''.

 

 

 

 

SAL. RESP. Sal 96, 1 e 2b. 6 e 7c. 9

R/ (cf 7c): Anxos do Señor, adorade ó Señor

 

1O Señor reina, alégrese a terra,

exulten tódalas illas.

Xustiza e rectitude sosteñen o seu trono.

 

6Os ceos pregoan a súa rectitude

e tódolos pobos contemplan a súa gloria.

Diante del axeónllanse os deuses.

 

9Ti, Señor, e-lo soberano de toda a terra,

no cumio de tódolos deuses.

 

 

Ano 2

PRIMEIRA 1 Sam 1, 1-8:

A criada facía padecer a Ana porque o Señor a fixera maniña

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DE SAMUEL

 

1 1Había un home de Ramataim, un sufita da montaña de Efraím, que se chamaba

Elcanah, fillo de Ieroham, fillo de Elihú, fillo de Tohu, fillo de Suf, efrateo. 2Tiña dúas

mulleres, unha chamada Ana e a outra Peninah. Peninah tivera fillos, mais Ana non tiña

ningún.

 

3O home adoitaba subir, ano tras ano, desde a súa cidade, para adorar ó Señor dos

exércitos e ofrecerlle un sacrificio en Xiloh, onde estaban de sacerdotes do Señor os

dous fillos de Elí, Hofní e Pinhás.

 

4Chegado o momento da oferta do sacrificio, Elcanah dáballe a Peninah as

correspondentes racións, para ela e para cada un dos seus fillos e das súas fillas; 5pero a

Ana dáballe só unha ración, pois, por máis que a quería, o Señor fixéraa maniña.

 

6Peninah asañábase con Ana e facíaa padecer, porque o Señor a fixera maniña. 7E iso

pasaba ano tras ano. Cada vez que subían ó santuario do Señor, Peninah asañábase con

ela, e ela choraba e non comía.

 

8Unha vez preguntoulle Elcanah, o seu home: ¿Por que choras, Ana, e non comes? ¿Por

que estás aflixida? ¿Seica non vallo eu para ti máis ca dez fillos?

 

 

 

SAL. RESP. Sal 115, 12-13. 14-17. 18-19

R/ (17a): Ofrecereiche, Señor, un sacrificio de  louvanza

Ou ben: Aleluia

 

12¿Con que lle pagarei ó Señor

todo o ben que me fai?

13Alzarei a copa da salvación,

invocando o nome do Señor

 

14cumprirei os meus votos ó Señor,

á vista de todo o seu pobo.

15Moi custosa é ós ollos do Señor

a morte dos seus amigos.

 

16¡Ai, Señor, que eu son o teu servo,

servo teu e fillo da túa serva

a quen ti rompíche-las cadeas!

17Ofrézoche sacrificios de louvanza,

invocando o nome do Señor.

 

 18Cumprirei os meus votos ó Señor,

á vista de todo o seu pobo,

19nos adros da casa do Señor,

no medio de ti, Xerusalén,

 

 

 

ALELUIA Mc 1, 15:

R/ Aleluia. Chega o Reino de Deus, di o Señor:

 Convertédevos e crede na Boa Nova

 R/ Aleluia

 

 

EVANXEO Mc 1, 14-20:

 Convertédevos e crede no Evanxeo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

 14Cando prenderon a Xoán, marchou Xesús a Galilea a anuncia-la Boa Nova de Deus,

15dicindo:

 -O tempo está cumprido, e chega o Reino de Deus; convertédevos, e crede na Boa

Nova.

 

16Camiñando pola ribeira do mar de Galilea, viu a Simón e mais a Andrés, seu irmán,

largando o aparello no mar: eran pescadores. 17Díxolles Xesús:

-Vinde comigo, e fareivos pescadores de homes.

 

18Deixaron de contado o aparello, seguírono. 19Un pouco máis adiante viu a Santiago,

fillo de Zebedeo e mais a Xoán, seu irmán; estaban arranxando o aparello na barca. E de

seguida os chamou. 20Eles, deixando a seu pai, Zebedeo, e mais ós seus tripulantes na

barca, seguírono.

 

 

306 Martes

 

Ano 1

PRIMEIRA Heb 2, 5-12:

 Conviña que o autor da salvación a levara a cabo por medio do sacrificio

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

 

5Deus non someteu ós anxos ese futuro mundo celeste do que falamos. 6Nalgunha parte

o testemuña alguén, cando di:

''¿Quen é o home para que te lembres del,

ou a raza humana para que mires por ela?

7Só o rebaixaches un chisco con respecto ós anxos,

coroáchelo de gloria e dignidade:

8todo llo sometiches a el''.

 

Ó dicir que lle someteu todo, non puido deixar nada sen lle someter. Certo que agora

aínda non vemos que todo estea sometido ó home; 9con todo, xa vemos que aquel que

''rebaixaron só un chisco con respecto ós anxos'', Xesús, por aguanta-los padecementos

da súa morte, está coroado de gloria e dignidade. Deste xeito, a súa morte foi unha

bendición de Deus para todo home.

 

10Efectivamente, conviña que Aquel para quen e por quen todo existe, se quería levar

moitos fillos á gloria, levase á máxima perfección por medio do sufrimento ó que ía ir á

cabeza dos que se salvarían; 11pois o consagrante e os consagrados teñen que ser todos

da mesma liñaxe. Por isto non se avergonza de lles chamar irmáns, 12cando di:

 

''Pregoarei ante os meus irmáns o ben que fixeches,

no medio da nosa asemblea heiche de cantar cántigas''.

 

 

 

SAL. RESP. Sal 8, 2a e 5. 6-7. 8-9

R/ (cf 7): Décheslle poder ó teu Fillo  sobre as obras das túas mans

 

2Señor, noso Señor,

 ¡que grande é o teu nome en toda a terra!

5¿que é o home, para que o lembres,

 o fillo do home, para que del te ocupes?

 

6Por pouco non o fixeches coma os anxos,

 coroáchelo de honor e dignidade;

7décheslle mando sobre as obras das túas mans,

puxéchelo todo ós seus pés:

 

8rabaños de ovellas e touros,

 e mesmo as bestas do monte,

9os paxaros do ceo e os peixes do mar,

 que fan carreiros polas augas.

 

 

Ano 2

PRIMEIRA 1 Sam 1, 9-20:

 Acordouse o Señor de Ana e deu a luz a Samuel

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DE SAMUEL

 

9Ana, despois de comeren e beberen, alí en Xiloh, ergueuse e, mentres o sacerdote Elí

estaba sentado na cadeira, á entrada do santuario do Señor, 10ela, coa alma chea de

tristura, rezáballe ó Señor, chorando a todo chorar.

 

11Daquela fixo este voto: Señor dos exércitos, se te fixas no acoramento da túa serva e

lle dás un filliño, eu cedereillo ó Señor por tódolos días da súa vida, e a navalla non

tocará na súa cabeza.

 

12Mentres ela abondaba nos seus rezos, diante do Señor, Elí observaba a súa boca.

13Como Ana falaba para si, movendo os beizos, pero sen que se oíse a súa voz, Elí

pensou que estaba bébeda. 14E faloulle: ¿Canto che vai durar a borracheira? Bota fóra

ese viño.

 

15Pero Ana respondeulle: Non é iso, señor. Eu son unha muller que está aflixida. Non

bebín viño nin cervexa. Estábame desafogando dediante do Señor. 16Non tóme-la túa

serva por unha desvergoñada. Se falaba con xeito, era pola moita dor e polas coitas.

 

17Entón díxolle Elí: Vaite en paz, e que o Deus de Israel che conceda o que lle

pediches. 18E ela respondeulle: Que a túa serva poida contar coa túa aprobación. A

muller marchou e comeu, e non parecía xa a mesma.

 

19Pola mañá erguéronse cedo e foron postrarse diante do Señor. Despois puxéronse de

volta e chegaron a Ramah, á súa casa. Elcanah achegouse a Ana, súa muller, e o Señor

acordouse dela. 20Ana embarazou e logo pariu un fillo, a quen lle puxo o nome de

Samuel, porque llo pedira ó Señor.

 

 

 

SAL. RESP. 1 Sam 2, 1. 4-5. 6-7. 8abcd

R/ (cf 1a): Alegrouse o meu corazón no Señor,  o meu salvador

 

2 1Ana dixo daquela esta oración:

O meu corazón alégrase no Señor,

érgome forte no meu Deus;

a miña boca rise dos meus inimigos,

porque celebro a túa salvación.

 

4Os arcos dos fortes sofren quebra,

os febles énchense de valor;

5os fartos contrátanse polo pan,

mentres que os famentos descansan;

a que antes era estéril,

dá á luz sete veces;

a que antes se enchía de fillos,

agora vese baldeira.

 

6O Señor dá a morte e a vida,

afunde no abismo e saca de alí.

7O Señor enriquece e despoxa,

humilla e tamén engrandece.

 

8El ergue da lama ó humilde

e tira ó pobre da esterqueira,

para o sentar entre os príncipes

coma herdeiro dun trono de gloria.

 

 

 

ALELUIA Cf 1 Tes 2, 13

R/ Aleluia. Acollede a Palabra de Deus, non coma

 palabra dos homes, senón coma o que é

 realmente, Palabra do Señor

 R/ Aleluia

 

 

 

 EVANXEO Mc 1, 21b-28:

 Ensinábaos coma quen ten autoridade

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

21Viñeron a Cafarnaúm, e, ó chega-lo sábado, Xesús púxose a ensinar na

sinagoga.22Todos estaban abraiados da súa doutrina, pois ensinaba coma quen ten

autoridade, non coma os letrados. 23E cadrou que había naquela sinagoga un home

posuído por un mal espírito, e púxose berrar:

-24¿Que temos que ver contigo, Xesús de Nazaret? ¿Seica viñeches para acabar

connosco? Ben sei quen es ti: ti e-lo Santo de Deus.

 

25Xesús mandoulle:

-Cala, e bótate fóra dese home.

 

26O espírito malo sacudiuno, pegou un berro moi alto e saíu del. 27Todos ficaron

pasmados, e discutían entre si, dicindo:

-¿Que é isto? Unha nova doutrina, e con autoridade; enriba, dálles ordes ós espíritos

malos, e eles obedéceno.

 

 28E a súa sona espallouse de contado por toda a rexión de Galilea.

 

 

 

307 Mércores

Ano 1

PRIMEIRA Hebr 2, 14-18

 Tiña que asemellarse ós seus irmáns en todo para facerse misericordioso

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

 

14Xa que os fillos participan todos na mesma carne e do mesmo sangue, tamén Xesús

participou igualmente da carne e do sangue, para que coa súa morte puidese deixar sen

forzas ó que retiña o poder da morte, isto é, a Satán; 15e deste xeito, librar a cantos por

medo á morte pasaban a vida nunha escravitude.

 

16Porque está claro que a quen lles vén botar unha man, non é ós anxos, senón ós fillos

de Abraham. 17Por iso tiña que asemellarse ós seus irmáns en todo, para deste xeito

poder ser sumo sacerdote, que se doia de nós e de quen un se poida fiar nas cousas que

se refiren a Deus e así poida expia-los pecados do seu pobo; 18porque El xa pasou a

proba de sufrimento, pode axudar ós que agora se atopan na proba.

 

 

 

SAL. RESP. Sal 104, 1-2.3-4. 6-7. 8-9

R/ (8a): O Señor recorda por sempre a súa Alianza

Ou ben: Aleluia

 

1Louvade o Señor, invocade o seu nome,

dade a coñece-las súas fazañas entre os pobos,

2Cantádelle, toc delle,

contade as súas marabillas.

 

3Gloriádevos no seu nome santo

e que se alegre o corazón dos que buscan ó Señor.

4Preguntade polo Señor e o seu poder,

buscade sempre a súa presencia.

 

6Liñaxe do seu servo Abraham,

fillos de Xacob, os seus elixidos,

7O Señor é o noso Deus,

o que goberna a terra enteira.

 

8El recorda por sempre a súa alianza,

a palabra que deu polas xeracións.

9O que pactou con Abraham

e xurou a Isaac.

 

 

Ano 2

PRIMEIRA 1 Sam 3, 1-10. 19-20

 Fala, Señor, que o teu servo escoita

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DE SAMUEL

 

3 1O neno Samuel estaba ó servicio do Señor, ás ordes de Elí. A palabra do Señor era

escasa, daquela, e non abondaban as visións.

 

2Un día estaba Elí sentado no sitio de costume. Os seus ollos enfebleceran e non podía

case ver. 3Non se apagara aínda a lámpada de Deus e Samuel xacía deitado no santuario

do Señor, onde estaba a arca de Deus.

 

4O Señor chamou por Samuel e este respondeulle: Aquí estou. E, coa mesma, foi

correndo onda Elí e díxolle: Aquí veño, pois chamáchesme. 5Elí díxolle: Eu non te

chamei. Volve deitarte. E Samuel foise deitar.

 

6O Señor chamou de segundas por Samuel. Samuel ergueuse e foi onda Elí, dicindo:

Aquí estou, pois chamáchesme. Eu non te chamei, meu fillo, dixo el. Volve deitarte.

7Samuel non coñecía aínda o Señor, pois a palabra do Señor non se lle revelara aínda.

 

8O Señor chamou por terceira vez a Samuel, quen se ergueu e foi axiña onda Elí: Aquí

estou, pois chamáchesme. Entón decatouse Elí de que era o Señor quen chamaba ó

rapaz. 9Elí díxolle a Samuel: Vaite deitar, e se te chama, dirás: Fala, Señor, que o teu

servo escoita. Samuel marchou e deitouse no seu sitio.

 

10O Señor presentouse, chamando, coma as outras veces: ¡Samuel, Samuel! E Samuel

dixo: Fala: o teu servo escóitate.

 

19Samuel ía crecendo; o Señor estaba con el e non deixou sen cumprimento ningunha

palabra súa. 20Desde Dan a Beerxeba, todo Israel sabía que Samuel era un verdadeiro

profeta do Señor.

 

 

 

SAL. RESP. Sal 39, 2 e 5. 7-8a. 8b-9. 10

R/ (cf. 8a e 9a): Aquí veño, Señor, para face-la  túa vontade

 

2Esperar, eu espero no Señor:

El vólvese para min e escoita o meu lamento.

5Feliz o que pon no Señor a esperanza

e non acode ós arrogantes,

que se extravían no engano.

 

7Ti non queres sacrificios e ofrendas

--sobre iso abríchesme o oído--

non pides holocaustos nin víctimas expiatorias.

8Entón digo:--"Aquí veño

co libro escrito para min".

 

9Face-la túa vontade, meu Deus, é o que eu quero;

a túa lei está no fondo de min mesmo.

10Proclamo a túa salvación na asemblea

non pecho os meus labios: ben o sabes, Señor.

 

 

ALELUIA Xn 10, 27:

R/ Aleluia. As miñas ovellas escoitan a miña voz,

 di o Señor, Eu coñézoas e séguenme

 R/ Aleluia

 

 

EVANXEO Mc 1, 29-39

 Curou a moitos atacados por varias doenzas

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

29Despois de saír Xesús da sinagoga, foi á casa de Simón e mais de Andrés, con

Santiago e Xoán. 30A sogra de Simón estaba na cama con febre, e axiña lle falaron dela.

31E, achegándose, colleuna pola man e ergueuna; desapareceulle a febre e púxose a

servilos.

 

32Chegada a tardiña, xa de sol posto, leváronlle tódolos enfermos e endemoniados; 33A

vila enteira se amoreou na porta. 34E sanou a moitos enfermos de varias doenzas e

botou moitos demonios. Pero ós demonios non os deixaba falar, porque o coñecían ben.

 

35Erguéndose moi cedo, aínda de noite, saíu para un lugar arredado, onde se puxo a

orar. 36Simón e mailos seus compañeiros fórono seguindo, 37e cando o atoparon,

dixéronlle:

-Todos te andan a buscar.

 

38El respondeu:

 -Vaiamos a outro sitio, ás aldeas veciñas, para predicarmos tamén alí, que para isto vin.

 

 39E foi predicando polas sinagogas de Galilea, botando fóra os demos.

 

 

 

308 Xoves

Ano 1

PRIMEIRA Hebr 3, 7-14

 Alentádevos uns ós outros, mentres se pregoa  este Hoxe

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

 

7É o Espírito Santo quen fala:

Se hoxe oíde-la súa voz, 8non endurezáde-lo voso corazón, coma cando vos rebelastes,

coma o día da proba no deserto, 9cando vosos pais me tentaron, para veren onde

chegaba, aínda que xa viran os meus feitos 10durante corenta anos: por isto me deu

noxo aquela xente, e dixen: 'o corazón ándalles sempre descarriado, non se deron conta

do meu comportamento'; 11por iso xurei cheo de carraxe: ¡'endexamais non entrarán no

meu acougo'!

 

12Ollade, irmáns, non sexa que algún de vós teña un ruín e incrédulo corazón, que o

aparte do Deus vivo; 13vós, en troques, alentádevos uns ós outros día tras día, mentres

se pregoa este ''hoxe'', de xeito que ningún de vós se deixe endurecer, engaiolado polo

pecado.

 

14Porque seguimos sendo compañeiros de Cristo, sempre que manteñamos firme ata a

fin a confianza absoluta de cando comezamos.

 

 

 

 

 

SAL. RESP. Sal 94, 6-7. 8-9. 1o-11

R/ (8): Oxalá escoitasedes hoxe a súa voz:

 Non endurezáde-lo voso corazón

 

6Vide, adorémolo postrados,

axeonllémonos ante o Señor, que nos creou.

7El é o noso Deus

e nós sómo-lo seu pobo,

o rabaño que guía a súa man.

¡Se escoitasedes hoxe a súa voz!

 

8Non endurez de-lo corazón, coma en Meribah,

coma o día de Masah, no deserto,

9cando vosos pais me tentaron,

provocáronme aínda que viran os meus feitos.

 

10Corenta anos anoxoume aquela xente,

e dixen:--"Son un pobo de extraviado corazón,

que non recoñece os meus camiños".

11E xurei na miña cólera:

--"Non entrarán no meu acougo".

 

 

Ano 2

PRIMEIRA 1 Sam 4, 1-11

 Caiu Israel e foi capturada a Arca de Deus

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DE SAMUEL

 

4 1A palabra de Samuel chegaba a todo Israel. Os israelitas saíron á guerra en contra dos

filisteos. Acamparon en Eben-ha-Ézer e os filisteos en Afec.

 

2Os filisteos puxéronse en orde de combate cara ós israelitas. Desatada a batalla, os

israelitas sufriron unha grave desfeita, dediante dos filisteos, que lles mataron no campo,

dentro das súas ringleiras, case catro mil homes.

 

3Cando a tropa volveu ó campamento, os vellos de Israel preguntábanse: ¿Por que nos

deixou hoxe o Señor sufrir esta defeita ante os filisteos? Levemos connosco de Xiloh a

arca da alianza do Señor. Se vén el connosco, libraranos da man dos nosos inimigos.

 

4Mandaron, pois, xente a Xiloh, para que trouxesen de alí a arca da alianza do Señor

dos exércitos, que ten o trono enriba dos querubíns. Coa arca da alianza de Deus ían os

dous fillos de Elí, Hofní e Pinhás.

 

5Cando a arca da alianza do Señor chegou ó campamento, Israel botou un berro de

guerra tan grande que a terra tremeu. 6Os filisteos que o oíron, perguntaban: ¿Que é ese

gran berro de guerra, no campamento dos hebreos? Souberon que chegara ó

campamento a arca do Señor 7e, mortos de medo, dicían: ¡Entraron os deuses no

campamento! ¡Pobres de nós! Cousa como ela aínda non acontecera. 8¡Pobres de nós!

¿Quen nos librará agora da man de deuses tan podentes? Eles son os que feriron ós

exipcios con tantas pragas e pestes. 9¡Coraxe, filisteos! Sede homes, para non

convertervos en escravos dos hebreos, como eles o foron nosos. ¡Sede homes e loitade!

 

10Os filisteos botáronse ó combate e venceron ós israelitas, que fuxiron, cada un para á

súa tenda. Foi unha grave desfeita. Da infantería de Israel caeron trinta mil homes. 11A

arca de Deus foi capturada e morreron os dous fillos de Elí, Hofní e Pinhás.

 

 

 

SAL. RESP. Sal 43, 10-11. 14-15. 24-25

R/ (26d): Redímenos, Señor, pola túa misericordia

 

10Mais agora rexéitasnos, exposnos á vergonza,

non saes cos nosos exércitos á guerra.

11Déixasnos recuar diante dos inimigos,

expólianno-los nosos agresores.

 

14Fas de nós o riso dos veciños,

a burla e o escarnio do arredor.

15Fas de nós a rexouba das xentes

e o aceno burlón dos demais pobos.

 

 24Esperta, ¿por que estás, Señor, durmido?

Érguete. Non nos rexeites para sempre.

25¿Por que escónde-la túa cara,

esquéce-la nosa miseria e opresión?

 

 

 

ALELUIA Cf. Mt 4, 23

R/ Aleluia. Xesús predicaba o Evanxeo do Reino,

 e curaba tódalas doenzas do pobo

 R/ Aleluia

 

 

 

EVANXEO Mc 1, 40-45

 Desapareceulle a lepra, e quedou limpo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

40Acercóuselle a Xesús un gafo, e rogoulle de xeonllos:

-Ti, se queres, pódesme limpar.

 

41 Xesús, estremecido, alongou a man, e tocouno, dicindo:

-Pois quero, queda limpo.

 

 42E no intre desapareceulle a lepra, quedando limpo. 43E despediuno, e, poñéndose

moi serio, mandoulle:

-44Mira, non lle vaias dicir nada a ninguén; preséntate ó sacerdote, e fai pola túa

purificación as ofrendas mandadas por Moisés, para que lles conste.

 

45Pero, mal se foi, aquel home botouse a pregoa-la nova, espallándoa de tal xeito que

Xesús xa non podía entrar en vila ningunha, senón que quedaba fóra, nos arredores

apartados. Pero aínda así acudían a el de tódalas partes.

 

 

 

 309 Venres

Ano 1

PRIMEIRA Heb 4, 1-5. 11

 Apurémonos a entrar neste acougo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

 

Irmáns e irmás:

4 1Andemos con moito tino, non sexa que, anque Deus mantén firme a promesa de

entrar no seu acougo, algún de vós corra o risco de chegar tarde. 2Porque esta promesa

anúnciasenos a nós do mesmo xeito ca a eles, pero a eles non lles valeu de nada oí-la

promesa, que non se xuntaron cos que a oíron con fe.

 

 3Pero nós, os que cremos, entramos no acougo do que falan estas verbas:

''Por iso xurei, cheo de carraxe:

¡endexamais non entrarán no meu acougo!''.

 

Ora, o seu traballo está concluído desde a creación do mundo, 4pois, nalgún sitio fálase

así do sétimo día: ''E o sétimo día descansou Deus de todo o seu traballo''. 5E, con todo,

no lugar citado vólvese dicir: ''Endexamais non entrarán no meu acougo''.

 

 11Collamos a peito o entrar neste acougo, de xeito que ninguén caia nunha rebeldía

como aquela.

 

 

 

SAL. RESP. Sal 77, 3 e 4bc. 6c-7. 8

R/ (cf 7c): Non esquezáde-las obras de Deus

 

3O que oímos e sabemos,

o que os pais nos contaron,

4témolo que contar ás xeracións vindeiras:

as glorias do Señor, o seu poder,

 

Os fillos que nazan llela conten ós seus fillos.

7Estes porán en Deus a súa esperanza,

non se esquecerán das súas obras,

gardarán os seus mandatos.

 

8Así non serán coma seus pais,

xente rebelde e teimuda,

raza de ánimo inquedo

de espírito infiel a Deus.

 

 

 

Ano 2

PRIMEIRA 1 Sam 8, 4-7. 10-22a

 Berraredes en contra do rei que escollestes,

 pero o Señor non responderá.

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DE SAMUEL

 

4Xuntáronse os vellos de Israel, foron a Ramah onda Samuel 5e dixéronlle: Velaí que ti

estás vello e os teus fillos non van polo teu camiño. Dános, logo, un rei que nos

goberne, coma o que teñen as outras nacións.

 

6A Samuel pareceulle mal esa proposta: "Dános un rei que nos goberne", e invocou ó

Señor. 7O Señor respondeulle: Atende ó pobo en todo o que che piden. Non te rexeitan

a ti, senón a min, para que non reine sobre deles.

 

10Samuel referiu ó pobo que pedía un rei o que lle dixera o Señor. 11Díxolle: Este é o

foro do rei que reinará sobre vós: collerá os vosos fillos, para servicio dos seus carros e

da súa cabalería e para que corran diante da súa carroza. 12Poraos de xefes de milleiro e

de xefes de cincuentena; faralles ara-las súas leiras e sega-lo seu trigo, fabricar armas

 


 

para a guerra e trebellos para os carros. 13As vosas fillas levaraas para perfumistas,

cociñeiras e panadeiras.

 

14Quitarávo-lo mellor dos vosos eidos, das vosas viñas e oliveiras, para dárllelo ós seus

servidores. 15Esixirávo-lo dezmo do voso gran e das vosas vendimas, para dárllelo ós

seus ministros e ós seus funcionarios. 16Botará man dos vosos criados e criadas, dos

vosos bois e dos vosos burros, para que fagan para el o seu traballo. 17Decimará os

vosos rabaños, e vós seréde-los seus escravos. 18Entón berraredes en contra do rei que

escollestes, pero o Señor non responderá.

 

19O pobo non lle fixo caso a Samuel e insistiu: Non. ¡Nós queremos un rei! 20Seremos

coma as outras nacións. Teremos un rei que nos goberne e que saia á fronte de nós nas

nosas guerras.

 

21Samuel escoitou o que o pobo pedía e referiullo ó Señor. 22O Señor díxolle a

Samuel: Atende a súa demanda e noméalles un rei.

 

 

 

 

SAL.RESP. Sal 88, 16-17. 18-19

R/ (cf 2a): Cantarei por sempre, Señor, a túa

 misericordia

 

16Feliz o pobo que sabe aclamarte

e camiñar, Señor, na luz da túa presencia.

17O teu nome fai a súa ledicia o día enteiro,

a túa xustiza é a súa gloria.

18Ti es, en verdade, a súa gloria e a súa forza,

polo teu favor erguemos nós a testa.

19O Señor é o noso escudo,

o santo de Israel o noso rei.

 

 

 

 

ALELUIA Lc 7, 16

R/ Aleluia. Un gran profeta xurdiu entre nós;

 Deus visitou o seu pobo

 R/ Aleluia

 

 

 

EVANXEO Mc 2, 1-12

 O Fillo do Home ten poder na terra

 para perdoa-los pecados

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

 2 1Entrou Xesús en Cafarnaúm, e sóubose que estaba na casa; 2tantos se xuntaron que

nin diante da porta había xa sitio. El expoñíalle-la Palabra. 3En-tón, entre catro,

trouxeron un home tolleito. 4Pero, non podendo chegar ó pé del, pola moita xente que

había, levantaron o teito onde el estaba, e abriron un furado ata poderen mete-lo leito co

enfermo, e descolgalo. 5Xesús, vendo a fe que tiñan, díxolle ó tolleito:

-Meu fillo, quédanche perdoados os teus pecados.

 

 6Pero alí sentados estaban algúns letrados, que matinaban para os seus adentros:

 -7Pero, ¿que está a dicir este home? Está blasfemando. ¿Quen pode perdoa-los pecados,

senón unicamente Deus?

 

 8Xesús, decatándose axiña do que estaban cavilando, díxolles:

-¿Por que razoades así nos vosos adentros? 9¿Que é máis fácil: dicirlle a este tolleito:

"quedan perdoados os teus pecados", ou dicirlle: "érguete, colle o teu leito e vaite"?

10Pois para que vexades que o Fillo do Home ten poder para perdoa-los pecados 11-

dille ó tolleito-, colle o teu leito, e vaite á túa casa.

 

 12E así foi: no instante, ergueuse, colleu o leito, e foise diante de todos; de tal xeito

que todos ficaron pasmados, e daban gloria a Deus dicindo:

-Nunca tal cousa vimos.

 

 

 

 

310 Sábado

Ano 1

PRIMEIRA Heb 4, 12-16

 Acerquémonos confiadamente ó tronmo da gracia

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

 

Irmáns e irmás:

12Collámolo a peito, xa que a Palabra de Deus é viva e dinámica, máis cortante do que

unha espada de dobre fío e que penetra mesmo alí onde se diferencian a alma e o

espírito, as xuntas e a médula. Ela xulga os proxectos e os pensamentos. 13Non hai

cousa que se lle esconda, todo está nu e penetrable ós seus ollos: é a ela a quen lle

hemos de dar contas.

 

14Pois logo, xa que temos un gran sumo sacerdote que xa penetrou no ceo, Xesús, o

Fillo de Deus, manteñámo-la esperanza que profesamos.

 

Xesús, Sumo Sacerdote misericordioso

 

15Pois así é: nós non temos un Sumo Sacerdote, que non se poida compadecer das

nosas debilidades, senón un Sumo Sacerdote probado en todo coma nós, fóra do pecado.

16Acheguémonos, con liberdade ó trono da gracia, para conseguirmos misericordia e

atoparmos gracia para unha axuda no seu debido tempo.

 

 

 

 SAL. RESP. Sal 18, 8. 9. 10. 15

R/ (cf Xn 6, 63c): As túas Palabras, Señor,

 son Espírito e vida

 

8A lei do Señor é perfecta:

 reconforta a alma;

 a declaración do Señor é firme:

 fai sabio ó inxenuo;

 

9os mandatos do Señor son rectos:

 aledan o corazón;

 o precepto do Señor é limpo:

 ilumina os ollos;

 

10o temor do Señor é puro:

 permanece por sempre;

 as decisions do Señor son verdadeiras:

 enteiramente xustas.

 

15Dignate acepta-la palabra

 da mina boca,

 e o sentir do meu corazón,

 Señor, a miña rocha e o meu redentor.

 

 

 

Ano 2

PRIMEIRA 1 Sam 9, 1-4. 17-19; 10, 1a

 Velaquí aquel de quen falara o Señor,

 Xaúl dominará o seu pobo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DE SAMUEL

 

9 1Había un home de Benxamín que se chamaba Quix, fillo de Abiel, fillo de Seror,

fillo de Becorat, fillo de Afíah, un benxaminita de boa posición. 2Tiña un fillo chamado

Xaúl, un mozo garrido e lanzal, coma non había outro en Israel. Sobresaía entre todos

dos ombreiros para arriba.

 

3O seu pai Quix extraviáranselle unhas burras e díxolle o seu fillo Xaúl: Leva contigo

un criado e vai á pescuda das burras. 4Atravesaron a montaña de Efraím e a bisbarra de

Xalixah, pero non as atoparon. Cruzaron por Xalim, e non estaba. Atravesaron despois

Benxamín, e tampouco estaban alí.

 

 17Cando Samuel viu a Xaúl, o Señor indicoulle: Ese é o home que che dixen, o que

gobernará ó meu 18Xaúl achegouse a Samuel, preto da porta da cidade, e preguntoulle:

Dime, se fa-lo favor, onde é a casa do vidente. 19Samuel respondeulle: O vidente son

eu. Sube ó outeiro canda min. Hoxe xantaredes comigo e mañá cedo despedireite e

direiche o que hai no teu corazón.

 

10 1Entón Samuel colleu a alcuza, verqueu aceite sobre a cabeza de Xaúl e bicouno

dicindo: Isto quere dicir que o Señor te unxe por xefe do seu herdo.

 

 

 

SAL.RESP. Sal 20, 2-3. 4-5. 6-7

R/ (2a): Señor, co teu poder alégrase o rei

 

2Señor, co teu poder alégrase o rei,

 exulta coa túa victoria.

3Ti outórgaslle o que arela o seu corazón,

 non lle néga-lo que piden os seus labios.

 

4Sáeslle o encontro coa túa bendición

 e poslle na cabeza coroa de ouro fino.

 

5Pídeche vida, e ti dáslle

 duranza de días sen fin.

6A súa gloria medra coa túa axuda;

 revéstelo de honor e maxestade.

7Dáslle constante bendición,

 alégralo coa túa presencia.

 

 

 

ALELUIA Lc 4, 18

R/ Aleluia. O Señor envioume a evanxelizar ós

 pobres; a predica-la redención ós cautivos

 R/ Aleluia

 

 

 

 EVANXEO Mc 2, 13-17

 Non vin chamar ós xustos senón ós pecadores

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

13Volveu saír Xesús para a beira do mar, e a xente toda seguía acudindo. E el

ensinábaos. 14O pasar, viu a Leví, o de Alfeo, sentado no mostrador a cobra-la

contribución, e dille:

-Sígueme.

 

El ergueuse, e seguiuno.

 

15Aconteceu que estando Xesús á mesa de Leví, acompañado dos seus discípulos e

mais outros recadadores de impostos e pecadores -pois eran moitos os que o seguían-,

16os letrados e fariseos, véndoo comer con eles, dixéronlles ós discípulos:

-¿Como é que come cos recadadores e pecadores?

 

17Xesús sentiunos, e contestoulles:

-Non son os sans, senón os enfermos, os que precisan médico. Eu non vin chamar polos

xustos, senón polos pecadores.