Semana III

 
 

SEMANA 3ª DO TEMPO ORDINARIO

 

 317.- LUNS

ANO 1

 

PRIMEIRA Heb 9, 15. 24-28

Unha vez que se ofrendou para quita-los pecados, volverá a aparecerlles por segunda

vez para salva-los que o están agardando .

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

 

Irmáns e irmás:

15Cristo é mediador dunha nova alianza, xa que morreu para redimir dos pecados

cometidos baixo a primeira alianza, a fin de que os que están chamados á herdanza

eterna, poidan recibi-lo cumprimento desta promesa.

 

24Pois o Mesías non entrou nun santuario de feitío humano, copia do verdadeiro, senón

que entrou no ceo, para poder presentarse agora diante do mesmo Deus a favor noso;

25e non para repetir moitas veces o seu propio sacrificio, como fai o Sumo Sacerdote,

que entra cada ano no santuario levando sangue alleo, 26porque, se así for, debería ter

sufrido moitas veces desde a creación do mundo; pero a verdade é que agora dunha vez

para sempre, no derradeiro dos períodos da historia, co sacrificio de si mesmo, quedou a

disposición de todos para acabar co pecado.

 

27O mesmo que o destino de todo home é morrer unha vez só e, despois xa da morte,

vén o xuízo, 28así tamén Cristo, unha vez que se ofrendou para quita-los pecados,

volverá a aparecerlles por segunda vez, xa sen ter que ver co pecado, para salva-los que

o están agardando con ansia.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 97, 1. 2-3ab. 3cd-4. 5-6

R/ (1a): Cantádelle ó Señor un cántico novo, pois fixo marabillas

 

Cantádelle ó Señor un cántico novo,

pois fixo marabillas,

a súa dereita e o seu brazo

déronlle a victoria.

 

2O Señor dá a coñece-la súa salvación,

revela a súa xustiza ante os pobos.

3Lembra o seu amor e a súa fidelidade

coa casa de Israel.

 

Os pobos todos verán

a salvación do noso Deus.

4Aclama ó Señor, terra enteira,

rompede a cantar e a tocar.

 

5Tocade para o Señor a cítara,

a cítara e o salterio;

6con claríns e con trompetas

aclamade ó Señor, noso rei.

 

ANO 2

PRIMEIRA 2 Sam 5, 1-7. 10:

Ti apacentara-lo meu pobo Israel

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO SEGUNDO DE SAMUEL

 

5 1Tódalas tribos de Israel foron a Hebrón, xunto a David, para dicirlle: -"Aquí nos tes.

Nós somos do teu mesmo sangue. 2Xa de antes, cando Xaúl reinaba sobre nós, eras ti

quen conducía a Israel e o Señor tíñache dito: ti pastara-lo meu pobo Israel, ti sera-lo seu

xefe".

 

3Os anciáns de Israel presentáronse, pois, onda o rei en Hebrón. O rei David fixo un

pacto alí con eles, diante do Señor, e eles unxiron a David por rei de Israel. 4David tiña

trinta anos cando empezou a reinar e reinou corenta anos. 5En Hebrón reinou sobre

Xudá sete anos e medio; en Xerusalén reinou trinta e tres anos, sobre Israel e Xudá.

 

6O rei marchou cos seus homes sobre Xerusalén contra os habitantes daquel país, os

iebuseos. Eles tíñanlle dito a David: -"Non poderás entrar aquí; rexeitarante os cegos e

os coxos". Con iso querían dicir: "David non poderá entrar aquí". 7Pero David

conquistou a fortaleza de Sión, que se converteu na cidade de David.

 

10David medraba cada vez máis. O Señor, Deus dos exércitos, estaba con el.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 88, 20. 21-22. 25-26

R/ (25a): A miña fidelidade e o meu amor irán con el

 

20Un día falaches así en visión ós teus amigos:

-"Púxenlle a coroa a un valente,

erguín do medio do pobo un elixido;

 

21atopei o meu servo David

e unxino con óleo santo.

22A miña rexa man estará con el,

o meu brazo farao forte.

 

25A miña fidelidade e o meu amor irán con el

e no meu nome erguerá a testa.

26Estenderei sobre o mar a súa man,

sobre os ríos a súa dereita.

 

 

ALELUIA Cf. 2 Tim 1, 10:

O noso Salvador Xesús Cristo destrui a morte,

e iluminou a vida por medio do Evanxeo

 

 

EVANXEO Mc 3, 22-30:

Satán será derrotado

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

22Os letrados que baixaran de Xerusalén, dicían: "ten dentro a Belcebú; bota fóra os

demonios co poder do príncipe dos demonios". 23El chamou por eles e púxolles estas

comparanzas:

 

-¿Como pode Satanás botar a Satanás? 24Se un reino está dividido en contra de si

mesmo, non se pode manter en pé. 25Se unha casa está dividida en contra de si mesma,

non pode subsistir. 26Así que, se Satanás está dividido e loita contra si mesmo, non

pode subsistir e está perdido.

 

27Ninguén pode entrar na casa dun home forte, e roubarlle canto ten, se primeiro non o

amarra; só entón poderá arramplar con canto hai na casa.

 

28Tede por seguro que todo se lles perdoará ós homes, os pecados e cantas blasfemias

digan; 29pero a quen basfeme contra o Espírito Santo, nunca se lle perdoará, e cargará

eternamente co seu pecado.

 

30Isto dicíao porque eles acusábano de que tiña dentro un espírito malo.

 

 

318.- MARTES

ANO 1

PRIMEIRA Heb 10, 1-10:

Velaquí veño, Señor, para face-la túa vontade

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

 

 

Irmáns e irmás:

 

10 1Xa que a Lei contén soamente unha sombra dos bens futuros e non a imaxe mesma

destas realidades, cos sacrificios que se ofrecen -sempre os mesmos cada ano-,

endexamais non poderá a Lei volver perfectos ós que se acollen a ela. 2Porque ¿acaso

estes sacrificios non se deixarían de ofrecer, se os que os practican, purificados de vez,

non tivesen xa ningunha conciencia dos seus pecados? 3Polo contrario, nestes

sacrificios conmemóranse os pecados un ano tras outro.

 

4A verdade é que resulta imposible que o sangue de touros e de cabras quite os pecados.

5Por iso, cando Cristo entra no mundo, di:

"Sacrificios e ofrendas non os quixeches,

pero formáchesme un corpo;

 

6holocausto e sacrificio de expiación

non che gustaron;

7entón dixen:

olla que xa cheguei, meu Deus,

para face-la túa vontade

-como se di de min nun capítulo do libro"-.

 

8Di no comezo: "Sacrificios, ofrendas, holocaustos e sacrificios de expiación, nin os

quixeches nin che gustaron" (todos eles son sacrificios que a Lei manda ofrecer); 9e di

despois: "Olla que xa cheguei para face-la túa vontade". Deixa sen validez o primeiro

para darlle soamente validez ó segundo. 10Foi por esta vontade de Deus, como

quedamos nós santificados coa ofrenda única e para sempre do corpo de Xesús Cristo.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 39, 2 e 4ab. 7-8a. 10. 11

R/ (cf 8a e 9a): Aquí veño, Señor, face-la túa vontade

 

2Esperar, eu espero no Señor:

El vólvese para min e escoita o meu lamento.

4Ponme na boca un cantar novo,

louvanza do noso Deus.

 

7Ti non queres sacrificios e ofrendas

-sobre iso abríchesme o oído-,

non pides holocaustos nin víctimas expiatorias.

8Entón digo: -"Aquí veño

 

10Proclamo a túa salvación na asemblea,

non pecho os meus labios: ben o sabes, Señor.

 

11Non escondo no peito a túa xustiza,

anuncio a túa fidelidade e o teu auxilio.

Non encubro o teu amor e a túa verdade

diante da gran asemblea.

 

ANO 2

PRIMEIRA 2 Sam 6, 12b-15. 17-19

David e todo Israel levaban a arca do Señor con alegría

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO SEGUNDO DE SAMUEL

 

12Foi David e fixo subir en festa a arca do Señor da casa de Obededom á cidade de

David.

 

13Cada seis pasos que daban os portadores da arca do Señor, sacrificaban un boi e un

becerro. 14David danzaba con tódalas forzas diante do Señor, cinguido co efod de liño.

15Así foi como David e todo Israel levaron a arca do Señor, entre aclamacións e soar de

trompetas.

 

17Logo puxeron no seu sitio a arca do Señor meténdoa dentro da tenda que David lle

preparara. Despois ofreceu David holocaustos e sacrificios de comuñón diante do Señor.

 

18En acabando cos sacrificios, David bendiciu ó pobo no nome do Señor dos exércitos.

19Despois repartiulle a toda a xente, a cada home e muller da xente de Israel, unha bica

de pan, unha tallada de carne e unha torta de pasas. A fin marcharon todos, cada un para

a súa casa.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 23, 7. 8. 9. 10

R/ (8a): ¿Quen é ese rei da gloria? O Señor, el é o rei da gloria

 

7Erguede, portas, os linteis,

alzádevos, antigos portais,

para que entre o rei da gloria.

 

8¿Quen é ese rei da gloria?

O Señor, forte e valente,

o Señor, valente nas batallas.

 

9Erguede, portas, os linteis,

alzádevos, antigos portais,

para que entre o rei da gloria.

 

10¿Quen é ese rei da gloria?

O Señor dos exércitos,

El é o rei da gloria.

 

 

ALELUIA Cf Mt 11. 25:

Bendito es ti, Pai, Señor do ceo e mais da terra,

porque lle revelaches ós humildes os misterios do reino

 

 

EVANXEO Mc 3, 31-35:

Quen faga a vontade de Deus, ese é meu irmán e miña irmá e miña nai

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

31Nisto chegan nai Xesús e mailos seus irmáns, e mandárono chamar desde fóra. 32Era

moita a xente que estaba sentada arredor del, e fóronlle dicir:

-Aí fóra están túa nai e mais teus irmáns, que te veñen buscar.

 

33El respondeu:

-¿Quen é miña nai, e quen son meus irmáns?

 

34E mirando os que estaban sentados arredor del, dixo:

-Velaí a miña nai e mailos meus irmáns: 35pois o que cumpra a vontade de Deus, ese é

o meu irmán, a miña irmá e miña nai.

 

 

319.- MÉRCORES

ANO 1

PRIMEIRA Heb 10, 11-18

Plenificou para sempre ós santificados

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

 

11Todo sacerdote ten que estar de pé a cotío para celebra-lo culto e ofrecer un tras outro

os mesmos sacrificios, aínda que estes sacrificios de ningún xeito poidan quita-los

pecados. 12Este, en troques, logo que ofreceu un único sacrificio polos pecados, sentou

para sempre á dereita de Deus 13e, deste xeito, non lle queda máis que agardar a que

Deus faga dos seus inimigos un estrado para os seus pés. 14Cunha única ofrenda deixou

para sempre perfectos ós que el santifica.

 

15Isto mesmo nos testifica o Espírito Santo, xa despois de ter dito: 16"Esta é a alianza

que pactarei con eles cando cheguen aqueles días, di o Señor: cando dea as miñas leis,

héillelas de escribir nos seus corazóns e nas súas mentes", 17e engade: "xa non me

lembrarei máis dos seus pecados e dos seus delitos". 18Ora, se hai perdón dos pecados,

xa non pode haber sacrificios polos pecados.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 109, 1. 2. 3. 4

R/ (4bc): "Ti es sacerdote para sempre conforme ó rito de Melquisédec".

 

Palabra do Señor ó meu señor:

-"Senta á miña dereita

mentres poño os teus inimigos

por estrado dos teus pés".

 

2O cetro do poder

mándacho o Señor desde Sión:

domina nos teus inimigos.

 

3-"Es príncipe desde o día que naciches,

tes aura sagrada desde o seo,

desde o albor da túa infancia".

 

4O Señor xurouno, e non se arrepinte:

-"Ti es sacerdote para sempre

conforme ó rito de Melquisédec".

 

ANO 2

PRIMEIRA 2 Sam 7, 4-17

Afianzarei despois de ti a túa descendencia e asentarei o seu reino

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO SEGUNDO DE SAMUEL

 

4Veulle a Natán esta palabra do Señor: 5-"Vai e dille ó meu servo David que isto di o

Señor: ¿vasme edificar unha casa para que eu habite nela? 6Desde o día en que saquei

os israelitas de Exipto ata hoxe, non habitei en casa ningunha, senón que andei dun lado

para outro nunha tenda e nun tabernáculo. 7E en todo o tempo que andei cos israelitas,

¿faleille, acaso, a algún dos xuíces de Israel, ós que mandei que alindasen o meu pobo,

de que me edificasen unha casa de cedro?

 

8Agora, pois, dille ó meu servo David que isto di o Señor dos exércitos: eu saqueite das

mandas, de detrás dos rabaños, para que fóse-lo xefe do meu pobo Israel. 9Estiven

contigo en todo o que emprendiches e arredei os teus inimigos diante de ti. E dareiche

un nome tan grande coma o dos grandes da terra.

 

10Eu fixarei tamén un posto para o meu pobo Israel. Eu plantareino e el vivirá alí sen

sobresaltos. Non volverán asoballalo os fillos da iniquidade, como fixeron á primeira,

11no tempo en que puxen xuíces sobre o meu pobo Israel. Dareiche o repouso de

tódolos inimigos e, por parte, o Señor anúnciache que che dará unha dinastía.

 

12Cando se cumpran os teus días e vaias durmir con teus pais, eu establecerei despois

de ti un teu descendente, nado das túas entrañas, e farei firme o seu reino. 13El

edificarame unha casa e eu afincarei para sempre o seu reino.

 

14Eu serei para el un pai e el será para min un fillo. Se peca, castigareino con vara de

homes e con azoutes humanos. 15Mais non lle retirarei a miña lealdade, como lla retirei

a Xaúl, a quen botei da miña presencia. 16A túa familia e o teu reino permanecerán na

miña presencia para sempre, o teu trono manterase firme eternamente". 17Natán

comunicoulle a David estas palabras e toda esta visión.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 88, 4-5. 27-28. 29-30

R/ (29a): Gardareille o meu amor eternamente

 

4Co meu elixido firmo unha alianza,

ó meu servo David fágolle un xuramento:

5-"Afincarei a túa liñaxe para sempre,

construireiche un trono duradeiro".

 

27El dirame: -Ti es meu pai,

meu Deus, rocha da miña salvación.

28Eu dareille a primoxenitura,

a soberanía sobre os reis da terra.

 

29Gardareille o meu amor eternamente

e a miña alianza con el será leal.

30Dareille unha posteridade duradeira,

o seu trono sosterase coma os ceos.

 

 

ALELUIA

A semente é a palabra de Deus, o sementador é Cristo;

todo aquel que o encontra, permanecerá para sempre

 

 

EVANXEO Mc 4, 1-20:

Saíu o que sementa a sementar

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

4 1Xesús púxose de novo a ensinar á beira do mar. Tanta era a xente reunida ó pé del,

que tivo que subir para sentar nunha barca fondeada no mar, mentres o xentío estaba en

terra, na ribeira. 2Ensinoulles moitas cousas en parábolas, e instruíaos así:

 

3-Escoitade: Dunha vez saíu un labrador a sementar. 4E resulta que, ó bota-la semente,

parte dela foi caendo polo camiño adiante; viñeron os paxaros, e comérona. 5Outra caeu

entre as pedras, onde a penas había terra; e naceu de contado, porque a terra non tiña

fondura; 6pero non ben saíu o sol, queimouna, e, como non tiña raíz, secou. 7Outra

parte caeu na silveira, e, ó medraren as silvas, afogárona, e non a deixaron dar froitos.

8Outra caeu en boa terra; naceu, creceu e chegou a dar froitos: o trinta, o sesenta, e

aínda o cento por un.

 

9E concluíu:

-Quen teña oídos para oír, que escoite.

 

10Máis tarde, cando ficou só, os que o acompañaban xunto cos Doce, preguntábanlle

polas parábolas. 11El respondeu:

-A vós concedéusevos coñece-lo misterio do Reino de Deus; pero ós de fóra soamente

en parábolas, 12de tal xeito que

mirar miren, pero non vexan;

escoitar escoiten, pero non entendan:

non sexa que se convertan

e se lles perdoe.

 

13E continuou:

-Se non comprendedes esta parábola, ¿como ides comprender tódalas outras? 14O

sementador sementa a Palabra. 15Os do camiño son aqueles nos que se sementa a

Palabra, pero cando a escoitan vén Satanás e arrepáñallela. 16Da mesma maneira son

aqueles que de seguida reciben a semente con alegría, pero pásalle-lo mesmo do que á

sementada entre as pedras: 17por non teren raíces e seren inconstantes, mal veñen as

dificultades ou a persecución por causa da Palabra, de seguida abandonan. 18A outros

pásalles coma á semente caída entre as silvas: si escoitan a Palabra, 19pero moi axiña as

preocupacións do mundo, o engano das riquezas e mailas ambicións, asolágana,

afógana, e queda sen froito. 20Pero os que son coma a boa terra, escóitana, acóllena e

dan moito froito: uns o trinta, outros o sesenta, e outros o cento por un.

 

 

320.- XOVES

ANO 1

PRIMEIRA Heb 10, 19-25:

Manteñámo-la esperanza indefectible que profesamos, e considerémonos uns ós outros

de xeito que nos sirvamos de estímulo para o amor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

 

Irmáns e irmás:

 

19Xa que temos entrada libre no santuario, debido ó sangue de Xesús, 20un vieiro novo

e vivente que el nos abriu a través da cortina, isto é, a través da súa carne, 21e, xa que

temos un gran sacerdote á fronte da casa de Deus, 22manteñá-monos con criterios sans

na súa presencia con plenitude de fe. Xa que estamos limpos por dentro de toda

consciencia de pecado e xa que estamos lavados por fóra con auga limpa,

23manteñámo-la esperanza indefectible que profesamos, pois quen prometeu é fiel. 24E

considerémonos uns ós outros de xeito que nos sirvamos de estímulo para o amor e para

as boas obras. 25E non faltedes endexamais á nosa reunión, como fan algúns, senón que

nos animemos uns ós outros e tanto máis canto que ollades que está a chegar aquel día.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 23, 1-2. 3-4ab. 5-6

R/ (cf 6): Esta é a liñaxe dos que buscan a túa presencia, Señor

 

Do Señor é a terra e canto a enche,

o orbe e canto nel habita.

2El é quen a fundou sobre os mares

e quen a asegurou sobre as correntes.

 

3¿Quen poderá subir ó monte do Señor?

¿Quen poderá quedar no seu santuario?

4O que ten as mans limpas e puro o corazón,

o que non pon a mente en cousas vas

 

5Ese recibirá do Señor bendición

e xustiza de Deus, o seu salvador.

6Así é a liñaxe dos que o buscan,

dos que buscan a presencia do Deus de Xacob.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA 2 Sam 7, 18-19. 24-29:

¿Quen son eu, meu Señor e Deus, e cal é a miña casa?

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO SEGUNDO DE SAMUEL

 

18Despois de que lle falou Natán a David, presentouse o rei ó Señor e dixo:

-"¿Quen son eu, meu Señor Iavé, e quen é a miña familia,

para que me fagas chegar ata aquí?

19E, por se isto fose pouco aínda ós teus ollos, Señor Iavé,

falas tamén do porvir da familia do teu servo.

 

¿É isto, Señor Iavé, cousa ben dada?

24Ti constituíche-lo pobo de Israel

coma pobo teu para sempre

e Ti, Señor, e-lo seu Deus.

25Agora, Señor Deus,

mantenlle ó teu servo e á súa familia para sempre

a palabra que lle deches,

e cumpre o que lle prometiches.

 

26Sexa exaltado por sempre o teu amor,

e que se diga: o Señor dos exércitos é o Deus de Israel.

E que a familia do teu servo David

se manteña firme na túa presencia.

 

27 Porque ti, Señor dos exércitos, Deus de Israel, revelácheslle isto ó teu servo:

eu edificareiche unha casa.

Por iso atopou forza o teu servo

para dirixirche esta oración.

 

28Agora, Señor Iavé, ti que es Deus,

ti que tes palabras verdadeiras

e que lle fixeches ó teu servo este ben,

29dígnate, logo, bendici-la familia do teu servo

e que permaneza por sempre na túa presencia.

Xa que ti, meu Señor Iavé, o prometiches,

que, pola túa bendición, sexa bendita para sempre

a familia do teu servo".

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 131, 1-2. 3-5. 11. 12. 13-14

R/ (Lc 1, 32b): O Señor, Deus, daralle o trono de David seu pai

 

Señor, tenlle en conta a David

as súas moitas afliccións,

2cando xurou ó Señor

e fixo este voto ó Deus de Xacob:

 

3-"Non entrarei na miña casa

nin subirei ó leito do repouso,

4non concederei sono ós meus ollos

nin acougo ás miñas pálpebras,

5ata lle atopar sitio ó Señor,

morada ó Deus de Xacob".

 

 11O Señor xuroulle a David

-promesa da que non renega-:

-"Prole da túa liñaxe

porei sobre o teu trono.

 

12Se teus fillos gardan a miña alianza

e este precepto que lles ensino,

tamén os fillos deles por sempre

sentarán no teu trono".

 

13O Señor elixiu a Sión

e quíxoa por morada:

14-"Esta será para sempre a miña casa,

habitarei nela, porque a quero.

 

ALELUIA Sal 118, 105:

A túa palabra é o faro dos meus pés,

a luz do meu camiño

 

 

EVANXEO Mc 4, 21-25:

A vela é para poñer no candelabro. Coa medida que midades, seredes medidos

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

Dille Xesús á xente:

-Pero ¿é que se trae un candil para metelo debaixo dun cazolo ou debaixo da cama?

¿Non será para poñelo enriba do candieiro? 22Porque se hai algo oculto, é para que se

descubra; nin nada se fai en secreto, se non é para traelo á luz pública. 23Quen teña

oídos para oír, que escoite.

 

24Dicíalles tamén:

-Atendede ben ó que estades escoitando. Coa medida que midades, hanvos medir a vós,

e ben sobrado. 25Porque ó que ten, háselle dar; pero ó que non ten, aínda o que ten se lle

quitará.

 

 

321.- VENRES

ANO 1

PRIMEIRA Heb 10, 32-39:

Resististes unha grande loita. Así que non deixedes a un lado a vosa esperanzada confianza

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

 

32Lembrádevos dos primeiros días, nos que recén iluminados soportastes tanta

competición dolorosa: 33unhas veces por vervos expostos a aldraxes e escarnios

públicos; outras por sentirvos compañeiros dos que se atopaban nesas situacións. 34A

verdade é que vos compadeciades dos presos e aceptabades con alegría as confiscacións

dos vosos bens, xa que tiñades ben aprendido que tendes un patrimonio ben mellor e

duradeiro. 35Non deixedes a un lado a vosa esperanzada confianza, que contén unha

gran recompensa. 36Xa que, de feito, cómprevos paciencia para vos conformar coa

vontade de Deus e deste xeito consegui-la promesa: 37__porque aínda un pouco, ben

pouquiño, e o que está para vir chegará e non se retrasará; 38quen me é fiel vivirá por

mor da súa fidelidade; pero, se algún se escuda da miña fidelidade, deixará de

agradarme__. 39Pero nós non somos dos que se escudan para acabar na perdición, senón

dos que son fieis e se salvan.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 36, 3-4. 5-6- 33-34- 39-40

R/ (39a): A salvación dos xustos vén do Señor

 

3Confía no Señor e fai o ben,

vive na terra, practicando a lealdade;

4pon as delicias no Señor:

El darache o que arela o teu corazón.

 

 5Encomenda ó Señor o teu porvir

e confía nel, que El fará:

6El fará saí-la túa xustiza coma a luz,

o teu dereito coma o sol do mediodía.

 

33Pero o Señor non o deixa da súa man

nin permite que o condenen no xuízo.

34Confía no Señor e garda o seu camiño:

el levarate á posesión da terra

e a ve-lo exterminio dos malvados.

 

 39A salvación dos xustos vén do Señor:

El é o seu refuxio no tempo da angustia.

40O Señor axúdaos e líbraos,

líbraos dos malvados e presérvaos,

porque se acollen a El.

 

 

 

ANO 2

PRIMEIRA 2 Sam 11, 1-4a 5-10a 13-17:

Desprezáchesme a min, tomando para ti a muller de Urías (cf 2 Sam 12, 10)

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO SEGUNDO DE SAMUEL

 

11 1A volta dun ano, na época en que os reis saen á guerra, mandou David a Ioab, cos

seus oficiais e co exército israelita, desbarata-lo país dos amonitas e poñerlle cerco a

Rabah. Mentres tanto David quedou en Xerusalén.

 

2Unha tarde, ó erguerse do leito, púxose David a pasear pola terraza do pazo, e viu

desde alí unha muller que se estaba bañando, unha muller, por certo, moi fermosa.

3David mandou preguntar por ela e dixéronlle: esa muller é Batxeba, filla de Eliam,

muller de Urías, o hitita.

 

4David ordenou que lla trouxesen. 5A muller quedou embarazada e mandoulle a dicir a

David: estou embarazada.

 

6Entón mandoulle David este recado a Ioab: "Mándame a Urías, o hitita". E el

mandoullo. 7Cando Urías chegou, David preguntoulle pola saúde de Ioab, polo exército

e pola marcha da guerra. 8Despois David díxolle a Urías: -"Baixa á túa casa e dáte un

baño". Urías saíu do pazo real e detrás del saíu o agasallo do rei. 9Pero Urías deitouse á

entrada do pazo, cos serventes do rei, e non baixou a súa casa.

 

10Dixéronlle a David: -"Urías non baixou á súa casa".

 

13David convidouno a comer con el e deulle de beber para emborrachalo. A noite saíu e

deitouse onda a garda do seu señor, mais non baixou á súa casa. 14A mañá escribiulle

David unha carta a Ioab e mandoulla en man por Urías. 15Na carta escribía: -"Poñede a

Urías na dianteira, onde máis duro sexa o combate, arredádevos del, e que o firan e

morra".

 

16Ioab, que estaba cercando a cidade, puxo a Urías no sitio onde sabía que estaban os

homes máis valentes. 17Saíron os defensores da cidade, combateron contra Ioab e

caeron algúns dos soldados de David. Tamén morreu Urías, o hitita.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 50, 3-4. 5-6a. 6bc-7. 10-11

R/ (cf 3a): Apiádate de nós, Señor, que temos pecado

 

 

3Apiádate de min, meu Deus, pola túa bondade,

pola túa misericordia, borra o meu pecado;

4lávame ben da miña iniquidade,

límpame da miña culpa.

 

5Eu recoñezo o meu pecado

e teño sempre presente a miña culpa.

6Contra ti, contra ti mesmo, eu pequei

e fixen o que é malo ós teus ollos:

 

por iso será xusta a túa sentencia

e aparecerá recto o teu xuízo.

7Si, eu nacín no pecado,

no mal concebiume miña nai;

 

10Faime senti-lo gozo e a ledicia,

que relouquen os meus ósos quebrantados.

11Arreda do meu pecado a túa vista

e borra as miñas culpas.

 

 

ALELUIA Cf. Mt 11, 25:

Bendito es ti, Pai, Señor do ceo e mais da terra,

porque lle revelachos ós humildes os misterios do reino

 

 

EVANXEO Mc 4, 26-34:

O home sementa e vaise durmir, e a semente medra sen él darse conta

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

Dille Xesús á xente:

-Así é o Reino de Deus: coma un home que bota a semente na terra, 27e, durma ou estea

desperto, sexa de noite ou de día, a semente agroma e medra, sen que el chegue a saber

como. 28A terra vai dando froito por si mesma: primeiro herba, logo espigas, e por

último o gran ben abundante na espiga. 29E cando xa está achegado o froito, de seguida

se lle mete o fouciño por se-lo tempo da seitura.

 

30E tamén dicía:

-¿Con que compararémo-lo Reino de Deus? 31É coma o gran de mostaza, que cando se

sementa na terra é a máis miuda de tódalas sementes. 32Pero despois de sementala,

medra ata se-la maior de tódalas hortalizas, chegando a botar unhas ponlas tan grandes

que na súa sombra poden vir aniña-los paxaros.

 

33E así con moitas comparanzas coma estas, íalles mostrando a mensaxe, de xeito que

puidesen entender. 34Non lles falaba máis que en parábolas, pero logo explicáballelas

ós seus discípulos.

 

 

 

 322.- SÁBADO

ANO 1

PRIMEIRA Heb 11, 1-2. 8-19

Agardaba a cidade da que o arquitecto e constructor é Deus

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

 

Irmáns e irmás:

 

11 1A fe é un anticipo do que se espera, é unha proba convincente das cousas que non se

ven. 2Pois por mor dela Deus testemuñou a favor dos nosos devanceiros.

 

8Deus chamou por Abraham, e este, movido pola fe, obecedeuno, saíndo para un lugar

que había de recibir en posesión, aínda que saíu sen saber onde ía. 9Movido pola fe,

emigrou á terra prometida, como se fose terra allea, habitando en tendas de campaña con

Isaac e Xacob, herdeiros da mesma promesa. 10A verdade é que agardaba aquela cidade

con bos cimentos, da que o arquitecto e constructor é Deus.

 

11Pola fe e por considerar merecente de fe ó que lle prometera descendencia, el, aínda

que estaba fóra da idade axeitada e aínda que a mesma Sara era estéril, recibiu poder

para fundar descendencia. 12Deste xeito dun só e xa caduco para estas cousas naceu un

mundo de fillos, coma as estrelas do ceo e coma a area incontable da beira do mar.

 

13Coa fe morreron todos estes, sen chegaren a consegui-las promesas pero albiscáronas

e saudáronas desde lonxe e confesaron que eles só eran estranxeiros e peregrinos nesta

terra. 14O diciren estas cousas, daban a entender que degoiraban unha patria. 15Pois se

lles acordaba aquela patria de onde saíran, estaban a tempo de se voltaren. 16Pero máis

ben suspiraban por outra patria mellor: a celestial. Por iso Deus non se avergonza de que

o chamen o seu Deus, xa que lles preparou unha cidade.

 

17Pola fe Abraham, posto a proba, ofrendou a Isaac, o que recibira de Deus as

promesas, 18cando se lle dixo: "por Isaac terás descendencia": ofrendou o seu único

fillo, 19pensando que Deus é poderoso, incluso para resucitar de entre os mortos. Por

esa fe súa tamén o recobrou coma un misterioso símbolo.

 

 

 

 SALMO RESPONSORIAL Lc 1, 69-70. 71-72. 73-75

R/ (cf 68): Bendito o Señor, Deus de Israel

 

Bendito o Señor, Deus de Israel,

porque visitou o seu pobo

69suscitando para nós unha forza de salvación

na casa de David, o seu servo,

70conforme prometera desde antigo

por boca dos seus santos profetas:

 

71que nos salvaría dos nosos inimigos

e das mans dos que nos teñen odio;

72que tería misericordia dos nosos pais,

tendo presente a súa Santa Alianza,

 

73tal fora a promesa que lle fixera a Abraham, noso pai,

concedéndonos 74que, libres das mans do inimigo,

o sirvamos sen temor,

75en santidade e xustiza, diante del,

tódolos días mentres dure a nosa vida.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA 2 Sam 12, 1-7a. 10-17:

Pequei contra o Señor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO SEGUNDO DE SAMUEL

 

12 1O Señor mandou a Natán onda a David. O profeta entrou xunto ó rei e díxolle:

-"Nunha cidade había dous homes, un rico e o outro pobre. 2O rico tiña grandes rabaños

de ovellas e de bois. 3O pobre non tiña nada fóra dunha ovella que mercara.

 

El criouna e ela ía crecendo, canda el e canda os seus fillos. Coidábaa coma a unha filla.

4Chegou un viaxeiro onda o rico, quen sentindo botar man dunha peza da súa facenda

para convidar ó viaxeiro que chegara xunto del, colleulle a ovella ó home pobre e

guisoulla ó viaxeiro".

 

5David enfadouse moito con aquel home e díxolle a Natán: -"Pola vida do Señor, quen

fixo iso merece a morte. 6Pagará catro veces a ovella, por ese comportamento sen

piedade".

 

7Entón Natán díxolle a David:

-"Ti es ese home.

10Agora a espada non se afastará da túa casa.

Visto que ti me desprezaches,

tomando para ti a muller de Urías, o hitita,

 

11isto di o Señor:

Vou facer xurdir contra ti a desgracia

 

dentro da túa propia casa.

Quitareiche as mulleres

e dareillas a outro diante dos teus ollos,

el deitarase con elas,

á luz deste sol que nos aluma.

12O que fixeches ti ás escondidas,

fareino eu á luz do sol

e á vista de todo Israel".

 

13David díxolle a Natán:

-"¡Pequei contra o Señor!"

 

E Natán díxolle:

-"O Señor perdoa o teu pecado e non morrerás.

14Pero, por desprezáre-lo Señor co que fixeches,

o neno que che naceu ten que morrer".

 

15Despois Natán marchou para a súa casa. E o Señor feriu ó neno que a muller de Urías

lle parira a David; púxose moi malo. 16David pediulle a Deus polo neno, fixo un longo

xexún e pasaba as noites tirado polo chan. 17Os anciáns da súa casa trataron de

levantalo, pero el negouse e non quixo comer con eles.

 

 

 

 SALMO RESPONSORIAL Sal 50, 12-13. 14-15. 16-17

R/ (12a): Crea, Deus, en min un corazón puro

 

12Crea, Deus, en min un corazón puro,

renóvame por dentro cun espírito firme.

13Non me botes da túa presencia

e non tires de min o teu santo espírito.

 

14Devólveme a alegría da túa salvación,

sostenme co espírito xeneroso.

15Ensinarei o teu camiño ós pecadores

e volverán a ti os descarriados.

 

16Líbrame dos delitos de sangue,

Señor, meu Deus e salvador,

e a miña lingua contará a túa xustiza.

17Abre, Señor, os meus labios,

e a miña lingua pregoará a túa louvanza.

 

 

ALELUIA Xn 3, 16:

Tanto amou Deus ó mundo, que lle entregou o seu Fillo Unixénito,

quen cre nel ten vida eterna

 

 

EVANXEO Mc 4, 35-41:

¿Quen é éste, que mesmo o vento e o mar lle obedecen?

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 

 35Naquel día á caída da noite, díxolles Xesús ós seus discípulos:

-Ora, vamos para a banda de alá.

 

36Eles, deixando a xente, levárono no bote onde estaba sentado; e ían seguidos por

outras barcas. 37E formouse tal turbillón de vento que os salseiros caían enriba do bote

e enchíano de auga. 38El, entrementres, estaba na popa durmindo sobre un cabezal.

Fórono espertar, berrándolle:

-Mestre, ¿seica non che importa que afoguemos?

 

39Entón el, espertando, increpou ó vento, e díxolle ó mar: -¡Silencio, e acouga!

 

O vento amainou, e veu unha gran calma.

 

40Despois díxolles:

-¿Por que tendes tanto medo? ¿Seica aínda non tendes fe?

 

41Eles, cheos dun medo enorme, comentaban entre si:

-Pero, ¿quen será este, que mesmo o vento e o mar o obedecen?