Semana XXVI

 
 

SEMANA 26ª DO TEMPO ORDINARIO

 

455.- LUNS

ANO 1

PRIMEIRA Zac 8, 1-8:

Salvarei ó meu pobo de terras de oriente e de occidente

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ZACARÍAS

 

8 1Veu a palabra do Señor nestes termos:

2"Así fala o Señor dos Exércitos:

Sinto grandes celos por Sión, con grande paixón sinto celos por ela.

 

3Así fala o Señor:

Volvo a Sión, e habitarei no medio de Xerusalén:

Xerusalén chamarase cidade fiel;

e a montaña do Señor dos Exércitos, Montaña Santa".

 

4Así fala o Señor dos Exércitos:

"Volverán senta-los vellos e mailas vellas nas prazas de Xerusalén,

con cadanseu bastón na man durante moitos días.

5E as prazas da cidade encheranse de mozos e mozas,

xogando nas súas prazas".

 

6Así fala o Señor dos Exércitos:

"Se isto é admirable ós ollos do resto deste pobo, naqueles días

tamén será admirable ós meus ollos" -é o Señor dos Exércitos quen fala-.

 

7Así fala o Señor dos Exércitos:

"Velaí, eu serei quen salve o meu pobo do país do nacente

e tamén do país do solpor.

8Traereinos e habitarán no medio de Xerusalén,

serán para min o meu pobo, e eu serei para eles o seu Deus,

na fidelidade e na xustiza".

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 101, 16-18. 19-21. 29 e 22-23

R/ (17): O Señor reconstrui Sión e mostrouse na súa gloria

 

16As xentes temerán o nome do Señor,

os reis da terra a súa gloria,

17cando o Señor reconstrúa Sión

e se mostre na súa gloria;

18cando o Señor atenda a oración dos expoliados

e non desprece a súa pregaria.

 

19Isto escribirase para as xeracións vindeiras,

e o pobo entón creado louvará ó Señor.

20O Señor olla desde o seu santuario excelso,

desde o ceo mira para a terra.

21Escoita o pranto dos cativos,

libra os condenados á morte.

 

29Os fillos dos teus servos estableceranse,

a súa posteridade estará segura á túa vista

22En Sión falarase do nome do Señor,

en Xerusalén da súa gloria,

23cando pobos e reinos se xunten

para daren culto ó Señor.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Xob 1, 6-22:

O Señor mo deu, o Señor mo quitou, bendito sexa o seu nome

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE XOB

 

6Aconteceu un día que, ó viren os anxos render acatamento diante de Iavé, achegouse

tamén con eles Satán.

 

7E preguntoulle Iavé a Satán: -"¿De onde chegas?" Respondeulle Satán a Iavé: -"De dar

unha volta pola terra".

 

8Díxolle Iavé a Satán: -"¿Xa reparaches no meu servo Xob? Home coma el non o hai no

mundo, íntegro e xusto, temeroso de Deus e arredado do mal".

 

9Respondeu Satán a Iavé: -"¡Seica Xob teme a Deus de balde!

 

10¿Non será que o tes ti ben cinguido cun valado, el, o seu lar, e canto posúe, e que

bendiciches canto fai, e que o seu gando se espalla por toda a campía? 11¡Pero ponlle a

man enriba e tócalle no que posúe, e has ver se non te maldí na cara!" 12Díxolle Iavé a

Satán: -"Ben: fai o que queiras coas súas cousas; soamente non poñas a man nel". Entón

saíu Satán de diante de Iavé.

 

13E aconteceu no día en que estaban a xantar e beber viño os seus fillos e fillas no pazo

de seu irmán o vinculeiro, 14cando chegou a Xob un criado dicindo: -"Es-taban os bois

arando e as burras a carón pacendo 15e caeu sobre eles unha banda de xabeos que

roubaron, despois de pasaren polo ferro ós mozos. Salveime só eu para cho contar".

 

16Aínda non rematara este de falar cando chegou outro a dicir: -"Caeu un lóstrego do

ceo, e consumiu ovellas e pastores. Salveime só eu para cho contar".

 

17Aínda non rematara este de falar cando chegou outro a dicir: -"Os caldeos, formados

en tres bandas, botáronse contra os camelos e leváronos, despois de pasaren polo ferro

ós mozos. Salveime só eu para cho contar".

 

18Aínda non rematara este de falar cando chegou outro a dicir: -"Estaban os teus fillos e

fillas a xantar e beber viño no pazo de seu irmán o vinculeiro, 19cando velaquí que

xurdiu un furacán de máis alá da estepa, e deu polos catro cantos na casa, que caeu sobre

os rapaces, e matounos. Salveime só eu para cho contar".

 

20Daquela ergueuse Xob, rachou o manto, rapou a cabeza, e botándose por terra,

prosternouse dicindo:

 

21-"¡Espido saín do seo da miña nai

e espido a el hei de tornar.

Iavé deu, Iavé quitou:

bendito sexa o nome de Iavé!"

 

22Con todo, non pecou Xob botando renegos contra Deus.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 16, 1. 2-3. 6-7

R/ (6b): Volve a min o teu oído, escoita a miña voz.

 

Oe, Señor, a causa xusta,

atende ó meu clamor;

escoita a miña pregaria

de labios sen engano.

 

 2Que a miña causa saia ben de onda ti,

que os teus ollos vexan o dereito.

3Se sónda-lo meu corazón,

se me visitas de noite,

se me probas ó lume,

nada atoparás:

a iniquidade non atravesa a miña boca,

 

6Eu chámote, Deus; ti respóndeme;

volve a min o teu oído, escoita a miña voz.

7Mostra a túa compaixón admirable,

ti que libras do inimigo

ós que se acollen á túa dereita.

 

 

 

ALELUIA Mc 10, 45

O Fillo do Home veu para servir,

para da-la súa vida como redención por moitos

 

 

 

EVANXEO Lc 9, 46-50:

O máis pequeno entre vós, ése é o máis grande

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

46Os discípulos empezaron a discutir sobre quen deles era o máis importante. 47Xesús

léndolle-lo pensamento, achegou un neno a si 48e díxolles:

-Quen acolle a este neno no meu nome, acólleme a min, e aquel que me acolle a min,

acolle a quen me mandou; porque o que é máis pequeno entre vós, ese é o máis

importante.

 

49Tomando entón a palabra Xoán, dixo:

-Mestre, vimos un que botaba demos fóra no teu nome, e tratamos de llo impedir,

porque non é dos nosos.

 

50Xesús contestoulles:

-Pois non llo privedes, que quen non está contra vós, está convosco.

 

 

 

 456.- MARTES

 

ANO 1

PRIMEIRA Zac 8, 20-23:

Virán pobos numerosos busca-lo Señor en Xerusalén

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ZACARÍAS

 

Di o Señor:

20Certo, aínda virán aquí as nacións e os habitantes das grandes cidades e os habitantes

dunha cidade irán a outra para dicir:

 

21Marchemos a implora-la presencia favorable do Señor,

a busca-lo Señor dos Exércitos. Tamén vou eu.

22Virán pobos numerosos e nacións poderosas,

busca-lo Señor dos Exércitos en Xerusalén,

e implora-la súa presencia favorable".

 

23Así fala o Señor dos Exércitos:

"Nos días aqueles collerán dez homes de tódalas linguas das nacións,

si, collerán a un xudeu pola beira do manto dicíndolle:

Queremos ir canda vós, porque oímos que Deus está convosco".

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 86, 1-3. 4-5,. 6-7

R/ (Zac 8, 23): Deus está connosco

 

Os seus alicerces están no monte santo:

2O Señor ama as portas de Sión

máis ca tódalas moradas de Xacob.

3Gloriosas cousas dinse de ti,

cidade de Deus.

 

4Citarei a Exipto e a Babilonia

entre os que me veneran;

velaí os filisteos e os tirios

e os mesmos etíopes que naceron alí.

5De Sión hase dicir:

-"Un por un naceron todos nela

e fundouna o mesmo Altísimo".

 

6O Señor escribirá no rexistro dos pobos:

-"Este naceu alí".

7E cantarán danzando:

-"As miñas fontes están todas en ti".

 

ANO 2

PRIMEIRA Xob 3, 1-3. 11-17. 20-23:

¿Por que se lle deu luz ó miserento?

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE XOB

 

3 1Tras estes feitos abriu Xob a boca, maldicindo o seu día, 2deste xeito:

3-"¡Pereza o día en que nacín

e a noite que dixo: concebiuse un varón!

11¿Por que non morrín eu fóra do seo,

ó saír do útero non expirei?

12¿Por que me atoparon uns xeonllos

e por que houbo peitos dos que mamase?

13Pois agora durmindo descansaría

e no meu sono xa tería acougo,

14xunto cos reis e ministros do país

que se constrúen mausoleos

15ou cos príncipes que arrecadan ouro,

e encheron de prata os seus pazos.

16Ou ben xa coma o aborto non vivise,

coma os meniños que non ollan a luz.

17Alí remata o rebulir dos impíos

e repousan tamén os esgotados.

20¿Por que lle deron ó coitado a luz

e a vida ó corazón amargurado,

21ós que anceian a morte e non lles vén,

que sachan por ela coma por un tesouro;

22ós que se alegran coa cova

e reloucan ó atoparen unha tumba;

23ó home a quen lle choen o vieiro

e arredor del é Deus quen fai o valo?

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 87, 2-3. 4-5. 6. 7-8

R/ (3a): Chegue, Señor, a ti a miña súplica

 

2Señor, Deus, o meu salvador,

a ti clamo, día e noite.

3Chegue a ti a miña súplica,

abaixa o teu oído ó meu clamor.

 

 4Estou farto de males,

a miña vida á beira do abismo.

5Cóntanme xa entre os que baixan ó sepulcro,

son home sen remedio.

 

6Estou abandonado entre os mortos,

coma os cadáveres deitados no sepulcro,

dos que xa non te lembras.

 

7Botáchesme na cova profunda,

nas tebras do abismo.

8Sobre min pousa a túa indignación,

tódalas túas ondas me envolven.

 

 

ALELUIA Mc 10, 45:

O Fillo do home veu para servir,

e para da-la súa vida como redención por moitos

 

 

EVANXEO Lc 9, 51-56:

Decidiu en firme ir a Xerusalén

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

51Cando se ía cumpri-lo tempo de que o levantasen deste mundo, Xesús decidiu en

firme ir a Xerusalén. 52Mandou mensaxeiros por diante. Entrando estes nunha aldea de

samaritanos, para lle prepararen pousada,

 

53non o recibiron, porque lle coñeceron que ían cara a Xerusalén. 54O veren isto, os

discípulos Santiago e Xoán dixeron:

-Señor, ¿queres que digamos que baixe do ceo un raio que os parta?

 

55Pero el volveuse e rifoulles. 56E foron para outra aldea.

 

 

 

 457.- MÉRCORES

 

ANO 1

PRIMEIRA Neh 2, 1-8:

Se lle parece ben ó rei, mándame á cidade dos meus pais e reconstruireina

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE NEHEMÍAS

 

2 1No mes de Nisán do vixésimo ano do rei Artaxerxes, cando xa tiña servido o viño,

ofrecín ó rei unha copa. Como eu xamais estivera triste diante del, 2o rei díxome:

-"¿Por que o teu rostro é triste? ¿É que estás doente? ¿Ou trátase só dunha tristura do

corazón?"

 

A min entón invadiume un gran temor. 3Contesteille ó rei:

-"Que o rei viva por sempre. ¿Como non vai estar triste o meu rostro, cando a cidade

onde están as sepulturas de meus pais foi devastada, e as súas portas devoradas polo

lume?"

 

4O rei díxome:

-"¿Que é entón o que pretendes?"

 

Eu recei ó Deus dos ceos 5e despois díxenlle ó rei:

-"Se iso lle parece ben ó rei e se o teu servidor é grato ós teus ollos, mándame camiño de

Xudá, cara á cidade das tumbas de meus pais, para reconstruíla".

 

6O rei e a raíña, sentada ó seu lado, preguntáronme:

-"¿Canto durará a túa viaxe e cando voltarás?"

Pareceulle ben ó rei a data que lle indiquei e deixoume partir.

 

7Eu engadín:

-"Se a cousa parece ben ó rei, que se me dean cartas para o gobernador de

Transeufratina, a fin de que eles me deixen pasar ata chegar a Xudá 8e tamén unha carta

para Asaf, garda do parque real, a fin de que me dea a madeira para construí-las portas

da cidadela do templo e para as murallas da cidade e a casa onde eu me instale".

 

O rei deume esas cartas, pois a boa man do meu Deus estaba sobre min.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 136, 1-2. 3. 4-5. 6

R/ (6a): Que se apegue a miña lingua ó padal,

se deixo de pensar en ti

 

1A beira dos ríos de Babel

sentabámonos e chorabamos,

lembrándonos de Sión.

2Nos salgueiros das ribeiras

pendurámo-las cítolas,

 

3pois os nosos carcereiros pedíannos cántigas

e os nosos verdugos himnos alegres:

-"Cantádenos cántigas de Sión".

 

 4¿Como cantar un canto do Señor

estando en terra allea?

5Se me esquecese de ti, Xerusalén,

que seque a miña man dereita;

 

6que se apegue a miña lingua ó padal,

se deixo de pensar en ti,

se non poño a Xerusalén

por riba de toda ledicia.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Xob 9, 1-12. 14-16:

¿Que dereito podería ter un home ante Deus?

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE XOB

 

9 1Respondeu Xob:

2-"Abofé, ben sei que é así;

pois ¿que dereito podería ter un home ante Deus?

3Se se puxese a preitear con El,

non lle sabería responder unha cousa entre mil.

4Deus é de sabio entender e moi potente,

¿quen, tras facerlle fronte, lle vai ficar parello?

5El é quen abala os montes sen que se dean conta,

pois conmóveos na súa carraxe;

6quen remexe a terra no seu alicerce,

e as súas columnas abanean.

7Dálle unha orde ó sol, e xa non sae;

encerra as estrelas baixo selo.

8El só tende os ceos

e camiña polo lombo do mar.

9Fixo a Osa e o Orión

as Pléiades e as Cámaras do Sur.

10El fai cousas egrexias insondables,

e milagres a non contar.

11Se viñese onda min, non o vería;

se pasase ó meu carón, non me decataría.

12Cando El arrepaña, ¿quen llo fai tornar?

¿Quen lle vai dicir: Para que fas isto?.

14Pero ¿quen son eu para lle dar resposta

e para escoller contra El as miñas razóns?

15Anque estivese eu no certo, non se dignaría responder:

¡Sería rogarllo ó meu acusador!

16E se o citase a preito e respondese,

non creo que escoitase os meus laios.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 87, 10bc-11. 12-13. 14-15

R/ (3a): Chegue a ti a miña súplica, Señor

 

10Todo o día estou a te chamar,

estendendo as mans cara a ti.

11¿Fas ti prodixios cos mortos?

¿Érguense os defuntos a te louvaren?

 

12¿Fálase do teu amor no sepulcro,

da túa fidelidade no reino da morte?

13¿Coñécense nas tebras as túas marabillas,

a túa xustiza na terra do olvido?

 

14Pero eu, Señor, clamo a ti,

a miña oración vai de mañá ó teu encontro.

15¿Por que, Señor, me rexeitas

e escondes de min a túa presencia?

 

 

 

ALELUIA Flp 3, 8-9:

Todo tiven por perda e consideroo esterco,

con tal de ganar a Cristo e encontrarme nel

 

 

 

EVANXEO Lc 9, 57-62:

Seguireite a onde vaias

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

57Polo camiño, díxolle un a Xesús:

-Seguireite, vaias onde vaias.

 

58Respondeulle Xesús:

-As raposas teñen tobeiras, e os paxaros teñen niños; pero o Fillo do Home non ten onde

pousa-la cabeza.

 

59Díxolle a outro:

-Sígueme.

 

Pero el contestoulle:

-Déixame ir primeiro enterrar a meu pai.

 

60Respondeulle:

-Deixa que os mortos enterren os seus mortos: ti vai anuncia-lo Reino de Deus.

 

61Outro díxolle tamén:

-Señor, seguireite, pero deixa que primeiro me despida da miña familia.

 

62Contestoulle:

-Quen despois de pó-la man no arado, mira para atrás, non é apto para o Reino de Deus.

 

 

 

458.- XOVES

 

ANO 1

PRIMEIRA Neh 8, 1-4a. 5-6. 7b-12:

Abriu Esdras o libro da Lei, e bendiciu ó Señor, e respondeu todo o pobo: ¡Amén!

¡Amén!

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE NEHEMÍAS

 

8 1Todo o pobo, coma un só home, xuntouse na praza que está diante da porta das

Augas, e dixéronlle a Esdras, o escriba, que trouxese o libro da Lei de Moisés que o

Señor tiña prescrito a Israel. 2O sacerdote Esdras trouxo a Lei diante da asemblea, onde

se atopaban os homes, mulleres e todos cantos eran capaces de comprende-lo que oían.

Era o primeiro día do sétimo mes.

 

3El leu no libro, desde o amañecer ata o mediodía, ós homes, mulleres e a cantos tiñan

uso de razón. Os oídos de todo o pobo estaban atentos ó libro da Lei.

 

4O escriba Esdras estaba en pé sobre unha tarima de madeira, preparada con esta

ocasión. 5Esdras abriu o libro á vista de todo o pobo, pois colocárase por cima da

comunidade, e cando o abriu, o pobo púxose en pé. 6Entón Esdras bendiciu ó Señor, o

gran Deus, e todo o pobo respondeu: -"Amén, amén", levantando as mans. Despois

inclináronse e prosternáronse diante do Señor, rostro en terra.

 

7Os levitas explicaban a Lei ó pobo, e este mantíñase en pé sobre a praza. 8Lían no libro

da Lei de Deus, traducíndoo e facendo comprende-lo que lían.

 

9Entón o gobernador Nehemías, o sacerdote-escriba Esdras e os levitas que explicaban a

Lei ó pobo, dixeron a toda a asemblea:

-"Este día está consagrado ó Señor, o voso Deus. Polo tanto, cesade no voso pranto e

non choredes máis" (pois todo o pobo choraba ó oí-las palabras da Lei).

 

10El díxolles:

-"Idevos e comede ben, e bebede excelentes viños, e levádelles tamén ós que non teñen

nada preparado, pois este día está consagrado ó noso Señor. Nin sigades tristes, porque o

gozo do Señor é a vosa forza".

 

11E os levitas calmaban ó pobo enteiro, dicindo: -"Calade, porque este día está

consagrado. Non sigades chorando".

 

12Entón retirouse todo o pobo a comer e beber, repartindo cos que non tiñan e

manifestando unha gran ledicia, pois comprenderan as palabras do Señor que lles

acababan de ensinar.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 18, 8. 9. 10. 11

R/ (9a): Os mandatos do Señor son rectos:

aledan o corazón

 

 8A lei do Señor é perfecta:

reconforta a alma;

a declaración do Señor é firme:

fai sabio ó inxenuo;

 

9os mandatos do Señor son rectos:

aledan o corazón;

o precepto do Señor é limpo:

ilumina os ollos;

 

10o temor do Señor é puro:

permanece por sempre;

as decisións do Señor son verdadeiras:

enteiramente xustas.

 

11Son máis cobizables có ouro

máis có metal precioso;

son máis doces có mel,

máis có zume da antera.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Xob 19, 21-27:

Sei que o meu redentor vive

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE XOB

 

Di Xob:

21¡Piedade, piedade, meus amigos,

que a man de Deus me feriu!

22¿Por que me perseguides coma Deus

e non vos dades fartos na miña carne?

23¡Se algún día se escribisen as miñas palabras!

¡Oxalá fixesen delas unha inscrición!

24¡Que con cicel e chumbo

se labrasen para sempre nun penedo!

25Con todo, eu sei: o meu Liberador está vivo

e ó remate hase erguer sobre a terra;

26despois de ter esgazada a miña pel,

aínda sen carnes hei ver a Deus.

27Eu mesmo o hei ver;

hano ve-los meus ollos, non os doutro.

¡Esmoréceme o corazón nas entrañas!

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 26, 7-8a. 8b-9abc. 13-14

R/ (13): Eu espero gozar dos bens do Señor

na terra da vida.

 

7Escoita, Señor, a voz que chama,

ten piedade e respóndeme.

8Por ti dime o corazón:

-"Buscade a miña presencia".

 

A túa presencia eu busco, Señor.

9Non te escondas de min,

non me desbotes con ira.

Ti e-la miña axuda; non me deixes,

 

 13Eu espero gozar dos bens do Señor

na terra da vida.

14Espera no Señor;

ten corazón forte e valente

e espera no Señor.

 

 

 

ALELUIA Mc 1, 15

Está cerca o reino de Deus,

facede penitencia e crede o Evanxeo

 

 

 

EVANXEO Lc 10, 1-12:

Descansará sobre ela a vosa paz

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

10 1O Señor designou a outros setenta e dous, e mandounos de dous en dous por diante

del a tódalas vilas e aldeas onde tiña pensado ir. 2Díxolles:

-A anada évos ben boa, pero os xornaleiros son poucos; así que rogádelle ó dono da

colleita que mande xornaleiros á súa ceifa.

 

3Ide e sabede que vos mando coma años entre lobos. 4Non levedes saco, nin alforxa,

nin calzado, nin vos paredes a parolar con ninguén polo camiño. 5Cando entredes nunha

casa, antes de máis nada dicide: "Paz a esta casa". 6E se alí hai xente de paz, sobre ela

repousará a vosa paz; se non a hai, volverá convosco. 7Permanecede na mesma casa,

comendo e bebendo do que teñan, que o obreiro ten dereito ó seu xornal. Non andedes

dunha casa para outra. 8Cando entredes nunha vila e vos acollan, comede do que vos

poñan, 9curade os enfermos que haxa e dicídelles: "Xa chega a vós o Reino de Deus".

10Pero cando non vos acollan na vila na que entredes, saíde ás prazas dicindo: 11Non

queremos levar da vosa vila nin o po que se nos pegou ós pés. Aí vos queda.

 

Pero sabede que xa chega o Reino de Deus. 12Asegúrovos que o Día do Xuízo será

máis levadeiro para Sodoma do que para aquela vila.

 

 

459.- VENRES

 

ANO 1

PRIMEIRA Bar 1, 15-22:

Pecamos diante do Señor e non cremos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE BARUC

 

Ó Señor, noso Deus, perténcelle a xustiza, pero a nós perténceno-la vergonza das nosas

caras, como lles pasa hoxe ós homes de Xudá e ós habitantes de Xerusalén, 16ós nosos

reis e ós nosos xefes, ós nosos sacerdotes e ós nosos profetas, e ós nosos pais. 17Porque

pecamos contra o Señor, 18fómoslle infieis e non fixemos caso á orde do Señor, noso

Deus, de nos comportarmos segundo os mandamentos que o Señor puxo na nosa

presencia. 19Desde o día no que o Señor sacou os nosos pais do país de Exipto ata o día

de hoxe, fomos infieis ó Señor, noso Deus, e seguímo-lo noso capricho, sen facer caso

das súas ordes. 20Por isto, tal coma hoxe acontece, perseguíronnos as desgracias, os

males e a maldición que o Señor lle prediciu ó seu servo Moisés, na época en que sacou

os nosos pais do país de Exipto para nos dar unha terra que deita leite e mel.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 78, 1 -2 . 3-5. 8. 9

R/ (9b): Pola gloria do teu nome, líbranos, Señor

 

As xentes entraron, Deus, na túa herdade,

profanaron o teu santo templo,

reduciron Xerusalén a unha ruína.

2Botaron os cadáveres dos teus servos

por pasto ás aves do ceo;

a carne dos teus amigos,

ós animais do monte.

 

3Verteron sangue coma auga

arredor de Xerusalén,

sen haber quen enterrase.

4Convertémonos en escarnio dos veciños,

en burla e riso dos que nos rodean.

5¿Por canto aínda, Señor?

¿Será para sempre o teu enfado?

¿Arderá coma o lume o teu noxo?

 

 8Non nos teñas en conta os pecados dos pais,

chegue axiña a túa piedade,

que estamos esgotados.

 

 9Axúdanos, Deus, Salvador noso,

pola gloria do teu nome;

líbranos, perdoa as nosas culpas,

por mor do teu nome.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Xob 38, 1. 12-21; 40, 3-5:

¿Cando, na túa vida, mandaches no abrente?

¿Teste achegado ós mananciais do mar?

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE XOB

 

38 1O Señor respondeulle a Xob desde o trebón:

12¿Cando, na túa vida, mandaches no abrente

ou lle fixeches sabe-lo seu lugar á aurora,

13para que aferrase a terra polas abas

e sacudise dela ós malvados,

14para que tome forma coma a arxila baixo o selo

e se tinga de cor coma a roupa;

15para que se lles negue ós impíos a luz

e se lle rompa o brazo ó malvado?

 

16¿Teste achegado ós mananciais do mar?

¿Paseácheste pola canle do océano?

17¿Descubríronseche os cancelos da morte?

¿Olláche-los portóns das tebras?

18¿Pescudaches ti as longuras da terra?

¡Cóntamo se é que o sabes todo!

 

19¿Cal é o camiño onde mora a luz

e onde habita a tebra,

20para que as poidas levar ata os seus eidos,

coñecendo os vieiros do seu casal?

21¡Tal debes ti saber, pois xa para entón naceras

e a cifra dos teus anos son milleiros!

 

3Respondeulle Xob:

4-"Eu son un home feble, ¿que che hei responder?

porei a miña man sobre a boca.

5Xa falei unha vez, non replicarei;

dúas veces, nada engadirei".

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 138, 1-3 . 7-8. 9- 10. 13- 14ab

R/ (24b): Guíame, Señor, polo camiño eterno

 

Señor, ti escúlcasme a fondo e coñécesme ben,

2ti sabes cando sento e me levanto,

penetras nos meus pensamentos desde lonxe.

3Ti distingues cando me movo e cando estou quedo

e os meus camiños sonche todos familiares.

 

7¿Onde me podería arredar do teu alento?

¿A onde fuxir da túa ira?

8Se subo ó ceo, alí estás;

se baixo ó abismo, estás presente.

 

9Se me ergo nas ás da aurora

e emigro ó extremo dos mares,

10ata alí me leva a túa man

e me colle a túa dereita.

 

 13Ti formáche-las miñas entrañas,

tecíchesme no seo da miña nai.

14Lóuvote polo prodixio que hai en min:

as túas obras son marabillosas.

 

 

 

ALELUIA Cf. Sal 94, 8ab:

Hoxe non endurezáde-los vosos corazóns,

senón escoitade a voz do Señor

 

 

 

 EVANXEO Lc 10, 13-16:

Quen me despreza a min, despreza a quen me mandou

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

Di Xesús:

13¡Ai de ti, Corozaín! ¡Ai de ti, Betsaida! Porque se en Tiro e Sidón se fixesen os

milagres que se fixeron en vós, hai ben tempo que facían penitencia, cubertos de saco e

de cinsa. 14Pero o día do Xuízo será moito máis levadeiro para Tiro e Sidón do que para

vós. 15E ti, Cafarnaúm, ¿seica pensas que vas chegar ata o ceo? ¡Alagaraste no abismo!

 

16Quen vos escoita a vós, escóitame a min, e quen vos rexeita a vós, rexéitame a min;

pero o que me rexeita a min, rexeita a quen me mandou.

 

 

 

460.- SÁBADO

 

ANO 1

PRIMEIRA Bar 4, 5-12. 27-29:

Quen vos fixxo pasar mal, havos reconfortar

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE BARUC

 

5¡Ten coraxe, meu pobo, memorial de Israel!

6Fostes vendidos ás nacións,

pero non para a perdición;

por anoxardes a Deus

fostes entregados ós vosos inimigos,

7pois enchestes de ira ó voso creador,

ofrecendo sacrificios ós demos e non a Deus.

8Esquecéste-lo Deus eterno que vos deu de comer,

e entristecestes a Xerusalén, que vos alimentou.

 

9Velaí, Xerusalén viu a ira

que viña contra vós de parte de Deus, e dixo:

"Escoitade, veciñas de Sión,

Deus trae sobre min unha gran dor,

10pois vin a deportación dos meus fillos e das miñas fillas,

que o Eterno fixo vir sobre eles.

 

11Crieinos con gozo,

pero mandeinos con xemidos e con dores.

12Que ninguén se alegre por min,

viúva e abandonada de todos.

Volvinme un deserto polos pecados dos meus fillos,

porque se apartaron da Lei de Deus

 

27Animo, meniños: clamade a Deus,

que o que vos castigou lembrarase de vós.

28Como discorrestes para vos apartardes de Deus,

así, unha vez convertidos a El, buscádeo con moitos máis azos.

29Porque o que vos mandou estas desgracias,

mandarávo-la alegría eterna xunto coa vosa salvación".

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 68, 33-35. 36-37

R/ (34a): O Señor escoita ós humildes

 

33Olládeo, humildes, e alegrádevos,

avivecede o corazón os que buscáde-lo Señor,

34pois o Señor escoita ós humildes,

non despreza ós seus na cadea.

35Lóuvente o ceo e maila terra.

 

36Abofé, salvará Deus a Sión:

recomporá as vilas de Xudá,

haberá quen as herde e as habite.

37Herdaranas os fillos dos seus servos,

habitaranas os que aman o seu nome.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Xob 42, 1-3. 5-6. 12-16 (hebr. 1-3. 5-6. 12-17):

Agora contémplante os meus ollos, por iso eu mesmo me reprendo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE XOB

 

42 1Falou Xob respondéndolle a Iavé:

2-"Confeso que ti o podes todo

e non hai designio que che sexa imposible.

3¿Quen se arrisca a embazar un plan por ignorancia?

¡Por iso, falaba eu sen tino

de prodixios que non coñecía!

 

5Coñecíate eu de oídas,

mais agora contémplante os meus ollos,

6por iso retiro o dito e arrepíntome

no po e na cinsa".

 

12Bendixo Iavé a fin da vida de Xob máis aínda cós comezos, e chegou a ter catorce mil

ovellas, seis mil camelos, mil xugadas de bois e mil xumentas.

 

13Tivo sete fillos e tres fillas. 14Chamoulle á primeira "Rula", a segunda "Flor de

Camela" e á terceira "Pomo de aromas". 15Non houbo en toda a bisbarra mulleres tan

belidas coma as fillas de Xob, e o pai deulles herdanza coma a seus irmáns.

 

16Aínda viviu Xob cento corenta anos despois destes sucesos, e viu os seus fillos, os

seus netos e os seus bisnetos. 17E morreu Xob vello e farto de vida.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 118, 66. 71. 75. 91. 125. 130

R/ (135a): Fai brillar ante o teu servo, Señor, a túa presencia

 

66Dáme bo xuízo e discreción,

pois eu teño fe nos teus preceptos.

 

71Foime boa a aflicción,

para aprende-los teus mandatos.

 

75Eu sei, Señor, que o teu xuízo é xusto

e que tes razón de aflixirme.

 

91A túa decisión todo o sostén ata hoxe,

e todo está ó teu servicio.

 

125Eu son o teu servo: dáme intelixencia

para coñece-la túa revelación.

 

130A ensinanza da túa palabra reloce,

fai sabios ós ignorantes.

 

 

 

ALELUIA Cf. Mt 11, 25:

Bendito es ti, Pai, Señor do ceo e mais da terra,

porque lle revelaches ós humildes os misterios do reino

 

 

 

EVANXEO Lc 10, 17-24:

Alegrádevos porque os vosos nomes están escritos nos ceos

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

17Voltaron os setenta e dous discipulos moi contentos dicindo:

-Señor, aínda os demos tamén se nos someten no teu nome.

 

18El replicou:

-Eu vía a Satanás caendo do ceo coma un raio. 19Porque vos dei poder para pisardes

cobras e mais alacráns e poder sobre toda forza inimiga, e nada vos fará mal. 20Con

todo, non vos alegredes de que os espíritos se vos sometan: alegrádevos, máis ben, de

que os vosos nomes estean escritos no ceo.

 

21E naquel momento exclamou cheo de gozo do Espírito Santo:

-Bendito sexas, Pai, Señor do ceo e mais da terra, porque lles agachaches estas cousas ós

sabios e prudentes, e llas revelaches á xente humilde. Si, meu Pai, bendito sexas por che

agradar iso así.

 

22Meu Pai ensinoume tódalas cousas, e ninguén coñece ó Fillo a non se-lo Pai, nin

coñece ó Pai a non se-lo Fillo, e aquel a quen o Fillo llo queira revelar.

 

23E volvéndose ós discípulos, díxolles á parte:

-Benia os ollos que ven o que vós vedes. 24Porque é ben certo que moitos profetas e reis

arelaron ve-lo que vós vedes, e non o viron; e oí-lo que vós oídes, e non o oíron.