Vodas de Ouro
RENOVACIÓN DO COMPROMISO MATRIMONIAL
Sacerdote:
Querido matrimonio: hai 50 anos celebráchedes con gran ledicia a vosa voda, ¿queredes hoxe de novo dar grazas a Deus polo voso amor e a vosa fe?
Matrimonio: SI, QUEREMOS.
Sacerdote:
¿Queredes renovar a vosa alianza sacramental ante o pobo de Deus aquí reunido?
Matrimonio: SI, QUEREMOS.
Sacerdote:
¿Queredes prometer fidelidade entre vós, e bo exemplo ós vosos fillos e a toda a comunidade cristiana?
Matrimonio: SI, QUEREMOS.
Sacerdote:
Eu, no nome da igrexa aquí reunida, invítovos a que, unidas as vosas mans, renovedes o voso compromiso matrimonial.
Matrimonio:
NÓS, COMO PARELLA CRISTIÁ,
RENOVAMOS A NOSA PROMESA
DE FIDELIDADE.
FIDELIDADE Ó AMOR DE DEUS,
EN QUEN CREMOS.
FIDELIDADE Ó NOSO ESPOSO/A,
A QUEN AMAMOS.
FIDELIDADE ÓS NOSOS FILLOS,
DOS QUE SOMOS RESPONSABLES.
E NOS ACEPTAMOS DE NOVO
COMO MARIDO E MULLER,
NA LEDICIA E NA PENA,
NA SAÚDE E NA ENFERMIDADE,
HASTA QUE A MORTE NOS SEPARE.
BENDICIÓN DOS ANEIS:
Sacerdote:
Bendice e santifica, Señor, o amor de .............e................, e que estes aneis, signo de fidelidade, lles lembren a súa promesa de amor mutuo.
Matrimonio:
Recibe de novo esta alianza, como signo do meu amor e fidelidade a ti.
BENDICIÓN DAS ARRAS:
Sacerdote:
Bendice, Señor, estas arras que ............... e............. se entregan, e derrama sobre eles a abundancia dos teus bens.
Matrimonio:
Recibe estas arras como signo da bendición de Deus e dos bens que compartimos.
Sacerdote:
O Señor, que fixo nacer en vós o amor, vos manteña nese mesmo amor, vos sosteña nos vosos propósitos, fortaleza a vosa vida e bendiga sempre á vosa familia. No nome do Pai e do Fillo e do Espíritu Santo. Amén.
PETICIÓNS/OFERTORIO
MONICIÓN:
Todo o que os homes ofrecemos a Deus, recibímolo previamente de Él. Con estas ofrendas queremos manifestar o noso agradecemento e a nosa disponibilidade á hora de aceptar o seu plan sobre as nosas vidas.
Os Padriños de voda presentan un ramo de rosas e len:
- Señor, neste ramo de rosas que te ofrecemos, queremos simbolizar o que foi o voso matrimonio. Houbo na vosa convivencia destes anos momentos de saúde e de enfermidade, alegrías e tristezas, fatigas e ilusións. Son as espiñas e as flores da vida en común. Señor, bendíceas e continúa acompañándoos no sucesivo.
Os esposos presentan as alianzas e len:
- Hoxe quixeramos, Señor, ofrecerte as nosas vidas. Como signo delas che ofrecemos estas alianzas que durante anos expresaron externamente o Sacramento que recibimos. Axúdanos durante o resto das nosas vidas a que manifestemos coa nosa entrega e a nosa fidelidade o amor que Ti nos tes.
Os Amigos ou Familiares presentan o pan e o viño e len:
- Compartiron como matrimonio, Señor, os esforzos por levar adiante e manter o seu fogar. Así como o pan e o viño representan e alimento que sustentou a vosa mesa, que non falte nunca o pan da túa Palabra e da Eucaristía hasta que o comamos xuntos no banquete do teu Reino.
-------------------------------------------------------------------------------
Vodas de Ouro
MONICION DE ENTRADA
Cando alguén casa, ten sempre grandes aspiracións, espera facer grandes cousas, mellorar e ter máis do que tiña... esa é a ambición da xuventude. Cando despois de 50 anos miras atrás, daste conta de que o máis grande da túa vida foron todas esas pequenas cousas ás que nunca damos importancia e o poder telas feito XUNTOS.
Pensemos hoxe en todas esas pequenas cousas e deamos grazas polo que tedes compartido e polo que aínda vos queda por vivir e celebrar en palabras de San Agustín...:
“Rezade xuntos, pero tamén falade e ride en común,
intercambiade favores, lede xuntos libros ben escritos,
estade xuntos bromeando e xuntos serios,
estade ás veces en desacordo sen animosidade,
como se está ás veces con un mesmo,
e utilizade ese raro desacordo para reforzar o acordo habitual,
aprendede algo o un do outro,
botade en falta aos ausentes con pena,
acollede aos que chegan con ledicia
e facede manifestacións deste estilo e doutro xénero,
chispas do corazón dos que se aman e se atraen,
expresadas no rostro, na lingua, nos ollos, en mil xestos de tenrura,
e cociñade os alimentos do fogar onde as almas
se unan no seu conxunto e onde varios non sexan máis que un.”
TEXTO PARA OUTRO MOMENTO DA CERIMONIA (A ELIXIR) :