Rito do matrimonio

 

Monición:

 O sacerdote fala ós esposos:

 

Queridos irmáns: .................

 

Estamos aquí xunta o altar, para que Deus garantice coa su gracia a vosa vontade de contraer Matrimonio ante a Igrexa e a vosa  comunidad cristiá agora reunida. Cristo bendice o voso amor, e El, que vos consagróu un día co Bautismo, enriquécevos hoxe e dávos forza co Sacramento do Matrimonio para que vos gardedes mutua fidelidade e podades cumpli-las demás obrigas do Matrimonio. Por tanto, ante esta asemblea, pregúntovos sobre a vosa intención.

 

Escrutinio: O sacerdote pregunta ós esposos:

 

·        N............. e N.............., vides a contraer matrimonio sen ser coaccionados, libre e voluntariamente?

R./: Si, vimos libremente.

 

·        Estades decididos a amaros e respectaros, seguindo o modo de vida propio do Matrimonio, durante toda a vida?

R./: Si, estamos decididos.

 

·        Estades dispostos a recibir de Deus, responsable e amorosamente ós fillos, e a educalos segundo a lei de Cristo e da súa Igrexa?

R./: Si, estamos dispostos.

 

Consentimento:

O sacerdote invita ós esposos a expresa-lo seu consentimento, dicíndolles:

 

Xa que queredes contraer santo matrimonio, unide as vosas mans, e manifestade o voso consentimento ante Deus e a súa Igrexa.

 

 

Primera fórmula:

Os esposos unen a súa man dereita e din:

 

O esposo:

 

Eu, N........., quérote a ti, N........,

como esposa

e entrégome a ti,

e prometo serte fiel

na prosperidade e na adversidade,

na saúde e na enfermidade,

e así amarte e respectarte

tódolos días da miña vida.

 

A esposa:

        

Eu, N..........., quérote a ti, N........,

como esposo

e entrégome a ti,

e prometo serte fiel

na prosperidade e na adversidade,

na saúde e na enfermidade,

e así amarte e respectarte

tódolos días da miña vida.


 

Segunda fórmula:

 

Os esposos unen a súa man dereita e din:

 


O esposo: N.........., queres se-la miña muller?

A esposa: Si, quero.

 

A esposa: N.........., quieres se-lo meu home?

O esposo: Si, quero.

 

O esposo: N..........., eu recíbote como esposa e prometo amarte fielmente durante toda a miña vida.

A esposa: N..........., eu recíbote como esposo e prometo amarte fielmente durante toda a miña vida.

 

 

Terceira fórmula:
 

Os esposos unen a súa man dereita e responden ás preguntas do sacerdote:
 

O sacerdote:    

N................, queres recibir a N............,

como esposa,

e prometes serlle fiel

na prosperidade e na adversidade,

na saúde e na enfermidade,

e, así, amala e respectarla

tódolos días da túa vida?

 

O esposo: Si, quero.

 

O sacerdote:    

N................, queres recibir a N............,

como esposo,

e prometes serlle fiel

na prosperidade e na adversidade,

na saúde e na enfermidade,

e, así, amalo e respectarlo

tódolos días da túa vida?

 

A esposa: Si, quero.


 

 

 O sacerdote continúa dicindo:

O Señor confirme coa súa bondade este consentimento voso que manifestades ante a Igrexa e vos otorgue a súa bendición. O que Deus uníu, que non o separe o home.

 

O sacerdote invita aos presentes a alabar a Deus:

Bendigamos ó Señor ...

R./: Deamos gracias a Deus.

  

Bendición e entrega dos aneis:

O sacerdote di :

O Señor bendiga + estes aneis que ides entregarvos un ó outro en sinal de amor e de fidelidade.

R./: Amén.

 

O esposo pon o anel á esposa dicindo:

 

N.............., recibe esta alianza, en sinal do meu amor e fidelidade a ti. No nome do Pai, do Fillo e do Espíritu Santo.

 

A esposa pon o  anel ó esposo dicindo:

 

N................, recibe esta alianza, en sinal do meu amor e fidelidade a ti. No nome do Pai, do Fillo e do Espíritu Santo.

 

Bendición e entrega das arras: 

Si é costume entrega-las arras (unhas moedas), o sacerdote di:

 

Bendice +, Señor, estas arras, que pone N............. en mans de N............., e derrama sobre eles a abundancia dos teus bens.

 

O esposo toma as arras e  entrégaas á esposa dicíndolle:

N............, recibe estas arras como prenda da bendición de Deus e signo dos bens que imos compartir.

 

A esposa igualmente  entrégaas ó esposo dicindo:

N............., recibe estas arras como prenda da bendición de Deus e signo dos bens que imos compartir.

 

BENDICIÓN DOS ESPOSOS

 
Un dos momentos máis solemnes da voda é o da bendición nupcial. Despois de rezar a oración do Noso Pai, o sacerdote convida a toda a asemblea a orar en silencio e, estendidas as mans cara aos esposos, invoca a bendición de Deus sobre eles. 
 
Sacerdote:  Pai Santo, autor do universo, que creaches ao home e á muller á túa imaxe e bendixeches a alianza matrimonial, rogámosche humildemente por estes dous fillos teus que hoxe se unen en alianza de vodas. Descenda, Señor, sobre esta esposa N. e sobre o seu esposo N. a túa abundante bendición, e que a graza do teu Espírito Santo inflame desde o ceo os seus corazóns, para que no gozo da súa mutua entrega, se vexan rodeados de fillos, riqueza da Igrexa. Que na alegría te encomien, Señor, e na tristeza te busquen; no traballo atopen o gozo da túa axuda e na necesidade sintan próximo o teu consolo; que participen na oración da Igrexa e dean testemuño de Ti entre os homes; e despois dunha feliz ancianidade cheguen ao reino dos ceos con estes amigos, que hoxe lles acompañan. 
Por Xesucristo o noso Señor. Amén.