Vodas de prata
RENOVACIÓN DO COMPROMISO MATRIMONIAL
Sacerdote:
Querido matrimonio: hai 25 anos celebráchedes con gran ledicia a vosa voda, ¿queredes hoxe de novo dar grazas a Deus polo voso amor e a vosa fe?
Matrimonio: SI, QUEREMOS.
Sacerdote:
¿Queredes renovar a vosa alianza sacramental ante o pobo de Deus aquí reunido?
Matrimonio: SI, QUEREMOS.
Sacerdote:
¿Queredes prometer fidelidade entre vós, e bo exemplo ós vosos fillos e a toda a comunidade cristiana?
Matrimonio: SI, QUEREMOS.
Sacerdote:
Eu, no nome da igrexa aquí reunida, invítovos a que, unidas as vosas mans, renovedes o voso compromiso matrimonial.
Matrimonio:
NÓS, COMO PARELLA CRISTIÁ,
RENOVAMOS A NOSA PROMESA DE FIDELIDADE.
FIDELIDADE Ó AMOR DE DEUS,
EN QUEN CREMOS.
FIDELIDADE Ó NOSO ESPOSO/A,
A QUEN AMAMOS.
FIDELIDADE ÓS NOSOS FILLOS,
DOS QUE SOMOS RESPONSABLES.
E NOS ACEPTAMOS DE NOVO
COMO MARIDO E MULLER,
NA LEDICIA E NA PENA,
NA SAÚDE E NA ENFERMIDADE,
HASTA QUE A MORTE NOS SEPARE.
BENDICIÓN DOS ANEIS:
Sacerdote:
Bendice e santifica, Señor, o amor de .............e................, e que estes aneis, signo de fidelidade, lles lembren a súa promesa de amor mutuo.
Matrimonio:
Recibe de novo esta alianza, como signo do meu amor e fidelidade a ti.
BENDICIÓN DAS ARRAS:
Sacerdote:
Bendice, Señor, estas arras que ............... e............. se entregan, e derrama sobre eles a abundancia dos teus bens.
Matrimonio:
Recibe estas arras como signo da bendición de Deus e dos bens que compartimos.
Sacerdote:
O Señor, que fixo nacer en vós o amor, vos manteña nese mesmo amor, vos sosteña nos vosos propósitos, fortaleza a vosa vida e bendiga sempre á vosa familia. No nome do Pai e do Fillo e do Espíritu Santo. Amén.
PETICIÓNS/OFERTORIO
MONICIÓN:
Todo o que os homes ofrecemos a Deus, recibímolo previamente de Él. Con estas ofrendas queremos manifestar o noso agradecemento e a nosa disponibilidade á hora de aceptar o seu plan sobre as nosas vidas.
Os Padriños de voda presentan un ramo de rosas e len:
- Señor, neste ramo de rosas que te ofrecemos, queremos simbolizar o que foi o voso matrimonio. Houbo na vosa convivencia destes anos momentos de saúde e de enfermidade, alegrías e tristezas, fatigas e ilusións. Son as espiñas e as flores da vida en común. Señor, bendíceas e continúa acompañándoos no sucesivo.
Os esposos presentan as alianzas e len:
- Hoxe quixeramos, Señor, ofrecerte as nosas vidas. Como signo delas che ofrecemos estas alianzas que durante anos expresaron externamente o Sacramento que recibimos. Axúdanos durante o resto das nosas vidas a que manifestemos coa nosa entrega e a nosa fidelidade o amor que Ti nos tes.
Os Amigos ou Familiares presentan o pan e o viño e len:
- Compartiron como matrimonio, Señor, os esforzos por levar adiante e manter o seu fogar. Así como o pan e o viño representan e alimento que sustentou a vosa mesa, que non falte nunca o pan da túa Palabra e da Eucaristía hasta que o comamos xuntos no banquete do teu Reino.
------------------------------------------------------------------------------------
Vodas de Prata
ENTRADA
- Hoxe é un día para celebrar, para rir, para cantar,…
- Hoxe é un día para recordar, para pensar, para sentir,…
- Hoxe é un día para dar grazas, para perdonar, para olvidar,…
- Para sorrir, para dar apertas, para botar en falta e tamén para mirar cara o futuro.
- …Hoxe non estariamos aquí se os meus avós non se quixeran ou se o meu pai e a amiña nai non naceran.
- Hoxe os meus irmáns e máis eu no estariamos aquí se os meus pais no se decidiran a dar este paso, por eles e por nós.
- Hai 25 anos quixeron que o mundo enteiro soubera que se querían.
- Quixeron quererse onte, inda que non estaban sós. Tiñan irmáns, pais, avós, tíos,…
- Ós que tamén decidiron querer,…porque unha parella ven con todo o lote.
- Quixeron quererse mañán,… e cando estuvesen de mal humor e cansos e aburridos e tristes ...e cando as cousas se poñen difíciles.
- Quixeron quererse inda que o amor fose cambiando. Quixeron envellecer xuntos.
- Hoxe temos a sorte de compartir e recordar para sempre con eles un deses días que fan que a vida mereza a pena.
- Grazas porque un día decidíchedes estar aquí mesmo e esperarme, e tamén por regalarme ó/s meu/s irmán/s
- Grazas porque desexades días felices como este para mín e para todos os que estamos aquí
- Por iso hoxe queremos celebrar con eles e con todos vós a ledicia de estar xuntos.
TEXTO PARA OUTRO MOMENTO DE CERIMONIA (A ELIXIR) :