X Domingo

 
 

PRIMEIRA Os 6, 3-6

Amor quero e non sacrificio

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE OSEAS

 

 3Nisto recoñecerémo-lo Señor.

Esforcémonos por coñecelo:

a súa irrupción é segura coma a alba.

Viranos á terra certamente unha chuvia forte,

si, a chuvia da primavera

e a chuvia do outono.

 

4¿Que che vou facer, Efraím? ¿Que che vou facer, Xudá?

O voso amor é coma a nube da mañá,

coma o orballo da madrugada, que pasa.

5Por isto ferín co meu terrible oráculo,

matei coas palabras da miña boca,

e a miña sentencia brilla coma o sol,

6pois quero amor, e non sacrificios,

prefiro o coñecemento de Deus ós holocaustos.

 

 

 

SALMO RESPONSRIAL Sal 49, 1 e 8. 12-13. 14-15

R/ (23b): Ó que vai por bo camiño

dareille a salvación de Deus

 

Fala o Señor, o Deus dos deuses,

convoca a terra desde oriente a occidente.

8Non te reprendo polos teus sacrificios,

pois os teus holocaustos están sempre ante min.

 

 12Se tivese fame, non cho iría dicir,

pois meu é o mundo e canto o enche.

13¿Acaso como eu carne de touros

e bebo sangue de carneiros?

 

14Ofrécelle a Deus a louvanza

e cumpre os teus votos ó Altísimo.

15Invócame no tempo do apuro:

eu salvareite e ti darasme gloria".

 

 

 

SEGUNDA Rm 4, 18-25

Enforteceuse na fa dando gloria a Deus

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 

 Irmáns e irmás:

18Contra toda esperanza Abraham creu na esperanza e así chegou a ser pai de moitas

nacións, como se lle dixera: así será a túa liñaxe. 19E non abalou na fe, anque ben vía que

o seu corpo xa estaba morto -tiña ó pé de cen anos- e que morto estaba tamén o seo de

Sara. 20Ante a promesa de Deus non dubidou por incredulidade, senón que se enforteceu

na fe, dando gloria a Deus, 21plenamente seguro de quen é poderoso para cumpri-lo que

promete. 22Por iso valeulle a xustificación. 23Estas palabras non se escribiron soamente

por el, 24senón tamén por nós. Pois tamén nos vai "valer" a nós que cremos naquel que

resucitou dos mortos a Xesús, noso Señor, 25que foi entregado por culpa dos nosos

pecados e foi resucitado por mor da nosa xustificación.

 

 

 

ALELUIA Lc 4, 18:

O Señor mandoume evanxeliza-los pobres;

predicarlle a remisión ós cautivos

 

 

 

EVANXEO Mt 9, 9-13

Non vin chama-los xustos senón ós pecadores

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

 9O pasar Xesús por, viu un home sentado ó mostrador da contribución, chamado Mateo, e

díxolle:

-Sígueme.

 

El ergueuse e seguiuno.

 

10E resulta que, estando á mesa na casa, viñeron moitos recadadores e pecadores, e

puxéronse tamén á mesa con Xesús e mailos seus discípulos. 11Cando tal viron os fariseos,

dixéronlle ós discípulos del:

-¿Como é que o voso Mestre está a comer con recadadores e pecadores?

 

12El oíunos e dixo:

-Non son os sans senón os enfermos os que precisan de médico. 13Ide, pois, aprende-lo

que significa aquilo de Misericordia quero e non sacrificios. Porque non vin chamar polos

xustos, senón polos pecadores.