Domingo XVII

 

 

DOMINGO XVII ORDINARIO

 

 

Primeira Lectura   2 Re 4, 42-44

Comerán e sobrará

 

LECTURA DO LIBRO SEGUNDO DOS REIS

 

            Daquela chegou de Baal-Xalixah un homeque lle traía ao home de Deus o pan das primicias: vinte pans de cebada e trigo novo na alforxa.

            Eliseo díxolle:

            — Dállos á xente e que coman.

            O seu servidor preguntoulle:

            — Que é isto para cen persoas?

            A iso Eliseo respondeu:

            — Dállos á xente e que coman, pois isto di o Señor: “Comerán e sobrará”.

            El serviullos á xente, que comeue aínda sobrou, conforme á palabra do Señor.

 

                        Palabra do Señor                             R.: Grazas a Deus

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL   Sal 144, 10-11. 15-16. 17-18

 

R.: (Cf. 16)Abres ti, Señor, a túa man e dásnos fartura.

 

Que te loen, Señor, as túas obras,

e te bendigan os teus amigos.

Que pregoen a gloria do teu reino,

e falen do teu poder.

 

Os ollos de todos están postos en ti,

e dáslles o sustento ao seu tempo.

Abres ti a túa man,

e dáslle fartura a todo ser vivo.

 

O Señor é xusto en todos os seus camiños,

e santo en todas as súas obras.

O Señor está cerca dos que o chaman,

dos que o chaman con sinceridade.

 

 

 

Segunda Lectura   Ef 4, 1-6

Un corpo, un Señor, unha fe, un bautismo

 

LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS EFESIOS

 

            Irmáns:

            Eu, preso polo Señor, pídovos que camiñedes segundo a dignidade da vocación que recibistes, con total humildade, mansedume e paciencia, aturándovos uns a outros con amor, esforzándovos por manter a unidade do espírito no vínculo da paz.

            Hai un só corpo e un só Espírito, do mesmo xeito que se vos chamou a unha única esperanza na vosa vocación.

            Hai un só Señor, unha soa fe, un só bautismo, e un só Deus e Pai de todos, que está sobre todos, por todos e en todos.

           

            Palabra do Señor                             R.: Grazas a Deus

 

 

 

ALELUIA   Lc 7, 16

Se non se canta, pódese omitir.

 

Aleluia, aleluia.

Un gran profeta apareceu entre nós,

e Deus visitou o seu pobo.

Aleluia.

 

 

 

Evanxeo   Xn 6, 1-15

Repartiu entre os sentados canto quixeron

 

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

 

            Naquel tempo, foi Xesús á outra banda do Mar de Galilea (o de Tiberíades). Seguíao unha chea de xente, porque viran os sinais que facía nos enfermos. Subiu Xesús ao monte e sentou alí cos seus discípulos.

            Estaba a chegar a Pascua, a festa dos xudeus. Levantou a vista Xesús e, vendo vir tanta xente cara a el, díxolle a Filipe:

            — Onde imos mercar pan para que coma esta xente? (isto dicíao para tentealo, que el ben sabía xa o que ía facer).

            Respondeulle Filipe:

            — Nin medio ano de xornal chega para que cada un deles reciba un codelo.

            Un dos seus discípulos, Andrés, o irmán de Simón Pedro, díxolle:

            — Hai aquí un rapaz que ten cinco bolos de pan de cebada e dous peixes, peroque é iso para tantos?

            Xesús ordenou:

            — Facede sentar a xente.

            Había moita herba naquel sitio. E sentaron como uns cinco mil homes. Entón colleu Xesús os pans e, dando grazas, repartiulles aos sentados canto quixeron; fixo o mesmo cos peixes. Cando se fartaron, díxolles aos seus discípulos:

            — Recollede os anacos sobrantes para que non se estrague nada.

            Entón xuntáronos e encheron doce cestas cos anacos dos cinco bolos de pan de cebada que lles sobraran aos que comeron. Ao veren aqueles homes o sinal que fixera, dicían: “Este si que é o profeta que había de vir ao mundo”.

            Entón Xesús, decatándose de que o ían vir coller para proclamar o rei, retirouse outra vezao monte el só.

 

                        Palabra do Señor                             R.: Loámoste, Cristo