FEBREIRO
524
Día 2 de febreiro
PRESENTACIÓN DO SEÑOR
Festa
PRIMEIRA Mal 3, 1-4
Virá ó seu templo o Dominador, a quen
buscades
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE MALAQUÍAS
Dí o Señor Deus:
3 1Velaí: eu envío ó meu mensaxeiro,
para que limpe o camiño diante de min.
Nun momento entrará no seu santuario
o Señor a quen vós estades buscando,
o mensaxeiro da Alianza, a quen vos lle tendes amor:
vede que chega -fala o Señor dos Exércitos-.
2¿Quen aguantará o día da súa chegada?
¿Quen se manterá de pé cando El apareza?
Si, El será coma o lume do fundidor,
coma a lixivia dos que lavan.
3Sentarase coma o fundidor que refina a prata,
refinará ós fillos de Leví e purificaraos;
coma a prata e coma o ouro, así serán para o Señor os que presenten a ofrenda con
xustiza.
4Entón seralle agradable ó Señor a ofrenda de Xudá e Xerusalén,coma nos días remotos,
coma nos anos antigos.
SAL. RESP.Sal 23, 7. 8. 9. 10 (R/: 10b)
V/ O Señor dos exércitos,
El é o rei da gloria.
7Erguede, portas, os linteis,
alzádevos, antigos portais,
para que entre o rei da gloria.
8¿Quen é ese rei da gloria?
O Señor, forte e valente,
o Señor, valente nas batallas.
9Erguede, portas, os linteis,
alzádevos, antigos portais,
para que entre o rei da gloria.
10¿Quen é ese rei da gloria?
O Señor dos exércitos,
El é o rei da gloria.
SEGUNDA Heb 2, 14-18
Debeu asemellarse en todo ós irmáns
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS
14Xa que os fillos participan todos na mesma carne e do mesmo sangue, tamén El
participou igualmente da carne e do sangue, para que coa súa morte puidese deixar sen
forzas ó que retiña o poder da morte, isto é, Satán; 15e deste xeito, librar a cantos por
medo á morte pasaban a vida nunha escravitude.
16Porque está claro que a quen lles vén botar unha man, non é ós anxos, senón ós fillos
de Abraham. 17Por iso tiña que asemellarse ós seus irmáns en todo, para deste xeito
poder ser sumo sacerdote, que se doia de nós e de quen un se poida fiar nas cousas que
se refiren a Deus e así poida expia-los pecados do seu pobo; 18porque El xa pasou a
proba de sufrimento, pode axudar ós que agora se atopan na proba.
ALELUIA Lc 2, 32
R/. Aleluia. V/. Luz de revelación para os
xentís
e gloria do teu pobo Israel.
R/. Aleluia
EVANXEO Lc 2, 22-40 (máis longo) ou 22-32 (máis breve)
Viron os meus ollos a túa salvación
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
22 Cando chegou o tempo da purificación, conforme a Lei de Moisés, levaron o neno
Xesús a Xerusalén, para llo presentaren ó Señor 23(pois así está escrito na Lei do Señor:
"Todo varón primoxénito consagraredes ó Señor"), 24e tamén para faceren unha ofrenda
, conforme se di na Lei do Señor: "Un par de rulas ou dous pombiños".
25Vivía nese tempo en Xerusalén un home xusto e piadoso, chamado Simeón, que
agardaba a restauración de Israel. O Espírito Santo, que estaba con el, 26tíñalle
prometido que non había morrer sen ve-lo Unxido do Señor.
27Movido polo Espírito, foi ó templo, e, cando entraban os pais do neno Xesús para
cumpriren o mandado pola Lei do Señor, 28el, colléndoo nos brazos, louvou a Deus
dicindo:
29Agora podes, Señor, segundo a túa promesa
despedir en paz ó teu servo,
30porque xa os meus ollos viron o teu Salvador,
31o que preparaches para tódolos pobos:
32luz de revelación para os xentís
e gloria do teu pobo Israel.
33O pai e maila nai do neno ficaron abraiados polo que tal dicía do neno. 34Bendíxoos
Simeón e díxolle a María, a nai:
-Mira, este está disposto para caída ou soerguemento de moitos en Israel, para ser
bandeira de discusión; 35e a ti mesma unha espada hache atravesa-la alma: así ficarán
descubertas as cavilacións de moitos corazóns.
36Había tamén unha profetisa moi vella chamada Ana, filla de Penuel, da tribu de Axer,
que vivira sete anos co seu marido desde que casara, 37e logo como viúva ata os oitenta
e catro. Non se apartaba do templo nin de noite nin de día, servindo a Deus con xexún e
oracións. 38Presen-tándose naquel intre no templo, glorificaba a Deus e falaba do neno
a tódolos que esperaban a redención de Xerusalén.
39Cando remataron todo o ordenado pola Lei do Señor, volveron para Galilea, á vila de
Nazaret. 40O neno ía medrando lanzal, forte e intelixente; e a gracia de Deus estaba con
el.
Ou máis breve:
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
22Cando chegou o tempo da purificación, conforme a Lei de Moisés, levaron o neno
Xesús a Xerusalén, para llo presentaren ó Señor 23(pois así está escrito na Lei do Señor:
"Todo varón primoxénito consagraredes ó Señor"), 24e tamén para faceren unha ofrenda
, conforme se di na Lei do Señor: "Un par de rulas ou dous pombiños".
25Vivía no tempo en Xerusalén un home xusto e piadoso, chamado Simeón, que
agardaba a restauración de Israel. O Espírito Santo, que estaba con el, 26tíñalle
prometido que non había morrer sen ve-lo Unxido do Señor.
27Movido polo Espírito, foi ó templo, e, cando entraban os pais do neno Xesús para
cumpriren o mandado pola Lei do Señor, 28el, colléndoo nos brazos, louvou a Deus
dicindo:
29Agora podes, Señor, segundo a túa promesa
despedir en paz ó teu servo,
30porque xa os meus ollos viron o teu Salvador,
31o que preparaches para tódolos pobos:
32luz de revelación para os xentís
e gloria do teu pobo Israel.
Día 3 de febreiro
Santos Francisco Blanco e compañeiros, mártires
Na diócese de Ourense, memoria
Do común dos mártires
525
O mesmo día 3 de febreiro
San Brais, bispo e mártir
Do común dos mártires ou dos pastores (bispos)
PRIMEIRA Rm 5, 1-5 n. 716, 1
SAL. RESP. Sal 116, 1. 2 n. 721, 8
ALELUIA Mt 28, 19a. 20b n. 723, 2
EVANXEO Mc 16, 15-20 n. 724, 6
526
O mesmo día 3 de febreiro
San Óscar, bispo
Do común dos pastores (misioneiros)
PRIMEIRA Is 52, 7-10 n. 719, 5
SAL. RESP. Sal. 95, 1-2a. 2b-3. 7-8a. 10 n. 721, 5
ALELUIA Mc 1, 17 n. 723, 3
EVANXEO Mc 1, 14-20 n. 724, 5
527
Día 5 de febreiro
Santa Águeda, virxe e mártir
Memoria
Do común dos mártires ou das virxes
PRIMEIRA 1 Cor 1, 26-31 n. 740, 2
SAL. RESP. Sal 30, 3cd-4. 6 e 8ab. 16bc e 17 n. 715,1
ALELUIA 1 Pe 4, 14 n. 717, 5
EVANXEO Lc 9, 23-26 n. 718, 4
528
Día 6 de febreiro
Santos Paulo Miki e compañeiros, mártires
Memoria
Do común dos mártires
PRIMEIRA Gal 2, 19-20 n. 740, 5
SAL. RESP. Sal 125, 1-2ab. 2cd-3. 4-5. 6 n. 715, 4
ALELUIA Mt 28, 19a. 20b n. 723, 2
EVANXEO Lc 28, 16-20 n. 724, 4
529
Día 8 de febreiro
San Xerónimo Emiliano
Do común dos santos (educadores)
PRIMEIRA Tob 12, 6-13 n. 737, 8
SAL. RESP. Sal 33, 2-3. 4-5. 6-7. 8-9. 10-11 n. 739, 5
ALELUIA Mt 5, 3 n. 741, 1
EVANXEO Mc 10, 17-30 (máis longo) ou 17-27 (máis breve) n. 742, 17
530
Día 10 de febreiro
Santa Escolástica, virxe
Memoria
Do común das virxes ou das santas (relixiosas)
PRIMEIRA Cant 8, 6-7 n. 731, 1
SAL. RESP. Sal 148, 1-2. 11-13a. 13c-14 n. 733, 2
ALELUIA Xn 14, 23 n. 735, 1
EVANXEO Lc 10, 38-42 n. 736, 3
531
Día 11 de febreiro
Benaventurada Virxe María de Lourdes
Do común da Virxe Santa María
PRIMEIRA Is 66, 10-14c
Velaí derramarei sobre ela coma un río a paz
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS
10Alegrádevos con Xerusalén,
e brincade de ledicia por ela,
tódolos que a amades.
Exultade con xúbilo con ela
tódolos que vos enloitastes por causa dela,
11porque mamaredes
e fartarédesvos do peito das súas consolacións,
porque zugaredes e gozaredes do seo da súa riqueza.
12Porque así fala o Señor:
Ollade que eu estendo ata ela a fartura como un río, si, como un río desbordado a
riqueza das nacións.
Vós mamaredes, no colo seredes levados,
sobre os xeonllos seredes aloumiñados.
13Coma un neno, a quen súa nai consola,
así vos consolarei eu.
Si, en Xerusalén seredes consolados.
14Entón veredes que se alegra o voso corazón
e que os vosos ósos florecen coma un campo.
A man do Señor daráselles a coñecer ós seus servos e o noxo do Señor daráselles a
coñecer ós seus inimigos.
SALMO RESPONSORIAL Xdt 13, 23bc-24a. 25abc
R/: (15, 10d) Ti e-la honra da nosa raza
"Bendita sexas ti, filla de Deus Altísimo,
máis ca tódalas mulleres da terra.
E bendito sexa Deus, o Señor,
creador do ceo e da terra
Louvarante polos séculos
cantos se lembren desta túa fazaña,
froito da túa confianza no poder de Deus.
ALELUIA Cf Lc 1, 45 n. 711, 2
EVANXEO Xn 2, 1-11 n. 712, 11
532
Día 14 de febreiro
Santos Cirilo, monxe, e Metodio, bispo,
Patróns de Europa
Memoria [Festa]
Do común de pastores (misioneiros) ou dos santos
PRIMEIRA Feit 13, 46-49 n. 720, 1
SAL. RESP. Sal 116, 1. 2 n. 721, 8
ALELUIA Lc 4, 18 n. 723, 4
EVANXEO Lc 10, 1-9 n. 724, 8
533
Día 17 de febreiro
Os Sete Santos Fundadores da Orde dos Servos da Santísima Virxe María
Do común dos santos (relixiosos)
PRIMEIRA Rm 8, 26-30
SAL. RESP. Sal 33, 2-3. 4-5. 6-7. 8-9. 10-11 n. 739, 5
ALELUIA Mt 5, 3 n. 741, 1
EVANXEO Mt 19, 27-29 n. 742, 9
534
Día 21 de febreiro
San Pedro Damián, bispo e doutor da Igrexa
Do común dos doutores da Igrexa ou dos pastores ou dos santos (relixiosos)
PRIMEIRA 2 Tim 4, 1-5 n. 728, 7
SAL. RESP. Sal 15, 1-2a e 5. 7-8. 11 n. 739,3
ALELUIA Xn 15, 9b. 5b n. 741, 13
EVANXEO Xn 15, 1-8 n. 742, 24
535
Día 22 de febreiro
CÁTEDRA DO APOSTOLO SAN PEDRO
Festa
PRIMEIRA 1 Pe 5, 1-4
Copresbítero e testemuña da pasión de Cristo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PEDRO
APÓSTOLO
5 1Ós responsables das vosas comunidades, exhórtoos eu, responsable coma eles, que
fun testemuña dos padecementos de Cristo e que terei parte convosco na gloria que está
para se manifestar:
2coidade o rabaño de Deus, que está á vosa garda; mirade por el, non por pura obriga
senón, como Deus quere, de boa gana; nin por baixos intereses de lucro senón porque
vos agrada; 3nin dándovolas de señores dos que se vos encomendaron senón facéndovos
exemplo para o rabaño. 4Así, cando apareza o supremo Pastor, recibiréde-la coroa da
gloria, que nunca murcha.
SAL. RESP. Sal 22, 1-3a. 3b-4. 5. 6
R/: (1): O Señor é o meu pastor: nada me falta.
1O Señor é o meu pastor: nada me falta.
2Os pastos verdecentes lévame a repousar,
lévame a beber ás augas tranquilas:
3El repón as miñas forzas.
Guíame por vereas rectas,
por mor do seu nome.
4Se tiver de pasar por vagoadas sombrizas,
ningún mal temería, pois ti vas comigo:
o teu bastón e o teu caxato son o meu sosego.
5Ti pos para min a mesa,
á cara dos meus inimigos;
únxesme con perfume a cabeza,
e a miña copa reborda.
6A túa bondade e o teu amor vanme seguindo
tódolos días da vida.
Eu habitarei na casa do Señor
ó longo dos meus días.
ALELUIA
(V/ Aleluia) V/ Ti es Pedro, e sobre esta
pedra
vou edifica-la miña Igrexa,
e as portas do inferno non
prevalecerán
en contra dela.
(R/: Aleluia)
EVANXEO Mt 16, 13-19
Ti es Pedro, e dareiche as chaves do Reino dos Ceos
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
13Cando chegou Xesús á comarca de Cesarea de Filipo preguntoulles ós seus
discípulos:
-¿Quen di a xente que é o Fillo do Home?
14Eles responderon:
-Uns, que Xoán Bautista; outros, que Elías; outros, que Xeremías ou algún dos profetas.
15Insistiu:
-E vós, ¿quen dicides que son?
16Respondeu Simón Pedro:
-Ti e-lo Mesías, o Fillo de Deus vivo.
17E Xesús contestoulle:
-Ditoso ti, Simón, fillo de Xonás; porque iso non cho revelou ninguén de carne e
sangue, senón meu Pai que está no ceo. 18E eu asegúroche que ti es Pedro, a pedra, e
sobre esta pedra vou edifica-la miña Igrexa; e as portas do Inferno non prevalecerán en
contra dela. 19Dareiche as chaves do Reino dos Ceos: todo o que ates na terra, ficará
atado nos ceos; e todo o que desates na terra, ficará desatado nos ceos.
Na Misa votiva de San Pedro dinse as anteriores lecturas
536
Día 23 de febreiro
San Policarpo, bispo e mártir
Memoria
Do común dos mártires ou dos pastores (bispos)
PRIMEIRA Ap 2, 8-11
Coñezo a túa tribulación e a túa pobreza
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE.
8Ó anxo da igrexa de Esmirna escríbelle:
Isto di o Primeiro e o Ultimo, o que estivo morto pero volveu á vida. 9Coñezo o teu
sufrimento e a túa pobreza -anque es rico- e a maledicencia contra ti dos que se teñen
por xudeus sen seren xudeus pero que si son ''sinagoga de Satanás''. 10Non teñas medo
ningún ó que vas sufrir. Ollade que Satán vos ha meter a algúns de vós no cárcere, para
vos poñer á proba e teredes sufrimento dez días. Pero mantente fiel ata a morte e
dareiche a coroa da vida.
11Quen teña oídos, escoite, o que o Espírito lles di ás igrexas. O vencedor prométolle
que non o vai dana-la morte segunda.
SAL. RESP. Sal 30, 3cd-4. 6 e 8ab. 16bc-17 n. 715, 1
ALELUIA n. 717, 6
EVANXEO Xn 15, 18-21 n. 718, 6
Día 25 de febreiro
Beato Sebastián Aparicio
Na diócese de Ourense: Memoria
Do común dos santos (os que practicaron a misericordia