M A I O
559
Día 1 de maio
San Xosé, obreiro
(O Evanxeo desta memoria é propio)
PRIMEIRA Xén 1, 26-2,3
Enchede a terra e sometédea
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE
Di o Señor:
--Fagámo-lo home á nosa imaxe e á nosa semellanza, e que mande nos peixes do mar,
nos paxaros do ceo, nos animais domésticos e nos reptís todos da terra.
27E creou Deus o home á súa imaxe, creouno á imaxe de Deus, creouno varón e femia.
28E bendiciunos así: -Reproducídevos, crecede, enchede a terra e sometédea. Mandade
nos peixes do mar, nos paxaros do ceo e nos reptís todos da terra. 29E díxolles aínda: -
Aí vos dou as herbas todas que hai na terra, coa súa propia semente, e tódalas árbores
que dan froito coa súa propia semente: serviranvos para a mantenza. 30As feras todas do
monte, ós paxaros do ceo e ós reptís que viven na terra dóulle-la herba para a mantenza.
E fíxose así. 31Viu Deus canto fixera e era de verdade moi bo. E completouse o sexto
día.
2 1Quedaron así rematados o ceo e a terra e tódolos elementos. 2Deus concluíu no día
sexto a obra que emprendera, e o sétimo día repousou de todo o seu traballo. 3Deus
bendiciu o sétimo día e consagrouno: nese día repousou de todo o traballo de crear.
Ou: Col 3, 14-15. 17. 23-24
Todo canto fagades, facédeo con toda a alma,
como para o Señor e non para os homes
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS
COLOSENSES
Irmáns e irmás:
Por riba de todo, cinguídevos co amor, que é o lazo que todo o une e leva a perfección.
15Que a paz de Cristo goberne os vosos corazóns, xa que a ela vos chamaron coma
membros dun mesmo corpo. Sede tamén agradecidos.
17E todo canto fagades, de palabra ou de obra, facédeo para honra de Xesús, o Señor,
dándolle gracias a Deus Pai por medio del.
23Todo canto fagades, facédeo con toda a alma, como para o Señor e non para os
homes, 24tendo en conta que recibiredes do Señor a herdade como recompensa. Servide
a Cristo, o voso Señor.
SAL. RESP. Sal 89, 2. 3-4. 12-13. 14 e 16
R/ Asegura, Señor, as obras das nosas mans
Ou: Aleluia
2Primeiro que os montes xurdisen,
e que fosen formados a terra e o mundo,
desde sempre e por sempre es ti Deus.
3Ti podes volver en po os mortais,
con dicirlles:--"Fóra, homes".
4Mil anos ante ti
son coma o onte que pasou
e coma unha vixilia da noite.
12Ensínanos a conta-los nosos días, -
para que aprendamos a ser asisados.
13Volve, Señor. ¿Por canto aínda?
Apiádate dos teus servos.
14Danos axiña a fartura da túa misericordia,
para que a nosa vida teña felicidade e ledicia.
16Que se vexa a túa obra nos teus servos
e a túa gloria nos teus fillos.
ALELUIA Sal 67, 20
Bendito sexa o Señor cada día:
Deus, o noso salvador, coida de nós!
EVANXEO Mt 13, 54-58
¿Non é este o fillo do carpinteiro?
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Indo Xesús para a súa terra, con tal xeito lles ensinaba na sinagoga que dicían abraiados:
-¿De onde lle veñen a este esa sabiduría e eses milagres? 55¿Non é o fillo do
carpinteiro? ¿Non se chama María súa nai; e seus irmáns Santiago, Xosé, Simón e
Xudas? 56E súas irmás ¿non viven connosco? Entón ¿de onde lle vén todo isto?
57Estaban realmente escandalizados por causa del. Pero Xesús díxolles:
-A un profeta só o aceptan mal na súa terra e na súa casa.
58E alí non fixo moitos milagres pola falta de fe daquela xente.
560
Día 2 de maio
San Atanasio, bispo e doutor da Igrexa
Memoria
Do común dos pastores ou dos doutores da Igrexa
PRIMEIRA 1 1 Xn 5, 1-5 ... n. 716,10
SAL. RESP. Sal 36, 3-4. 5-6. 30-31, ... n. 727,2
ALELUIA Mt 5, 10, ... n. 717, 1
EVANXEO Mt 10, 22-25a
Se vos persiguen nesta cidade, marchade para
outra
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Dilles Xesús ós seus discípulos:
22Pola miña causa hanvos odiar, pero o que persevere ata o final hase salvar.
23Cando vos persigan nunha vila fuxide a outra, porque de certo vos aseguro: non
acabaredes de anda-las vilas de Israel antes de que veña o Fillo de Home. 24Non é o
discípulo máis có seu Mestre, nin o servo máis có seu Señor. 25Abóndalle ó discípulo
chegar a ser coma o seu mestre; e ó servo coma o seu Señor.
561
Día 3 de maio
Santos Felipe e Santiago, apóstolos
Festa
PRIMEIRA 1 Cor 15, 1-8
O Señor aparecéuselle a Santiago e despois a
tódolos apóstolos
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO
APÓSTOLO ÓS CORINTIOS
15 1Quero que vos acorde, irmáns, o Evanxeo que vos prediquei, que vós aceptastes, no
que ficades firmes 2e polo que vos estades salvando (se é que o gardades tal como volo
anunciei; do contrario, a vosa fe sería inútil).
3Transmitinvos, xa que logo, antes de nada o que eu mesmo recibín: que Cristo morreu
polos nosos pecados conforme ás Escrituras; 4que o sepultaron, que ó terceiro día
resucitou conforme ás Escrituras 5e que se apareceu a Cefas e despois ós Doce. 6Máis
tarde apareceuse dunha soa volta a máis de cincocentos irmáns; moitos deles aínda
viven, algúns xa finaron. 7Despois apareceuse a Santiago e logo a tódolos apóstolos.
8En derradeiro lugar aparecéuseme tamén a min, coma ó nacido á deshora.
SAL. RESP. Sal 18, 2-3. 4-5
R/ (5a) Por toda a terra vai o seu anuncio
Ou: Aleluia
20s ceos proclaman a gloria de Deus,
o firmamento pregoa as obras das súas mans.
3Un dia pásalle ó outro a mensaxe,
unha noite transmítelle á outra a noticia.
4Sen que falen nin conten,
sen que se sinta a súa voz,
5por toda a terra vai o seu anuncio,
ata os confíns do mundo a súa palabra.
ALELUIA Xn 14, 6b.9c
Eu son o camiño, a verdade e a vida,
di o Señor;
Felipe, quen me ve a min ve ó Pai
EVANXEO Xn 14, 6-14
Levo tanto tempo convosco, ¿e ainda non me coñeces?
PROCLAMACION DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Dille Xesús a Tomé:
-Eu son o camiño, a verdade e a vida: ninguén chega onda o Pai máis ca por min. 7Se
me coñecesedes, coñeceriades tamén a meu Pai; anque xa desde agora o coñecedes e o
tendes visto.
8Felipe díxolle:
-Señor, móstrano-lo Pai e abóndanos.
9Xesús replicoulle:
-Pero, Felipe, ¿levo tanto tempo convosco e aínda non me coñeces? Quen me viu a min,
viu o Pai. ¿Como dis entón ''móstrano-lo Pai''? 10¿Non cres que eu estou no Pai e o Pai
en min? As palabras que eu vos digo non as falo pola miña conta; é o Pai, que
permanece en min, quen fai as súas obras. 11Crédeme que eu estou no Pai e o Pai en
min. Se non, polo menos crede por esas mesmas obras. 12Con toda verdade volo
aseguro: quen cre en min, fará el tamén as obras que eu fago, e faraas meirandes aínda,
pois estou para irme onda o Pai; 13e o que pidades no meu nome, heino facer, para que
o Pai sexa glorificado no Fillo. 14Se algo me pedides no meu nome, eu fareino.
Día 10 de maio
San Xoán de Ávila, presbítero
Do común dos pastores (misioneiros) ou dos santos
562
Santos Nereo e Aquileo, mártires
Do común dos mártires
PRIMEIRA Ap 7, 9-17 ... n. 714,2
SAL. RESP. Sal 123, 2-3. 4-5. 7b-8. ... n. 715,3
ALELUIA Mt 5, 10 ... n. 717,1
EVANXEO Mt 10, 17-22 ... n. 718,1
563
O mesmo día 12 de maio
San Pancracio, mártir
Do común dos mártires
PRIMEIRA Ap 19, 1. 5-9a ... n. 738,3
SAL. RESP. Sal 102, 1-2.3-4. 8-9. 13-14. 17-18a n. 739,6
ALELUIA Cf Mt 11, 25 ... n. 741,4
EVANXEO Mt 11, 25-30 ... 742,4
564
Día 14 de maio
San Matías, apóstolo
Festa
PRIMEIRA Feit 1, 15-17. 20-26
Caiu a sorte sobre Matías e foi contado cos
once apóstolos
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Pedro, erguéndose no medio dos irmáns (había alí un grupo de xente de case cento
vinte persoas), dilles:
-16Irmáns, conviña que se cumprise a Escritura, onde por boca de David falou o
Espírito Santo acerca de Xudas, que se fixo guía dos que prenderon a Xesús; 17el, que
foi un de nós e recibira parte neste servicio.
20Porque está escrito no libro do Salmos: ''que fiquen a campo os seus bens e que non
haxa quen os habite''; e tamén ''que outro reciba o seu cargo''. 21E, pois, cómpre que dos
homes que nos acompañaron todo o tempo que o Señor Xesús estivo connosco,
22comezando desde o bautismo de Xoán ata o día en que foi levado de entre nós, un
deles sexa connosco testemuña da súa resurrección.
23E presentaron dous: Xosé, o chamado Barsabás e por sobrenome o Xusto, e mais
Matías.
24Daquela oraron así: ''Ti, Señor, que coñéce-los corazóns de todos, amosa cal destes
dous escolliches 25para ocupar neste servicio do apostolado o lugar que Xudas deixou
para ir ó sitio que lle correspondía''.
26Sortearon e correspondeulle a Matías, que formou grupo cos Once apóstolos.
SAL. RESP. Sal 112, 1-2. 3-4. 5-6. 7-8
R/ (cf 8) Deulle asento o Señor cos nobres do seu pobo
Ou: Aleluia
Louvade, servidores do Señor,
louvade o nome do Señor.
2Bendito sexa o nome do Señor,
agora e por sempre.
3Desde o nacente ó poñente
louvado sexa o nome do Señor.
4Excelso sobre as xentes é o Señor,
sobre o ceo a sua gloria.
5¿Quen coma o Señor, noso Deus,
que habita nas alturas
6e que baixa para coidar
do ceo e mais da terra?
7El ergue do po os indixentes,
levanta os pobres do esterco,
8para lles dar asento cos nobres,
cos nobres do seu pobo.
ALELUIA Cf Xn 15, 16
Eu elixinvos do medio do mundo, para que
vaiades e levedes froito e o voso froito
dure, di o Señor
EVANXEO Xn 15, 9-17
Non me elixistes vós a min, senón que vos
elixín eu a vós
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Dilles Xesús ós seus discípulos:
9Como me amou o Pai, así vos amei eu: permanecede no meu amor. 10Se gardáde-los
meus mandamentos, permaneceredes no meu amor, como eu gardei os mandamentos de
meu Pai, e permanezo no seu amor. 11Díxenvos estas cousas, para que a miña alegría
estea en vós, e a vosa alegría sexa plena.
12Este é o meu mandamento: que vos amedes uns a outros como eu vos amei.
13Ninguén ten amor meirande ca este: que un dea a súa vida polos amigos. 14Vós sodes
amigos meus, se facedes canto eu vos mando. 15Xa non vos chamo servos, que o servo
non sabe o que fai o seu señor: a vós trateivos de amigos, pois todo o que lle oín a meu
Pai déivolo a coñecer. 16Non me escollestes vós a min, senón que vos escollín eu a vós;
e púxenvos para que vaiades e levedes froito e o voso froito permaneza; de xeito que
todo o que lle pidades ó Pai no meu nome, volo conceda. 17Mándovos isto: que vos
amedes uns a outros.
Día 15 de maio
San Isidro, labrador
Día 16 de maio
San Eufrasio, bispo e mártir
Na diócese de Lugo, memoria
Do común dos mártires, ou dos pastores (bispos)
Día 17 de maio
San Pascual Bailón, relixioso
Do común dos santos (relixiosos)
565
Día 18 de maio
San Xoán I, papa e mártir
Do común dos mártires, ou dos pastores (papas)
PRIMEIRA Ap 3, 14b. 20-22 ... n. 738,2
SAL. RESP. Sal 22, 1-3. 4. 5. 6 ... n. 721,2
ALELUIA Xn 15, 15b ... n. 723,7
EVANXEO Lc 22, 24-30 ... n. 724,9
566
San Bernardino de Siena, presbítero
Do común dos pastores (misioneiros)
PRIMEIRA Feit 4, 8-12
En ningún outro se da a salvación
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Di Pedro, cheo do Espírito Santo:
-Xefes do pobo e anciáns, 9xa que nos demandades polo favor feito a un enfermo e
sobre o xeito como se curou, 10sabede todos vós e sáibao o pobo de Israel que é no
nome de Xesús Cristo de Nazaret, a quen vós crucificastes e Deus resucitou de entre os
mortos: por El está este home en pé e san diante de vós. 11El é a pedra que refugastes
vós, os constructores, e que se converteu en pedra esquinal. 12En ningún outro hai
salvación, porque non hai ningún outro nome baixo do ceo, dado ós homes, no que nos
poidamos salvar.
SAL. RESP. Sal 39, 2 e 4ab. 7-8a. 8b-9. 10 ... n. 721,3
ALELUIA Xn 8, 12 ... n. 741,8
EVANXEO Mt 7, 21-29 ... n. 742, 19
Día 21 de maio
Santos Torcuato (Trocado) e os seus seis compañeiros, bispos
Na diócese de Santiago, memoria
Do común dos pastores, bispos
Día 22 de maio
Santa Xoaquina Vedruna, relixiosa
Do común das santas (relixiosas)
567
Día de San Beda o Venerable, presbítero e doutor da Igrexa
Do común dos pastores ou dos doutores da Igrexa
PRIMEIRA 1 Cor 2, 10b-16 ... n. 728,3
SAL. RESP. Sal 118, 9. 10. 11. 12. 13. 14 ... n. 727,3
ALELUIA Xn 6, 63c.68c ... n.729,3
EVANXEO Mt 7, 21-29 ... n. 730,2
568
O mesmo día 25 de maio
San Gregorio VII, papa
Do común dos pastores (papas)
PRIMEIRA Feit 20, 17-18a. 28-32. 36 ... n. 720,2
SAL. RESP. Sal 109, 1. 2. 3. 4 ... n. 721,7
ALELUIA Mc 1,17 ... n. 723,3
EVANXEO Mt 16, 13-19 ... n. 724,2
569
Santa María Madalena de Pazzi, virxe
Do común de virxes ou das santas (relixiosas)
PRIMEIRA 1 Cor 7, 25-35 ... n. 734,1
SAL. RESP. Sal 148, 1-2. 11-13a. 13c-14 ... n. 733,2
ALELUIA Xn 8, 31b-32 ... n. 741,9
EVANXEO Mc 3, 31-35 ... n. 742,14
570
Día 26 de maio
San Felipe Neri, presbítero
Do común dos pastores ou dos santos (relixiosos)
PRIMEIRA Flp 4, 4-9 ... n. 740,10
SAL. RESP. Sal 33, 2-3. 4-5. 6-7. 8-9. 10-11 ... n. 739,5
ALELUIA Xn 15, 9b. 5b ... n. 741, 13
EVANXEO Xn 17, 20-26 ... n. 742,26
571
Día 27 de maio
Santo Agostiño de Canterbury, bispo
Do común dos pastores (misioneiros)
PRIMEIRA 1 Tes 2, 2b-8 ... n. 722,10
SAL. RESP. Sal 95, 1-2a. 2b-3. 7-8a. 10 ... n. 721,5
ALELUIA Xn 10, 14 ... n. 723,5
EVANXEO Mt 9, 35-38 ... n. 724,1
Día 30 de maio
San Fernando
Do común dos santos
572
Día 31 de maio
Visitación da Virxe María
PRIMEIRA Sof 3, 14-18
O Señor, rey de Israel, está no medio de ti
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE SOFONÍAS
14Exulta, filla de Sión;
berra lediciosa, Israel,
alégrate e relouca con todo o corazón, filla de Xerusalén.
15O Señor retirou o teu castigo, botou para atrás ós teus inimigos.
O Señor será o rei de Israel no medio de ti, non volverás a ter medo da desgracia.
16No día aquel diráselle a Xerusalén:
Non teñas medo, Sión, que as túas mans non afrouxen.
17O Señor, o teu Deus, está no medio de ti, un heroe que salva.
El salta de alegría por ti,
embrúxate co seu amor,
dá brincos de alegría por ti.
18Eu aparteite da asemblea festiva;
retirei de ti o seu ¡Ai!;
o oprobio que pesa sobre esas asembleas.
Ou: Rm 12, 9-16b
Atendede ás necesidades dos santos,
practicade a hospitalidade
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS
ROMANOS
Irmáns e irmás:
9Que o amor non sexa finxido: afastádevos do mal e apegádevos ó ben: 10sede
cariñosos uns cos outros, coma irmáns; competide na estima mutua; 11no traballo non
teñades preguiza; no espírito afervoados; para o Señor, como escravos. 12Alegres na
esperanza, con constancia no sufrimento, afincados na oración; 13solidarios nas
necesidades dos santos e practicando a hospitalidade.
14Bendicide ós que vos perseguen, bendicide e non maldigades. 15Alegrádevos cos que
están alegres, chorade cos que choran. 16Tédevos na mesma estima uns a outros: non
vos deades aires de grandeza, senón acomodádevos ós humildes.
SAL. RESP. Is 12, 2-3. 4bcd. 5-6
R/ (6b) Grande é no medio de ti o Santo de Israel
2Velaí, Deus é a miña salvación, terei confianza, e non medo.
El é a miña forza, por isto louvareino.
Si, o Señor é a miña salvación.
3Sacaredes auga con gozo das fontes de salvación.
4Dádelle gracias ó Señor, invocade o seu nome.
Dade a coñecer entre os pobos os seus feitos,
facédelle a lembranza de que é grande o seu Nome.
5Cantádelle ó Señor. De verdade fixo cousas magníficas, que serán coñecidas en toda a
terra.
6Clamade con gozo e ledicia, habitantes de Sión:
Que grande é no medio de ti o Santo de Israel.
ALELUIA Cf Lc 1,45
Ditosa ti, Virxe María, que criches,
porque se cumprirá todo canto che
anunciaron de parte do Señor
EVANXEO Lc 1, 39-56
¿Quen son eu para que me visite a nai do meu
Señor?
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
María saíu con moita présa camiño da montaña, a unha vila de Xudá. 40Entrou na casa
de Zacarías e saudou a Isabel. 41E en oíndo Isabel o saúdo de María, o neno brincoulle
no ventre. Entón, chea do Espírito Santo, 42exclamou Isabel, a grandes voces:
-Bendita ti entre as mulleres e bendito o froito do teu ventre. 43¿Quen son eu para que
me visite a nai do meu Señor? 44Pois ó que chegou o teu saúdo ós meus oídos, brincou
de alegría a criatura no meu ventre. 45¡Ditosa ti que criches que se cumpriría canto che
anunciaron de parte do Señor!
46Entón María exclamou:
A miña alma proclama a grandeza do Señor,
47e alégrase o meu espírito en Deus, o meu Salvador,
48porque reparou na súa humilde escraviña.
Velaí: desde agora
tódalas xeracións me van felicitar.
49¡Marabillas o Poderoso fixo en min!
O seu nome é Santo;
50a súa misericordia chega xeración tras xeración a tódolos que o temen.
51Manifesta o poder do seu brazo,
desbaratando os plans dos soberbios.
52Derruba do seu trono ós poderosos,
e fai subir ós humildes;
53ós famentos éncheos de bens,
e ós ricos despídeos baleiros.
54Ampara a Israel, o seu Servidor,
lembrándose da súa misericordia,
55conforme prometera a nosos pais,
en favor de Abraham e da súa descendencia para sempre.
56María permaneceu con ela tres meses, e logo volveuse para a súa casa.
573
Sábado posterior ó segundo domingo despois de Pentecostés
Inmaculado Corazón da Virxe María
Do común da benaventurada Virxe María
PRIMEIRA Is 61, 9-11 ... n. 707,9
SAL. RESP. 1 Sam 2, 1. 4-5. 6-7. 8abcd ... n. 709,1
ALELUIA Cf Lc 2, 19 ... n. 711, 3
EVANXEO Lc 2, 41-51
Conservaba todas estas palabras no seu corazón
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
41Polas festas da Pascua os pais de Xesús ían tódolos anos a Xerusalén. 42E así, cando
o neno tivo doce anos, subiron á festa, conforme a tradición. 43Pasados aqueles días,
cando eles voltaban, o neno Xesús quedou en Xerusalén, sen que os seus pais se
decatasen. 44Coidando que iría na comitiva, fixeron unha xornada de camiño; entón
buscárono entre os parentes e coñecidos. 45Pero como non deron con el, volveron a
Xerusalén para buscalo. 46E resulta que, ó cabo de tres días, atopárono no templo,
sentado no medio dos doutores e dialogando con eles. 47Tódolos que o escoitaban
estaban asombrados do seu talento e das súas contestacións. 48O velo, ficaron moi
impresionados, e a súa nai preguntoulle:
-¡Meu fillo! ¿Como te portaches así connosco? Mira que o teu pai e mais eu andamos
cheos de angustia en busca túa.
49El respondeu:
-¿E logo por que me buscades? ¿Seica non sabiades que eu teño que estar na casa de
meu Pai?
50Pero eles non entenderon a resposta. 51Baixou con eles a Nazaret, e vivía baixo a súa
autoridade. A nai conservaba todas estas cousas no seu corazón.