OUTUBRO
649
Día 1 de outubro
Santa Teresa do Neno Xesús, virxe
Memoria
Do común das virxes ou das santas (relixiosas)
PRIMEIRA Is 66, 10-14c ... n. 531
SAL. RESP. Sal 130, 1. 2. 3. ... n. 739, 9
ALELUIA cf Mt 11, 25 ... n. 741, 4
EVANXEO Mt 18, 1-5 ... n. 742, 7
650
Día 2 de outubro
Santos Anxos da Garda
Memoria
O Evanxeo desta memoria é propio
PRIMEIRA Ex 23, 20-23
Vai diante de ti o meu anxo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO
Di o Señor:
20Eu vou manda-lo meu anxo diante túa, para que te garde na viaxe e te leve ó lugar que
che teño disposto. 21Respéctao e faille caso. Non te rebeles contra el. Non perdoará as
vosas rebeldías, pois leva con el o meu nome. 22Se de verdade o obedeces e fa-lo que eu
che mande, eu serei inimigo dos teus inimigos, adversario dos teus adversarios.
Na terra dos cananeos
23O meu anxo irá diante de ti e levarate á terra dos amorreos, dos hititas, dos perizitas,
dos cananeos, dos hivitas e dos iebuseos, que eu destruirei. 24Non te postrarás diante
dos seus deuses nin os adorarás. Non fará-lo que fan eles, senón que os destruirás e
rompera-las súas imaxes. 25Vós serviredes ó Señor o voso Deus, e el bendirá o voso
pan e a vosa auga. Eu afastarei de ti tódalas doenzas. 26Non haberá na túa terra muller
esteril nin que aborte. E ateigareite de vida.
27Eu mandarei o meu terror diante de ti, espantarei os pobos ós que chegues, e tódolos
teus inimigos viraranse de costas ante ti. 28Mandarei diante ti vésporas, que farán fuxir
da túa presencia ós hivitas, ós cananeos, ós hititas. 29Non os botarei todos á vez, para
que non quede a terra deserta e que non se multipliquen as feras salvaxes contra ti.
30Botareinos ós poucos, namentres ti vas crecendo e tomando posesión do país.
SAL. RESP. Sal. 90, 1-2. 3-4. 5-6. 10-11
R/ (11) El manda os seus anxos
para que te garden en tódolos camiños.
1O que habita ó agarimo do Altísimo
e mora á sombra do Omnipotente,
2dígalle ó Señor:--"Meu refuxio, miña forza,
meu Deus, en quen confio".
3El é quen te libra do lazo do cazador
e da peste maligna.
4Cóbrete coas súas plumas
protéxete coas súas ás
escóndete co seu brazo e deféndete.
5Non temera-las sorpresas da noite
nin as frechas que voan polo día,
6nin a peste que ronda nas tebras
nin o andazo que estraga ó mediodía.
10Ningún mal non te tocar
ningunha praga non se achegará á túa tenda.
11Pois El manda os seus anxos
para que te garden en tódolos camiños.
ALELUIA Sal 102, 21
Bendicide ó Señor, os seus exércitos,
servidores que facéde-la súa vontade
EVANXEO Mt 18, 1-5. 10
Os seus anxos no ceo están a ver sempre o
rostro do meu Pai que está nos ceos
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Acercáronse os discípulos a Xesús, para lle preguntar:
-¿Quen é o máis importante no Reino dos Ceos?
2El chamou por un meniño e púxoo no medio deles, 3e dixo:
-Asegúrovolo: se non cambiades e non vos facedes coma nenos, non entraredes no
Reino dos Ceos. 4Quen se faga pequeno coma este cativo será o máis importante no
Reino dos Ceos. 5E quen acolla a un meniño coma este no meu nome, acólleme a min.
10¡Coidadiño con desprezar a un destes cativos! Asegúrovos que os seus anxos, no ceo,
están sempre contemplando o rostro do meu Pai Celestial.
Día 3 de outubro
San Francisco de Borxa, presbítero
Do común dos pastores ou dos santos (relixiosos)
651
Día 4 de outubro
San Francisco de Asís
Memoria
Do común dos santos (relixiosos)
PRIMEIRA Gal 6, 14-18
Por quen o mundo está crucificado para min e eu para o mundo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS
GÁLATAS
Irmáns e irmás:
1A min Deus me libre de gabarme en algo que non sexa a cruz de Cristo, na que o
mundo está crucificado para min como eu para o mundo. 15Pois tanto ten estar
circuncidado como estar sen circuncidar. O que importa é a nova creación.
16A paz e maila misericordia virán sobre tódolos que se axusten a esta norma e sobre o
Israel de Deus. 17De hoxe en diante que ninguén me veña amolar, porque levo no meu
corpo as marcas de Xesús. 18Irmáns, que a gracia do noso señor Xesús Cristo vaia
convosco. Amén.
SAL. RESP. Sal 15, 1-2a e 5. 7-8. 11 ... n. 739, 3
ALELUIA cf Mt 11, 25 ... n. 741, 4
EVANXEO Mt 11, 25-30 ... n. 742, 4
Día 5 de outubro
San Froilán, bispo, patrono da diócese de Lugo
Na diócese de Lugo, solemnidade
Do común dos pastores, bispos
652
Día 6 de outubro
San Bruno, presbítero
Do común dos pastores ou dos santos (relixiosos)
PRIMEIRA Flp 3, 8-14 ... n. 740, 9
SAL. RESP. Sal 1, 1-2. 3. 4 e 6 ... n. 739, 1
ALELUIA Xn 8, 12 ... n. 741, 8
EVANXEO Lc 9, 57-62 ... n. 742, 19
653
Día 7 de outubro
Nosa Señora do Rosario
Memoria
Do común de Santa María Virxe
PRIMEIRA Feit 1, 12-14 ... n. 708, 1
SAL. RESP. Lc 1, 46-47. 48-49. 50-51. 52-53. 54-55 ... n. 709, 5
ALELUIA cf Lc 1, 28 ... n. 711, 1
EVANXEO Lc 1, 26-38 ... n. 712, 4
654
Día 9 de outubro
Santos Dionisio, bispo, e compañeiros, mártires
Do común dos mártires
PRIMEIRA 2 Cor 6, 4-10 ... n. 716, 4
SAL. RESP. Sal 125, 1-2ab. 2cd-3. 4-5. 6 ... n. 715, 4
ALELUIA Xn 8, 12 ... n. 741, 8
EVANXEO Mt 5, 13-16 ... n. 742, 2
655
O mesmo día 9 de outubro
San Xoán Leonardi, presbítero
Do común dos pastores ou dos santos (os que realizaron obras de misericordia)
PRIMEIRA 2 Cor 4, 1-2. 5-7 ... n. 722, 6
SAL. RESP. Sal 95, 1-2a. 2b-3. 7-8a. 10 ... n. 721, 5
ALELUIA Mc 1, 17 ... n. 723, 3
EVANXEO Lc 5, 1-11 ... n. 724, 7
Día 10 de outubro
San Tomás de Villanueva, bispo
Do común dos pastores (bispos)
Día 11 de outubro
Santa Soledade Torres Acosta, virxe
Do común das virxes
Día 12 de outubro
Nosa Señora do Pilar
Festa
Do común da Virxe Santa María
656
Día 14 de outubro
San Calixto I, papa e mártir
Do común dos mártires ou dos pastores (papas)
PRIMEIRA 1 Pe 5, 1-4 ... n. 722, 13
SAL. RESP. Sal 39, 2 e 4ab. 7-8a. 8b-9. 10 ... n. 721, 3
ALELUIA Xn 15, 15b ... n. 723, 7
EVANXEO Lc 22, 24-30 ... n. 724, 9
657
Día 15 de outubro
Santa Teresa de Avila, virxe e doutora da Igrexa
Memoria
Do común das virxes ou das santas (relixiosas)
PRIMEIRA Rm 8, 22-27
O Espírito en persoa intercede por nós con
xemidos máis fondos cás palabras
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS
ROMANOS
Irmáns e irmás:
22Sabemos que toda creación vén xemendo ata hoxe e coma con dores de parto. 23E
non só isto, senón que nós mesmos, que temos xa as primicias do Espírito, xememos
dentro de nós, degorando pola filiación, pola liberación do noso corpo. 24Pois é en
esperanza como estamos salvados. Ora, a esperanza do que se ve non é esperanza, pois o
que un xa ve ¿como o pode esperar? 25Pero, se esperámo-lo que non vemos,
demostramos esperar con constancia.
26Do mesmo xeito, tamén o Espírito acode a axuda-la nosa debilidade. Nós non
sabemos como debemos orar para pedi-lo que convén; pero o Espírito en persoa
intercede por nós con xemidos máis fondos cás palabras. 27E o Deus que escruta os
corazóns, coñece a intención do Espírito, pois El intercede polos crentes, conforme á
vontade de Deus.
SAL. RESP. Sal 18, 8. 9. 10. 11 ... n. 727, 1
ALELUIA Xn 15, 9b. 5b ... n. 741, 13
EVANXEO Xn 15, 1-8 ... n. 742, 24
658
Día 16 de outubro
Santa Euduvixe, relixiosa
Do común das santas (relixiosas)
PRIMEIRA Sir 26, 1-4. 16-21 (gr 1-4. 13-16) ... n. 737, 14
SAL. RESP. Sal 127, 1-2. 3. 4-5. ... 739, 8
ALELUIA Xn 8, 31b-32 ... n. 741, 9
EVANXEO Mc 3, 31-35 ... n. 742, 14
659
O mesmo día 16 de outubro
Santa Margarida María de Alacoque, virxe
Do común das virxes ou das santas (relixiosas)
PRIMEIRA Ef 3, 14-19 ... n. 740, 7
SAL. RESP. Sal 22, 1-3. 4. 5. 6 ... n. 739, 4
ALELUIA cf Mt 11, 25 ... n. 741, 4
EVANXEO Mt 11, 25-30 ... n. 742, 4
660
Día 17 de outubro
San Ignacio de Antioquía, bispo e mártir
Memoria
PRIMEIRA Flp 3, 17 - 4, 1
A nosa patria está no ceo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS
FILIPENSES
Irmáns e irmás:
Seguide todos o meu exemplo e reparade nos que camiñan conforme o modelo que tedes
de nós. 18É que moitos -dos que xa vos teño falado e agora falo a chorar- pórtanse como
inimigos da cruz de Cristo. 19Esa xente vai acabar na perdición; o Deus dela é o
bandullo; o orgullo dela está na vergonza: xente que só se interesa polas cousas terreais.
20Pero a nosa patria está no ceo, de onde nós agardamos un salvador, Xesús Cristo, o
Señor. 21El ha transfoma-lo noso pobre corpo, reproducindo en nós a gloria do seu
propio corpo con ese poder que lle permite someter incluso o mesmo universo.
4 1Polo tanto, meus irmáns tan queridos por quen sinto saudades, miña alegría e coroa,
¡seguide así firmes no Señor, queridiños!
SAL. RESP. Sal 33, 2-3, 4-5. 6-7. 8-9 ... n. 715, 2
ALELUIA Sant 1, 12 ... n. 717, 4
EVANXEO Xn 12, 24-26 ... n. 718, 5
Ou tamén: do común dos mártires ou dos pastores
661
Día 18 de outubro
San Lucas, Evanxelista
Festa
PRIMEIRA 2 Tim 4, 10-17b
Lucas está só comigo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO
APÓSTOLO A TIMOTEO
Benquerido irmán:
Dimas me plantou preferindo o mundo presente e foise para Tesalónica; Crescente para
Galacia, e Tito para Dalmacia. 11Só Lucas está comigo. Recolle a Marcos e traino
contigo, que me cómpre moito para o ministerio. 12A Tíquico mandeino a Éfeso.
13Cando veñas, tráeme o capote que deixei en Tróade onda Carpo, e mailos libros,
maiormente os pergamiños.
14Alexandro, o ourive, fíxome moito mal: o Señor halle da-lo pago do que fixo. 15¡Ti,
moito ollo tamén, porque fixo moito contra as nosas palabras!
16Na miña primeira defensa non me asistiu ninguén, todos me deixaron. ¡Que Deus
llelo perdoe! 17Pero o Señor asistiume e deume forza para que eu rematase a
predicación e tódalas nacións a escoitaran.
SAL. RESP. Sal 144, 10-11. 12-13ab. 17-18
R/ (12a) Que os teus santos, Señor, ensinen a gloria do teu reino
10Lóuvente, Señor, as túas obras,
bendígante os teus amigos.
11Pregoen a gloria do teu reino,
proclamen as túas fazañas.
12Ensinen ós homes a túa forza
e a maxestade gloriosa do teu reino.
13O teu reino é reino eterno,
o teu goberno dura por xeracións.
17O Señor é xusto nos seus camiños todos,
bo en tódolos seus feitos.
18O Señor está cerca dos que o chaman,
dos que sinceramente o invocan.
ALELUIA cf Xn 15, 16
Eu elixinvos, para que vaiades e levedes froito,
e o voso froito permaneza
EVANXEO Lc 10, 1-9
A anada évos ben boa, pero os xornaleiros son poucos
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
O Señor designou a outros setenta e dous, e mandounos de dous en dous por diante del a
tódalas vilas e aldeas onde tiña pensado ir. 2Díxolles:
-A anada évos ben boa, pero os xornaleiros son poucos; así que rogádelle ó dono da
colleita que mande xornaleiros á súa ceifa.
3Ide e sabede que vos mando coma años entre lobos. 4Non levedes saco, nin alforxa,
nin calzado, nin vos paredes a parolar con ninguén polo camiño. 5Cando entredes nunha
casa, antes de máis nada dicide: "Paz a esta casa". 6E se alí hai xente de paz, sobre ela
repousará a vosa paz; se non a hai, volverá convosco. 7Permanecede na mesma casa,
comendo e bebendo do que teñan, que o obreiro ten dereito ó seu xornal. Non andedes
dunha casa para outra. 8Cando entredes nunha vila e vos acollan, comede do que vos
poñan, 9curade os enfermos que haxa e dicídelles: "Xa chega a vós o Reino de Deus".
Día 19 de outubro
Aniversario da dedicación da Santa Igrexa Catedral de Mondoñedo
Na basílica, solemnidade
Na diócese de Mondoñedo - Ferrol, festa
Do común da dedicación dunha Igrexa (no cabodano da dedicación)
O mesmo día 19 de outubro
San Pedro de Alcántara, presbítero
Do común dos pastores ou dos santos (relixiosos)
662
O mesmo día 19 de outubro
San Xoán de Brebeuf, Isaac Xogues, presbíteros, e comnpañeiros, mártires
Do común dos mártires ou dos pastores (misioneiros)
PRIMEIRA 2 Cor 4, 7-15 ... n. 716, 3
SAL. RESP. Sal 125, 1-2ab. 2cd-3. 4-5. 6 ... n. 715, 4
ALELUIA Mt 28, 19a. 20b ... n. 723, 2
EVANXEO Mt 28, 16-20 ... n. 724, 4
663
O mesmo día 19 de outubro
San Paulo da Cruz, presbítero
Do común dos pastores, ou dos santos (relixiosos)
PRIMEIRA 1 Cor 1, 18-25 ... n. 722, 2
SAL. RESP. Sal 116, 1. 2. ... n. 721, 8
ALELUIA Mt 5, 6 ... n. 741, 2
EVANXEO Mt 16, 24-27 ... n. 742, 6
Día 22 de outubro
Santa María Salomé. nai de Santiago Apóstolo
Na diócese de Santiago, memoria
Do común das santas mulleres
664
Día 23 de outubro
San Xoán de Capestrano, presbítero
Do común dos pastores (misioneiros)
PRIMEIRA 2 Cor 5, 14-20 ... n. 722, 7
SAL. RESP. Sal 15, 1-2a e 5. 7-8. 11 ... n. 721, 1
ALELUIA Xn 8, 12 ... n. 741, 8
EVANXEO Lc 9, 57-62 ... n. 742, 19
665
Día 24 de outubro
San Antonio María Claret, bispo
Do común dos pastores (misioneiros)
PRIMEIRA Is 52, 7-10 ... n. 719, 5
SAL. RESP. Sal 95, 1-2a. 2b-3. 7-8a. 10 ... n. 721, 5
ALELUIA Mc 1, 17 ... n. 723, 3
EVANXEO Mc 1, 14-20 ... n. 724, 5
666
Día 28 de outubro
Santos Simón e Xudas, Apóstolos
Festa
PRIMEIRA Ef 2, 19-22
Edificados sobre os alicerces dos Apóstolos
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS
EFESIOS
Irmáns e irmás:
19Xa non sodes estranxeiros nin xente de fóra: sodes concidadáns dos crentes e
membros da casa de Deus, 20edificados sobre o alicerce dos apóstolos e dos profetas,
sendo a pedra esquinal Cristo Xesús. 21Sobre El toda a construcción se vai erguendo ata
formar un templo santo no Señor. 22E nesa construcción tamén entrades vós, para
formardes unha morada de Deus, no Espírito.
SAL. RESP. Sal 18, 2-3. 4-5
R/ (5a) Por toda a terra vai o seu anuncio
20s ceos proclaman a gloria de Deus,
o firmamento pregoa as obras das súas mans.
3Un dia pásalle ó outro a mensaxe,
unha noite transmítelle á outra a noticia.
4Sen que falen nin conten,
sen que se sinta a súa voz,
5por toda a terra vai o seu anuncio,
ata os confíns do mundo a súa palabra.
Ó sol púxolle alá no ceo unha tenda:
ALELUIA
A ti, Deus, louvámoste, a ti, Señor
proclamámoste;
A ti te louva, Señor, o glorioso coro dos
apóstolos
EVANXEO Lc 6, 12-19
Escolleu doce entre eles, ós que chamou apóstolos
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
12Por aqueles días Xesús foi orar ó monte, e pasou a noite orando a Deus. 13Cando se
fixo de día, chamou ós seus discípulos e escolleu doce entre eles, ós que chamou
apóstolos: 14Simón, a quen lle deu o nome de Pedro, e Andrés seu irmán, Santiago,
Xoán, Felipe, Bartolomeo, 15Mateo, Tomé, Santiago o de Alfeo, Simón chamado o
Zelota, 16Xudas o de Santiago e Xudas Iscariote, que logo sería o traidor.
17E baixando con eles, detívose nunha vagoada cun bo grupo de discípulos e numerosa
xente de toda Xudea, de Xerusalén e mais de toda a ribeira de Tiro e Sidón, 18que viñan
escoitalo e a que os curase das súas doenzas. Os atormentados por espíritos inmundos
quedaban curados; 19e toda a xente intentaba tocalo, pois del saía unha forza que curaba
a todos.
[ESTAS LECTURAS DINSE NAS MISAS VOTIVAS DOS APÓSTOLOS OU
DUN APÓSTOLO]