SETEMBRO
Día 1 de setembro
San Xil de Casaio, monxe e ermitán
Nas parroquias galegas da diócese de Astorga, memoria
Do común dos santos (relixiosos)
635
Día 3 de setembro
San Gregorio Magno, papa e doutor da Igrexa
Memoria
Do común dos pastores (papas) ou dos doutores da Igrexa
PRIMEIRA 2 Cor 4, 1-2. 5-7 ... n. 722, 6
SAL. RESP. Sal 95, 1-2a. 2b-3. 7-8a. 10 ... n. 721, 5
ALELUIA Xn 15, 15b ... n. 723, 7
EVANXEO Lc 22, 24-30 ... n. 724, 9
636
Día 8 de setembro
Natividade da Virxe Santa María
Festa
PRIMEIRA Miq 5, 1-4a
Tempo no que parirá a parturiente
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE MIQUEAS
5 1E ti, Belén de Efratah, tan pequeniña entre as familias de Xudá, de ti vai saír un que
será o soberano de Israel; a súa orixe é desde antigo, desde os días do comezo.
2El seranos conservado para sempre, mentres haxa muller que dea a luz; o resto dos
seus irmáns volverá, e serán devoltos os fillos de Israel.
3Manterase firme e pastorearán co poder do Señor, coa gloria do nome do Señor, o seu
Deus,
e cando se instalen ata o mesmo cabo da terra, estenderá a súa grandeza:
4 "o da Paz" será o seu nome.
Ou: Rm 8, 28-30
Ós que Deus coñeceu de antemán, predestinounos
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS
ROMANOS
Irmáns e irmás:
28Sabemos que todo colabora para o ben dos que aman a Deus, dos que foron
escolleitos segundo os seus designios. 29Pois El distinguiunos primeiro e
predestinounos a reproducírmo-la imaxe do seu Fillo, de tal maneira que El sexa o
primoxénito entre moitos irmáns. 30E a eses que predestinou, tamén os chamou; e a
eses que chamou, tamén os xustificou; e a eses que xustificou, tamén lles deu a súa
gloria.
SAL. RESP. Sal 12, 6ab. 6cd
R/ (Is 61, 10) Alegrareime sobremaneira no Señor
6Eu confío no teu amor,
o meu corazón relouca coa túa axuda.
Cantareille ó Señor
polo ben que me fixo.
ALELUIA
Ditosa ti, Santa Virxe María e dignísima de toda louvanza
porque de tí naceu o sol de xustiza, Cristo noso Deus
EVANXEO Mt 1, 1-16. 18-23 (máis longo) ou 18-23 (máis breve)
O que nela naceu, é do Espírito Santo
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Xenealoxía de Xesús Cristo, fillo de David, fillo de Abraham. 2Abraham enxendrou a
Isaac. Isaac enxendrou a Xacob. Xacob enxendrou a Xudá e mais ós seus irmáns.
3Xudá, de Tamar, enxendrou a Peres e mais a Zarán. Peres enxendrou a Esrón. Esrón
enxendrou a Arán. 4Arán enxendrou a Aminadab. Aminadab enxendrou a Naasón.
Naasón enxendrou a Salmón. 5Salmón, de Rahab, enxendrou a Booz. Booz, de Rut,
enxendrou a Obed. Obed enxendrou a Iexé. 6Iexé enxendrou ó rei David.
David, da que foi muller de Urías, enxendrou a Salomón. 7Salomón enxendrou a
Roboam. Roboam enxendrou a Abías. Abías enxendrou a Asá. 8Asá enxendrou a
Ioxafat. Ioxafat enxendrou a Ioram. Ioram enxendrou a Ozías. 9Ozías enxendrou a
Ioatán. Ioatán enxendrou a Acaz. Acaz enxendrou a Ezequías. 10Ezequías enxendrou a
Menaxés. Menaxés enxendrou a Amón. Amón enxendrou a Ioxías. 11Ioxías enxendrou
a Ieconías e mais ós seus irmáns, en tempos da deportación a Babilonia.
12Despois da deportación a Babilonia, Ieconías enxendrou a Xealtiel. Xealtiel
enxendrou a Zerubabel. 13Zerubabel enxendrou a Abiud. Abiud enxendrou a Eliaquim.
Eliaquim enxendrou a Asor. 14Asor enxendrou a Sadoc. Sadoc enxendrou a Aquim.
Aquim enxendrou a Eliud. 15Eliud enxendrou a Elazar. Elazar enxendrou a Matán.
Matán enxendrou a Xacob. 16Xacob enxendrou a Xosé, esposo de María, da que naceu
Xesús, chamado Cristo.
18O nacemento de Xesús Cristo foi así: María, a súa nai, estaba prometida a Xosé; e
antes de viviren xuntos apareceu ela embarazada por obra do Espírito Santo. 19Xosé, o
seu prometido, home xusto, non a querendo aldraxar, decidiu repudiala secretamente.
20Tal era a súa resolución, cando o anxo do Señor se lle apareceu en soños, dicíndolle:
-Xosé, fillo de David, non repares en levar contigo a María, a túa prometida; que o que
nela se concebiu é obra do Espírito Santo. 21Dará a luz un fillo, e ti poñeraslle de nome
Xesús, porque salvará ó seu pobo de tódolos seus pecados.
22Todo isto aconteceu para que se cumprise o que dixera o Señor por boca do profeta:
23"Mirade: a virxe concebirá e dará a luz un fillo,
e poñeranlle de nome Emmanuel"
(que quere dicir "Deus connosco").
Día 9 de setembro
Nosa Señora dos Remedios, copatrona da diócese de Mondoñedo-Ferrol
Na diócese de Mondoñedo-Ferrol, festa
Da festa da Natividade da Virxe Santa María
Día 10 de setembro
San Pedro de Mezonzo, bispo
Memoria
Do común dos pastores (bispos)
637
Día 13 de setembro
San Xoán Crisóstomo, bispo e doutor da Igrexa
Do común dos pastores ou dos doutores da Igrexa
PRIMEIRA Ef 4, 1-7. 11-13 ... n. 722, 8
SAL. RESP. Sal 39, 2 e 4ab. 7-8a. 8b-9. 10 ... n. 721, 3
ALELUIA n. 729, 8
EVANXEO Mc 4, 1-10. 13-20 (máis longo) ou 1-9 (máis breve) ... n. 730, 5
638
Día 14 de setembro
Exaltación da Santa Cruz
Festa
PRIMEIRA Núm 21, 4b-9
Os mordidos sanaban cando a miraban
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS NÚMEROS
O pobo comezou a esmorecer polo camiño. 5E murmuraba o pobo contra Deus e contra
Moisés: -¿Por que nos fixestes saír de Exipto para morrermos no deserto, pois falta o
pan, non hai auga, e a nosa alma sente noxo deste alimento tan miserable? 6O Señor
enviou contra o pobo serpes velenosas, que o morderon, e morreu moita xente de Israel.
7O pobo foi onda Moisés e dixéronlle: -¡Pecamos por falarmos contra o Señor e contra
ti; rógalle ó Señor, para que afaste de nós as serpentes! Moisés rezou polo pobo, 8e o
Señor díxolle a Moisés: -"Fai unha serpente velenosa, e pona no alto dun mastro: cada
un dos mordidos que a mire, vivirá". 9Moisés fixo unha serpente de bronce e púxoa na
punta dun pau ben alto; e cada un que fora mordido pola serpente, se miraba para a
serpente de bronce, quedaba san.
SAL. RESP. Sal 77, 1-2. 34-35. 36-37. 38
R/ (cf 7c) Non esquezáde-las obras do Señor
Escoita, meu pobo, a miña instruccion
atende as miñas palabras.
2Vouche falar en parábolas,
exporche vellas adiviñas.
34Cando os castigaba, eles buscábano,
voltábanse e corrían cara a Deus,
35lembrando que Deus era a súa rocha,
o Deus Altísimo o seu redentor.
36Coa boca tratábano de enganar;
coa lingua, de lle mentir.
37Mais o seu corazón non era firme,
non eran fieis á súa alianza.
38Por piedade perdoaba El as súas culpas
e non os destruía.
Moitas veces contivo a súa ira,
non deixou acende-lo seu noxo,
SEGUNDA Flp 2, 6-11
Humillouse a sí mesmo; por iso Deus exaltouno
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS
FILIPENSES
Xesús Cristo, con ser de condición divina,
non se agarrou cobizosamente á súa categoría de Deus;
7senón que se espiu do seu rango,
asumiu a condición de escravo;
fíxose un home normal e presentouse como tal
8abaixouse a si mesmo, facéndose obediente ata á morte, ¡e a morte na cruz!
9Por iso tamén Deus o exaltou sobre todo
e lle concedeu un título que está por riba de calquera título
10para que ante o título de Xesús se dobre todo xeonllo
no ceo, na terra e mais no abismo,
11e para que toda lingua proclame
para gloria de Deus Pai
que Xesús Cristo é o Señor.
ALELUIA
Adorámoste, Cristo e bendicímoste:
porque, pola túa cruz, redimíche-lo mundo
EVANXEO Xn 3, 13-17
É necesario que sea exaltado o Fillo do Home
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Dille Xesús a Nicodemo:
ninguén subiu ó ceo, fóra do que baixou do ceo, o Fillo do Home.
14Como Moisés alzou a serpente no deserto, así debe ser alzado o Fillo de Home,
15para que todo o que cre nel, teña vida eterna. 16Pois de tal xeito amou Deus ó mundo,
que lle deu o seu Fillo Unixénito, para que todo o que cre nel non se perda, senón que
teña vida eterna.
17Non mandou Deus o Fillo ó mundo para que xulgue o mundo, senón para que por el
se salve o mundo.
639
Día 15 de setembro
Santa María, Virxe das Dores
Memoria
O Evanxeo desta memoria é propio
PRIMEIRA Heb 5, 7-9
Aprendeu a obediencia e veu ser autor de salvación eterna
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS
Cristo nos días da súa vida mortal, a fortes gritos e con bágoas, presentou oracións e
súplicas a quen o podía salvar da morte e Deus escoitouno por mor da súa sumisión.
8Aínda que era Fillo, aprendeu sufrindo o que é obedecer; 9e, consumada deste xeito a
súa consagración sacerdotal, converteuse en causa de salvación eterna, para tódolos que
lle obedecen
SAL. RESP. Sal 30, 2-3a. 3bc-4. 5-6. 15-16. 20
R/ (17b) Sálvame, Señor, pola túa misericordia
2A ti, Señor, eu acóllome:
que endexamais non me vexa defraudado.
3Pon o oido cara a min,
dáte présa en socorrerme.
Se a rocha do meu refuxio,
o castelo forte onde me salve.
4Xa que ti e-la miña rocha e o meu castelo,
por mor do teu nome, diríxeme e guíame.
5Tírame da rede que me tenden,
pois ti e-lo meu refuxio.
6Nas túas mans encomendo a miña vida,
e ti librarasme, Señor, Deus fiel.
15Mais eu teño confianza en ti, Señor,
e digo:--"Ti e-lo meu Deus.
16Nas túas mans está o meu porvir:
líbrame do poder dos inimigos e dos meus perseguidores.
20¡Que grande é o ben
que reservas para aqueles que te temen,
o que lles fas ós que a ti se acollen,
á vista de tódalas xentes!
[Ad libitum, secuencia "Stabat Mater"]
ALELUIA
Ditosa é a Virxe María,
que, sin morte, mereceu a palma do martirio
o pé da cruz do señor
EVANXEO Xn 19, 25-27
A piadosa nai entristecíase e doíase
ó ve-las penas do seu ínclito Fillo (Stabat
Mater)
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
25O pe da cruz de Xesús estaban súa nai e a irmá de súa nai, María a de Cleofás, e mais
María a Magdalena. 26Xesús, vendo a súa nai e, onda ela, o discípulo a quen amaba,
díxolle á nai:
-Muller, velaí o teu fillo.
27Despois díxolle ó discípulo:
-Velaí a túa nai.
Desde aquela hora o discípulo acolleuna con el.
Ou: Lc 2, 33-35
Unha espada hache atravesa-la alma
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
33O pai e maila nai de Xesús ficaron abraiados polo que tal dicía do neno.
34Bendiciunos Simeón e díxolle a María, a nai:
-Mira, este está disposto para caída ou soerguemento de moitos en Israel, para ser
bandeira de discusión; 35e a ti mesma unha espada hache atravesa-la alma: así ficarán
descubertas as cavilacións de moitos corazóns.
640
Día 16 de setembro
Santos Cornelio, papa, e Cibrán, bispo, mártires
Memoria
Do común dos mártires ou dos pastores
PRIMEIRA 2 Cor 4, 7-15 ... n. 716, 3
SAL. RESP. Sal 125, 1-2ab. 2cd-3. 4-5. 6 ... n. 715, 4
ALELUIA 2 Cor 1, 3b-4a ... n. 717, 3
EVANXEO Xn 17, 11b-19 ... n. 718, 7
641
Día 17 de setembro
San Roberto Belarmino, bispo e doutor da Igrexa
Do común dos pastores ou dos doutores da Igrexa
PRIMEIRA Sab 7, 7-10. 15-16 .. n. 725, 2
SAL. RESP. Sal 18, 8. 9. 10. 11 ... n. 727, 1
ALELUIA Xn 6, 63c. 68c ... n. 729, 3
EVANXEO Mt 7, 21-29 ... n. 730, 2
642
Día 19 de setembro
San Xenaro, bispo e mártir
Do común dos mártires ou dos pastores
PRIMEIRA Heb 10, 32-36 ... n. 716, 6
SAL. RESP. Sal 125, 1-2ab. 2cd-3. 4-5. 6 ... n. 715, 4
ALELUIA Sant 1, 12 ... n. 717, 4
EVANXEO Xn 12, 24-26 ... n. 718, 5
Día 20 de setembro
Santos Andrés Kim Taegon, presbítero,
Paulo Chong Hasang e compañeiros, mártires
Memoria
Do común dos mártires
643
Día 21 de setembro
SAN MATEO, APÓSTOLO E EVANXELISTA
Festa
PRIMEIRA Ef 4, 1-7. 11-13
Fixo a algúns apóstolos, a outros evanxelistas
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS
EFESIOS
Irmáns e irmás:
Eu, preso polo Señor, pídovos que camiñedes segundo a dignidade da chamada que
recibistes, 2con total humildade, sinxeleza e paciencia, aturándovos uns a outros con
amor, 3esforzándovos por mante--la unidade do espírito no vínculo da paz. 4Hai un só
corpo e un só Espírito, do mesmo xeito que se vos chamou a unha única esperanza na
vosa vocación. 5Hai un só Señor, unha soa fe, un só bautismo, 6e un só Deus e Pai de
todos, que está sobre todos, por todos e en todos.
7A cada un de nós déuseno-la gracia segundo a medida do don de Cristo.
11E a uns fíxonos apóstolos; a outros, profetas; a outros, mensaxeiros do Evanxeo; e a
outros, pastores e mestres, 12para fornecer cristiáns cara á tarefa do ministerio, para a
edificación co corpo de Cristo, 13ata que todos académo-la unidade na fe e no
coñecemento do Fillo de Deus, a madurez do home perfecto, o desenvolvemento propio
da plenitude de Cristo.
SAL. RESP. Sal 18, 2-3 . 4-5
R/ (5a) O seu anuncio extendeuse a toda a terra
20s ceos proclaman a gloria de Deus,
o firmamento pregoa as obras das súas mans.
3Un dia pásalle ó outro a mensaxe,
unha noite transmítelle á outra a noticia.
4Sen que falen nin conten,
sen que se sinta a súa voz,
5por toda a terra vai o seu anuncio,
ata os confíns do mundo a súa palabra.
ALELUIA
A ti, Deus, lovámoste; a ti, Señor, te
proclamamos.
A ti, Señor, lóvate o glorioso coro dos
apóstolos
EVANXEO Mt 9, 9-13
Sígueme. E erguéndose, seguiuno
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
9O pasar Xesús, viu un home sentado ó mostrador da contribución, chamado Mateo, e
díxolle:
-Sígueme.
El ergueuse e seguiuno.
10E resulta que, estando á mesa na casa, viñeron moitos recadadores e pecadores, e
puxéronse tamén á mesa con Xesús e mailos seus discípulos. 11Cando tal viron os
fariseos, dixéronlle ós discípulos del:
-¿Como é que o voso Mestre está a comer con recadadores e pecadores?
12El oíunos e dixo:
-Non son os sans senón os enfermos os que precisan de médico. 13Ide, pois, aprende-lo
que significa aquilo de "Misericordia quero e non sacrificios". Porque non vin chamar
polos xustos, senón polos pecadores.
644
Día 26 de setembro
Santos Cosme e Damián, mártires
Do común dos mártires
PRIMEIRA Sab 3, 1-9 ... n. 713, 5
SAL. RESP. Sal 125, 1-2ab. 2cd-3. 4-5. 6 ... n. 715, 4
ALELUIA Sant 1, 12 ... n. 717, 4
EVANXEO Mt 10, 28-33 ... n. 718, 2
645
Día 27 de setembro
San Vicenzo de Paúl, presbítero
Memoria
Do común dos pastores (misioneiros)
ou dos santos (os que realizaron obras de misericordia)
PRIMEIRA 1 Cor 1, 26-31 ... n. 740, 2
SAL. RESP. Sal 111, 1-2. 3-4. 5-7a. 7b-8. 9 n. 739, 7
ALELUIA Xn 10, 14 ... n. 723, 5
EVANXEO Mt 9, 35-38 ... n. 724, 1
646
Día 28 de setembro
San Wenceslao, mártir
Do común dos mártires
PRIMEIRA 1 Pe 3, 14-17 ... n. 716, 8
SAL. RESP. Sal 125, 1.2ab. 2cd-3. 4-5. 6 ... n 715, 4
ALELUIA Mt 5, 10 ... n. 717, 1
EVANXEO Mt 10, 34-39 ... n. 718, 3
647
Día 29 de setembro
Santos Miguel, Gabriel e Rafael, arcanxos
PRIMEIRA Dn 7, 9-10. 13-14
Milleiros de milleiros o servían
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE DANIEL
9Eu estaba fitando, cando se colocaron uns tronos e un ancián tomou asento. O seu
vestido era branco coma a neve, e os cabelos da súa cabeza coma pura lá; o seu trono
eran labaradas de lume; as súas rodas, lume ardente. 10Un río de lume corría e
derramábase por diante del; miles de milleiros servíano, e dez mil miríadas estaban de
pé diante del. O tribunal abriu a sesión, e abríronse os libros.
13Proseguín ollando as visións nocturnas, e, velaquí, sobre as nubes do ceo viña alguén
semellante a un fillo de home, que se dirixiu cara ó ancián e presentouse diante del.
14Foille outorgado poder, maxestade e imperio, e servírono tódolos pobos, nacións e
linguas. O seu poder é un poder eterno, que non pasará nunca, e o seu reino endexamais
non será destruído.
Ou: Ap 12, 7-12a
Miguel e os seus anxos loitaban contra o dragón
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE
Produciuse unha guerra no ceo; Miguel e os seus anxos combateron contra o dragón. O
dragón combatía cos seus anxos, 8pero non lles puido; e para eles xa non houbo lugar
no ceo. 9Deus botou do ceo ó gran dragón, serpe antiga, chamado Satán e Satanás, o que
fai descarriar a tódolos homes: botouno á terra; e ós seus anxos con el.
10E oín un gran berro no ceo, que dicía:
''Arestora chegou a victoria, o poder,
e o reino do noso Deus,
así como a soberanía do seu Mesías.
Porque expulsaron ó acusador dos nosos irmáns,
o que os acusa diante do noso Deus,
día e noite.
11Pero eles vencérono gracias ó sangue do Año,
e pola forza do testemuño que deron,
e porque quixeron máis morrer que vivir neste mundo.
12Por iso ¡alegrádevos, ceos,
e os que vivides neles!
¡Pobre terra e pobre mar!
Porque baixou Satán onda vós.
Baixou adoecido
porque sabe que ten pouco tempo''.
SAL. RESP. Sal 137, 1-2a. 2bc-3. 4-5
R/ (1c) Cántoche, Señor, diante dos anxos
Douche as gracias, Señor, de todo corazón,
cántoche diante dos anxos
2póstrome cara ó teu templo
e bendigo o teu nome,
polo teu amor e a túa fidelidade.
Mesmo máis grande cá túa sona
fixéche-la túa promesa.
3Cando te chamo, ti respóndesme
e acrecénta-las miñas forzas.
4Daranche as gracias, Señor,
tódolos reis da terra
cando oían os ditos da túa boca.
5Cantarán os camiños do Señor,
pois grande é a gloria do Señor.
ALELUIA Sal 102, 21
Bendicide ó Señor os seus exércitos;
servidores que facéde-la súa vontade
EVANXEO Xn 1, 47-51
Veréde-los anxos de Deus subir e baixar sobre o Fillo do Home
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Xesús viu a Natanael, que viña cara a el e dixo del:
-Aí tedes un verdadeiro israelita, en quen non hai dobrez.
48Preguntoulle Natanael:
-¿E de que me coñeces?
Contestoulle Xesús:
-Antes de que Felipe chamase por ti, xa eu te vira, cando estabas debaixo da figueira.
49Respondeulle Natanael:
-Rabbí, ti e-lo fillo de Deus, ti e-lo rei de Israel.
50Díxolle entón Xesús:
-¿Porque che dixen que te vin debaixo da figueira, xa cres? Pois cousas máis grandes
has ver.
51E concluíu:
-Con toda verdade volo aseguro: habedes ve-lo ceo aberto, e os anxos de Deus subindo
e baixando onda o Fillo do Home.
648
Día 30 de setembro
San Xerónimo, presbítero e doutor da Igrexa
Memoria
Do común dos doutores da Igrexa ou dos pastores
PRIMEIRA 2 Tim 3, 14-17
Toda Escritura e inspirada divinamente e util para ensinar
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO
APÓSTOLO A TIMOTEO
Benquerido irmán:
Mantente no que aprendiches e no que criches, e que non che esqueza quen cho
aprendeu. 15Porque xa desde neno coñéce-las letras santas, que son podentes para che
facer sabe-lo camiño da salvación pola fe de Cristo Xesús.
16Toda a Escritura está inspirada por Deus e é útil para ensinar, para corrixir, para
enmendar, para educar na xustiza. 17Dese xeito, o home de Deus tórnase perfecto e
competente para toda obra boa.
SAL. RESP. Sal 118, 9. 10. 11. 12. 13. 14 ... n. 727, 3
ALELUIA cf Feit 16, 14b ... n. 729, 5
EVANXEO Mt 13, 47-52 ... n. 730, 3