X U Ñ O
574.-
Día 1 de xuño
San Xustino, mártir
Memoria
Do común dos mártires
PRIMEIRA 1 Cor 1, 18-25 ... n. 722, 2
SAL. RESP. Sal 33, 2-3. 4-5. 6-7. 8-9 ... n. 715, 2
ALELUIA Mt 5, 16 ... n. 729, 1
EVANXEO Mt 5, 13-19 ... n. 730, 1
575
Día 2 de xuño
Santos Marcelino e Pedro, mártires
Do común dos mártires
PRIMEIRA 2 Cor 6, 4-10 ... n. 716, 4
SAL. RESP. Sal 123, 2-3.4-5. 7b-8 ... n. 715, 3
ALELUIA 2 Cor 1, 3b-4a ... 717, 3
EVANXEO Xn 17, 11b-19 ... n. 718, 7
576
Día 3 de xuño
Santos Carlos Lwanga e compañeiros, mártires
Memoria
Do común dos mártires
PRIMEIRA 2 Mac 7, 1-2.9-14 ... n. 713, 3
SAL. RESP. Sal 123, 2-3. 4-5.7b-8 ... n. 715, 3
ALELUIA Mt 5, 3 ... n. 741, 1
EVANXEO Mt 5, 1-12a ... n. 742, 1
577
Día 5 de xuño
San Bonifacio, bispo e mártir
Memoria
Do común dos mártires ou dos pastores (misioneiros)
PRIMEIRA Feit 26, 19-23 ... n. 720, 3
SAL. RESP. Sal 116, 1. 2 ... n. 721, 8
ALELUIA Xn 10, 14 ... n. 723, 5
EVANXEO Xn 10, 11-16 ... n. 724, 10
578
Día 6 de xuño
San Norberto, bispo
Do común dos pastores ou dos santos (relixiosos)
PRIMEIRA Ez 34, 11-16 ... n. 719, 9
SAL. RESP. Sal 22, 1-3. 4. 5. 6 ... n. 721, 2
ALELUIA Mt 5, 3 ... n. 741, 1
EVANXEO Lc 14, 25-33 ... n. 742, 23
579
Día 9 de xuño
San Efrén, diácono e doutor da Igrexa
Do común dos doutores da Igrexa
PRIMEIRA Col 3, 12-17 ... n. 740, 11
SAL. RESP. Sal 36, 3-4.5-6. 30-31 ... n. 727, 2
ALELUIA Xn 15, 5 ... n. 729, 4
EVANXEO Lc 6, 43-45 ... n. 730, 6
580
Día 11 de xuño
San Bernabé, apóstolo
Memoria
A primeira proclamación desta memoria é propia
PRIMEIRA Feit 11, 21b-26; 13, 1-3
Era un varón xusto, cheo do Espírito Santo e
de fe
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Moitos creron e convertéronse ó Señor.
22Chegaran estas novas ós oídos da Igrexa de Xerusalén, e mandaron a Antioquía a
Bernabé. 23Cando chegou e viu a gracia de Deus, encheuse de alegría e animaba a todos
a se conservaren unidos ó Señor co corazón firme, 24pois era un home bo, cheo de
Espírito Santo e de fe. E foi moita a xente que se uniu ó Señor.
25Daquela, Bernabé foi a Tarso en busca de Saulo 26e, cando o atopou, levouno para
Antioquía. Durante un ano enteiro estiveron xuntos naquela Igrexa, adoutrinando a
moita xente. Foi en Antioquía onde por primeira vez ós discípulos lles chamaron ''cris-
tiáns''.
13 1Había na Igrexa de Antioquía profetas e mestres: Bernabé, Simeón chamado Níxer,
Lucio de Cirene, Menahén -compañeiro de infancia do tetrarca Herodes-, e Saulo.
2Estando nunha reunión litúrxica con xexún, dixo o Espírito Santo:
-Apartade a Bernabé e Saulo para a obra á que os teño chamados.
3Entón, logo de xexuaren e oraren, impuxéronlle-las mans e despedíronos.
SAL. RESP. Sal 97, 1. 2-3ab. 3c-4 5-6
R/ (2b) O Señor revela a súa xustiza ante os pobos
Cantádelle ó Señor un cántico novo,
pois fixo marabillas,
a súa dereita e o seu brazo
déronlle a victoria.
20 Señor dá a coñece-la súa salvación,
revela a súa xustiza ante os pobos.
3Lembra o seu amor e a súa fidelidade
coa casa de Israel.
Os pobos todos verán
a salvación do noso Deus.
4Aclama ó Señor, terra enteira,
rompede a cantar e a tocar.
5Tocade para o Señor a cítara,
a cítara e o salterio
6con claríns e con trompetas
aclamade ó Señor, noso rei.
ALELUIA Mt 28, 19a. 20b
Ide, ensinade a tódalas xentes, di o Señor;
eu estou convosco tódolos días ata a fin do
mundo
EVANXEO Mt 10, 7-13
Gratis recibistes, dade gratis
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Dilles Xesús ós seus discípulos:
7 mentres camiñades proclamade que xa chega o Reino dos Ceos. 8Curade enfermos,
resucitade mortos, limpade gafos, botade os demos fóra. E xa que de balde recibistes,
dade de balde tamén. 9Non levedes nin ouro, nin prata, nin cobre nas vosas faixas;
10nin alforxa para o camiño, nin dúas túnicas, nin sandalias, nin caxato; porque o
traballador ben merece a súa mantenza. 11En calquera vila ou aldea que entredes,
informádevos se hai alguén de confianza e permanecede alí ata que marchedes.
12O entrar na casa, saudade. 13Se a casa é digna, veña a ela a vosa paz; pero se non é
digna, que a vosa paz volva convosco.
581
Día 13 de xuño
San Antonio de Padua, presbítero e doutor da Igrexa
Memoria
Do común dos pastores, ou dos doutores da Igrexa, ou dos santos (relixiosos)
PRIMEIRA Is 61, 1-3a ... n. 719, 6
SAL. RESP. Sal 88, 2-3. 4-5. 21-22. 25 e 27 ... n. 721, 4
ALELUIA Lc 4, 18 ... n. 723, 4
EVANXEO Lc 10, 1-9 ... n. 724, 8
Día 15 de xuño
Santa María Micaela do Santísimo Sacramento, virxe
Do común das virxes, ou das santas
582
Día 19 de xuño
San Romualdo, abade
Do común dos santos (relixiosos)
PRIMEIRA Flp 3, 8-14 ... n. 740, 9
SAL RESP. Sal 130, 1. 2. 3 ... n. 739, 9
ALELUIA Mt 5, 3 ... n. 741, 1
EVANXEO Lc 14, 25-33 ... n. 742, 23
583
Día 21 de xuño
San Luis Gonzaga, relixioso
Memoria
Do común dos santos (relixiosos)
PRIMEIRA 1 Xn 5, 1-5 ... n. 740, 18
SAL. RESP. Sal 15, 1-2a e 5. 7-8. 11 ... n. 739, 3
ALELUIA Xn 13, 34 ... n. 741, 10
EVANXEO Mt 22, 34-40 ... n. 742, 10
584
Día 22 de xuño
San Paulino de Nola, bispo
Do común dos pastores
PRIMEIRA 2 Cor 8, 9-15
Por vós fíxose pobre, sendo rico, para que
coa súa pobreza vós fosedes ricos
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO
APÓSTOLO ÓS CORINTIOS
Irmáns e irmás:
9Ben sabéde-lo xeneroso que é o noso Señor Xesús Cristo: sendo rico, fíxose pobre por
vós, para que vós vos fixesedes ricos coa súa pobreza.
10Nisto douvos un consello, pois convenvos: dado que o ano pasado tomáste-la
iniciativa -non só na execución, senón incluso na mesma decisión-, 11levade a termo
agora a execución da iniciativa, de modo que, á prontitude da decisión lle corresponda a
prontitude na realización, conforme ás vosas posibilidades; 12pois se precede a boa
disposición, acéptase con gusto o que se ten, non o que non se ten. 13Non se trata de
que vós pasedes apretos por aliviardes a outros, senón de que exista igualdade. 14Neste
momento a vosa abundancia pode remedia-la carencia deles, para que a abundancia
deles poida vir en auxilio da vosa carencia. Así haberá igualdade, 15de acordo co que
está escrito: ''A quen recollía moito, non lle sobraba; e a quen recollía pouco, non lle
faltaba''.
SAL. RESP. Sal 39, 2 e 4ab. 7-8a. 8b-9. 10 ... n. 721,3
ALELUIA Mt 5,3 ... n. 741, 1
EVANXEO Lc 12, 32-34 ... n. 742, 21
585
Santos Xoán Fisher, bispo, e Tomás More, mártires
Do común dos mártires
PRIMEIRA 1 Pe 4, 12-19 ... n. 716, 9
SAL. RESP. Sal 125, 1-2ab. ecd-3. 4-5. 6 ... n. 715, 4
ALELUIA Mt 5, 10 ... n. 717, 1
EVANXEO Mt 10, 34-39 ... n. 718, 3
Día 23 de xuño
Aniversario da dedicación da Santa Igrexa Catedral de Ourense
Na basílica, solemnidade
Na diócese de Ourense, festa
Do común da dedicación dunha igrexa, no cabodano da dedicación
586
Día 24 de xuño
Nacemento de San Xoán Bautista
Solemnidade
Misa na vixilia
PRIMEIRA Xer 1, 4-10
Antes de que te formara no ventre, xa te
coñecín
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE XEREMÍAS
Nos días de Iosías,4a palabra do Señor veume dicir:
5Antes de que te sacara do seo da túa nai, mireite;
antes de lle saíres das entrañas, consagreite;
constituínte profeta para as nacións.
6Entón eu díxenlle:
-¡Ai, meu Señor, Deus!
Repara en que non sei falar,
que son un rapaz.
7Logo o Señor respondeume:
-Non digas: "son un rapaz",
pois a onde eu te mande, irás;
o que eu che ordene, dirás.
8Non lles teñas medo,
Eu estou contigo para te salvar -é o Señor quen fala-.
9Alongou o Señor a súa man e tocou con ela na miña boca; logo díxome:
-Fíxate: poño a miña palabra na túa boca,
10mira que hoxe te fago inspector
sobre as nacións e sobre os reinos,
para arrincar e derrubar,
para destruír e arruinar,
para construír e plantar.
SAL. RESP. Sal 70, 1-2. 3-4a. 5-6ab. 15ab e 17
R/ (6b) Desde o seo materno ti e-lo meu amparo
1En ti, Señor, acóllome
que endexamais non me vexa confundido.
2Pola túa xustiza, líbrame, deféndeme,
inclina o teu oído e sálvame.
3Se ti a rocha do meu refuxio
sempre disposta para salvarme:
Ti que e-la miña forte cidadela.
4Rescátame, meu Deus, do poder dos malvados,
do puño do criminal e do opresor.
5Ti es, Señor, a miña esperanza,
a miña confianza, Señor, desde a mocidade.
6Desde o nacemento apóiome en ti,
desde o seo materno ti e-lo meu amparo,
15A miña boca pregoa a túa xustiza,
a túa salvación, o día enteiro
17Desde a mocidade ensínasme ti, Deus,
e aínda hoxe eu canto os teus prodixios
SEGUNDA 1 Pe 1, 8-12
Os profetas meditaron e pescudaron sobre a
nosa salvación
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PEDRO
APÓSTOLO
Benqueridos irmáns e irmás:
Amades a Xesús Cristo sen o terdes visto; en quen credes, aínda sen o ver; e brincades,
cheos dunha alegría indicible e gloriosa, 9porque conseguíste-lo froito da vosa fe, a vosa
salvación persoal.
10Sobre esta salvación meditaron e pescudaron algúns profetas, que profetizaron acerca
da gracia que se vos concedeu. 11Pescudaron eles a data e as circunstancias ás que o
Espírito de Cristo, presente neles, se quería referir, cando lles predicía os sufrimentos
reservados a Cristo e as glorias que virían despois. 12Revelóuselles que non eran
ministros destes misterios proféticos para proveito deles senón para o voso; misterios
proféticos, que nesta era vos anunciaron os que vos evanxelizaron movidos polo
Espírito Santo mandado desde o ceo; cousa esta que os mesmos anxos desexan
achegarse a ollar.
ALELUIA Cf Xn 1, 7; Lc 1, 17
Este veu, para dar testemuño da luz;
a fin de preparar para o Señor un pobo
perfecto
EVANXEO Lc 1, 5-17
Darache a luz un fillo, e chamaraslle Xoán
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
5Houbo no tempo de Herodes, rei de Xudea, un sacerdote chamado Zacarías do grupo
de Abías, casado cunha muller descendente de Aharón, chamada Isabel. 6Ambos eran
xustos ante Deus, pois gardaban sen fallas os seus mandamentos e preceptos.
7Non tiñan fillos, por ser Isabel estéril e estaren os dous moi entrados en anos. 8E
resulta que, estando el exercendo o sacerdocio diante de Deus, segundo a quenda do seu
grupo, 9entrou no Santuario do Señor, conforme o ritual, para ofrece-lo incenso,
10mentres a xente facía oración fóra. 11Nisto á dereita do altar do incenso, de pé,
aparecéuselle un anxo do Señor. 12Zacarías, ó velo, turbouse todo, cheo de temor.
13Mais o anxo díxolle:
-Acouga, Zacarías, que se escoitou a túa petición, e Isabel, a túa muller, vaiche dar un
fillo, e vaslle chamar Xoán.
14Será para ti gozo e alegría, e moitos se alegrarán co seu nacemento. 15Será grande
ante o Señor e non beberá nin viño nin licor. Desde o mesmo ventre da súa nai estará
cheo do Espírito Santo. 16Converterá a moitos fillos de Israel ó Señor, o seu Deus.
17Camiñará diante del co espírito e poder de Elías, para reconciliar pais con fillos,
ensinarlles ós rebeldes o proceder dos xustos e preparar así un pobo ben disposto para o
Señor.
587
Misa do día
PRIMEIRA Is 49, 1-6
Fareite luz das xentes
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS
49 1Escoitádeme, pobos da costa, facédeme caso nacións afastadas.
O Señor chamoume desde o seo, desde as entrañas da miña nai repetiu o meu nome.
2Puxo na miña boca coma unha espada afiada, escondeume na sombra da súa man,
converteume en frecha escolleita, gardoume na súa alxaba,
3e díxome: "Ti e-lo meu servo, Israel, de ti virame a sona".
4Pero eu dicía: "Cansei en balde, consumín a miña forza para nada,
pero a miña sentencia está onda o Señor, e a miña recompensa onda o meu Deus.
5cSerei glorificado coa presencia do Señor, e o meu Deus será a miña forza.
5"Pois agora -fala o Señor que desde o seo da nai me formou para se-lo seu servo,
para facer voltar onda El a Xacob e para que Israel se xunte con El-,
6é moi fácil para ti se-lo meu servo,
restablecendo as tribos de Xacob e facendo voltar ós protexidos de Israel,
pois convértote en luz das nacións,
e sera-la miña salvación ata o confín da terra".
SAL. RESP. 138, 1-3. 13-14ab. 14c-15
R/ (14a) Lóuvote, Señor, polo prodixio que hai en min
Señor, ti escúlcasme a fondo e coñécesme ben,
2ti sabes cando sento e me levanto,
penetras nos meus pensamentos desde lonxe.
3Ti distingues cando me movo e cando estou quedo
e os meus camiños sonche todos familiares.
13Ti formáche-las miñas entrañas
tecíchesme no seo da miña nai.
14Lóuvote polo prodixio que hai en min:
as túas obras son marabillosas.
Ti coñeces a fondo o meu espírito;
15non che estaba oculta a miña esencia,
cando no segredo era formado
tecido no fondo da terra.
SEGUNDA Feit 13, 22-26
Predicaba Xoán antes da vinda do Señor
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Di Paulo:
22despois que o refugou, o Señor deulles por rei a David de quen testemuñou dicindo:
''Atopei a David, fillo de Iexé, home conforme o meu corazón, que fará en todo a miña
vontade. 23Da súa descendencia é da que Deus, segundo a promesa, mandou un
Salvador para Israel: Xesús. 24Antes da súa chegada, Xoán tiña proclamado a todo o
pobo de Israel un bautismo de conversión, 25e cando estaba rematando o seu camiño,
dicía: ''non son eu quen vós pensades; pero mirade, vén despois de min un de quen non
son digno nin de desatarlle o calzado dos pés''.
26Irmáns, descendentes de Abraham e os que seguides ó noso Deus: é a nós a quen se
nos manda esta mensaxe de salvación.
ALELUIA Cf Lc 1, 76
E ti, meu meniño, serás chamado profeta
do Altísimo:
irás por diante do Señor preparando
os seus camiños
EVANXEO Lc 1, 57-66. 80
Xoán é o seu nome
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
57Cando se lle cumpriron os meses a Isabel, deu á luz un fillo. 58En sabendo os
parentes e veciños a bondade con que Deus a regalara, fórona felicitar. 59Os oito días
levárono a cincuncidar e queríanlle poñer Zacarías, coma seu pai. 60Pero interveu a nai
dicindo:
-¡Non, chamarase Xoán!
61Eles replicaron:
-¡Pero se non hai ninguén na túa parentela que se chame así!
62Preguntáronlle por señas ó pai, como quería que se chamase. 63El pediu con que
escribir e puxo:
-Xoán é o nome do meniño.
Todos ficaron sorprendidos. 64E de súpeto ceibóuselle a lingua, e empezou a falar
bendicindo a Deus. 65Os veciños quedaron todos abraiados, e por toda a montaña de
Xudea non se falaba doutra cousa. 66Tódolos que o oían, dicían moi impresionados:
"¿Que vai ser deste neno?". Porque a man de Deus estaba con el.
80O meniño medraba, facéndose forte de espírito; e viviu no deserto ata o día no que se
manifestou a Israel.
Día 25 de xuño
San Paio, mártir
Na diócese de Tui-Vigo, memoria
Do común dos mártires, ou dos santos
588
Día 27 de xuño
San Cirilo de Alexandría, bispo e doutor da Igrexa
Do común dos pastores ou dos doutores da Igrexa
PRIMEIRA 2 Tim 4, 1-5 ... n. 722, 12
SAL. RESP. Sal 88, 2-3. 4-5. 21-22. 25 e 27 ... n. 721, 4
ALELUIA Mt 5, 16 ... n. 729, 1
EVANXEO Mt 5, 13-19 ... n. 730, 1
589
Día 28 de xuño
San Ireneo, bispo e mártir
Memoria
Do común dos mártires, ou dos doutores da Igrexa
PRIMEIRA 2 Tim 2, 22b-26
É necesario que o servo do Señor sexa manso
con todos e corrixa con mansedume
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO A
TIMOTEO
Benquerido irmán, procura a xustiza; a fe, o amor e a paz con tódolos que invocan ó
Señor cun corazón limpo. 23Evita as discusións parvas e as controversias testalás, que
xa sabes que enxendran loitas: 24en quen serve ó Señor non di ben a contenda, senón o
ser manso con todos, hábil para o ensino, tolerante; 25con moito xeito para educa-los
contradicentes: quizais lles dea Deus a conversión para o coñecemento da verdade, 26e
para se desenguedellaren das trapelas de Satán, que os ten apreixados vivos para que lle
fagan o que el quere.
SAL. RESP. Sal 36, 3-4.5-6.30-31 ... n. 727, 2
ALELUIA Xn 15, 9b. 5b ... n. 741, 13
EVANXEO Xn 17, 20-26 ... n. 742, 26
590
Día 29 de xuño
Santos Pedro e Paulo, apóstolos
Misa da vixilia
PRIMEIRA Feit 3, 1-10
O que teño, iso che dou: no nome de Xesús,
levántate e anda
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS
APÓSTOLOS
3 1Pedro e Xoán subían ó templo para a oración das tres da tarde. 2Había alí un home
tolleito de nacemento, que levaban e poñían tódolos días cabo da porta chamada
''Fermosa'', para que pedise esmola ós que entraban no templo. 3Vendo que Pedro e
Xoán estaban para entrar, pediulles esmola. 4Pedro -e o mesmo fixo Xoán- reparou nel e
díxolle:
-Mira ben para nós.
5El ollaba para eles, esperando recibir algunha cousa. 6Entón Pedro díxolle:
-Non teño prata nin ouro, pero douche o que teño: en nome de Xesús Cristo de Nazaret,
érguete e anda.
7Colleuno pola man dereita e levantouno. No instante, afirmáronselle os pés e os
nocelos; 8dun brinco púxose en pé e camiñaba. Entrou con eles no templo, andando,
choutando e louvando a Deus. 9Todo o pobo o viu camiñar louvando a Deus, 10e,
recoñecendo que era o mesmo que se sentaba na porta Fermosa pedindo esmola, ficaron
pasmados e desconcertados polo que lle acontecera.
SAL. RESP. Sal 18, 2-3. 4-5
R/ (5a) Por toda a terra vai o seu anuncio
20s ceos proclaman a gloria de Deus,
o firmamento pregoa as obras das súas mans.
3Un dia pásalle ó outro a mensaxe,
unha noite transmítelle á outra a noticia.
4Sen que falen nin conten,
sen que se sinta a súa voz,
5por toda a terra vai o seu anuncio,
ata os confíns do mundo a súa palabra.
SEGUNDA Gál 1, 11-20
Deus elixíume desde o ventre de miña nai
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO
APÓSTOLO ÓS GÁLATAS
Irmáns e irmás:
11Fágovos saber que o evanxeo que eu predico non é cousa de homes, 12xa que nin o
recibín nin o aprendín de home ningún, senón que mo revelou Xesús Cristo. 13Si: vós
tedes oído falar das miñas andanzas de cando estaba no xudaísmo; do furor con que dera
en persegui-la Igrexa de Deus; 14e de como adiantaba eu no xudaísmo máis ca moitos
da miña raza e do meu tempo, porque era moito máis fanático das tradicións dos meus
devanceiros.
15Mais cando a Aquel, que xa desde o seo da miña nai me puxera á parte e chamou por
min pola súa gracia, 16lle prougo revelarme o seu Fillo, para que volo predicase ós non
xudeus, eu -sen lle pedir consellos á carne nin ó sangue, 17sen tan sequera subir a
Xerusalén onda os que en ser apóstolo xa me levaban anos-, de hoxe para mañá,
retireime á Arabia, de onde volvín de novo a Damasco.
18De alí a tres anos subín a Xerusalén para ir coñecer a Pedro e cabo del fiquei uns
quince días. 19E non vin a ningún apóstolo máis, fóra de Santiago, o parente do Señor.
20¡Así Deus me salve, como nos vos minto nisto que vos escribo!
ALELUIA Xn 21, 17d
Señor, ti sábelo todo,
ti sabes que te amo
EVANXEO Xn 21, 15-19
Apacenta os meus años, apacenta as miñas
ovellas
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
En manifestándose Xesús ós seus discípulos e 15cando xa comeran, preguntoulle a
Simón Pedro:
-Simón de Xoán ¿ámasme mais ca estes?
El contestoulle:
-Si, Señor, ti sabes que te quero.
Xesús díxolle:
-Apacenta os meus años.
16E de novo preguntoulle por segunda vez:
-Simón de Xoán, ¿ámasme?
El respondeulle:
-Si, Señor, ti sabes que te quero.
Xesús díxolle:
-Apacenta as miñas ovellas.
17E preguntoulle por terceira vez:
-Simón de Xoán, ¿quéresme?
Entristeceuse Pedro de que lle preguntase por terceira vez ''¿quéresme?'', e
respondeulle:
-Señor, ti sábelo todo, ti ben sabes que te quero.
Xesús díxolle:
-Apacenta as miñas ovellas. 18Con toda verdade cho aseguro: cando eras novo vestíaste
ti e ías onde querías; cando te fagas vello, estendera-las túas mans, e vestirate outro e
levarate onde non queres.
19Dixo isto para significar con que clase de morte había de dar gloria a Deus. E despois
engadiu:
-Sígueme.
591
Misa do día
PRIMEIRA Feit 12, 1-11
Agora sei de certo que o Señor libroume das
mans de Herodes
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS
APÓSTOLOS
O rei Herodes botou man dalgúns membros da Igrexa, para os maltratar. 2Mandou matar
con espada a Santiago, irmán de Xoán, 3e, vendo que iso lles agradaba ós xudeus,
mandou prender tamén a Pedro. Era a semana da Pascua. 4Prendeuno, logo, e meteuno
na cadea, gardándoo con catro piquetes de catro soldados cada un. Quería presentalo
diante do pobo despois da Pascua. 5Mentres Pedro estaba retido no cárcere, a Igrexa
rezaba intensamente a Deus por el.
6A noite antes de que Herodes o presentara diante do pobo, estaba Pedro durmindo
entre dous soldados, ligado con dúas cadeas, e unhas sentinelas facían a garda diante da
porta de prisión. 7De súpeto, presentouse o anxo do Señor, e unha luz resplandeceu na
celda, tocándolle no costado, espertou a Pedro e díxolle:
-¡Érguete correndo!
E caéronlle as cadeas das mans.
8Entón díxolle o anxo:
-Pon o cinto e calza as sandalias.
E así o fixo. Despois díxolle:
-Bota o manto por riba e sígueme.
9Pedro saíu e seguiuno, sen se dar conta que era realidade o que se facía por medio do
anxo, pois coidaba que era unha visión. 10Atravesaron a primeira garda e logo a
segunda, e chegaron á porta de ferro que daba á cidade e abriuse ela soa. E ó saíren á
rúa, logo o deixou o anxo.
11Entón Pedro, volvendo en si, dixo: ''agora realmente vexo que o Señor mandou o seu
anxo, para me librar das mans de Herodes e de todo o que esperaba o pobo xudeu''.
SAL. RESP. Sal 33, 2-3. 4-5. 6-7. 8-9
R/ (5) O Señor líbrame de tódolos meus temores
2Eu bendigo ó Señor en todo instante,
teño sempre na boca a súa louvanza;
3gloríome no Señor,
e os humildes alégranse, ó escoitalo.
4Exaltade comigo ó Señor,
louvemos xuntos o seu nome.
5Eu busco ó Señor, e El responde,
líbrame de tódolos temores.
6Ollade para El e refulxide,
non poñades caras murchas.
7O Señor escoita ó pobre que o chama
e líbrao de tódolos apretos.
8O anxo do Señor acampa en torno ós seus fieis
e dálles seguridade.
9Gustade e vede que bo é o Señor:
feliz quen a El se acolle.
SEGUNDA 2 Tim 4, 6-8. 17-18
Finalmente impónseme a coroa de xustiza
PROCLAMACIÓN DA PALABRA DA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO
APÓSTOLO A TIMOTEO
Benquerido irmán:
6 a min xa me falta pouco para derrama-lo meu sangue e o meu pasamento está a
chegar. 7Combatín unha loita brillante, rematei a miña carreira, gardei a fe. 8O que me
resta é a coroa da xustiza que me está reservada. E o Señor, que é xuíz xusto, hama
entregar aquel Día.
E non só a min senón a tódolos que aarelan a súa Vinda gloriosa.
17Pero o Señor asistiume e deume forza para que eu rematase a predicación e tódalas
nacións a escoitaran. E libroume da boca do león. 18O Señor hame librar de toda obra
perversa e hame manter vivo para o seu reino celestial. Sexa para El a gloria polos
séculos dos séculos. Amén.
ALELUIA Mt 16,18
Ti es Pedro
e sobre esta pedra edificarei a miña igrexa
e os poderes do inferno non poderán contra
ela
EVANXEO Mt 16, 13-19
Ti es Pedro, e dareiche as chaves do Reino dos Ceos
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
13Cando chegou á comarca de Cesarea de Filipo preguntoulles Xesús ós seus
discípulos:
-¿Quen di a xente que é o Fillo do Home?
14Eles responderon:
-Uns, que Xoán Bautista; outros, que Elías; outros, que Xeremías ou algún dos profetas.
15Insistiu:
-E vós, ¿quen dicides que son?
16Respondeu Simón Pedro:
-Ti e-lo Mesías, o Fillo de Deus vivo.
17E Xesús contestoulle:
-Ditoso ti, Simón, fillo de Xonás; porque iso non cho revelou ninguén de carne e
sangue, senón meu Pai que está no ceo. 18E eu asegúroche que ti es Pedro, a pedra; e
sobre esta pedra vou edifica-la miña Igrexa; e as portas do Inferno non prevalecerán en
contra dela. 19Dareiche as chaves do Reino dos Ceos: todo o que ates na terra, ficará
atado nos ceos; e todo o que desates na terra, ficará desatado nos ceos.
Na Misa votiva de San Pedro tómanse as lecturas da festa da Cátedra do mesmo
apóstolo, n. 535
Na Misa votiva de San Paulo tómanse as lecturas da festa da Conversión do mesmo
apóstolo, n. 519
592
Día 30 de xuño
Santos Protomártires da Santa Igrexa Romana
Do común dos mártires
PRIMEIRA Rm 8, 31b-39 ... n. 716, 2
SAL. RESP. Sal 123, 2-3. 4-5. 7b-8. ... n. 715, 3
ALELUIA Mt 5, 10 ... n. 717, 1
EVANXEO Mt 24, 4-13
Odiaranvos todos por culpa do meu nome
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Dilles Xesús ós seus discípulos:
-Estade atentos para que ninguén vos desoriente. 5Moitos virán dicindo: "Eu son o
Mesías". E desnortarán a moita xente.
6Cando oiades falar de guerras ou de rumores de guerra, coidadiño con alarmarvos; pois
teñen que vir, pero aínda non será a fin. 7Erguerase pobo contra pobo, reino contra
reino; haberá fame e terremotos en diversos lugares; 8e todo isto non será máis có
comezo das dores.
9Daquela entregaranvos ás torturas, mataranvos e odiaranvos tódolos pobos por causa
miña. 10Entón moitos fallarán na fe, traicionaranse uns a outros e aborreceranse
mutuamente. 11Aparecerán moitos falsos profetas, enganando a moita xente. 12E, ó
crece-la maldade, arrufiarase o amor da maioría. 13Pero o que persevere ata o final,
salvarase.
14Proclamarase esta Boa Nova do Reino en todas partes para dar testemuño a tódolos
pobos. Entón será a fin.